Módulo 3.1

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 19

5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN.

O PROCESO DE BUSCA

PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

Sitio: Campus Virtual Impreso por: Lúa Álvarez Escudero


Competencias en Información. Nivel Avanzado. Humanidades Data: Sábado, 5 de Novembro de 2022, 23:12
Curso:
(Santiago) 1ª Ed [BUSC.2223.39] [2022/2023]
Libro: PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 1/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

Táboa de contidos

1. FONTES DE INFORMACIÓN
1.1. Fontes primarias
1.2. Obras de referencia ou consulta
1.3. Catálogos e bases de datos documentais
1.4. Portais de información

2. O PROCESO DE BUSCA DE INFORMACIÓN


2.1. Recoñecer e identificar a necesidade de información
2.2. Elaborar a estratexia de busca
2.3. Executar a busca
2.4. Avaliar os resultados
2.5. Reconducir a busca

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 2/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

1. FONTES DE INFORMACIÓN

Que é unha fonte de información

Chamamos fontes de información a todos aqueles recursos dos que dispoñemos para buscar, localizar e identificar información
independentemente do soporte no que se atopen.

Tipos de fontes de información

As fontes de información poden conter información orixinal sobre un tema (fontes primarias) ou ben información sobre outros documentos,
datos, etc (fontes secundarias).

Segundo esta clasificación podemos atopar distintas fontes de información:

Fontes que conteñen información orixinal sobre un tema: Libros ou monografías, revistas, periódicos, publicacións oficiais, teses, actas
de congresos, ...
Obras de referencia ou consulta: Enciclopedias, dicionarios, directorios ... Están realizadas para conter moita información e a súa estrutura
serve de guía para chegar a eses datos ou informacións puntuais. Algunhas pretenden recompilar o saber, outras están máis enfocadas a
proporcionar datos específicos.
Catálogos e bases de datos documentais: son o resultado da análise e organización das fontes que conteñen información orixinal para
facelas máis accesibles.
Portais de información: sitio web que ofrece ao usuario, de xeito integrado e fácil, acceso a recursos e servizos relacionados cun tema.
Inclúe documentos, enlaces, foros, buscadores, etc. A meirande parte dos sitios web institucionais configúranse na actualidade como portais
de información no seu ámbito.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 3/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

1.1. Fontes primarias

MONOGRAFÍAS

A monografía é unha publicación que contén un texto completo e homoxéneo nun volume ou nun número limitado deles e presenta un estudo
completo dunha materia determinada. Xeralmente identifícase monografía co libro. Dentro das monografías os manuais son publicacións que
recollen os coñecementos esenciais dunha ciencia, técnica ou arte.
PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

Unha publicación periódica é unha publicación colectiva (nela interveñen moitos autores con distintas contribucións) que aparece, -cun tipo de
periodicidade determinada (mensual, trimestral, anual...)-, en volumes ou fascículos sucesivos, relacionados entre si por orde numérica e
cronolóxica durante un tempo non limitado de antemán. Xeralmente identificámolas coas revistas, pero tamén son consideradas publicacións
periódicas os xornais (de periodicidade diaria) e os anuarios (de aparición anual).

As revistas proporcionan a información máis actualizada. A meirande parte da información científica, especialmente nas áreas científico-
técnicas e da saúde, transmítese a través dos artigos que aparecen nelas. A tendencia actual é facelo en formato electrónico e, dentro deste,
vaise abrindo camiño a publicación en acceso aberto (gratuíto) a texto completo.

