Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 10

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Proba modelo de nivel C1

Galego 2015
Expresión oral

FICHA Nº 1

TAREFA 1: MONÓLOGO

PERSOA CANDIDATA A

Tempo de preparación: 3 minutos

Tempo de intervención: 4 minutos máx.

TEMA: COMPRAS E ACTIVIDADES COMERCIAIS

Vostede leu o seguinte texto nunha publicación:

O 94% dos consumidores entrevistados adquire produtos e servizos pola internet,

pero deles o 46% prefire o formato tradicional de compra presencial.
Un de cada tres españois comprou produtos e servizos pola internet en 2013,
segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE). As novas tecnoloxías da
información e da comunicación (TIC) non só cambiaron a forma de interactuar entre
as persoas, tamén supuxeron una revolución no sector empresarial.
Aínda que o comercio electrónico en España se sitúa por debaixo da media doutros
países europeos, está previsto que este crecemento se manteña no futuro.
Fonte: http://www.consumer.es (texto adaptado)

Vostede debe opinar sobre este tema.

Debe tratar OS SEGUINTES PUNTOS:

1. Explíquelle ao/á seu/súa compañeiro/a o que acaba de ler coas súas propias
palabras.
2. Fale sobre os posibles problemas derivados do comercio en liña.
3. Faga predicións sobre os hábitos de compra no futuro.

Debe argumentar os seus puntos de vista.

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba modelo de nivel C1
Galego 2015
Expresión oral

FICHA Nº 1

TAREFA 1: MONÓLOGO

PERSOA CANDIDATA B

Tempo de preparación: 3 minutos

Tempo de intervención: 4 minutos máx.

TEMA: VIAXES, ALOXAMENTO E TRANSPORTES

Vostede leu o seguinte texto nunha bitácora da internet:

Cando un decide colgar a mochila ao lombo e marchar de viaxe, pode ter moitos
tipos de motivacións. A máis habitual adoita ser o desgaste da vida rutineira
mesturado coa necesidade de satisfacción do seu espírito aventureiro.

Pero hai xente que non viaxa só por esas ganas de ver mundo, correr aventuras ou
imbuírse de culturas novas ou descoñecidas. Hai unha raza de viaxeiros que vai
algo máis alá e decide dar o paso, sobre todo, por axudar ou poñer algo de alegría
na vida da xente que poboa os países visitados.
www.viajablog.com (texto adaptado)

Vostede debe opinar sobre este tema.

Debe tratar OS SEGUINTES PUNTOS:

1. Explíquelle ao/á seu/súa compañeiro/a o que acaba de ler coas súas propias
palabras.
2. Comente diferentes alternativas ás viaxes tradicionais.
3. Especule sobre as viaxes e as formas de viaxar do futuro.

Debe argumentar os seus puntos de vista.

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba modelo de nivel C1
Galego 2015
Expresión oral

FICHA Nº 1

TAREFA 2: INTERACCIÓN

PERSOA CANDIDATA A

Tempo de preparación: 2 minutos

Tempo de intervención: 4-5 minutos

TEMA: POLÍTICA E SOCIEDADE

Lea os tres seguintes textos sobre a discriminación feminina

1. Fale co/coa seu/súa compañeiro/a sobre como estes tres textos reflicten
diferentes aspectos da situación da muller na sociedade actual.
2. Deben decidir conxuntamente cal dos tres textos reflicte mellor a preocupación
dos defensores da igualdade.

• Legalmente, no noso país as mulleres e os homes son iguais, pero a

realidade desmente a lei.

• A independencia económica de mulleres e homes é básica para alcanzar a

igualdade de xénero; a crise económica actual pode frear o proceso de
igualdade porque lles afecta máis ás mulleres.

• A visualización e valoración do papel feminino na historia e no progreso da

humanidade contribuiría a desterrar prexuízos e a romper o teito de cristal
que dificulta a chegada da muller a postos de responsabilidade.

Lembren que ambos/as os/as dous/dúas deben falar dos tres textos.

Non é obrigatorio chegar a un acordo, pero é preciso que argumenten os seus

respectivos puntos de vista.

FICHA Nº 10

TAREFA 1: MONÓLOGO

PERSOA CANDIDATA A

Tempo de preparación: 3 minutos

Tempo de intervención: 4 minutos máx.

TEMA: SAÚDE
Coidados físicos e anímicos

Vostede leu o seguinte texto na prensa:

A soidade é hoxe un dos maiores problemas que teñen as persoas maiores na

súa contorna. Por esa razón, é importante a convivencia e a realización de
actividades en común, tanto se é terapia ocupacional coma se se trata de
fisioterapia. É o que lles dá a vida.
Ademais, farase estimulación cognitiva e física, así como a vixilancia do control
das súas patoloxías para mellorar a sintomatoloxía.
A nosa intención é que adquiran unha calidade de vida saudable. Queremos
darlles as habelencias necesarias para que teñan hábitos saudables.
http://elprogreso.galiciae.com (texto adaptado)

Vostede debe opinar sobre este tema.

