LD 070101 Universo GL

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 45

2.

O Universo e o Sistema
Solar

1
O noso proxecto

O proxecto
A Bioloxía é a ciencia que estuda a vida, pero definir vida non é sinxelo e ás veces pode ser
controvertido. Sabemos que a vida se organiza en diferentes niveis. Os máis sinxelos son os
abióticos, os máis complexos están dotados de vida. Está claro que un mamífero ou unha
árbore son seres vivos, pero hai elementos que é complicado situar dentro dun nivel biótico ou
abiótico.

Este é o caso dos virus, xa que teñen algunhas características parecidas aos seres vivos pero
outras non. Non obstante, o concepto de virus pasou a formar parte da nosa linguaxe coloquial.

Realmente coñecemos os virus? Propoñémosvos un debate para achegarvos a eles. Están vivos
os virus? Realiza, antes de poñerte mans á obra, unhas actividades iniciais.

1. Observa as seguintes imaxes e completa as cuestións:

Fonte: Anton_Ivanov / Shutterstock.com

2
a. Vexo. Describe no teu caderno o que observas en cada imaxe. Recorda,
non fagas interpretacións. Por exemplo, a segunda foto é un tomate
vermello. Que máis observas?

b. Penso. Neste caso escribe o que ti pensas que está sucedendo. Por
exemplo, penso que o tomate é cadrado porque medrou dentro dunha
caixa.

c. Pregúntome. Agora podes escribir preguntas. Por exemplo, por que o


tomate é vermello?

2. Que é un debate? Explica, coas túas propias palabras, que entendes por debate e
cales son as súas principais características. Podes facer un resumo ou un
esquema que recolla os puntos máis relevantes.

A debatir!
A pandemia do COVID-19 fixo que o concepto virus se empregara de forma cotiá na sociedade.
Aínda así, moitas persoas descoñecen que é ou para que serve un virus. Por iso é necesario,
para poder defender a túa postura no debate, que o teñas claro.

3
Debate na aula

Facede dous grupos na aula. Cada un deles defenderá unha das


Posturas dúas posturas posibles: que os virus teñen vida ou que non a
teñen.

1. Antes de comezar un debate tedes que ter información sobre


o tema a discutir. Para preparar o debate debedes ter claros
os seguintes aspectos:
Que son os virus?
Cal é a súa composición?
Que fan?
Para que?
Serven para algo máis?
Teñen algún beneficio para o ser humano?
Preparación
2. Contesta as preguntas e consulta a Internet se o precisas.
Recorda consultar fontes fiables e anotar cales son.
3. Escribe argumentos a partir da información seleccionada cos
que defendas ou non, segundo o teu grupo, a tese sobre os
virus. Unha boa argumentación nun debate ou informe
escrito require de varios pasos: recoller moitos datos ou
evidencias que defendan a postura do grupo e deducir unha
conclusión son fundamentais.

A realización dos debates ten tres partes principais:

1. Presentación: cada grupo presenta as súas ideas


argumentais e os primeiros datos que o avalan.
2. Quenda de réplica: cada grupo, mediante un discurso
Realización
improvisado, sinala as fraquezas da argumentación do
doutro equipo e mostra novos datos.
3. Conclusión: cada grupo fai un repaso de todo o debate. Non
se poden presentar novas evidencias.

Cando remate o debate, escribe no teu caderno dúas ou tres


Finalización
conclusións sobre se os virus están ou non vivos.

4
Noraboa, recolle a túa recompensa!

O voso equipo acaba de superar o primeiro reto, estades un chisco


máis preto de acadar o voso obxectivo final.

Como recompensa obtedes o código para participar nun congreso


científico: trátase dunha cifra de dous números que corresponde ao
día do mes no que se detectou o primeiro caso de SARS-CoV-2 en
España.

Podes valorar o teu traballo e o do teu equipo con esta rúbrica de autoavaliación
e coavaliación.

5
Nun inmenso Universo

Con só levantar a vista cara ao ceo de noite podemos ver esa multitude de puntiños
luminosos. Todos nós sabemos que son estrelas e planetas que aparecen e
desaparecen día tras día.

Desde tempos antigos ata a actualidade


foron moitos os novos datos que se
foron descubrindo sobre a bóveda que
está enriba de nós.

Temos moita información sobre o


Universo pero, aínda así, cando
levantamos miramos o ceo, eses milleiros
de puntiños brillantes dannos unha idea
da súa inmensidade e de todos os
interrogantes que quedan por
responder.

6
Sabías que...?
Podes explorar a inmensidade do Universo usando aplicacións como Google Sky.

Explora o ceo con esta aplicación e descobre que son eses puntiños luminosos que vemos no
ceo. Despois anímate a intentar identificalos durante unha noite despexada.

Observando o Universo
Para tentar resolver eses interrogantes desenvolvéronse aparatos, técnicas de
observación e instrumentos que nos dan información de zonas cada vez máis amplas,
daquilo que está máis alá dos nosos ollos. Vexámolos.

Telescopios
Os telescopios son instrumentos que nos Autoría: Pachango
permiten ver obxectos afastados. Son
unha ferramenta fundamental na
astronomía porque permiten estudar a
natureza e localización dos corpos
celestes. Os telescopios son capaces de
captar a luz ou ben outros tipos de
radiación como os raios X, a
infravermella ou a ultravioleta.