Algunhas revistas especializadas na área de Humanidades son, por exemplo:

Nacionais:
Ayer. Madrid : Marcial Pons, 1992- . ISSN 2255-5838
Boletín de la Real Academia de la Historia. Madrid: Real Academia de la Historia, 1877- .
ISSN 0034-0626
Ciudad y territorio, estudios territoriales. Madrid : Ministerio de Obras Públicas y
Transportes, 1993-. ISSN 1133-4762

Internacionais:
Revue de l'art. Paria : Flammarion, 1968-. ISSN 0035-1326
Philosophy of science. East Lansing, Mich. : Philosophy of Science Association, 1934-. ISSN 0031-8248

Unha tipoloxía de publicación periódica que pode resultar de especial interese son os boletíns como o DOG ( Diario oficial de Galicia), ou o
BOE (Boletín Oficial del Estado) que recompilan disposicións e normas emitidas por diferentes organismos.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 4/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

1.2. Obras de referencia ou consulta

Diccionarios e enciclopedias

Dentro de reBUSCa hai unha busca directa a dicionarios /enciclopedias

Oxford Reference, accesible na rede da USC, desde a páxina inicial da web da BUSC (clicando no enlace Recursos electrónicos, ou desde a
icona reBUSCa, Diccionarios-Enciclopedias) ofrece acceso a obras de referencia especializadas en todas as áreas do saber. Inclue as
seguintes materias:

Oxford English Dictionary considerado o máis erudito e completo dicionario da lingua inglesa, así como o principal punto de referencia para o seu estudo
etimolóxico

Encyclopaedia Britannica Online, recolle artigos, biografías, fontes primarias, videos..

A BUSC ofrece unha selección de obras de consulta en formato electrónico, tanto gratuítas como de subscrición.

Lembra que os recursos electrónicos de pago son accesibles dentro da rede da USC e, ademais, algúns permiten o acceso en remoto
desde fóra da universidade utilizando EZproxy, tal como vimos no módulo anterior.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 5/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

1.3. Catálogos e bases de datos documentais

Catálogos e bases de datos documentais: son o resultado da análise e organización das fontes que conteñen información orixinal para
facelas máis accesibles:

Catálogo de biblioteca: relación ordenada de rexistros bibliográficos que identifican todos os recursos existentes na Biblioteca.

Dous exemplos son o Catálogo da BUSC [1] (ao que dedicaremos capítulo aparte) e o catálogo de Rebiun (Red de Bibliotecas
Universitarias). Neste último podes localizar os recursos existentes nas bibliotecas que conforman a rede, xa que todas colaboran
activamente na súa alimentación (incluída a BUSC), cada una coa achega dos rexistros da súa propia colección. É un exemplo do que se
coñece como “catálogo colectivo”. Outro exemplo sería o Worldcat, formado por coleccións de bibliotecas de todo o mundo, e que
constitúe unha fonte fundamental de información.

Base de datos: conxunto de información estruturada en rexistros e almacenada nun soporte electrónico. Cada documento correspóndese
cun rexistro bibliográfico. A súa finalidade é organizar ditos rexistros para, posteriormente, poder realizar buscas e recuperar a información.

Hoxe en día, a maioría delas pódense consultar desde un dispositivo con conexión a

Permítennos atopar referencias de documentos que non están integrados no catálog


de artigos de revistas, capítulos de libros, etc.

Estes documentos poden estar dispoñibles en liña (a maioría); outros podemos telos
que non teñamos na BUSC.

Se necesitas documentos que nos temos nas nosas coleccións, podes solicitalos a t
Interbibliotecario da BUSC

Para poder utilizar as bases de datos da BUSC hai que facelo desde un ordenador da U
a través de Ezproxy. Falaremos destas bases de datos máis adiante.

Podes consultar a listaxe alfabética das bases de datos que ofrece a BUSC, e pinchar na icona do i para obter máis información de cada unha
delas.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 6/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 7/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

1.4. Portais de información

Vexamos algúns exemplos de portais de interese na nosa área:

ArteHistoria

Artehistoria conta cunhas 150.000 páxinas de documentos, cerca de 40.000 imaxes e mais de 1.000 vídeos sobre Historia e Arte universais

Centro Virtual Cervantes ofrece materiales y servicios para los profesores de español, los estudiantes, los traductores, los periodistas y otros
profesionales.

