Download as pdf
Download as pdf
You are on page 1of 5
Lingua e Literatura Galega. 4° ESO, COMENTARIO DUN TEXTO POETICO DAS VANGARDAS sés FOMOS ficando sos 0 Mar o barco e mais nés Roubéronnos o Sol © paquebote esmaltado que cosia con lifias de fume axiles cadros sen marco Roubéronnos o vento Aquel veleiro que se evadeu pola corda floxa do horizonte Este oucéano desatracou das costas € 08 ventos da Roseta ourentéronse ao esquenzo As nosas soedades vefien de tan lonxe como as horas do reloxe Pero tamén sabemos a maniobra dos navios que fondean a sotavento dunha singladura No cuadrante estantio das estrelas ficou parada esta hora: cadavre do Mar fixo do barco un cadaleito Fume de pipa Saudade Noite Silenzo_ Frio E ficamos nés sés siin 0 Mar e sin 0 barco nos De catro a catro. Manuel Antonio. CONTEXTO Poema / Obra da que procede / autor / corrente literaria / contexto histérico e social Esta composicién de Manuel Antonio pertence ao poemario De catro a catro, 0 Unico que o poeta rianxeiro lanzou en vida. Publicado pola editorial Nés en 1928, est considerado a obra cumio da vangarda en Galiza e unha das xoias da historia literaria galega. De catro a catro presenta a través dos seus poemas unha singradura en barco, que tamén pode interpretarse como unha viaxe interior, existencial. O barco representa o poeta, e o mar, a vida, ainda que as veces este elemento tamén aparece relacionado coa morte. Rupturista, aventureiro, antiacademicista e inconformista, Manuel Antonio, é 0 prototipo de artista de vangarda. Algins criticos considérano seguidor do creacionismo, mais foi un poeta fortemente individualista e, segundo el mesmo, non adscrito a ningun “ismo". As vangardas posticas abrollaron en Galicia nos anos 20 e manifestéronse en tres correntes principais: a neotrobadorista, a hilozoista e a propiamente vangardista. As tres pugnan por actualizaren e modernizaren a estética da nosa poesia, mais a propiamente vangardista, representada pola figura de Manuel Antonio, aposta por unha ruptura case total, renegando do ruralismo, do costumismo, da poesia patridtica e mesmo do legado das grandes figuras do Rexurdimento. As outras dias establecen certo didlogo coa tradicién: a neotrobadorista coa lirica medieval, e a hilozoista coa poesia de temdtica paisaxistica e popular TEMA E RESUMO DO POEMA © tema principal do poema é a soidade. O titulo pode referirse tanto ao sinal de socorro internacional $.0.S como ao plural do adxectivo 6. © poema esta ambientado nunha viaxe maritima, como todos os da obra De catro a catro, 4 que pertence. Nestes versos preséntase un episodio decisivo na travesia. O barco perde de vista terra firme e navega ao pairo en mar aberto. Nalguin lugar perdido, o barco convértese nun cadaleito e a soidade, o frio e a noite envolven o poeta, mentres fuma da sia pipa. FORMA Métrica e estrutura O poema esta escrito en verso libre e non ten rima. O versolibrismo é unha das. caracteristicas tipicas de moitos poemas de vangarda Respecto 4 forma, podemos considerar que o poema esté dividido en oito grupos de versos, dos cales algtins postien 2,3, 4 versos, ou mais. A disposicién dos versos, sen unha orde aparente -ainda que segue as intenciéns do autor-, tamén ¢ tipica da vangarda. Recursos formais © poema presenta caracteristicas formais tipicas do vangardismo, como a ausencia de puntuacién. Tamén atopamos un trazo representativo da poesia de Manuel Antonio, a utilizacién de léxico técnico marifieiro, que na sta época representou unha renovacién da linguaxe poética. As palabras paquebote, Roseta, fondean, cuadrante e sotavento que aparecen neste poema son alguns exemplos Outro recurso formal destacado ¢ a xustaposicién de imaxes propia do creacionismo, e que supén a asociacién de imaxes contra a léxica. Isto plasmase de forma moi clara na ultima estrofa do poema, na que desaparecen 0s verbos e as palabras estén separadas por espazos: fume de pipa, saudade, noite, frio silenzo... A disposicién grafica das palabras significa moito en si mesma, pois contribue a reforzar a idea de soidade e de illamento que quere expresar 0 autor. CONTIDO Analise e interpretacién do contido, en relacién cos aspectos formais e co autor Esta composicién expresa a soidade existencial do poeta a través dunha serie de imaxes maritimas. A voz poética utiliza a primeira persoa do plural, “fomos ficando sos’, pero en realidade, o poeta esta sé; el é a Unica presenza humana nesta travesia por mar aberto que poderia simbolizar a vida. ‘A medida que avanza o poema, os elementos da paisaxe e da navegacién van gafiando estatismo e van abandonando a presenza humana. Primeiro desaparece o sol e logo 0 vento, o que suxire as ideas de escuridade e estatismo. O poeta expresa a monotonia do paso do tempo: “as nosas soedades/verien de tan lonxe/como as horas do reloxo” e a través da metaéfora do barco, que fica parado, “fondeado’, félanos da stia propia soidade. O barco, que representa 0 eu litico, convértese nun cadaleito, de forma que poderiamos interpretar que o poeta séntese morto en vida. A soidade existencial acada 0 seu cumio nos tres versos finais, nos que o eu poético queda mesmo sen o seu soporte fisico: “E ficamos nés sés/ sin o Mare sino barcoinés", producindo unha sensacién de abandono. Ao fin e ao cabo, ao final da travesia, ao final da vida, s6 nos temos a nés mesmos. Esta é unha das posibles interpretaciéns dun poema que admite moitas lecturas e, que en todo caso, amosa unha gran profundidade, Poderia considerarse un poema creacionista, pois presenta unha xustaposicién de imaxes tipica deste movemento, como é 0 caso da tiltima estrofa, 4 que xa fixemos referencia, e que supén unha combinacién de palabras -imaxes- sen formas verbais nin nexos de ningiin tipo. Tamén é creacionista facer que os elementos naturais e materiais sufran un proceso de humanizacién, tal e como acontece nos seguintes versos: “O paquebote esmaltado / que cosia con lias de fume / axiles cadros sin marco”. Reparemos en que o paquebote é un barco de vapor que “cose lifias de fume", é dicir, vai deixando ao navegar un rastro de debuxos sen limite, inacabados (“cadros en marco"). SINTESE FINAL / OPINION PERSOAL © poema SOS é un dos mais cofiecidos e representativos da obra de Manuel Antonio, un poeta vangardista que co seu talento e orixinalidade renovou a comezos do século XX a lirica galega. rianxeiro significou na literatura galega a ruptura decidida, as novas tendencias; foi un autor que se preocupou por dotar a poesia galega dunha nova estética; mais tamén foi un home que rexeitou os “ismos” e que fuxiu de mimetismos. © poema que nos ocupa amosa algtins dos trazos mais caracteristicos da sia linguaxe poética: as imaxes creacionistas, 0 uso de terminoloxia nautica, a visién desesperanzada do mundo e a simboloxia da paisaxe e dos elementos maritimos. Ao igual que todo 0 poemario De catro a catro, este texto ofrece dilas lecturas, unha superficial que consiste nunha travesia polo mar narrada en primeira persoa; e outra mais profunda e espiritual, que reflicte a aventura interior do poeta. A popularidade que adquiriu este poema maniféstase no feito de que existan varias versins musicadas del, entre elas, unha interpretacién do grupo Milladoiro.

You might also like