Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 7

A crise do século XVII: aspectos socieconómicos e políticos

Nesta pregunta o alumnado debería explicar as razóns da crise demográfica e económica, facendo
fincapé no papel das epidemias e das crises de subsistencia, no declive da produción agraria e
manufactureira, na redución das chegadas de metais preciosos de América e na crise da
Facenda real. Tamén deberá dar conta dos efectos da mesma, en particular do incremento da
presión señorial e as propostas dos arbitristas, así como dos diversos ritmos da recuperación
peninsular na segunda metade do século XVII.
Polo referido as reformas de Olivares e a crise da monarquía, deberá sinalar fundamentalmente o
proxecto da Unión de Armas, os seus resultados e efectos. Entre eles deberá dedicar especial
atención ás revoltas de Cataluña (motivacións, intervención francesa e resultado) e Portugal
(razóns da rebelión do duque de Braganza, estalido da guerra e independencia de Portugal).
Vocabulario: Unión de Armas, mourisco, valido
Rúbrica

Coñecementos: resposta básica que incide nas seguintes cuestións:

Para aprobar

-A crise demográfica e económica: principais evidencias e causas explicativas.

-A postura dos privilexiados respecto da crise.

-Obxectivos do programa político de Olivares e principais reformas propostas: a Unión de Armas.

-A crise da monarquía (revolta de Cataluña e rebelión de Portugal).

Para nota

-resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, explica cunha certa profundidade
polo menos unha delas.

-resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, afonda nunha ou explica con certa
profundidade polo menos dúas delas.

Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.

Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión recomendada

O s. XVII é recoñecido na Historia de España como o da crise da hexemonía hispánica e está

enmarcado durante o reinado dos chamados Austrias menores (Felipe III, Felipe IV e Carlos II).

Será a Coroa de Castela quen máis sufra esta crise, sendo en maior medida o sostén da Monarquía

hispánica.
A situación de crise en España era tan complexa que o escritor Francisco de Quevedo así o contaba:

“Quen ao rei lle quita a fatiga e o traballo do seu oficio mal ladrón é, porque fúrtalle a honra, o

premio e o logro do seu cargo (…) Reinar é velar. Quen dorme non reina. Rei que cerra os ollos

dálles garda das súas ovellas aos lobos e o Ministro que lle garda soño ao seu rei (…) gárdalle o

soño e pérdelle a conciencia e a honra; e estas dúas cousas traen penitencia na ruína e desolación

nos reinos. Rei que dorme, goberna entre soños; e, canto mellor lle vai, soña que goberna.” F. de

Quevedo. Política de Deus, goberno de Cristo e tiranía de Satanás.

Os motivos desta desfeita foron varios, se ben podemos resumilos en:

1. Incapacidade militar. A pesar de ter un dos exércitos máis potentes de Europa, liderado polos

temidos tercios. A monarquía hispánica non foi quen de defender un Imperio ultramariño ao

tempo que se mantiña unha guerra constante para defender os intereses en Europa

2. Ineficacia política. A Guerra dos Trinta Anos e os seus enormes gastos foron moi

perxudiciais para a Monarquía agrandando os problemas da facenda real (bancarrota en

1627) e marcaron o ocaso da hexemonía hispana en Europa coa Paz de Westfalia en 1648.

Falta de atención dos gobernantes máis preocupados por aspectos máis mundanos e por

desfrutar dunha vida cortesá. Gobernos en mans de validos, favoritos da Corte, que

medraban e empregaban constantemente o poder en beneficio propio.