Centro de Descargas (CdD) del Centro Nacional de Información Geográfica (CNIG)

O Centro de Descargas (CdD) é un sitio web do Centro Nacional de Información Geográfica (CNIG) dende onde se poden descargar
gratuitamente ficheiros dixitais de carácter xeográfico xenerados pola Dirección General del Instituto Geográfico Nacional (IGN)

Internet Archive

Ofrece uns 15.000.000 de textos libres para descarga de áreas temáticas variadas

CER-ES

Este portal é un catálogo colectivo con recopilación de textos e imaxes dos bens culturais das institucións e museos participantes

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 8/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 9/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

2. O PROCESO DE BUSCA DE INFORMACIÓN

O proceso de busca de información pode resultar algo complexo, polo que é recomendable desenvolvelo paso a paso:

2.1) Recoñecer e identificar a necesidade de información

a) Planificación da tarefa

b) Finalidade do traballo de investigación

c) Elección e encadre do tema

2.2) Elaborar a estratexia de busca

a) Escoller os termos da busca

b) Seleccionar os recursos de información

2.3) Executar a estratexia de busca

a) Tipos de busca

b) Avaliar os resultados e reconducir a busca

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 10/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

2.1. Recoñecer e identificar a necesidade de información

Saber buscar a información apropiada para as nosas necesidades é un reto. Imos ver como facelo no contexto dun traballo académico, o
Traballo de Fin de Grao.

a) Planificación da tarefa

Os pasos iniciais á hora de realizar un traballo académico deben responder ás seguintes preguntas:

Ademais, hai unha serie de pasos previos á propia realización do traballo:

Realizar consultas (aos profesores, aos bibliotecarios, no catálogo, na web, …)


Estruturar o traballo en fases (definir o tema, buscar bibliografía, seleccionar e avaliar a documentación atopada, redactar o traballo,…;
verémolo no módulo 5).
Planificar o tempo (de canto tempo dispoño, cantos días ou semanas vou dedicar a cada fase do traballo …). Repasa o módulo 1.

b) Finalidade do traballo de investigación

Tal como vimos no módulo 1, o TFG é un requisito académico do programa de estudos de cada grao. Os estudantes deben demostrar os
coñecementos e as habilidades -é dicir, as competencias- establecidos para cada titulación, mediante a redacción, presentación e defensa
dun traballo de investigación de nivel básico dirixido por un profesor titor.

Polo tanto, o traballo académico oriéntase fundamentalmente a:

1. A aplicación dos coñecementos e das competencias xerais asociadas á titulación.

2. Evidenciar a capacidade de busca, organización e tratamento da información utilizada.

3. O contido de ideas orixinais procedentes da reflexión sobre o tema elixido.

4. Desenvolver esas ideas cun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.

Para saber máis acerca da finalidade dun TFG cómpre ler detidamente a normativa xeral para a súa elaboración, así como a normativa
específica (ver módulo 1 punto 2).

c) Elección e encadre do tema do TFG

A elección do tema, dentro do marco establecido pola normativa citada, sae dun acordo entre o alumno e o titor do traballo.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 11/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA
Unha vez elixido, o seguinte paso pola túa banda será encadralo no seu ámbito científico, establecer un marco xeral, poñelo en contexto. Para
iso cómpre coñecer ata que punto se ten investigado sobre o tema, ou o que é o mesmo, cal é o “estado da cuestión”. Deberemos, así,
coñecer os aspectos baixo os que xa se estudou, pero sen deixar de atender ás novidades que poidan xurdir sobre ese tema.

Nun primeiro momento, as obras adecuadas para a consulta serán os manuais, monografías especializadas, artigos de revisión, ... que
respecten os limites cronolóxicos, xeográficos e idiomáticos que terás tamén que delimitar segundo o tema elixido e o estado da cuestión do
mesmo.

a) Límites cronolóxicos

Deberemos establecer o ámbito temporal sobre o que imos buscar a información. Dependerá dos obxectivos do traballo que debamos
buscar información máis recente ou máis ampla no tempo. O factor temporal é un aspecto importante en disciplinas nas que a información
envellece moi pronto, como son as áreas de ciencias da saúde, tecnoloxía e informática ou as ciencias aplicadas, onde hai que apostar por
contidos moi recentes. Nas ciencias humanas e socias, a obsolescencia ou envellecemento da información non é tan determinande.