Moitos telescopios permiten observar o

7
Universo desde a superficie da Terra.

Outros, os telescopios espaciais,


sitúanse en satélites artificiais ou
sondas espaciais que observan os corpos
celestes desde o espazo. Fronte aos
telescopios que operan desde a Terra,
presentan a vantaxe de que non sofren
os efectos da contaminación lumínica nin
as deformacións que a atmosfera

Os telescopios poden ter


diferentes graos de
complexidade. Nesta
fotografía vemos O Gran
Telescopio, localizado nas
Illas Canarias, que foi
inaugurado en 2009.
terrestre provoca nas imaxes capturadas. En contraposición, teñen un custo máis
elevado e unha vida útil menor.

8
Sabías que...?
O telescopio espacial Hubble orbita arredor da Terra dende 1990. Captura e envía imaxes e
datos que están sendo de grande importancia para a comprensión do Universo.

Galaxia do Sombreiro, imaxe captada polo Hubble.

Outros exemplos de telescopios espaciais son Herschel ou Plank.

Sondas espaciais
Son dispositivos que se envían ao espazo para estudar corpos do noso Sistema Solar.
Están programadas para tomar fotografías ou para analizar a atmosfera ou superficie
dun corpo celeste.

9
Nos últimos anos enviáronse sondas a diferentes puntos do Sistema Solar para
explorar planetas, satélites, asteroides ou cometas. A medida que a tecnoloxía foi
ofrecendo novas posibilidades puidéronse acadar puntos máis afastados.

New Horizons, por exemplo, é unha sonda espacial que chegou a Plutón no verán do
2015 para estudar este planeta anano e as súas lúas. Durante a longa viaxe cara a
Plutón, recolleu ademais información de interese sobre outros corpos do Sistema
Solar.

Por exemplo, nesta secuencia de imaxes, New Horizons documentou a existencia


dunha nube de gases duns 330 quilómetros de altura que expulsa un volcán da lúa Ío
de Xúpiter.

Misións tripuladas
As misións espaciais tripuladas levan a bordo persoas ou, incluso, animais. Como
sabes, a bordo van os astronautas, que son os encargados de cumprir os obxectivos
da misión. Realizan experimentos científicos, exploran corpos celestes ou fan calquera
outra actividade que requira da presenza humana no espazo.

Foron levadas a cabo por países como Estados Unidos, a Unión Soviética e Rusia, a
República Popular China, Brasil, Canadá, India e algúns países de Europa.

Medindo o Universo
Ademais de instrumentos especiais para analizar o Universo, debemos empregar
medidas concretas para medilo, debido ao seu inmenso tamaño. Non podemos
empregar medidas de lonxitude como o metro ou o quilómetro. Vexamos por que os
substituímos.

O ano luz
O ano luz é unha medida de lonxitude que equivale á distancia percorrida pola luz
durante un ano.

A luz viaxa a unha velocidade de 299 792,458 (case 300 000) quilómetros por segundo.

10
Tendo en conta o número de segundos que hai nun ano e a velocidade da luz podemos
calcular os quilómetros que percorre a luz nese tempo: 9 460 730 472 580
quilómetros. Polo tanto:

1 ano luz 9,5 billóns de quilómetros

Para facernos á idea do que supón esta cifra podemos pensar neste exemplo. O Sol e
a Terra atópanse a unha distancia de 150 000 000 de quilómetros. A luz que nos está
chegando agora mesmo foi emitida tan só hai oito minutos e medio polo Sol; é dicir,
oito minutos e medio luz. Unha distancia moito menor que un ano luz.

A unidade astronómica
Unha unidade astronómica, UA, é outra unidade de lonxitude. Equivale á distancia
media que separa a Terra do Sol.

A unidade astronómica é menor que o ano luz, xa que corresponde a uns 150 millóns
de quilómetros, exactamente 149 597 870,7.

1 UA 150 millóns de quilómetros

11
Compoñentes do
Universo

O Universo é enorme, de feito non se sabe onde remata, se é que ten un fin.

O que si sabemos é que o seu tamaño foi cambiando, xa que desde o comezo da súa
existencia expándese a gran velocidade. Componse de galaxias separadas por
grandes espazos baleiros.

As galaxias organízanse en cúmulos e estes en supercúmulos.

Galaxias
A grande escala, o Universo está formado por galaxias e grupos de galaxias.

Son as estruturas máis grandes nas que se organiza a materia dentro do Universo:
agrupacións de estrelas, planetas, po e outros elementos que se manteñen unidos
polo efecto da forza da gravidade.

Se as observamos cun telescopio verémolas como manchas luminosas de diferentes


formas.

A nosa galaxia
A Terra é un dos planetas que forman o Sistema Solar. Localízase dentro dunha galaxia
en forma de espiral chamada Vía Láctea.

12
Autoría: European Southern Observatory (ESO)

A Vía Láctea é a galaxia na que se atopa o noso Sistema


Solar. Podemos observala desde a Terra como unha franxa
pálida que cruza o firmamento. Esta fotografía foi tomada
nunha zona libre de contaminación luminosa, en Nevada.

