Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 9

UD4: O SECTOR SECUNDARIO XH3_IES Poeta Díaz Castro

1 A EXPLOTACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS: A MINARÍA


Denomínanse recursos naturais os produtos naturais que poden proporcionar unha utilidade ou
beneficio ao ser humano, como os minerais, o solo, a auga doce, os bosques, o Sol, etc. Os
recursos naturais son fundamentais para a actividade económica e inflúen no desenvolvemento e
riqueza dos estados.
A depende, sobre todo, de tres factores que están relacionados entre si:
• O desenvolvemento tecnolóxico: permite as formas e os lugares dos que obter recursos
naturais.
• O custo da súa explotación: o beneficio que proporcione ese recurso ten que ser superior ca o
custo da súa explotación. As novas técnicas de extracción permiten aumentar a rendibilidade
das explotacións.
• O comportamento dos mercados: a explotación dos recursos naturais depende da súa
demanda.
Os minerais son recursos naturais inorgánicos, cunha composición química determinada, que
forman parte das rochas. Cando os minerais se encontran en concentracións elevadas nun lugar,
falamos de xacementos.
A minaría é o conxunto de actividades necesarias para extraer os minerais dos xacementos. É una
actividade do sector primario porque obtén recursos da natureza, pero vincúlase ao sector
secundario porque é una fonte imprescindible de materias primas para a industria e a construción.
Os minerais distribúense de maneira desigual no planeta e moitos dos grandes produtores son
países poucos desenvolvidos.

As consecuencias da explotación dos recursos minerais son as seguintes:


– Ten un grande impacto sobre medio natural: destrúe a paisaxe e contamina os solos e a
auga.
– Esgotamento dos xacementos como consecuencia do consumo excesivo de determinados
minerais.
– Nos países menos desenvolvidos, a loita polo control do xacementos ocasionan: guerras,
desequilibrios sociais, expulsión da poboación das áreas mineiras e aumento da corrupción.
1
Profesora: Fátima Castro
UD4: O SECTOR SECUNDARIO XH3_IES Poeta Díaz Castro

2. AS FONTES DE ENERXÍA

As fontes de enerxía son aqueles recursos que permiten obter unha enerxía útil para o
funcionamento da industria, do transporte, do uso doméstico etc. Igual que os minerais, as fontes
de enerxía non están repartidas de maneira uniforme polo mundo e o seu control xera conflitos
internacionais.
Pódense distinguir dous grandes tipos de fontes de enerxía: renovables ou non renovables:
 As enerxías renovables son as que non se esgotan co uso ou pódense recuperar de forma
natural se se utilizan a un ritmo adecuado. Teñen un impacto baixo sobre o medio ambiente
e tamén se denominan enerxías alternativas, porque o seu uso é, relativamente, recente.
Son exemplo deste tipo de enerxías as seguintes: hidráulica, solar, eólica, maremotriz,
xeotérmica e a da biomasa.
 As non renovables son as que se encontran na natureza nunha cantidade determinada e
non poden restablecerse a curto prazo. Estas fontes de enerxía denomínanse enerxías
tradicionais. Son exemplos delas: o uranio, o carbón, o petróleo e o gas natural.
Na actualidade consúmese preto dun 85% de enerxía procedente de fontes non renovables e un
15% de fontes de enerxía renovables. A previsión para o 2050 é que aumente o uso das
renovables ata un 27%.
3. DEFINICIÓN DE INDUSTRIA E TIPOS DE INDUSTRIAS
A industria inclúe todas as actividades que teñen como fin transformar un recurso natural, a
materia prima, nun produto elaborado.
Soamente se pode falar de fabricación industrial cando se dan as seguintes condicións:
 No proceso de transformación úsanse máquinas e enerxía.
 Realízase en fábricas.
 Elabóranse grandes cantidades de produtos.
A industria está moi ligada a desenvolvemento, posto que a industrialización promove o
desenvolvemento económico. Os países máis ricos e desenvolvidos contan cun tecido industrial
consolidado, mentres que os países menos desenvolvidos contan cunha industria escasa ou
deficiente.
As industrias actuais poden clasificarse con diferentes criterios.
 Segundo a súa posición no proceso de produción: industrias de base, fabrican produtos
semielaborados (siderurxia); industrias de bens de equipo, transforman os produtos
semielaborados en equipos necesarios para o funcionamento doutras industrias (maquinaria,
equipos industriais) ou para o transporte e a construción; industrias de uso e consumo, fabrican
produtos destinados directamente ao consumidor (téxtil, alimentaria, etc.).
 Segundo o peso da materia prima: pesadas, se traballan con grandes cantidades de materia
prima (a industria de base); semipesadas, cando traballan con materias primas de menor peso
(bens de equipo); lixeiras, se usan materias primas de pouco peso (de uso e consumo).
 Segundo a súa tecnoloxía: de baixa tecnoloxía (téxtil); de tecnoloxía media que chegaron ao
seu máximo desenvolvemento tecnolóxico e se estancaron (metalúrxica); e de alta tecnoloxía,
que están en plena expansión (informática).