b) Límites xeográficos e idiomáticos

Deberemos seleccionar as linguas de publicación dos documentos a recuperar, e facelo en función das linguas nas que está escrita a
información relevante para o tema de estudo así como, por suposto, das nosas capacidades de lectura e comprensión.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 12/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

2.2. Elaborar a estratexia de busca

A estratexia de busca é a maneira en que interrogamos un recurso ou un conxunto de recursos de información para localizar e acceder á
información que necesitamos. Está constituída pola serie de operacións de busca que realizamos ata conseguir un resultado satisfactorio. Unha
estratexia de busca pode consistir nunha ou varias ecuacións de busca.

Para elaborar unha correcta estratexia de busca debemos seguir unha serie de pasos:

a) Escoller os termos da busca

Escoller unha ou varias frases que describan apropiadamente o que queremos buscar.

Exemplo: Buscar información sobre “paisaxe e identidade no discurso galeguista”.

Identificar os conceptos ou ideas principais e elixir os termos que mellor os representen. Eliminar conceptos pouco relevantes ou
demasiado xerais.

Exemplo: Conceptos principais: paisaxe, identidade, galeguismo

Buscar termos alternativos: sinónimos ou outros termos relacionados, de contido máis amplo ou mais específico. Utilizar dicionarios e
tesauros[1]. Non esquecer os termos noutros idiomas, variantes gramaticais ou palabras derivadas.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 13/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA
Exemplo: Termos relacionados: Galicia, teoría da paixaxe, identidade cultural, nacionalismo galego, literatura galega, medio natural,
xeografía, etnografía, etnicidade, socioloxía da paisaxe, paisaje, teoría del paisaje, identidad cultural, landscape, identity, nationalism, rural
studies.

Establecer as relacións entre os termos seleccionados e a linguaxe de interrogación propia do recurso (campos de busca e
operadores booleanos, de proximidade ou de comparación) = ecuación de busca.

Exemplo: paisaxe AND identidade AND Galicia

(identidade OR nacionalismo OR galeguismo) AND (paisaxe OR xeografía) AND Galicia


Nationalism AND identity AND landscape

b) Seleccionar os recursos de información

Unha vez establecidos os termos de busca debemos informarnos sobre os recursos máis apropiados que conteñen información sobre o tema. O
seguinte cadro pode servir como orientación xeral:
QUE FONTE DE
QUE NECESITAS? INFORMACIÓN DEBES ONDE PODES LOCALIZALA?
CONSULTAR?

Atlas

Biografías Catálogo da biblioteca

Dicionarios Directorios Estantes de referencia das Salas de Lectura


Obter un dato concreto para facer un
traballo
Enciclopedias Web da biblioteca

Estatísticas Buscadores da rede

Internet

Catálogo da Biblioteca

Dicionarios Enciclopedias Estantes de referencia das Salas de Lectura

Web da biblioteca
A visión xeral dun tema para facer un
traballo de clase ou comezar unha Catálogo da Biblioteca
investigación
Manuais xerais Bibliografías recomendadas

Sitios web Web da biblioteca

Buscadores da rede

Catálogo da Biblioteca

Web da biblioteca
Monografías ou libros
Buscador de libros electrónicos da BUSC ou nos
portais de libros electrónicos

Bases de datos e portais de teses a texto completo


como:
Un estudo en profundidade para unha Teses (tesiñas, traballos
investigación Fin de Máster, ...) TESEO, TDR, MINERVA, Dialnet, Recolecta, etc,
teses españolas a texto completo accesibles
libremente en Internet

En bases de datos, a través de reBUSCa.

En revistas electrónicas, a través do buscador de


Artigos de revistas
revistas electrónicas da BUSC

En Pórtico, a través do localizador de artigos.

Dada a amplitude e diversidade de recursos existentes e a súa importancia, dedicarémoslles os módulos seguintes.

