Boletín 4

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

CUESTIÓNS CURTAS – BLOQUE 4 Adriana Otero Cacho 2ºBach G

1. A oposición á raíña Isabel II uniuse no chamado Pacto de Ostende co obxectivo de


acabar coa monarquía. Os cabecillas desta reunión foron o xeneral Serrano e o xeneral
Prim.

2. O movemento revolucionario que estalou en Cádiz en setembro de 1868 fíxoo baixo o lema
“Viva España con honra”.

3. Tras a derrota do bando realista na batalla de Alcolea a raíña exíliase a Francia e


establécese un goberno provisional presidido por xeneral topete, xunto con Prim e
Serrano.

4. O Goberno provisional inicia un paquete de reformas entre as cales resaltan:


- Creación da peseta.
- Liberdade de reunión, de asociación e de imprenta, entre outros.
- Supresión do imposto de consumos.
- Sufraxio universal para varóns maiores de 25 anos.

5. Enumera catro das características principais da Constitución de 1869:


- Soberanía nacional de base popular.
- Monarquía parlamentaria onde o poder do monarca é limitado.
- Ampla declaración de dereitos, incluídos por primeira vez o de asociación e
reunión.
- Liberdade de culto.

6. Cal foi o candidato ao trono entre as familias europeas que reinou en España ente 1871-
1873? Amadeo de Saboya.

7. Sinala dous dos motivos polos que o fillo de Victor Manuel II abdicou do trono español.
- O asasinato de Prim, o seu principal apoio.
- Os denominados alfonsinos estaban a favor do reinado do fillo de Isabel II,
polo que non aceptaban a Amadeo como rei ao trono español.

8. O liberalismo foi a expresión política dunha clase social, a burguesía, convertida no


grupo hexemónico grazas a revolución industrial.

9. Sinala cal destas características ideolóxicas non se corresponden co liberalismo:


desigualdade xurídica - separación de poderes - limitación da autoridade rexia - dereito
ao sufraxio - liberdade económica

10. Verdadeiro ou falso?


- Trala morte de fernando VII a súa filla Cristina herda o trono pero ante a súa minoría de
idade a súa nai Isabel actúa como rexenta. Falso: Trala morte de Fernando VII, a súa
filla Isabel (II) queda como herdeira ao trono, pero ante a súa minoría de idade,
será a súa nai, María Cristina de Borbón, a raíña rexente.
11. Indica que sectores da sociedade apoiaban a cada bando nas guerras carlistas: No bando
isabelino agrupábanse as altas xerarquías do exército, máis os liberais, e no bando
Carlista agrúpanse todos os que estaban en contra do réximen liberal: parte da
nobreza, do clero e do campesiñado.

12. A Guerra Carlista remata en 1839 co denominado convenio de vergara no que se


conservan determinados privilexios forais vasco-navarros.

13. Martinez de la Rosa, liberal conservador, redacta en 1834, nos primeiros anos de reinado
da rexente unha carta outorgada chamada "Estatuto Real".

14. En 1849 o Partido Progresista escíndese e aparece unha nova facción mais radical
chamada Partido Demócrata.

15. O pronunciamento progresista de Vicálvaro foi encabezado polo xeneral O’Donnell.

16. Cal era o obxectivo das desamortizacións de Mendizabal 1835 e de Madoz en 1855? A
desamortización dos bens eclesiásticos e municipais.

17. Cal é a cronoloxía da Primeira República? 1873-1874.

18. Que tres familias de Republicanos existiron durante a Primeira República?


Cantonalismo, Federal, Centralista.

19. Cal foi o Cantón que protagonizou a insurrección armada con mais sona? Cartaxena.

20. O Manifesto de Sandhurst foi asinado polo político liberal conservador Cánovas del
Castillo por Alfonso XII para restaurar a Monarquía Borbónica en España.

You might also like