Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

14.

O cambio dinástico e a guerra de Sucesión (causas da guerra, bandos en


conflito, a paz de Utrecht)

1. Introdución. O cambio dinástico

En 1700, o derradeiro monarca da casa Austria, Carlos II, morreu sen descendencia. Os candidatos para
ocupar o trono, polos seus vínculos familiares, eran fundamentalmente Felipe d’Anjou, neto de Luís XIV
de Francia e a princesa española Mª Teresa de Austria, e o archiduque Carlos de Habsburgo, fillo do
emperador de Austria. O testamento de Carlos II designaba como o seu sucesor ao candidato Borbón,
que foi proclamado rei baixo o título de Felipe V.

2. Causas da guerra e bandos en conflito

O nomeamento do novo monarca provocou un conflito na esfera internacional e no interior de España.

2.1. Esfera internacional

No ámbito internacional provócase un grave conflito para o equilibrio entre as diferentes potencias
europeas. O acceso dun Borbón á coroa española fortalecía a esta dinastía no marco europeo posto que
tamén gobernaba en Francia con Luís XIV no trono.
Como é lóxico Austria levántase polo interese sucesorio directo e rapidamente Gran Bretaña, Holanda e
Portugal, ao que se sumará posteriormente o ducado de Savoia, declaráronlle o seu apoio ao candidato
austríaco e entraron en guerra contra Francia e España. A sucesión ao trono español pasou de ser un
conflito interno a un grave problema internacional.

2.2. Interior de España

A cuestión sucesoria tamén dividiu os territorios peninsulares, Castela amosouse fiel a Felipe V, coa
excepción de parte da gran nobreza, temerosa de perder influencia ante o absolutismo borbónico. Aragón,
especialmente Valencia e Cataluña, apoian maioritariamente ao candidato austríaco motivado polo mal
recordo do levantamento deixado polas tropas francesas en Cataluña (1640) e o medo o temor a perder o
seu poder ante as tendencias centralizadoras e uniformizadoras. O enfrontamento derivou nunha
guerra civil que durou case unha década.

3. Desenvolvemento

A guerra iniciouse en 1702 (despois de asinarse o Tratado da Haia o ano anterior entre as tropas opostas aos Borbón)
e durará algo máis dunha década.
O enfrontamento estendeuse por toda Europa con vitorias e derrotas para os dous bandos. Os ingleses conquistaron
Xibraltar (1704) e o archiduque Carlos ocupa Cataluña, Valencia e Baleares (1705). As tropas austríacas chegaron a
alcanzar Madrid e o pretendente proclamouse rei, aínda que abandonará axiña a capital, onde o pobo nin a nobreza lle
amosaron o seu apoio.
A partir das batallas de Almansa (1707), Brihuega e Villaviciosa (1710) a sorte da guerra inclínase a favor das tropas
francoespañolas pero será fundamentalmente a partir de 1711 cando se inicien as conversas para lograr a paz. Tras a
morte do emperador de Austria, Xosé I; o archiduque Carlos convertíase no herdeiro do Imperio. O perigo dunha
hexemonía de Austria era tan temida como unha dos Borbón en Europa. Os ingleses propiciaron negociacións e
manifestaron o seu interese en recoñecer a Felipe V como rei de España.

4. A paz de Utrecht (1713)

A paz asinouse (Tratado de Utrecht 1713 e Rastatt 1714) o recoñecemento de Felipe V como rei de
España prodúcese a cambio de importantes concesións:

• Austria quedaba cos Países Baixos españois, Nápoles, Milán e Sardeña.


• Gran Bretaña obtiña Xibraltar e Menorca, un navío de permiso para comerciar con América
(ráchase o monopolio comercial) e o asento de negros (exclusiva no abastecemento da man de
obra escrava nas colonias españolas).
• Holanda recibirá prazas de seguridade na fronteira cos Países Baixos, Savoia recibe Sicilia e
Portugal recibe Sacramento (no actual Uruguai), Prusia o seu ducado é recoñecido como reino.

Cando se asinou o Tratado, unicamente resistían Barcelona, algunhas outras cidades catalanas e
Baleares que foran abandonadas polo Archiduque. O 11 de setembro de 1714, as tropas de Felipe V
tomaron Barcelona, e en 1715 ocuparon Mallorca.
O respaldo dos reinos da coroa de Aragón á causa do Habsburgo supuxo a eliminación dos fueros e
privilexios destes a través dos Decretos de Nova Planta (Valencia 1707, Mallorca 1715 e Cataluña 1716).
Iníciase o proceso uniformizador e centralizador do reformismo borbónico.
As consecuencias do Tratado de Utrecht farán que España pase a ser unha potencia de segundo orde no
panorama europeo a partir do século XVIII.

You might also like