[1] Un tesauro é un vocabulario controlado e estruturado, formado por termos que gardan entre sí relacións semánticas e xenéricas: de equivalencia,
xerárquicas e asociativas. Trátase dun instrumento de control terminolóxico que permite convertir a linguaxe natural dos documentos nunha linguaxe
controlada, xa que representa, de maneira unívoca, o contenido destes, co fin de servir tanto para a indización, como para a recuperación dos documentos.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 14/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA
Mais adiante veremos alguns exemplos.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 15/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

2.3. Executar a busca

Elixidos os recursos procederemos a realizar a busca.

Explotar ben as posibilidades de cada un dos recursos consultados facilitaranos o traballo e axudaranos a conseguir resultados máis
pertinentes (falaremos da pertinencia, relevancia, etc., máis adiante)

As fontes de información -coma os catálogos e bases de datos- ofrecen basicamente tres tipos de buscas: simple, avanzada e por
vocabularios controlados (índices e tesauros).

Permite buscar por: palabra chave, título, autor,


tema, etc.

A busca simple
Útil para buscas moi claras e sinxelas e tamén
para calibrar, nun primeiro achegamento ao tema, o
previsible volume de información publicada.

Permite afinar a estratexia introducindo varios


criterios de busca simultaneamente e/ou elixindo
delimitadores, coma a data de publicación, tipo de
documento, lingua, etc, para realizar buscas máis
específicas e obter resultados máis pertinentes.

Este tipo de busca adoita ir acompañada do uso


dalgunhas ferramentas como:

- Operadores booleanos: permiten conectar de


forma lóxica conceptos ou grupos de termos para
ampliar, limitar ou perfilar as buscas.

Os principais operadores booleanos son “E”, “OU”,


“OR” e “E NON”.

A búsqueda avanzada

* Consulta a Infografía
- Operadores de posición: Establecen relacións
Operadores para coñecer o seu
de proximidade entre os termos. Permiten afinar
funcionamento e mirar algúns
os resultados obtidos, pero non todos os recursos
exemplos. Está no material
permiten o seu uso, salvo no caso das “comiñas”,
complementario.
cuxo uso si está amplamente estendido.

Os máis usados son: SAME, WITH, NEAR, FAR,


ADJ, “comiñas”

- Operadores de truncamento e comodíns:


Serven para truncar termos e así reagrupar nunha
soa ecuación de busca palabras coa mesma raíz e
distintos sufixos.

Os máis utilizados son: *, ? e $

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 16/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

Son conxuntos limitados de termos utilizados


para representar os temas tratados nos documentos
dun catálogo ou dunha base de datos concreta, e
están suxeitos a unha estrutura determinada que lle
da coherencia.

O seu uso facilita a recuperación da información e


evita as ambigüidades na descrición e a
clasificación dos documentos.

Ás veces será útil consultar o tesauro da base de


datos para centrar correctamente o tema ou para
elixir os termos (palabras ou frases) máis
apropiados e aumentar así a eficacia da busca.

Os vocabularios controlados poden ser alfabéticos


ou sistemáticos.

Os vocabularios controlados alfabéticos deben


o seu nome a que o ordenamento principal dos
termos é alfabético. Os termos relaciónanse a
través de referencias ou relacións (de equivalencia,
xerarquía ou asociación semántica), como por
exemplo as listas de encabezamentos de
materia utilizadas nos catálogos de bibliotecas, ou
o índice alfabético de palabras ou frases do
Tesauro da UNESCO.

Os vocabularios controlados

Nos vocabularios controlados sistemáticos os


termos aparecen agrupados en clases ou categorías,
polo xeral temáticas. Establecen entre si unha
relación xerárquica, coma nos tesauros. Un
exemplo é o tesauro da base de datos TESEO de
teses doutorais españolas.

Algúns tesauros útiles para buscar información no


eido da historia, e da xeografía son :

Art & Architecture Thesaurus. Macrotesauro en


lingua inglesa realizado para o mundo da arte, da
arquitectura e da cultura en xeral.

Getty Thesaurus of Geographic Names. Contén


mais dun millón de termos xeográficos.

