Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

A CANTIGA DE AMIGO.

CARACTERIZACIÓN
ORIXE. É un xénero poético de orixe autóctona, que entronca coa tradición popular e coa cantiga feminina que apareceu por estas datas noutros
puntos da Península Ibérica e Europa, como as karxas mozárabes
QUEN FALA? (voz PALABRA CHAVE: amigo, co significado de ‘amado’
poética, que non autor) Unha
muller, doncela
TEMAS. A moza expón os seus sentimentos amorosos e distintos estados de ánimo que lle provoca a relación co amigo, que adoita estar
ausente: alegría por un posible reencontro, a tristura da súa ausencia, o rancor pola súa actitude, o desexo de vinganza, a petición de axuda á
nai/amigas...
INTERLOCUTORES. Nas cantigas monologadas, non hai/Nas dialogadas poden ser varios: a nai, as amigas, a natureza...

LOCALIZACIÓN. Adoita ser breve e ás veces imprecisa (no ferido /fossado, o lago, a ribeira, o río, o mar, a ermida...), pero sitúase nun
entorno natural/rural coa presenza de elementos da natureza que a miúdo se converten en símbolos.
SÍMBOLOS. Algunhas palabras remiten de forma encuberta a significados ocultos que o público medieval coñecía. Isto fai que a cantiga
presente dous niveis de significado: o literal e o simbólico. Algúns símbolos recorrentes:
• As árbores: asócianse á fertilidade e ao gozo do amor. As flores do verde pino anuncian a chegada da primavera.
• A auga: Connota pureza e virxindade. Como lugar para o encontro amoroso, leva asociados outros motivos como o lavado de cabelos,
camisas, a presenza do cervo...
• O cabelo: A muller con cabelo longo e solto representa a muller solteira. O lavado de cabelos (trenzas ou garcetas) supón o preludio do
encontro amoroso.
• O cervo: Representa o amigo, a virilidade, igual có vento.
• As doas (agasallos): Eran o símbolo do compromiso (anel) e/ou a relación carnal (cinta ou cordón, camisas e brial). A perda do brial
significa perda da virxindade .
VARIEDADES. Atendendo a criterios temáticos e á súa localización podemos falar dos seguintes tipos:
• Mariñas ou barcarolas. Teñen como escenario o mar.
• Bailadas ou bailías. Nelas aparece unha referencia ao baile como manifestación da ledicia do amor e a vida.
• Cantigas de romaría ou de santuario. Fan referencia unha ermida ou un santo.
• Alba. Presenta a separación dos amantes ao amencer. Só conservamos unha na lírica galega, de Nuno Fernández Torneol.
CARACTERÍSTICAS Paralelismo. É un recurso de repetición que enlaza as estrofas de dúas en dúas: os versos das estrofas pares
FORMAIS repiten o contido das impares con leves variacións, como cambio de orde das palabras finais ou substitución por
sinónimos.
Leixaprén (deixa-colle). Encadeamento das estrofas a través dun verso: o segundo verso de cada estrofa déixase
na seguinte e recóllese na outra como primeiro.
Paralelismo perfecto. Dáse cando nunha cantiga hai paralelismo e leixaprén.
Refrán. Repetición regular dun ou máis versos, case sempre ao final da estrofa. En moitos caso, concreta o
estado da muller ou o tema da cantiga.

You might also like