Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 5

Biblioteca Universitaria

Competencias Informacionais. Nivel Básico

ISO 690:2013
A International Organization for Standardization (ISO) desenvolveu
a Norma ISO 690:2010 Information and documentation - Guidelines for
bibliographic references and citations to information resources que foi
traducida ao español, "UNE-ISO 690 Información y documentación.
Directrices para la redacción de referencias bibliográficas y de citas de
recursos de información", en maio de 2013 pola Asociación Española
de Normalización y Certificación (AENOR).
Neste epígrafe veremos como citar dentro do texto, como redactar as referencias
bibliográficas e como se ordenan segundo a Norma ISO 690:2010, o estilo máis usado
internacionalmente.

A. COMO CITAR DENTRO DO TEXTO


A UNE-ISO 690:2013 acepta tres métodos de citar dentro do texto.
 Sistema de nome e data (Harvard)
 Sistema numérico
 Notas continuas

Exemplos:

 Sistema numérico e de notas continuas.

No texto do traballo parafraséase algunha idea ou unha cita literal de M.D. Ruíz de
Lacanal Ruíz Mateos. Adxudicáselle un número, por exemplo o 1.

En notas ao pé de páxina ou ao final do texto indicase o número(1) e a continuación a


referencia completa:

RUIZ DE LACANAL RUIZ-MATEOS, M.D. El patrimonio histórico-artístico de la parroquia


nuestra Señora de la O de Rota (Cádiz). Rota: Fundación Alcalde Zoilo Ruiz-Mateos,
2004.

No texto: orde numérico da cita

 Sistema de nome e data

No texto do traballo parafraséase algunha idea ou cita textual de M.D. Ruíz de Lacanal
Ruíz Mateos. Engadese a continuación entre paréntese o autor e o ano da publicación
desta obra.

No texto: (Ruiz de Lacanal Ruiz-Mateos 2004)

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA | Normas e Estilos de Citación: ISO:690:2013 1


Biblioteca Universitaria
Competencias Informacionais. Nivel Básico

B. COMO SE REDACTAN AS REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS


A listaxe de referencias debe recoller ordenadamente os documentos que se utilizaron para
facer o traballo académico. Hai que diferenciar a listaxe de referencias dunha
bibliografía, xa que esta última inclúe, como vimos, outras fontes de información que
serven para afondar no tema (obras de referencia, dicionarios, enciclopedias, apuntes,
algún manual, …) pero das cales non fixemos ningunha cita destes documentos, nin
textual nin indirectamente.
A redacción de cada unha das referencias vai depender do tipo de documento, do número
de autores e outros moitos elementos. Hai moita casuística pero para esta formación
básica, imos expoñer só os exemplos mais comúns:
1. Un libro
2. Un capítulo dun libro, unha contribución nas actas dun congreso
3. Un artigo dunha revista
4. Un documento electrónico de internet

1. LIBRO
Libro con un só autor

Libro con dous ou máis autores

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA | Normas e Estilos de Citación: ISO:690:2013 2


Biblioteca Universitaria
Competencias Informacionais. Nivel Básico

2. CAPITULO DE LIBRO, CONTRIBUCIÓN NAS ACTAS DUN CONGRESO


As referencias bibliográficas dunha parte dunha obra (como un capítulo dun libro que
recolla traballos de diferentes autores, unha comunicación incluída nas actas dun
congreso, entradas de obras de referencia...) realízanse seguindo o esquema xeral
seguinte:

3. ARTIGO DE REVISTA
As referencias bibliográficas dos artigos de revista elabóranse seguindo o esquema xeral
seguinte :

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA | Normas e Estilos de Citación: ISO:690:2013 3


Biblioteca Universitaria
Competencias Informacionais. Nivel Básico

4. DOCUMENTO ELECTRONICO DE INTERNET


As referencias dos documentos electrónicos realízanse seguindo as pautas establecidas
para os libros, capítulos de libro, ponencias a congresos, artigos de revista que xa vimos.
Pero debe ter os seguintes datos a maiores :

SOPORTE: Entre corchetes [en liña], [blog], [páxina web]. A continuación do título.

