Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

TEMA 3- OS MOVEMENTOS SOCIAIS.

1. A NOVA SOCIEDADE INDUSTRIAL.

Na nova sociedade industrial, a propiedade definía a pertenza a unha determinada


clase e existía unha mobilidade social que dependía do nivel de riqueza de cada un.

Burgueses e obreiros.
No novo mundo industrial, a sociedade organizouse arredor de dúas grandes clases
sociais:

● A burguesía: posuía o capital e era propietaria das novas industrias e


negocios.
● O proletariado: estaba formado polos obreiros que traballaban nas fábricas,
minas etc. a cambio dun salario. Constituían a maior parte da poboación.

A xeneralización do sistema fabril de produción e do capitalismo supuxo cambios:

- No campo: pequenos propietarios convertéronse en xornaleiros á vez que o


nº de campesiños diminuía como resultado da concentración da propiedade e
da mecanización. Moitos deles emigraron ás cidades para traballar en
fábricas.

- Nas cidades: a consolidación da produciíon fabril arruinou á maior parte dos


artesáns e os gremios foron desaparecendo. Deste xeito, moitos campesiños
e artesáns pasaron a pertencer ó proletariado industrial.

- A aristocracia: perdeu parte da súa relevancia social ante a consolidación do


poder económico como piar do status social. Até a revolución industrial, a
terra foi a principal fonte de poder, pero co afianzamento da burguesía ligada
ás fábricas, negocios e bancos, aumentou a súa riqueza a un ritmo rápido.

A nova clase media.

A medida que o S.XX avanzaba, foise creando una nova clase media, caracterizada
por non posuír grandes capitais nin propiedades, nin exercer un traballo manual.

Estaba formado por profesionais liberais, aos que se lle sumaron novas profesións
como: técnicos e enxeñeiros, empregados de comercio, funcionarios da
Administración, militares, banqueiros etc.
Os novos valores da burguesía.

Os empresarios, banqueiros e grandes propietarios agrícolas formaban a burguesía


que se converteu na nova elite social. Organizou a sociedade coas súas ideas e uns
novos valores burgueses, baseados na exaltación da propiedade privada, no
traballo e no aforro, e no individualismo.

Maioritariamente quen accedía a estudios secundarios e universitarios eran os


varóns procedentes destas familias, de modo que foi desta clase social de onde
saíron as elites políticas, científicas e culturais.

A familia continuou sendo o núcleo social de transmisión e consolidación do


patrimonio, e a vivenda familiar converteuse nun símbolo de prosperidade e de
estatus social.

Para emular as formas aristocráticas, as familias da alta burguesía gozaron de


servizo doméstico, de grandes mansións, de carruaxe, vestidos elegantes etc.

As formas de ocio burgués.

Fronte á sociedade rural e aristocrática, donde as festas e ocio se celebran en


pazos e mansións, temos a burguesía urbana que desexaba amosar en público a
súa riqueza e poder.

Deste modo, as formas de ocio comezaron a comercializarse e a converterse nun


producto que solo desfrutaban os que o podían permitir. As eliten solían asistir á
ópera, no teatro desfrutaban de espectáculos. Tamén xurdiron os xardíns de recreo
e nas cidades proliferaron as cafetarías e restaurantes.

Foi o gran momento dos casinos e dos círculos dos propietarios.

2. O CRECEMENTO DAS CIDADES.

A industrialización provocou un cambio na localización da poboación no territorio. A


poboación pasou de ser agraria e rural e ser industrial e urbana. Como resultado, as
cidades medraron e multiplicáronse.

O proceso da urbanización.

A difusión da industrialización obrigou aos traballadores a concetrarse arredor da


fábrica e trasladarse ás cidades (proceso de urbanización).

As cidades pasaron a ser grandes metrópoles, con novos barrios, medios de


transporte e novos servicios.
A emigración interior cara ás cidades procedeu, na súa maioría, das áreas rurais
circundantess. Así, a urbanización medrou rápidamente. En Gran Bretaña, cara o
ano 1750, había dúas cidades (Londres e Edimburgo) que acadaban os 50 000
habitantes, no ano 1851, xa había 29.

Este crecemento urbano tamén se produciu no resto de países de Europa. A


principios do S. XIX, só un 2% da poboación europea vivía en cidades, e pola
contra, a comezos do S. XX facíano xa o 78% dos británicos, o 60% dos alemáns e
o 44% dos franceses.

A segregación social.