Forma parte dun grupo dunhas trinta galaxias que se denomina Grupo Local.

Dentro das galaxias


Nebulosas
Dentro das galaxias podemos observar distintos elementos. Un deles son
as nebulosas, rexións nas que se acumulan gases e po. Son lugares de grande
importancia porque é aquí onde se forman as estrelas ao condensarse e agregarse a
materia.

Na seguinte ligazón podes ver un vídeo da nebulosa da Aguia.

13
Nebulosa da Aguia, coñecida como os Pilares da Creación,
localizada a uns 7000 anos luz da Terra. As primeiras
fotografías desta nebulosa foron tomadas en 1995 polo
telescopio espacial Hubble. Case vinte anos despois
tomouse estoutra con maior resolución.

Estrelas
As estrelas son enormes esferas de gas que se atopan a temperaturas moi elevadas.
Producen luz e enerxía mediante un proceso denominado fusión nuclear, durante o
cal elementos lixeiros combínanse para dar lugar a outros máis pesados,
desprendéndose ao mesmo tempo unha cantidade enorme de enerxía.

Non todas as estrelas son iguais. Hainas de diferentes tamaños, brillos e cores.
Ademais, teñen diferentes idades. Nacen e morren.

De feito, se miramos cara a eses puntiños luminosos, haberá veces que esteamos
vendo unha estrela que xa morreu. Por que? A luz que emite viaxa a 300 000 km/s
pero tarda moito tempo en chegar á Terra, polo que pode ocorrer que vexamos unha
estrela xa morta. Do mesmo xeito, ás veces, podemos non ver estrelas que xa naceron

14
porque a súa luz aínda non chegou ao planeta.

Ao redor dunha ou varias estrelas poden orbitar diferentes obxectos para formar un
sistema planetario.

A Terra é un planeta que pertence a un sistema planetario, o Sistema Solar, que ten
unha soa estrela, o Sol.

Onde parece que non hai nada


Entre as estrelas, planetas e outros corpos que forman parte das galaxias pode
parecer que non hai nada. Porén, isto non é así. Este espazo contén pequenas
cantidades de gases e po. Ademais, hai numerosos tipos de radiación (como a
radiación ultravioleta, os raios X, a luz visible ou os raios cósmicos) e campos
magnéticos.

E ademais, a misteriosa materia escura


A materia ordinaria, a que todos coñecemos, forma parte de todo o que nos rodea,
incluso de nós mesmos. A parte máis pequena deste tipo de materia é o átomo.

Algúns científicos pensan que debe existir outro tipo de materia, que chaman materia
escura. Non se pode ver e non se sabe exactamente como é, pero sosteñen que está
repartida por todo o Universo.

A existencia da materia escura podería explicar fenómenos como a forma na que a luz
viaxa polo Universo ou o modo en que as galaxias se manteñen unidas.

15
Sabías que...?
Sara García Alonso foi a primeira muller española candidata a
ser astronauta ao ser seleccionada pola Axencia Espacial
Europea en novembro de 2022.

16
A orixe do Universo

O Universo está formado por todo aquilo que se pode ver, detectar, medir ou sentir.
Inclúe seres vivos e obxectos inertes como estrelas ou planetas, luz, campos
magnéticos, tempo... Antes da aparición do Universo non existía a materia, o espazo
nin o tempo.

Vexamos algunhas ideas sobre o Universo propostas en diferentes épocas.

Ideas sobre o Universo


Se miramos cara ao ceo de noite podemos pensar que estamos quietos e que as
estrelas e a Lúa se moven sobre nós. O Sol sae polo leste e ponse polo oeste, unha vez
ao día.

Un estudo máis detallado dos corpos celestes permite observar movementos máis
complexos. Por exemplo que os puntos polos que sae o Sol e a Lúa varían ao longo do
ano, os planetas presentan movementos diferentes ás estrelas ou que algunhas
constelacións só se ven en certas épocas do ano.

Estas observacións deron lugar a modelos que intentaban explicar o Universo


coñecido. Destacan dous:

O sistema xeocéntrico
Este modelo propoñía que a Terra era o

17
centro do Universo e o resto dos corpos
celestes, incluídos o Sol e a Lúa, xiraban
ao seu redor. Este modelo foi aceptado
ata o século XVI.

Permitía explicar a sucesión dos días e


das noites e os movementos da maioría
das estrelas.

Pero había fenómenos que non era


posible explicar, como o movemento dos
planetas ou que o Sol parece realizar un
percorrido máis amplo no verán que no
inverno.

O sistema heliocéntrico
No século XVI, Copérnico propuxo un novo modelo que ao principio non tivo moita
aceptación. Defendía que o Sol era o centro do Universo, en lugar da Terra.

As principais ideas que defende este modelo son:

O Sol ocupa o centro do Universo e os planetas, incluída a Terra, xiran ao


redor del.

A Terra describe dous movementos: un de rotación, ao moverse sobre si


mesma, e outro de translación, ao xirar ao redor do Sol.

A Lúa xira ao redor da Terra.