3. Quebra económica. Incluídas 6 bancarrotas entre o reinado de Filipe III e Carlos II.

Provocadas polos elevados gastos da corte, as guerras, a piratería no comercio de ultramar, a

falta de elites sociais que investisen en actividades económicas en lugar de vivir de rendas, o

clero e a nobreza non invisten as súas ganancias en sectores innovadores como o comercio

ou a industria e a burguesía non o foi o suficientemente numerosa nin forte e tendía a imitar

os modelos rendistas dos estamentos privilexiados; e o descenso das remesas de ouro e prata

chegados de América que na etapa anterior provocaran unha enorme circulación de moeda e

dando pé á inflación e á subida de prezos. En xeral, España non saberá aproveitar

debidamente os recursos que viñan de América. Os beneficios obtidos alí non se empregaron
en actividades produtivas, como a industria artesanal ou na modernización da agricultura,

senón que se empregou na compra de máis terras ou en obxectos de luxo. As malas colleitas

provocarán unha crise agraria, provocando unha paralización da produción e, polo tanto,

unha crise artesanal, ante a falta de materias primas (principalmente na industria téxtil). A

chegada de enormes cantidades de metais preciosos de América do śeculo pasado chega ao

seu fin, e a importación de metais preciosos descende de maneira notable, debido ao

esgotamento das minas en América, o que provocará unha suba de prezos. Cara mediados de

século, a economía comenzará a remontar grazas á chegada de novos cultivos procedentes

de América (millo e pataca).

No século XVII a Coroa ve descender os seus ingresos por mor de diversas causas, levando

á Facenda Real a numerosas bancarrotas: Por este motivo, a Coroa levará a cabo unha serie

de medidas para aumentar os seus ingresos, como a suba de impostos, perxudicando así aos

sectores produtivos, e desvalorización da moeda, o que provoca un aumento da inflación.

Neste contexto destacou a figura dos arbitristas quen analizaban a situación económica do

reino, as causas da crise económica (o exceso de circulación de ouro, o peso na economía

da actividade agrícola e o carácter rendista e pouco emprendedor da nobreza e da burguesía)

e propuñan medidas para saír dela: fomentar o traballo, a actividade comercial e sobre todo

manofactureira, protexer a produción hispana e supresión das aduanas internas. As ideas ás

veces extravagantes e peregrinas dalgúns arbitristas levou a ser caricaturizados pola cultura

do Siglo de Oro

“En el nombre de la Santísima Trinidad (…) la orden que da Luis de Ortiz, Contador de Castilla de Su

Majestad y vecino de la ciudad de Burgos, para que no salgan dineros de estos reinos de España,

antes vengan de otros a ellos, y para que bajen las cosas de los excesivos precios en que al presente

están (…). Lo primero es que se deroguen las leyes del Reino por las cuales están los oficiales

manuales aniquilados y despreciados y se promulguen y hagan otras a favor de ellos dándoles honra

y trabajo (…). Lo primero se ha de considerar que la principal fuente del dinero del mundo es España,

así por lo que en ella nace como por lo que viene de Indias, y si se conservase en estos Reinos no

podría ser menos sino que el poderosísimo Rey y Señor nuestro allanase y sujetase con ello la mayor
parte del Universo que es de infieles e hiciese que los otros príncipes cristianos no teniendo con qué

le hacer la guerra tuviese por bien de hacer una paz perpetua con Su Majestad, lo que redundaría en

grande ensalzamiento de nuestra Santa Fe Católica (…)”. Memorial para que no salgan os dineros do

reino. Valladolid, 1 de marzo de 1558. Luís Ortiz

4. Control da Igrexa da cultura e da educación. A Igrexa católica, defensora da Contrarreforma

e freo á entrada e divulgación do coñecemento, especialmente científico, a través da censura

e da acción da Santa Inquisición.

5. Revoltas internas. Como en Cataluña o Galicia afogadas polas guerras con Francia e

Portugal, onde as elites, nobreza e clero, perdían o seu nivel de renda e as clases

traballadoras afogaban nos pagos de impostos á monarquía, á Igrexa ou aos señores

terratenentes.

6. Crise demográfica motivada polas seguintes causas:

● Unha serie de malas colleitas, que dan lugar unha serie de crises de subsistencia.

● As vagas de epidemias de peste, como a peste atlántica, que afectaron á Península en

distintos momentos (1597, 1647, 1676). Afectou sobre todo, aos territorios meridionais e orientais

con especial influencia en Andalucía, Levante, Cataluña e Aragón.

● As guerras en Europa (Guerra dos Trinta anos)

● A emigración a América, cada vez máis numerosa.