O rápido crecemento das cidades orixinou unha forte segregación social por barrios:

● A burguesía abandonou o casco antigo. Para albergar as novas vivendas


burguesas, derrunbáronse as murallas, para facer grandes avenidas.
Planificáronse barrios residenciais, con iluminación, servizos públicos e
sumidoiros. Tamén se instalaron oficinas, comercios e vivendas que eran
usadas pola burguesía.

● Os traballadores establecéronse nos barrios obreiros, que medraron preto


das fábricas e que carecían das infraestruturas. Os edificios albergaban
vivendas pequenas, sen auga corrente, que acollían a máis dunha familia
moitas veces.

A MULLER UN SER INFERIOR E DEPENDENTE?

A desigualdade legal das mulleres.


A sociedade burguesa nacida coa industrialización instaurou a inferioridade das
mulleres e uns padróns sociais que establecían unha diferenciación por xéneros: a
esfera pública quedaba reservada aos homes, mentres as mulleres se ocupaban da
esfera doméstica.

O destino da muller era o matrimonio e o coidado da familia e só unha imperiosa


necesidade económica xustificaba o seu traballo fora do fogar. A muller orientábase
cara ó matrimonio e a súa situación xurídica legal reflectía inferioridade.

O código civil dispoñía que a muller casada tiña a obrigación de obedecer ó marido,
que era o representante de todos os seus bens, e precisaba do seu permiso para
calquer acto legal.

As mulleres carecía de dereitos políticos, xa que o liberalismo, só lle concedía


dereitos ao sufraxio ós homes.
Diferentes condicións sociais.

A vida das mulleres de clase media e alta transcorría no fogar. As súas tarefas
principais eran o coidado da casa e dos fillos e, segundo o seu nivel social contaban
con servizo doméstico.

Pola contra, os baixos salarios obreiros precisaban do traballo das mulleres para
manter a toda a familia. Elas a parte de coidar ós fillos e facer as tarefas da casa,
realizaban longas xornadas nos traballos. Normalmente, dedicábanse o sector téxtil.
TEMA 4- MOVEMENTOS LIBERAIS E NACIONAIS.

1. O RETORNO Á VELLA ORDE.

A Restauración e o Congreso de Viena.

As grandes potencias vencedoras reuníronse no Congreso de Viena en 1815,


baixo o patrocino de Metternich, inspirador da Restauración. O obxectivo era o
rexeitamento dos principios da Revolución Francesa e a defensa do lexitismismo,
que recoñecía o dereito dos monarcas derrocados por Napoleón a recuperar o seu
trono.

Nalgúns países ante a imposibilidade de retornar ao absolutismo, os monarcas


tiveron que facer certas concesións. En Francia Luis XVIII promulgou unha Carta
outorgada que recoñecía algúns dereitos políticos e o funcionamento de dúas
cámaras con atribucións limitadas. Pola contra, no Imperio austríaco, en Rusia e en
España, a Restauración supuxo o restablecemento do Antigo Réxime, mentres que
en Reino Unido se mantivo o sistema parlamentario.

O Congreso de Viena procedeu á remodelación das fronteiras de Europa co


obxectivo de equilibrar as súas forzas e as zonas de influencia. Ademais,
asentáronse dous principios que ían rexer a política internacional:

● A celebración de congresos para arbitrar solución ante posibles alteracións


deste equilibrio territorial.

● O dereito da intervención nos países ameazados por unha renovación


liberal. Prusia, Rusia e Austria crearon a Santa Alianza, un pacto que
permitía a súa intervención política e militar a requirimento de calquera
monarca ameazado por unha revolución liberal.

(añadir o dos apuntes)

LIBERALISMO E NACIONALISMO.

A Revolución Francesa a as tropas de Napoleón extenderan por Europa ideas que


se identificaban automáticamente coa burguesía: o liberalismo e o nacionalismo.

O liberalismo é unha doutrina básica e irrenunciable da mentalidade burguesa.


Baséase na liberdade absoluta do individuo para expresar as súas ideas, reunirse,
conservar as súas propiedades etc. sen que ningún poder poidera acabar con elas.
O liberalismo político sintetiza as ideas dos ilustrados: división de poderes,
parlamentos elixidos pola nación como poder lexislativo, sufraxio censatario,
monarquía parlamentaria… Mentres que, o liberalismo económico: resume o
pensamento dos ilustrados baseado en que o estado non debe invertir en economía,
soamente a lei da oferta e da demanda deben regular o mercado. Estes principios
foron formulados no S. XVIII por Adam Smith.

You might also like