Este novo modelo foi moi polémico e durante moito tempo rexeitado. Pero, Galileo, un
científico da época, construíu un instrumento novidoso, o telescopio, co que
confirmou a veracidade do modelo. Defender que o Sol ocupaba o centro do Universo
supúxolle ser condenado pola Inquisición. Se queres coñecer máis detalles sobre a súa
historia podes consultar a seguinte noticia.

A orixe do Universo, o Big Bang


A teoría do Big Bang é a máis aceptada actualmente para explicar a orixe do Universo.

18
Nos anos vinte, Edwin Hubble observou que as galaxias se estaban afastando unhas
doutras a grande velocidade. Esta observación marcou un antes e un despois na
concepción do Universo.

As galaxias afástanse unhas doutras porque o espazo que hai entre elas medra, como
se o Universo se tratase dun globo que se está inchando.

Pensa no seguinte: se o Universo se expande e as galaxias se separan, significa que


no pasado estaban máis xuntas. Se retrocedemos moito no tempo as galaxias
chegarían a fusionarse. Se retrocedemos aínda máis formaríase un punto diminuto no
que se concentraría toda a materia, a enerxía e o resto de compoñentes do Universo.
Este punto coñécese como singularidade inicial, un punto extremadamente denso e
quente.

O Universo formaríase a partir da singularidade inicial cunha grande explosión, un Big


Bang. Desde esa explosión o Universo expándese.

Aínda que a explosión ocorreu hai uns 13 mil ou 14 mil millóns de anos, o primeiro
segundo despois do Big Bang é clave; nel trazouse o borrador do que é o Universo
actual. A partir da singularidade inicial, aquel diminuto punto, apareceu a enerxía, o
tempo, o espazo, a materia e as forzas. Naqueles primeiros instantes de existencia o
Universo era moi diferente ao actual e non de todo coñecido.

As galaxias formáronse despois, grazas á condensación de nubes xigantes de materia


que se formaron naquela explosión. O proceso de formación de galaxias aínda non se
detivo xa que o Universo segue evolucionando.

Por exemplo, nesta animación podemos ver como dúas galaxias en forma de espiral se
fusionan para formar unha galaxia de maior tamaño.
19
Sabías que...?
Aínda que o Big Bang é unha teoría amplamente aceptada pola comunidade científica, existen
algunhas cuestións pendentes de resolver. Os científicos céntranse en comprender o acontecido
nas primeiras fraccións de segundo despois do Big Bang, un misterio aínda sen resolver.

Un novo estudo propón unha alternativa ao Big Bang: o Universo existe desde sempre, non ten
principio nin fin. Podes ver máis detalles aquí.

Como ves, aínda queda moito por aclarar. Aínda que o Big Bang é un modelo amplamente
aceptado, é posible que no futuro se redefinan algúns aspectos para dar respostas aos
interrogantes pendentes de resolver ou se propoñan modelos alternativos.

O destino do Universo
Na actualidade existen varias hipóteses que intentan explicar cal será o destino do
Universo, pero o certo é que non hai ningunha que estea confirmada.

Así, por exemplo, algúns científicos defenden que o Universo seguirá expandíndose e
arrefriándose mentres que outros opinan que dentro de moito tempo o Universo
contraerase para dar lugar a outra singularidade inicial ou Big Crunch.

Desenvolvemento do Universo.
Orixe do Sistema Solar
Dende a grande explosión que orixinou o Universo, este continúa
arrefriándose e expandíndose. A Teoría dos Planetesimais, que explica a orixe do
Sistema Solar e é comúnmente aceptada na actualidade, é compatible co comentado

20
sobre o Big Bang.

​ énsase que a explosión dunha supernova cercana foi o que produciu o colapso
P
gravitatorio da nebulosa, que deu lugar ao noso Sistema Solar.​

Mentres que as nubes de po e gases xiraban, foron producíndose choques entre


pequeñas partículas que xeraban fragmentos cada vez máis grandes por un proceso
denominado acreción. A medida que o tamaño destes corpos aumentaba,
a súa atracción gravitatoria respecto aos materiais que
se atopaban preto da súa órbita, crecía considerablemente.​

Preto do centro da nebulosa formouse un corpo co tamaño suficiente como para que
se iniciasen reaccións químicas de fusión no seu núcleo:
o protosol. Despois duns 100 millóns de anos, almacenou grande cantidade
de enerxía no seu núcleo, e converteuse na estrella do Sistema Solar: o Sol.

Os primeiros corpos en formarse na nebulosa solar foron os planetesimais que


eran corpos dun diámetro inferior aos 10 km. As sucesivas colisións entre
estes foron dando lugar aos protoplanetas, e os choques destes
últimos, aos 8 planetas que forman o Sistema Solar. Os asteroides son fragmentos
rochosos que non chegaron a acrecionarse.​

A forza gravitatoria do Sol fixo que os materiais máis pesados se situasen preto del,
dando lugar aos planetas rochosos, entre os que se atopa A
Terra. Máis lonxe, cunha influencia do Sol máis feble, orbitan os planetas gasosos. ​

A acreción planetaria que deu lugar á Terra, fixo que nun principio se
convertise nunha gran esfera incandescente. O seu arrefriamento provocou que
os materiais máis pesados desen lugar a un núcleo metálico e pesado, por enriba do
que se dispoñerían os materiais do manto e os silicatos máis lixeiros formasen
a codia superficial. A xeosfera estaba cuberta por unha atmosfera gasosa que,
debido ao arrefriamento e a conseguinte condensación do vapor
de auga, deu lugar á hidrosfera.