● A expulsión dos mouriscos , decretada en 1609 durante o reinado de Felipe III, 2

contribuíu ao descenso da poboación, sobre todo, neste caso, no centro e sur da Coroa de Aragón

onde eran unha parte importante da poboación.

Toda esta situación tería efectos adversos na estrutura demográfica, estancándose a poboación nuns

7,5-8 millóns e habitantes e incidindo no proceso de distribución periférica peninsular agás Madrid

(capital do reino) e Sevilla (monopolio do comercio con América) e espazos urbanos relevantes do

interior como Zaragoza ou Valladolid. Porén, cabe destacar o caso galego que entre outras razóns,

grazas á introdución do cultivo do millo e da pataca, chegados de América, logrou manter unha liña
positiva de crecemento demográfico a pesar da emigración interior a Castela e exterior ao Novo

Mundo.

En 1619, Diego Sarmiento, Conde de Gondomar advertía da situación “Inglaterra e Holanda

gañaron cas paces tanto como nós perdemos (… Do que nós vestimos é de manufacturas de

Inglaterra, de Holanda e doutras partes estranxeiras e por iso nos sacan o ouro e a prata e nos fan

ociosos. En España son máis de cinco partes de seis os inútiles ao comercio e sustento da vida

humana; en Inglaterra e Holanda non veñen sendo un de cada cen os ociosos e este é a causa

porque crecen tanto en riqueza, poder e aumento de xente cando nós minguamos (…) Cada ano

saen de España mais de doce millóns de ducados de prata e ouro e sendo dez os que entran, vaise

consumindo tan sensiblemente o caudal que para vivir ven sendo forzoso facer moeda falsa (de

vellón) e darlle o valor que non ten (…) Hoxe guerrear non se reduce ao emprego da forza, senón

poñer toda a súa atención (…) a tregua acábase con Holanda e non parece que estea resolto o que

temos que facer, e o que vexo é o coidado con que os holandeses se preveñen por mar e terra, e

como ensancharon o seu comercio coa paz, e o mesmo fixeron os mercaderes e o estado común de

Inglaterra, que é grandísimo o tesouro e riquezas que teñen (…). Esta monarquía vaise acabando

(…) debido a dous grandes inimigos que ten a VM. como son: un, todos os príncipes do mundo, e

outro, todos os ministros e criados que servimos a VM.” Diego Sarmiento, Conde de Gondomar.

Carta a Felipe III. 28-3-1619. (Trad. galego)

O acceso ao trono de Felipe IV, en 1621, implicou un cambio na política exterior da monarquía.

novo valido, o conde-duque de Olivares. Fronte a política pactista de Filipe III apareceu unha

tentativa reformadora liderada polo novo valido, o conde-duque de Olivares. No Gran Memorial, o

valido presentaba ao Rei os males que aqueixaban a unha Monarquía hispánica en crise, e propoñía

solucións para acadar principalmente tres obxectivos: debilitar o poder político e social de nobreza e

Igrexa, mellorar a economía incentivando a produción propia levando a cabo unha política

mercantilista (intervencionista e proteccionista) co fin de activar un comercio interior e

internacional, uniformizar administrativamente a Coroa a través de impoñer progresivamente a lei


castelá nos diferentes territorios peninsulares e repartir equitativamente o recrutamento de tropas e a

recadación de tributos para facer fronte ás continuas campañas bélicas europeas no contexto da

Guerra dos 30 anos (1618-1648). Este proxecto foi coñecido coma a Unión de Armas (1625),

baseada na creación dun exército permanente de 140.000 homes sostido proporcionalmente por

todos os reinos en función da súa poboación e riqueza dos diferentes reinos e non só por Castela,

que se atopaba exhausta e empobrecida. Detrás deste proxecto estaba a idea de eliminar os

privilexios forais, crear unha estrutura centralizada do Estado e un reforzamento do poder absoluto

do rei. Pero a súa aplicación foi imposible, tanto polas dificultades económicas como pola oposición

dos distintos reinos, celosos dos seus privilexios forais dando lugar a protestas e revoltas o que tivo

como a rebelión catalana e a independencia de Portugal en 1640, auspiciada por Francia e Inglaterra

e concretada no reinado de Carlos II.

