Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

HISTORIA DA MÚSICA.

3º ESO

TEMA 1: A MÚSICA NA PREHISTORIA E NAS ANTIGAS CIVILIZACIÓNS

1. A música na prehistoria.

Non sabemos de que modo orixinouse a música, posto que as súas orixes
remóntanse á prehistoria, pero sí sabemos, por vestixios humanos daqueles tempos,
como pinturas rupestres e restos de instrumentos musicais, que cantaban, danzaban e
tocaban.

Probablemente, os motivos polos que se orixinou a música teñan que ver con
un afán por expresarse e comunicarse cos seus semellantes, e de seguro que a música
favoreceu que os grupos humanos primitivos permaneceran xuntos e poideran así
sobrevivir mellor. Pois, como sabemos, a música é unha linguaxe que afecta
fundamentalmente ás emocións e ós sentimentos correspondentes, e probablemente, a
música fomentou que os seres humanos estivéramos máis unidos emocionalmente, e
iso axudou á nosa supervivencia como especie.

Sabemos que outros animais -paxaros, golfiños, baleas, algúns monos...-


utilizan unha linguaxe que podemos denominar “protomusical”, para comunicarse,
buscar ou atraer parella sexual, avisarse dos perigos… pero o uso da música con fins
estético-artísticos e o uso de instrumentos é propio dos seres humanos. Ou non?

Os nosos parientes, os neandertais, especie do xénero Homo, extinta dende hai


28.000 anos e que habitou Europa e partes da Asia occidental durante o Pleistoceno,
tamén facían música e tocaban instrumentos.
Algunhas funcións que a música cumpriu dende as súas orixes estiveron
relacionadas con: o amor e a seducción; a guerra; os rituais e a maxia; o
acompañamento da danza e de todas as cerimonias e celebracións importantes.
Precisamente pola súa capacidade para provocar emocións e para expresalas: para
espertar sentimentos amorosos e pracenteros, para infundir valor aos guerreiros,
conectar coa espiritualidade, etc.

Os instrumentos musicais que utilizaban eran, ao principio, utensilios da vida


cotiá: armas (paos, pedras, arcos…), obxetos cos que cociñaban, cos que durmían ou
entretiñan aos nenos, cos que se adornaban (cunchas, axóuxeres…), tambores cos que
se avisaban dos perigos, etc.

2. A música nas antigas civilizacións.

A música como un ben de suma importancia perdurou nas primeiras


civilizacións, ata o punto de que na antiga Mesopotamia, ou en Exipto, ou para o
pobo hebreo ou mesmo para civilizacións máis alonxadas como a india ou a chinesa,
tiñan músicos profesionais, pequenas orquestras e unha grande variedade de
instrumentos musicais. A música estaba ademais presente en cerimonias relixiosas,
militares, en festas ou en calquera tipo de celebración. Tamén nas tareas do fogar e do
campo.

Sabemos cousas moi curiosas sobre a música desas culturas gracias aos
gravados, pinturas e restos de instrumentos musicais atopados nas excavacións
arqueolóxicas e nas ruinas daquelas civilizacións, pero só podemos imaxinar como
soaban, porque non se conserva música escrita.

Non será ata a época da antiga Grecia que teñamos constancia de fragmentos
de primitivas escrituras musicais. Un deles é a canción funeraria coñecida como o
“Epitafio de Seikilos”, un fragmento musical escrito en notación alfabética (tipo de
escritura musical inventada polos gregos), achado nunha columna ou ronsel de
mármore que un músico chamado Seikilos colocou sobre a tumba da súa esposa. Foi
descuberta en 1883 e é unha das obras musicais máis antigas que coñecemos. A
canción está precedida polo seguinte texto:

“Son unha imaxe de pedra.


Seikilos púxome aquí,
onde son por sempre,
o símbolo da evocación eterna.
Brila mentres esteas vivo,
non esteas triste,
porque a vida é por certo breve,
e o tempo esixe a súa retribución”

Moitos dos coñecementos musicais daquela civilización fundamentaron as


bases da música occidental. Por exemplo, Pitágoras, filósofo, matemático, astrónomo
e tamén músico, está considerado como o pai da “teoría musical grega”.

Para os antigos gregos a música era moi importante. Atribuíanlle a súa


creación, e tamén a dos instrumentos musicais, aos deuses. De feito, a palabra
“música” procede do termo grego “musike”, que significaba “canción”,
“feitizo”.Dentro da mitoloxía grega atopamos diferentes mitos relacionados coa
música e o seu poder de “enfeitizar”, do seu poder sobre as emocións, como por
exemplo o mito de Orfeo.

Algúns instrumentos utilizados na Antiga Grecia foron:

1. De percusión: usábanse xunto cos de vento para as representacións dos dramas.


Destacan os seguintes: krotala, kimbala, triángulos, pandeiretas, pandeiros, tambores
e krupeizón (axóuxere para os pés)
2. De corda: destaca unha amplia familia de liras: phormix, barbitón, cítara e a lira
propiamente dita. As arpas xurdirán máis tarde, no periodo clásico e había dous tipos:
arpa de ángulo e arpa de triángulo.

3. De vento: destacan o aulós (especie de óboe), o salpinx (trompeta) e a siringa (ou


frauta de pan, que lle debe o seu nome ao fauno Pan).

Sabías que…?

Siringa era unha ninfa que, na súa fuxida do cortexo amoroso de Pan,
converteuse nunha matogueira de xuncos, transformándose despois nunha serie de
tubos de diferentes tamaños que soaban ao ser soprados. Este instrumento recibe o
nome de siringa ou frauta de pan).

ACTIVIDADES

1. Por que sabemos que xa existía a música na prehistoria?


2. Cal pode ser o motivo polo que a música posiblemente favoreceu que os grupos
humanos primitivos permaneceran xuntos e poideran así sobrevivir mellor?
3. Que funcións cumpriu a música dende as súas orixes que siga cumprindo na
actualidade?
4. De que época é un dos primeiros fragmentos musicais escritos que se conservan?
5. De que fragmento se trata? Di todo o que saibas desta primitiva partitura musical.
6. Que mensaxe quere transmitir á eternidade o texto do Epitafio de Seikilos?
7. Fai un resumo do mito de Orfeo. Que ensinanza sobre a música pretende
transmitir?
8. Que famoso filósofo está considerado o pai da teoría musical grega?
9. A quen atribuían os gregos a creación da música e dos instrumentos musicais?
10. Di o nome dalgúns instrumentos musicais da antiga Grecia.
11. Como explicaban os gregos a creación da frauta de pan ou siringa?

You might also like