21
Disco protoplanetario.

22
O Sistema Solar

Compoñentes do Sistema Solar

O Sistema Solar é un sistema planetario formado por unha estrela, o Sol, e diferentes
tipos de corpos celestes que orbitan ao seu redor.

O Sol
O Sol é a estrela que se atopa no centro do Sistema Solar. Está formado
practicamente na súa totalidade por dous gases: hidróxeno e helio. É, sen dúbida, o
corpo celeste máis grande do Sistema Solar xa que se calcula que contén o 99% da

23
masa total deste sistema.

O Sol ten un movemento de rotación, xa que xira sobre si mesmo. Tamén se move no
espazo, xunto co resto do Sistema Solar, ao xirar en torno ao centro da Vía Láctea.

O Sol compórtase como un enorme reactor nuclear: produce cantidades enormes de


enerxía que se emiten cara ao espazo en foma de luz e calor. Tamén produce outros
tipos de radiación e expulsa partículas que constitúen o vento solar.

A enerxía que emite o Sol en forma de luz e calor fai posible a vida na Terra, ao crear
unhas condicións favorables para a vida e posibilitar a fotosíntese.

Planetas
Os planetas son corpos celestes que:

Orbitan ao redor do Sol,

Teñen unha forma practicamente esférica e

Non comparten a súa órbita con outros corpos celestes.

Ademais do movemento de translación, os planetas teñen outros, entre os que


destaca o de rotación, que fai que xiren sobre si mesmos.

Sabías que...?
Cando un corpo celeste cumpre estas características, pero en vez de orbitar ao redor do Sol
faino ao redor doutra estrela, falamos de exoplanetas.

Os científicos buscan vida dentro do Sistema Solar pero tamén nalgúns exoplanetas. Consulta
esta noticia para saber máis sobre estas investigacións.

24
No Sistema Solar coñécense oito planetas que quedan separados por un cinto de
asteroides; é dicir, unha zona poboada de multitude de obxectos rochosos, os
asteroides.

Planetas interiores
Os planetas interiores do Sistema Solar son os catro planetas máis próximos ao Sol:
Mercurio, Venus, Terra e Marte.

Son planetas pequenos e rochosos que posúen unha superficie sólida. Teñen
atmosfera, aínda que a de Mercurio e Marte son moi tenues.

Mercurio e a Terra teñen campos magnéticos importantes, polo que posúen ademais
magnetosfera.

Mercurio, Venus, Terra e Marte.

25
Planetas exteriores
Máis aló do cinto de asteroides sitúanse os catro planetas exteriores do Sistema Solar:
Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Son planetas grandes formados fundamentalmente por gases, polo que non posúen
superficie sólida. Teñen importantes atmosferas e campos magnéticos que dan lugar
a importantes magnetosferas. A pesar do seu tamaño, teñen un movemento de
rotación máis rápido que os planetas interiores.

Estes planetas teñen moitos satélites e aneis.

Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Máis aló de Neptuno


O estudo do Sistema Solar máis aló de Neptuno é complicado debido ás grandes
distancias que nos separan desa zona. Porén, sabemos que naquela zona existe un
grande número de obxectos celestes.

O Cinto de Kuiper é unha zona distante con forma de anel que contén obxectos
xeados. Recorda que no cinto de Kuiper localízanse Plutón, Makemake e Haumea.

A Nube de Oort é unha zona aínda máis afastada que envolve todo o Sistema Solar na
que tamén hai obxectos xeados.

Cando un deses obxectos abandona esas zonas afastadas para adentrarse en zonas
máis próximas a nós no Sistema Solar podémolo observar como un cometa.

26
Representación artística do Cinto de Kuiper e da Nube de
Oort. Compara o tamaño destas zonas co do Sistema Solar
que mellor coñecemos, interior a Plutón.

Planetas ananos
A diferencia dos planetas, os planetas ananos xiran ao redor do Sol compartindo a
súa órbita con outros corpos celestes. Os máis coñecidos son:

27
Ceres
Sitúase dentro do cinto de asteroides; é dicir, entre Marte e Xúpiter.

Ceres está formado por un núcleo rochoso rodeado por unha grosa capa de xeo.
Nesta capa de xeo acumúlase máis auga doce que en toda a Terra.

Neste planeta anano observouse ademais a existencia de auga en forma de vapor de


auga. Pénsase que se orixina por sublimación da capa de xeo.

Ceres (o máis pequeno), comparado coa Terra e a Lúa.

28
Plutón
É un planeta anano que se sitúa máis aló Autoría: NASA Goddard Space Flight
da órbita de Neptuno. Está tan afastado Center
do Sol que acada temperaturas moi
baixas.

Está formado por xeo que flúe en


cordilleiras e brumas. Ten unha
superficie de cor avermellada.

Ten unha atmosfera moi tenue, que se


conxela e cae sobre a superficie cando se
atopa moi afastado do Sol.

