O Acento Gráfico. O Acento Diacrítico. Teoría

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

O ACENTO GRÁFICO. O ACENTO DIACRÍTICO.

TEORÍA

1. PALABRAS AGUDAS

• As palabras agudas acentúanse graficamente cando son polisílabas e rematan


en vogal, -n, -s, ou –ns: mazá, ninguén, cadrís, irmáns....

• Non se acentúan cando son monosílabas: si, el, ti, ra, pa, sol, sa, etc.

• Non se acentúan cando acaban en ditongo decrecente ou homoxéneo (ai, ei,


oi, au, eu, ou, iu, ui: amou, seguiu,cantei, cantou, ademais, azuis...
2. PALABRAS GRAVES

• As palabras graves acentúanse cando rematan en consoante distinta de –n ou


–s e en grupos consonánticos distintos de –ns: móbil, bíceps, tórax,
dolmens...

• Tamén se acentúan as palabras graves que rematan en ditongo decrecente:


amábeis, agradábeis (plurais de –bel: amábel>amábeis)
3. PALABRAS ESDRÚXULAS

As palabras esdrúxulas levan sempre acento gráfico: mágoa, náusea,


tépedo...
4. ACENTUACIÓN DE I, U, EN HIATO

• As vogais i, u, tónicas acentúanse graficamente cando van antes ou despois


dunha vogal átona aberta ou pechada, para indicar que pertencen a sílabas
diferentes e que, polo tanto, forman hiato e non ditongo: acentúo, baúl,
moía, raíña…

• Cando o hiato leva un –h- intercalado non se acentúa graficamente:


prohibo…
5. CASOS ESPECIAIS: IU, UI

1. Se a tónica é a primeira vogal trátase dun ditongo e non leva acento:


azuis, puido,
2. Se a tónica é a segunda vogal trátase dun hiato e si leva acento: xuízo,
constituír, muíño, miúdo…
6. ACENTUACIÓN NOS ESTRANXEIRISMOS

As palabras estranxeiras, aínda que non estean plenamente adaptadas ao


galego, seguen as mesmas regras de acentuación ca as anteriores: autostop,
iceberg, voleibol, anorak, spray, álbum, smóking, cámping, médium,
búmerang, hándicap, hóckey…
Repárese: y ten o tratamento de i.
7. CASOS ESPECIAIS DE ACENTUACIÓN
OS PRONOMES ENCLÍTICOS

• Cando os verbos levan pronomes enclíticos, compórtanse coma se


fosen unha soa palabra: Cantaraa (a canción), metéusenos,
dixéronllelo…

• Se o verbo leva acento diacrítico (ex: é , dá, ), manteno, aínda que leven
pronome enclítico: O rapaz élle moi intelixente / Ti dálo á forza ..
ADVERBIOS REMATADOS EN – MENTE

Nunca se acentúan as palabras rematadas en –mente, xa que son graves


rematadas en vogal: unicamente, comunmente, friamente, utilmente…
8. AMBIGÜIDADES

Os interrogativos e exclamativos QUE, QUEN, CAL, CANTO, CANDO,COMO e


ONDE nunca se acentúan, agás para evitar ambigüidades: dille qué queres (interrog) //
dille que queres (conxunción)

9. PALABRAS DUBIDOSAS

SON AGUDAS: chofer, fluor.


SON GRAVES: acne, mísil, ástur, atmosfera, diocese, elite, heroe, vertixe, medula,
neon, omoplata, parasito, réptil, traquea.
SON ESDRÚXULAS: alvéolo, amálgama, dínamo, énclise,próclise, gladíolo,
endócrino, olimpíada, período, rubéola, termóstato.

O ACENTO DIACRÍTICO

Utilízase o acento gráfico con función diacrítica para distinguir dúas


palabras que teñen a mesma forma na escrita (homógrafas), pero que se
diferencian porque a vogal tónica ten diferente timbre ou porque unha palabra é
tónica e a outra átona (póla/pola, dá/da).

Á (a + a artigo; subst.) a (artigo; pron.; prep.)


ás (a + as artigo; subst.) as (artigo; pron.)
bóla (‘esfera’) bola (peza de pan)
cá (ca + a) ca (conx.)
cás (ca + as) cas (prep.)
chá (‘plana’) cha (che + a)
chás (‘planas’) chas (che + as)
có (ca + o) co (con + o)
cómpre (‘é mester’) compre (‘merque’)
cómpren (‘son mester’) compren (‘merquen’)
cós (ca + os; subst.) cos (con + os)
dá (pres. e imp. de dar) da (de + a)
dás (pres. de dar) das (de + as)
dó (‘compaixón’) do (de + o)
é (pres. de ser) e (conx.)
fóra (adv.) fora (antepret. de ser e ir)
má (‘ruín’) ma (me + a)
máis (adv. e pron.) mais (conx.)
más (‘ruíns’) mas (me + as)
nó (subst.) no (en + o)
nós (pron. tónico; pl. de nó) //vós nos (pron.átono; en + os)//vos
ó (a + o) o (artigo; pron.)
ós (a + os) os (artigo; pron.)
óso (do corpo) oso (animal)
pé (parte do corpo) pe (letra)
póla (‘rama’) pola (‘galiña’; por + a)
pór ("poñer") por (prep.)
présa ("apuro") presa ("prendida"; "presada")
sé ("sede eclesiástica"; imp. de ser) se (conx.; pron.)
só (adv. e adx.) so (prep.)
té ("infusión") te (pron.; letra)
vén (pres. de vir) ven (pres. de ver; imp. de vir)
ves (pres. de ver)
vés (pres. de vir)

You might also like