O 7 de xuño de 1640 o vicerrei e varios funcionarios foron executados en Barcelona no denominado

Corpus de sangue debido á rebelión provocada pola obriga que tiña o principado de dar aloxamento

e manutención aos soldados españois, en plena guerra con Francia no Rosellón. A tensión ca

poboación local supuxo un levantamento campesiño, revolta de els segadors. A Coroa envíaba

reforzos e Cataluña que pidía axuda a Francia, converténdose incluso nunha república independente

baixo a protección francesa en 1641, proclamando ao rei Luis XIII de Francia, conde de Barcelona.

A situación resolveuse ca rendición de Barcelona ante as tropas reais en 1652, pero unha vez Felipe

IV tamén, prometeu respectar os privilexios forais de Cataluña.

O descontento portugués ante a política unificadora de Olivares era tamén moi evidente. A

sublevación catalá e o descontento portugués ca política centralizadora de Olivares favoreceu a

rebelión portuguesa. Dada a ausencia de tropas castelás na zona, a negativa das poboacións como a

galega de participar na guerra e o apoio internacional facilitarían a vitoria portugués. As Cortes

portuguesas proclamaron rei ao duque de Braganza co nome de Juan IV. Os intentos de España por

recuperar o domino do territorio fracasaron e finalmente recoñeceu a independencia de Portugal

1668 polo tratado de Lisboa.


Galicia guerra con Portugal:

“Galicia, nunca foi un territorio doado do que conseguir homes para defender os intereses da

Coroa. A guerra de Portugal, para moitas galegas e galegos unha guerra fratricida; as necesidades da

Armada para combater o corso en América e Europa; e a inacabable guerra en Flandres

demandaban homes constantemente. A resistencia a participar nas levas das elites sociais como das

clases populares galegas, facía que o recrutamento non se fixese por voluntarios como sucedía por

exemplo na Meseta. Revoltas locais, queixas da nobreza, motíns e desercións levaron a un

recrutamento forzoso ou por sorteo obrigatorio a través dun sistema chamado tercios de pilones. O

Condestable de Castela xa advertía de que “todos os soldados que serven nestes tercios son

forzados, tanto como se estiveran en galeras…” Malia todo, indicaría o Conde de Monterrey en

1671, a imaxe dos galegos na fronte permite facerse a idea das pobres condicións de vida no país.

“De todas las provincias de España ninguna produce gente tan apropósito para mantenerse en estos

estados como el reyno de Galicia, donde la esterilidad y miseria en que se mantienen aquellos

naturales, y la gran docilidad que les acompaña para la obediencia y robustez para el trabajo (...)

más que en otros de españoles, resplandece la disciplina militar y obediencia, la permanencia en el

servicio y viven sanos robustos y bien vestidos con lo mismo que otros están miserables…” Fonte:

Proposición del Conde de Monterrey, 1 de julio 1671. A.G.S. G.A. Leg. 2.220. Extraído de DE

GALICIA A FLANDES: RECLUTAMIENTO Y SERVICIO DE SOLDADOS GALLEGOS EN EL

EJÉRCITO DE FLANDES (1648-1700). Antonio José Rodríguez Hernández Instituto Universitario

de Historia SimancasUniversidad de Valladolid-CSIC Obradoiro de Historia Moderna, N.º 16, 213-

251, 2007, ISSN: 1133-0481 Fonte: Netex. Unidade 8 Europa en Crise. 3º ESO. Autor Darío Doval

A etapa tocaba ao seu fin co reinado de Carlos II (1665-1700). A morte sen descendencia do rei

abriu paso a unha guerras de sucesión e a un cambio dinástico na monarquía hispánica. Con todo, e

a pesar da perda de peso de España fronte a outros reinos como a Francia de Luís XIV, a monarquía

hispánica seguiría a ser o maior imperio ultramariño na centuria seguinte.

You might also like