Plutón ten cinco satélites. O máis


grande deles chámase Caronte.
O tamaño de Caronte é moi A superficie de Plutón ten
manchas avermelladas.
próximo ao de Plutón. Isto fai que se comporten dun modo especial: ambos van dando
voltas ao redor dun punto situado entre os dous corpos mentres se desprazan ao
redor do Sol. Por iso, ás veces, referímonos a Plutón e Caronte como planeta (anano)
dobre.

29
Eris
É un planeta anano situado máis aló da órbita de Neptuno que ten un tamaño
similar ao de Plutón.

No seu percorrido ao redor do Sol chega Autoría: Ja:user:West


a acadar distancias moi afastadas del.
Isto fai que se acaden temperaturas moi
baixas.

Crese que é un corpo rochoso rodeado


por unha capa de xeo. A súa superficie é
tremendamente brillante polo que se
pensa, ademais, que os gases que
forman a súa atmosfera se conxelaron e
formaron unha capa de escarcha sobre a
superficie que reflicte a luz.

Eris e o seu satélite.

Outros planetas ananos


Makemake é un planeta anano situado Autoría: Jin Zant
máis aló da órbita de Neptuno
descuberto en 2005. Ao estar tan
afastado do Sol ten temperaturas moi
baixas. Non ten atmosfera nin satélites
coñecidos.

Haumea é un planeta anano situado


máis aló da órbita de Neptuno
descuberto en 2003. Crese que está
formado por un interior rochoso
recuberto dunha capa de xeo.

Coñécenselle dous satélites.

30
Sabías que...?
Os nosos coñecementos sobre o Universo e o Sistema Solar non paran de medrar. Nos últimos
anos descubríronse novos corpos celestes que os científicos están a investigar.

Por exemplo, Sedna é un corpo celeste situado máis aló de Neptuno, semellante a un planeta,
descuberto en 2003 e que orbita ao redor do Sol. A súa órbita é tan ampla que tarda máis de
11.000 anos en completala. Está moi afastado do Sol polo que a súa temperatura é moi baixa.

Satélites
Os satélites son corpos celestes que orbitan arredor de obxectos diferentes ás
estrelas, como pode ser un planeta, un planeta anano ou un asteroide.

Por exemplo, a Terra ten un satélite (a Lúa), mentres que Plutón ten varios.

Corpos menores do Sistema Solar


No Sistema Solar hai outros corpos
celestes que orbitan arredor do Sol.
Destacan:

Asteroides: son corpos rochosos


ou metálicos que orbitan en
torno ao Sol de menor tamaño
que os planetas. Poden ter
formas moi diversas. Algúns
asteroides teñen satélites.

A maioría dos asteroides do


Sistema Solar sitúanse entre
Marte e Xúpiter, formando o Asteroide (Graspa).
31
cinto de asteroides. Dentro
deste cinto de asteroides atópase
tamén o planeta anano Ceres.
Autoría: Philipp Salzgeber
Cometas: son corpos celestes
formados por po, xeo e rochas.
Xiran arredor do Sol. Cando se
achegan a el o xeo e o po, polo
efecto do calor e do vento solar,
forman colas características.

Meteoritos: son corpos que


acadan a superficie dun planeta
ou un satélite ao non
desintegrase por completo
mentres atravesan a súa
atmosfera. Ao atravesar a
atmosfera despréndese unha
grande luminosidade. Chámanse
Cometa Hale-Boop
popularmente estrelas fugaces.

Sabías que...?
Rosetta é unha sonda da Axencia Espacial Europea. A súa misión é orbitar ao redor dun cometa,
para comprender a súa composición e características. Chegou ao seu cometa anfitrión en 2014,
dez anos despois de ser lanzada.

Os cometas son os obxectos que menos se modificaron desde que se formou o Sistema Solar,
hai uns 4.800 millóns de anos, polo que o seu estudo pode ofrecernos datos moi interesantes.

Por exemplo, grazas a Rosetta, sabemos xa que a auga dos cometas é diferente á dos océanos
da Terra. Deste modo descártase a teoría que propoñía que a auga da Terra proviña de
cometas.

32
O reto
Nesta unidade propoñémosche un reto en clave feminina. En
cada apartado deixaremos algunha pista para axudarche a
descubrir a nosa científica misteriosa. Aceptas o reto?

Naceu en Irlanda del Norte, onde o seu pai foi arquitecto


do planetario Armagh. Dispoñía dunha grande
biblioteca, e animou á súa filla a ler.
Esta interesouse especialmente polos libros
de astronomía.​

Creceu en Lurgan e asistiu ao Departamento


Preparatorio del Lurgan College de 1948 a 1956,​ onde
a ela, como ás outras nenas, non
se lles permitía estudar ciencias ata que os seus pais e
os de otras nenas protestasen contra a política
da escola. Anteriormente, o plan de estudos das
nenas incluíra temas como cociñar e coser en lugar
do estudo da ciencia.​​

É unha astrofísica norirlandesa


que realizou o seu postgrao en Cambrige.​

Alí traballou na detección de cuásares


e obxectos astronómicos moi alonxados e enerxéticos.​

Ela foi a encargada de analizar toda a información


proporcionada dende un
grande radiotelespopio que tamén contribuíra a
construir.​

Nun principio, pensouse que atopara sinais de vida


extraterrestre, pero o que detectou foi a existencia de
estrellas de neutróns que
emitían radiacións periódicas, ás que
chamaron púlsares. ​

33
Os planetas do Sistema
Solar

O Sistema Solar está formado por oito planetas, catro interiores e catro exteriores, que
quedan separados polo cinto de asteroides.