Thesaurus Linguae Latinae. É considerado o


máis extenso dicionario de latín, cobre todos os
textos latinos dende o período clásico ata o ano
600.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 17/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

2.4. Avaliar os resultados

Unha vez executada a busca, é necesario ordenar os resultados (pola súa relevancia, polas citas recibidas, pola data de publicación ...) para
poder analizalos e avalialos, comprobando se son:

Relevantes: tratan do tema que precisas, co enfoque apropiado ; é dicir, cumpren coa necesidade de información.
Pertinentes: polo tipo de documento, datas, idiomas, etc. Adecúanse á túa necesidade de información, resúltanche útis.
Suficientes para a túa necesidade, ou pola contra son poucos, ou mesmo demasiados. Neste sentido pódense producir dous fenómenos:
Silencio documental: dáse cando existen documentos relevantes que non foron recuperados na busca. Isto pode deberse a que a estratexia de
busca foi demasiado específica ou as palabras chave empregadas resultaron non ser as máis adecuadas para definila.
Ruído documental: prodúcese cando se recuperan documentos que non son relevantes para a nosa necesidade de información. Isto adoita ocorrer
cando a estratexia definida é demasiado xenérica.

Falaremos máis polo miúdo de avaliación no módulo 4, pero, de entrada, toma as referencias bibliográficas obtidas para facer unha primeira
análise (basicamente do título, autores, palabras chave e resumo) para comprobar que os documentos:

tratan o tema do teu interese


teñen o enfoque axeitado
foron publicados nas datas, no idioma e na tipoloxía documental adecuados , e
achegan unha cantidade suficiente de información

Aqueles documentos nos que o tema, o enfoque, o idioma, …, son adecuados, poden axudarnos a descubrir termos alternativos ou incluso máis
apropiados que os utilizados na busca, outros autores do tema do noso interese, artigos citados, …, cos que podemos realimentar a busca
para mellorala.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 18/19
5/11/22, 23:12 PARTE 1: AS FONTES DE INFORMACIÓN. O PROCESO DE BUSCA

2.5. Reconducir a busca

Se a busca non cumpre coas túas expectativas pode ser que lle teñas que dar outro enfoque. Son documentos doutra disciplina ou tradición
académica? Tes suficientes documentos onde elixir? Son doados ou difíciles de conseguir?

Revisar a túa estratexia para:

Mellorar Se son pouco pertinentes ou inadecuados, corrixe os termos empregados na busca ou os límites escollidos de
os data, idioma, etc. Proba outras opcións, inspírate nalgunhas das referencias adecuadas que obtiveches e nos seus
resultados descritores, ou busca unha nova terminoloxía. Reformula toda a estratexia se é necesario.

Se obtiveches poucos resultados: elimina ou reduce limitacións, engade máis termos combinados con OU (OR,
Ampliar
algunha palabra), busca en todos ou calquera campo en lugar de en campos específicos, introduce
os
truncamentos nos termos, cambia un termo específico por outro máis xenérico (ollo!, isto pode xerar ruído:
resultados
resultados non pertinentes).

Se os resultados son demasiados: pon límites cronolóxicos, xeográficos, de idioma.. ou auméntaos, engade
Reducir os máis termos combinados con E (AND, todas as palabras), busca en campos específicos (título, etc.) -en lugar
resultados de en todos os campos ou en calquera campo-, suprime truncamentos, cambia os termos xerais por outros
específicos (ollo!, isto pode causar silencio: perda de resultados pertinentes).

Aqueles documentos nos que o tema, o enfoque, o idioma, …, son adecuados, deben ser analizados en profundidade, observando resumos,
palabras chave, referencias bibliográficas, etc, proceso que nos permitirá, por exemplo, descubrir termos alternativos ou incluso máis
apropiados que os utilizados na busca, outros autores do tema do noso interese, artigos citados, …, cos que podemos realimentar a busca para
mellorala.

https://cv.usc.es/mod/book/tool/print/index.php?id=953007 19/19

You might also like