Debe tratar OS SEGUINTES PUNTOS:

1. Explíquelles aos/ás seus/súas compañeiros/as o que acaba de ler coas súas

propias palabras.
2. Comente os puntos máis salientables sobre os coidados físicos saudables na
vellez.
3. Faga predicións e especule sobre esta situación no futuro.

Debe argumentar os seus puntos de vista.

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba modelo de nivel C1
Galego 2015
Expresión oral

FICHA Nº 10

TAREFA 1: MONÓLOGO

PERSOA CANDIDATA B

Tempo de preparación: 3 minutos

Tempo de intervención: 4 minutos máx.

TEMA: INFORMACIÓN E MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Vostede leu o seguinte texto na prensa:

Os principais problemas da televisión actual son o exceso de telelixo ―denunciado

por máis da metade da cidadanía―, a ausencia de espazos educativos e culturais, a
escasa variedade de programas e a falta de información veraz.

Porén, a televisión continúa sendo o principal medio elixido para entreterse (59,9%)
e informarse (46,2%). Para aprender prefírese maioritariamente (36,4%) a internet.

Os españois estamos pegados á pantalla: o consumo medio en 2010 foi 234

minutos, case catro horas por día. Os programas preferidos son os informativos. Os
do corazón son os que máis desgustan, malia que as curvas da audiencia mostren o
contrario.
Fonte:.elrincondenoticias (texto adaptado )

Vostede debe opinar sobre este tema.

Debe tratar OS SEGUINTES PUNTOS:

1. Explíquelles aos/ás seus/súas compañeiros/as o que acaba de ler coas súas
propias palabras.
2. Opine sobre o paradoxo existente entre os gustos que confesa o espectador e os
índices de audiencia.
3. Especule sobre o futuro da TV. Cre que acabará sendo un medio de uso residual
ou mesmo desaparecendo?

Debe argumentar os seus puntos de vista.

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba modelo de nivel C1
Galego 2015
Expresión oral

FICHA Nº 10

TAREFA 1: MONÓLOGO

PERSOA CANDIDATA C

Tempo de preparación: 3 minutos

Tempo de intervención: 4 minutos máx.

TEMA: RELACIÓNS PERSOAIS E SOCIAIS

As relacións a través da rede

Vostede leu o seguinte texto na prensa:

Unha marea violeta formada por preto de dous mil escolares vigueses tomou Vigo
para mostrar o seu rexeitamento á violencia sexista e advertir sobre o perigo do
ciberacoso, unha problemática que crece cada día entre os máis novos co auxe
das redes sociais.
O obxectivo non era outro que previr, recoñecer e alentar a loita contra a
ciberviolencia sexista, outra forma de abuso que se reproduce nos medios dixitais
pero que conta na súa raíz coas mesmas características de desigualdade e
sexismo que a violencia de xénero.
http://www.galiciae.com (texto adaptado)

Vostede debe opinar sobre este tema.

Debe tratar OS SEGUINTES PUNTOS:

1. Explíquelles aos/ás seus/súas compañeiros/as o que acaba de ler coas súas

propias palabras.
2. Comente os puntos máis salientables sobre a situación actual das relacións a
través da rede.
3. Faga predicións e especule sobre esta situación no futuro.

Debe argumentar os seus puntos de vista.

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Proba modelo de nivel C1
Galego 2015
Expresión oral

FICHA Nº 10

TAREFA 2: INTERACCIÓN

PERSOA CANDIDATA A

Tempo de preparación: 2 minutos

Tempo de intervención: 4-5 minutos

TEMA: TRABALLO

Lea os tres seguintes textos sobre o traballo.

1. Fale cos/coas seus/súas compañeiros/as sobre como estes tres textos reflicten
as diferentes situacións a teor da realidade laboral.

2. Deben decidir conxuntamente cal dos tres textos reflicte mellor a situación
laboral actualmente.

• Con máis do 50 % da súa xente nova no paro, España está á cabeza da

Unión Europea en desemprego entre os menores de 25 anos. Os datos
publicados por Eurostat a primeiros de abril confirmábano: o paro da
mocidade española duplica a media da UE.
• Licenciada en Ciencias Políticas e cun mestrado, vive en Londres desde hai
nove meses: "É o paradoxo da nosa xeración: estudamos para optar a un
futuro onde poder atopar unha profesión que nos poida encher e rematamos
de camareiros ou repoñendo roupa".
• Segue a existir unha forte discriminación por razón de sexo; as mulleres
sofren unhas precarias condicións laborais ―practicamente únicas en
Europa― caracterizadas pola segregación laboral, os baixos salarios, unha
gran temporalidade, altas taxas de emprego parcial non desexado e as
baixas cotizacións á seguridade social.

Lembren que deben falar dos tres textos.

You might also like