Os planetas interiores son rochosos e están máis próximos ao Sol (entre o Sol e o cinto
de asteroides). Os exteriores están máis alá do cinto. Son gasosos, máis grandes e
teñen sistemas de aneis.

Planetas interiores

34
Mercurio
Ocupa a posición máis próxima ao Sol. É Autoría: Jcpag2012
o máis pequeno dos planetas.

É un planeta rochoso que ten un gran


núcleo interior, rodeado polo manto e
máis externamente pola codia. Na súa
superficie presenta numerosos cráteres
producidos por impactos de meteoritos.

Non ten atmosfera significativa pero si


campo magnético.

Durante o día acádanse temperaturas moi elevadas, que descenden drásticamente


pola noite.

Carece de satélites.

35
Venus
É o segundo planeta máis próximo ao Autoría: Vzb83
Sol.

Trátase dun planeta rochoso que ten un


núcleo interior, rodeado polo manto e,
máis externamente, pola codia.

Ten unha atmosfera moi densa,


formada principalmente por dióxido de
carbono. Isto fai que Venus teña un
intenso efecto invernadoiro. Por iso as
temperaturas neste planeta son

sempre moi altas, tanto de día como de noite; incluso máis que en Mercurio.

Esta densa atmosfera ten outros efectos importantes:

Case non existen impactos de meteoritos na súa superficie porque se


desintegran ao atravesala. Só meteoritos moi grandes conseguen cruzar a
barreira da atmosfera.

Impide que a superficie do planeta sexa iluminada pola luz do Sol.

Prodúcense ventos tempestuosos.

Rota moi lentamente en sentido contrario á maioría dos planetas do Sistema Solar. A
este fenómeno coñéceselle como rotación retrógrada.

Non ten satélites e o seu campo magnético non é significativo.

36
Terra
Ocupa a terceira órbita máis próxima ao
Sol.

Ao igual que o resto dos planetas


interiores está formada por un núcleo, o
manto (superior e inferior) e a codia.

Ten atmosfera e campo magnético.

Posúe unha temperatura media suave


que fai que haxa auga en estado líquido.

Ten un satélite, a Lúa.

Caracterízase por ser o único planeta con vida coñecido.

37
Marte
É o cuarto planeta máis próximo ao Sol.

Planeta rochoso que posúe un núcleo,


manto e codia. A súa superficie é na súa
maioría de cor vermella.

Ten unha atmosfera moi tenue e un


campo magnético moi débil.Nos seus
polos ten dúas manchas brancas que
corresponden a casquetes que se

forman pola conxelación de dióxido de carbono.

Posúe dous satélites.

Neste planeta localízase o volcán máis grande de todo o Sistema Solar, o Monte
Olimpo, cunha altura de 25 quilómetros.

Planetas exteriores

38
Xúpiter
É o primeiro dos planetas exteriores.
Localízase a continuación do cinto de
asteroides.

Trátase do planeta máis grande de todo


o Sistema Solar. Ten máis masa que
todos os demais planetas xuntos e ten
un volume tan grande que dentro del
collerían 1.000 planetas Terra.

Xúpiter non ten superficie sólida porque


está formado por gases, principalmente
hidróxeno e helio.

A atmosfera de Xúpiter é moi complexa. Recoñécese facilmente por presentar nubes


de cores formando franxas e unha grande mancha vermella que é unha enorme
tormenta.

En zonas moi profundas da atmosfera, a presión e a temperatura aumentan


transformando os gases en líquidos. Deste modo, baixo a súa densa atmosfera,
localízase un enorme océano, aínda que non é de auga como na Terra. En zonas máis
profundas podería existir un núcleo sólido.

Xúpiter destaca tamén por ter un enorme campo magnético.

Está rodeado por un tenue anel de po e pequenas partículas.

Ten multitude de satélites. Destacan, polo seu tamaño, catro: Io, Europa, Gamínides
e Calisto.

Xúpiter ten un período de rotación moi pequeno, tan só 10 horas, por iso é o planeta
no que os días son máis breves.

A vida, tal e como a coñecemos, non é posible en Xúpiter, pero pénsase que algún dos
seus satélites podería presentar condicións favorables para ela.

39
Saturno
Localízase a continuación de Xúpiter e, ao
igual que Xúpiter, ten un período de
rotación moi breve. Os días en Saturno
duran un pouco máis de 10 horas.

Está formado por gases de modo que


non ten unha superficie sólida. Vista
desde os espazo, a súa atmosfera,
presenta bandas en tons dourados. Baixo
ela hai un océano formado por
hidróxeno líquido e no interior do
planeta

existe un núcleo sólido.

Ten campo magnético.

Todos os planetas exteriores teñen aneis, pero o máis espectacular é o deste planeta.
Presenta un enorme sistema de aneis concéntricos formados por po, xeo e rochas. É
tan grande que se pode ver con instrumentos ópticos simples desde a Terra.