4. OS TRAZOS DA ACTIVIDADE INDUSTRIAL NA ACTUALIDADE


As primeiras industrias xurdiron no século XVIII e, dende entón, ata a actualidade este sector
cambiou moito. A partir da crise do petróleo, en 1973, naceu un novo modelo de produción
industrial denominado modelo posfordista, baseado en:
 O desenvolvemento de novas tecnoloxías e novas industrias (industrias de tecnoloxía
punta). Hoxe en día as empresas industriais destinan una parte importante do seu capital á
investigación, ao desenvolvemento e innovación tecnolóxica (I+D+i), tanto para a procura de
novos materias como para o desenvolvemento da “nanotecnoloxía”

2
Profesora: Fátima Castro
UD4: O SECTOR SECUNDARIO XH3_IES Poeta Díaz Castro

 A satisfacción dos gustos individuais de cada consumidor. Elabóranse moitos modelos


diferentes de cada produto, para cubrir distintos gustos e necesidades.
 A incorporación dos países emerxentes ao desenvolvemento industrial.
 A descentralización da produción, que consiste en desprenderse dalgunha fase da produción
ou dalgunha actividade da empresa. Pode realizarse de tres maneiras:
 Deslocalización: unha empresa pode localizar as distintas fases da produción industrial en
diferentes territorios, aproveitando as vantaxes que ofrece cada un.
 Subcontratación: unha empresa pode subcontratar determinadas actividades a outras
empresas especializadas.
 Cooperación: acordos con outras empresas.
 A automatización e a terciarización industrial:
 As industrias tenden a utilizar sistemas automáticos de produción, nos que as máquinas e
robots realizan as tarefas mecánicas, substituíndo a man de obra. O obxectivo da
automatización é rebaixar os custos de produción e mellorar a produtividade. As
consecuencias disto son a redución do emprego industrial pouco cualificado e aumento dos
postos de traballo moi cualificados, relacionados coa xestión da actividade produtiva e
dirección das empresas.
 Desenvolvemento de servizos periféricos, non relacionados directamente co proceso de
fabricación en si, pero que se consideran fundamentais para mellorar a calidade dos
produtos e a competitividade das empresas. Tales como: a mercadotecnia, a loxística, o
deseño, a investigación, etc.
 O aumento das empresas industriais multinacionais, que está ligado ao crecemento do
comercio internacional e aos avances nos transportes e nas tecnoloxías da información e da
comunicación. Estas empresas utilizan tecnoloxías moi avanzadas, fan grandes investimentos
en I+D+i e son capaces de producir grandes cantidades dun produto a prezos moi baixos.

5. OS FACTORES DE LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL


A localización das industrias está determinada por unha serie de factores que favorecen o seu
rendemento. A importancia destes factores variou segundo a época histórica e o tipo de industria.
Podemos distinguir:
• Proximidade de materias primas, de fontes de enerxía e doutras industrias. Este factor
reduce os custos de transporte e desprazamento. Nas primeiras etapas da industrialización,
foi un dos máis determinantes.
• Man de obra: cantidade, cualificación, prezo. As industrias que necesitan abundante man de
obra pouco especializada sitúanse en países menos desenvolvidos ou en vías de
desenvolvemento, nos que esta é moi barata. Pola contra, as industrias de alta tecnoloxía
localízanse en países desenvolvidos, preto de universidades e parques tecnolóxicos.
• Proximidade de áreas urbanas. Tradicionalmente, as empresas de bens de consumo
situáronse preto das cidades, onde hai man de obra cualificada, servizos (almacéns,
entidades bancarias...) e consumidores. Ademais, as áreas urbanas adoitan ser zonas ben
comunicadas.
• Boa rede de transporte. A existencia de estradas, portos, aeroportos e ferrocarrís facilita o
desprazamento de persoas e mercadorías.
• Factores políticos e sociais. Algúns gobernos incentivan a instalación de industrias no seu
territorio mediante subvencións, para promover o desenvolvemento económico e social. A
lexislación ambiental ou os impostos tamén condicionan a industria.

