Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

BASES DAS AXUDAS PARA O “FESTIVAIS DE BANDAS DE MÚSICA 2010”

A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP), en colaboración coa


Deputación de A Coruña, convoca as axudas para a realización do “Festivais Bandas de
Música 2010”.

CARACTERÍSTICAS DAS AXUDAS


- Concederanse 3 axudas por valor de 600€ para a realización de concertos, ciclos ou
festivais que se desenvolvan no mes de novembro (a partires da data de sorteo) ou
decembro de 2010 en calquera lugar da provincia de A Coruña e sexan organizados
por bandas federadas desta provincia.

- A data límite de recepción de solicitudes é o día 22 de novembro de 2010 ata as


19.00 h.

- Cada agrupación só poderá solicitar unha axuda.

- Para poder optar á súa concesión será preciso cubrir o impreso de solicitude anexo.

- As solicitudes entregaranse en man nas oficinas da FGBMP ou enviaranse a través do


correo electrónico da federación (fgbmp@fgbmp.org), sendo obriga da banda
cerciorarse da súa correcta recepción en prazo.

- No caso de presentarse máis solicitudes que número de axudas farase un sorteo entre
todas as solicitudes recibidas.

- Este sorteo terá lugar o día 23 de novembro ás 19,00 h. no local da FGBMP e nel
poderá estar presente un representante de cada agrupación para comprobar o correcto
desenvolvemento do mesmo. A cada solicitude asignaráselle un número por orde de
recepción que será co que participe no sorteo.
- Cada Banda participante terá que interpretar como mínimo dúas obras de autoría ou
temática galega ou o 50% do repertorio.

- O importe de cada unha das 3 axudas que se conceden ascende a 600 €. Será
imprescindible xustificar gastos por un valor mínimo de 1050 €.

- O concepto da factura a entregar será:


• Festivais de Bandas de Música (coa data de celebración )

- Non se subvencionarán gastos de manutención.

- O prazo para a xustificación dos gastos remata o día 31 de marzo de 2011.

- O pago das axudas realizarase unha vez recibida a subvención á FGBMP por parte da
Deputación.

REQUISITOS DE ACCESO

- Constar no rexistro da FGBMP como banda federada da provincia de A Coruña.

- Entregar en prazo o documento anexo debidamente cumprimentado, selado e asinado.

OBRIGAS DAS BANDAS SELECCIONADAS

As agrupacións SELECCIONADAS deberán acreditar a realización do concerto


subvencionado. Para isto deberán facer entrega da seguinte documentación:
- Certificación acreditativa da banda de ter cumprida a finalidade da axuda mediante a
realización da actividade para a que foi concedida e deberá constar lugar de actuación,
repertorio, publico asistente, bandas que actúan, tc...
- Relación detallada das subvencións ou axudas obtidas de Administracións públicas ou
entidades privadas para a mesma finalidade ou, pola contra, declaración de non ter
outras subvencións.
- Probas gráficas e materiais do concerto:
o Mínimo de catro fotografías diferentes, onde se poida apreciar o
lugar, o público presente e a banda.
o Mínimo de 2 carteis e/ou de 2 folletos de man anunciando o evento. Será
imprescindible que en toda a cartelería que se faga do mesmo aparezan os
logos da Deputación da Coruña e da FGBMP e se faga referencia á súa
inclusión nos “Festivais de Bandas de Música 2010”
- Acreditar o gasto por importe mínimo de 1050 € mediante a entrega da correspondente
factura orixinal.
- Certificado orixinal bancario co número de conta da agrupación.

You might also like