Saturno posúe varios satélites, o máis grande deles é Titán.

40
Urano
Sitúase a continuación de Saturno.

Está tan afastado do Sol que desde alí


este vese dun tamaño similar a outras
estrelas, aínda que moito máis brillante.

Está principalmente formado por gases.


A composición da súa atmosfera fai que
o vexamos de cores azuis.

Baixo a atmosfera hai un líquido formado por materiais xeados, e máis internamente,
un núcleo rochoso.

Posúe un forte campo magnético.

O movemento de Urano é único no Sistema Solar. Ao igual que Venus, ten unha
rotación retrógrada; é dicir, móvese sobre si mesmo ao revés que o resto dos
planetas, de leste a oeste. Pero ademais, o seu eixo de rotación está tombado. Isto fai
que as estacións en Urano sexan moi diferentes ás do resto dos planetas.

Ten un sistema de aneis e varios satélites. O máis grande é Titania.

41
Neptuno
É o planeta máis afastado do Sol. As súas
características son semellantes ás de
Urano. Ao igual que este, é un mundo
xeado. Ten un núcleo interno rochoso
rodeado dun fluído de materiais xeados e
a atmosfera.

Non posúe polo tanto unha superficie


sólida.

Ten varios satélites. Un deles, Tritón, é


peculiar, porque se move ao redor do seu
planeta anfitrión
en sentido contrario (de leste a oeste) a como o fan o resto dos satélites.

Igual que os demais planetas exteriores ten un sistema de aneis. Tamén un intenso
campo magnético.

Sabías que...?
O noso Sistema Solar presenta diferencias con outros sistemas planetarios descubertos nos
últimos anos. As investigacións apuntan a que Xúpiter puido ter un papel fundamental na
formación do Sistema Solar actual. Durante as primeiras etapas da formación do Sistema Solar,
Xúpiter podería ter destruído os primeiros planetas terrestres, despois teríanse formado os
actuais. Consulta esta noticia para obter máis información sobre este suceso.

42
O reto
Máis pistas para afondar na figura da científica misteriosa. Xa
sabes quen é?

O artigo no que expoñía o descubrimento dos púlsares,


tiña cinco autores. O supervisor de tesis
da nosa científica, Antony Hewish,​
citábase en primeiro lugar e esta astrofísica en segundo
lugar.​

Tony Hewish e Martin Ryle recibiron o Premio Nobel por


este descubrimento en 1974. A súa contribución
non foi recoñecida, convertíndose nunha científica máis que sufríu o
efecto Matilda.​

Moitos astrónomos destacados criticaron


a súa omisión na concesión do Premio Nobel,
incluido Sir Fred Hoyle​

Foi presidenta da Real Sociedade Astronómica de 2002 a


2004.

Glosario

Astronomía
Ciencia que estuda o Universo e os elementos que o forman.

Acreción
Crecemento dun corpo por agregación doutros corpos máis pequenos.
43
Corpo celeste
Cada un dos obxectos extensos que forman parte do Universo.

Forza da gravidade
A materia, formada por átomos, interactúa de maneira que se atrae entre si. Canta
máis materia teña un obxecto maior será esta forza de atracción. Tamén inflúe a
distancia á que se sitúan os obxectos: canto máis cerca estean uns doutros máis se
atraerán.

A esta forza de atracción chámaselle forza da gravidade. É responsable, por exemplo,


de que unha mazá sexa atraída por un obxecto enorme como a Terra, por iso se
soltamos unha mazá caerá ao chan.

Magnetosfera
Rexión ao redor dun planeta na que se percibe a influencia do campo magnético
deste. A magnetosfera pode desviar a maior parte do vento solar, polo que constitúe
un escudo protector fronte ás partículas deste.

Orbitar
Movemento dun corpo ao redor dun corpo celeste debido á acción da gravidade. A
traxectoria que se describe durante este movemento denomínase órbita.

Planisferio celeste
Carta na que se representan as estrelas. Está formada por dous discos: un inferior, no
que se debuxan as estrelas, e outro superior, opaco, cunha abertura ovalada. O disco
superior pódese xirar de modo que se mostre só a porción de ceo visible nun
momento dado.

Autoría: Diegorodriguez

44
Radiación
Certo tipo de enerxía ou partículas que se propagan a través do espazo. Existen
diferentes tipos de radiación, como a luz, os raios X...

Rotación
Movemento dun corpo sobre si mesmo de forma que vai cambiando de posición con
respecto ao eixe de rotación, que se mantén fixo.

Satélite artificial
Nave espacial que se envía ao espazo para orbitar planetas ou satélites. Lanza
información que nos resulta de interese para estudar estes corpos celestes. Despois
da súa vida útil pode quedar orbitando como lixo espacial.

Sonda espacial
Dispositivo fabricado polo ser humano que se envía a diferentes lugares do Sistema
Solar para estudar os corpos celestes que o forman.

Sublimación
Proceso mediante o que unha substancia sólida pasa directamente a estado gasoso,
sen pasar polo estado líquido.

Translación
Movemento dun corpo celeste ao redor dunha estrela, no caso do Sistema Solar, o Sol.

45

You might also like