Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

PONTE...NAS ONDAS!

CONVIDA AOS CENTROS EDUCATIVOS A


PARTICIPAR NO DÍA MUNDIAL DA RADIO O 13 DE FEBREIRO DE 2024

A UNESCO proclamou o 13 de febreiro como Día Mundial da Radio.


PONTE...NAS ONDAS! vén promovendo a radio escolar desde 1995 como
un recurso educativo para mellorar as competencias comunicativas dos nosos
xoves. A UNESCO inscribiu a PONTE...NAS ONDAS! como modelo de boas
prácticas co patrimonio cultural inmaterial, a primeira inscrición para Galicia e
Portugal neste rexistro.

O día 13 de febreiro coincide neste ano co martes de Entroido (non lectivo).


O entroido é unha das manifestacións do Patrimonio Cultural
Galego-Portugués e, por tanto, tamén é unha boa ocasión para encher as
ondas de programas co entroido como tema principal. As afinidades entre as
festas de inverno de Galicia e o Norte de Portugal son unha evidencia do
patrimonio común que compartimos e todas as diversas manifestacións deste
ciclo festivo anual poden estar presentes na programación do Día Mundial da
Radio desde calquera punto da Eurorrexión.

Ao mesmo tempo, neste 2024, a UNESCO conmemora un século da radio


como medio de comunicación baixo o lema: UN SÉCULO INFORMANDO,
ENTRETENDO E EDUCANDO.

A radio escolar é hoxe un medio que forma e educa nos medios de


comunicación. Ponte…nas ondas! é unha iniciativa pioneira no ámbito da
radio educativa e ten evolucionado en paralelo á radio como medio de
comunicación. Foi unha das primeiras emisións de radio por internet (1997) e
ten experimentado con realizacións de radio por televisión, creando así
“radiovisual”. A radio é hoxe un poderoso recurso educativo que contribúe á
mellora da competencia comunicativa sendo unha fonte contínua de
inspiración para o alumnado. Por este motivo, desde Ponte…nas ondas!
súmase á celebración da UNESCO e convida aos centros a enviar tamén
programas, podcast ou “radiovisuais” con esta temática para seren emitidos
o 13 febreiro no portal ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com)
e comparte estas suxestións para a celebración deste ano:
https://www.unesco.org/es/days/world-radio/13ideas

Ponte…nas ondas! é unha ONG acreditada pola UNESCO para o Patrimonio


Cultural Inmaterial (PCI) desde 2015, a única entidade en Galicia e desde
2022 está inscrita no rexistro das boas prácticas co PCI da UNESCO.

Por todo isto, Ponte…nas ondas! propón aos centros educativos galegos e
portugueses o envío de podcasts, vídeos ou radiovisuais para seren emitidos
o día 13 no portal web ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com)
para celebrar esta data e para difundir así o modelo PONTE...NAS ONDAS!:
educación, patrimonio, comunicación e novas tecnoloxías.

Os traballos gravados deben ser enviados até o día 10 de febreiro para:


web@escolasnasondas.com

● + info: 615 02 98 40 - pontenasondas@pontenasondas.org

You might also like