DATA DA CONSULTA : Entre corchetes [consultado 25 de xuño de 2018]. A continuación da data


de publicación e antes do ISBN ou ISSN

UBICACION EN INTERNET: Precedido de: "Dispoñible en:" e especificara url ou DOI, ao final.

Artigo de revista electrónica:

Libro electrónico :
Crear y manejar un huerto escolar: un manual para profesores, padres y
comunidades [en liña]. Roma: FAO, 2009 [consultado 10 de agosto 2012]. Dispoñible
en: http://www.fao.org/docrep/009/a0218s/a0218s00.htm

Blog:
TRAVASOS, Pablo y Javi F. BLAZQUEZ, 2016. Por las barbas del Ecce Homo [blog en
línea], [consultado: 17 agosto 2016]. Dispoñible
en: https://porlasbarbasdeleccehomo.wordpress.com

Páxina Web:
INSTITUTO del Patrimonio Cultural de España, 2016. Ipce.mcu.es [en líña]. Ministerio de
Educación, Cultura y Deporte [consulta: 17 xuño 2016]. Dispoñible
en: http://ipce.mcu.es/

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA | Normas e Estilos de Citación: ISO:690:2013 4


Biblioteca Universitaria
Competencias Informacionais. Nivel Básico

C. Como ordenar as referencias


A norma ISO 690:2010 establece que a lista final de referencias bibliográficas, pode
presentarse ordenada de forma alfabética ou numérica, dependendo de como se fagan as
citas.

 Sistema alfabético mostra as referencias bibliográficas ordenadas alfabeticamente polo


apelido do autor (ou título en obras anónimas) ou do primeiro autor no caso de que
sexan varios. Se hai varias publicacións dun mesmo autor
organizaranse por orde de publicación, desde a máis antiga á
máis recente. No caso de traballos dun autor en colaboración con
outros autores, a orde virá indicada polo apelido do segundo
autor, independentemente do ano de publicación. As publicacións
individuais colócanse antes que as obras en colaboración.

Exemplos:
 BLOIS, Shauna L. et al. Multiple endocrine diseases in dogs: 35 cases (1996-
2009). JAVMA, 2011, 238 (12), pp. 1616-1621. ISSN 0003-1488
 LOIS GONZÁLEZ, Rubén C., María José PIÑEIRA MANTIÑÁN e David SANTOMIL
MOSQUERA. Imaxe e oferta de aloxamento no medio rural de Galicia. Revista galega
de economía [en liña]. 2009, 18(2), pp. 71-90 [consulta 5 de agosto de 2011]. Dispoñible
en: http://www.usc.es/econo/RGE/Vol18_2/galego/art4g.pdf
 TORRES JUAN, J. Patología forestal: principales enfermedades de nuestras
especies forestales. Madrid. Fundación Conde del Valle de Salazar, 1998. ISBN 84-7114-
769-6

 Sistema de referencias numéricas .As referencias bibliográficas ordenaranse


numericamente segundo a orde en que se citan dentro do texto e presentaranse ao
final do traballo nunha lista numerada.

Exemplo:
Lista de referencias ordenadas numericamente, segundo aparezan
no traballo
1. TORRES JUAN, J. Patología forestal: principales enfermedades de
nuestras especies forestales. Madrid. Fundación Conde del Valle de
Salazar, 1998. ISBN 84-7114-769-6
2. BLOIS, Shauna L. et al. Multiple endocrine diseases in dogs: 35 cases
(1996-2009). JAVMA, 2011, 238 (12), pp. 1616-1621. ISSN 0003-1488
3. LOIS GONZÁLEZ, Rubén C., María José PIÑEIRA MANTIÑÁN e David
SANTOMIL MOSQUERA. Imaxe e oferta de aloxamento no medio rural de
Galicia. Revista galega de economía [en liña]. 2009, 18(2), pp. 71-90
[consulta 5 de agosto de 2011]. Dispoñible
en: http://www.usc.es/econo/RGE/Vol18_2/galego/art4g.pdf

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA | Normas e Estilos de Citación: ISO:690:2013 5

You might also like