6. AS GRANDES ÁREAS INDUSTRIAS DO MUNDO


En termos xerais, podemos considerar rexións industriais aqueles territorios nos que a industria ten
un gran peso económico, o que se aprecia en que a produción industrial ocupa unha parte
considerable da poboación e xera unha porcentaxe elevada da riqueza económica.
3
Profesora: Fátima Castro
UD4: O SECTOR SECUNDARIO XH3_IES Poeta Díaz Castro

Estas concentracións industriais fóronse transformando co paso do tempo e na actualidade


presentan unha distribución asimétrica. No entanto, teñen en común varios trazos que nos permiten
clasificalas:
• Zonas industriais históricas. Atópanse englobadas en países con procesos de
industrialización desenvolvidos nos séculos XIX e XX, como Estados Unidos, os da Unión
Europea e Xapón, que son tradicionais potencias industriais mundiais, pero tamén Rusia, Corea
do Sur, Australia e Nova Zelandia.
• Zonas industriais emerxentes. Nos últimos anos do século XX e a principios do século xxi,
dous países experimentaron unha industrialización notablemente acelerada: China e India. No
caso chinés, o crecemento industrial foi tan intenso que lle permitiu converterse na primeira
potencia industrial do mundo.
• Zonas industriais emerxentes secundarias. Nos primeiros anos do século XXI produciuse
unha industrialización multipolar. Nesta nova fase destacan, dunha banda, algunhas potencias
rexionais, como México, Arxentina, Brasil e Suráfrica, e, doutra banda, tamén hai numerosos
países industrializados por mor das deslocalizacións da economía globalizada, como os de
Europa oriental, Turquía, Exipto, Bangladesh, Paquistán, Indonesia, Filipinas e Malaisia.

7. O PROCESO DE DESLOCALIZACIÓN INDUSTRIAL


A deslocalización consiste no traslado de plantas de produción e/ou servizos, por parte de
grandes empresas e multinacionais, a outros países pouco industrializados ou en
desenvolvemento, e mesmo a distintas rexións do propio país. Afecta a moitos sectores, pero
destacan os seguintes: téxtil, electrónica, calzado, xoguetes, automobilístico e o das industrias
pesadas.
As causas que xustifican a deslocalización son:
 A busca de custos salariais máis baixos, así como outros beneficios económicos; por
exemplo, menor presión fiscal, solos baratos, axudas gobernamentais, etc.
 A competitividade crecente e global das empresas que compiten nun mercado mundial.
 A gran desigualdade de dereitos e condicións laborais entre os países.

4
Profesora: Fátima Castro
UD4: O SECTOR SECUNDARIO XH3_IES Poeta Díaz Castro

 O cambio do modo de produción e da división internacional do traballo: nuns países


realízase a investigación, o desenvolvemento e o deseño dos produtos; noutros, a
fabricación; e noutros, a ensamblaxe.
 O desenvolvemento de novas formas de investimento, fundamentalmente, a subcontratación
internacional, as franquías, as fusións de empresas…
As consecuencias da deslocalización son diferentes segundo os países, así temos que:
 Nas economías desenvolvidas: por un lado, supón a perda de empregos directos e
indirectos, a precarización das condición laborais e o peche dalgunhas plantas; e por outro,
supón que as empresas poidan aumentar a súa competitividade, ao poder abaratar bastante
os custos produtivos.
 As economías en vías de desenvolvemento recibiron as industrias e as actividades
deslocalizadas, o que implica tanto efectos positivos coma negativos:
 Efectos positivos: creación de emprego e aumento dos ingresos.
 Efectos negativos: situacións de explotación laboral ou contaminación excesiva, debido a
que estes países teñen lexislacións medioambientais moi permisivas.

8. O SECTOR SECUNDARIO NA UNIÓN EUROPEA


A Unión Europea é una gran potencia industrial, situándose nos primeiros postos xunto a China,
Estados Unidos e Xapón.
Na actualidade a industria e a construción empregan, aproximadamente, ao 25 % da poboación
activa. Nos últimos anos produciu unha tendencia á perda de emprego como consecuencia da
deslocalización e da conxuntura económica.
O desenvolvemento económico da Unión Europa esixe un elevado consumo de recursos naturais e
depende, cada vez máis, dos mercados internacionais para poder satisfacer as necesidades de

5
Profesora: Fátima Castro
UD4: O SECTOR SECUNDARIO XH3_IES Poeta Díaz Castro

recursos minerais e enerxéticos. Por ese motivo os países membros tratan de potenciar a
produción de enerxías renovables.
Aínda que a Unión Europea é un espazo industrial consolidado, existen grandes diferenzas entre
sectores e entre rexións.
Os sectores tradicionais, como o téxtil, a siderurxia e a construción naval, encóntranse en declive.
As causas son o atraso tecnolóxico, a redución da demanda e a competencia de países máis
baratos.
Os sectores dinámicos son o alimentario, o químico, os vehículos de motor, o eléctrico e o
mecánico, e os de alta tecnoloxía (informática, telecomunicacións, electrónica, biotecnoloxía e
industria aeroespacial).
A principal área industrial localízase na diagonal que une o norte de Italia e a conca do Rin. Tamén
destaca o arco mediterráneo, desde o norte de Italia ata no litoral mediterráneo de España; e o
eixe oriental, dende a rexión do Ruhr ata a Silesia.
Os países da Unión Europea adoptaron unha política industrial común con tres obxectivos
principiais:
• Investir máis en novas tecnoloxías, investigación, desenvolvemento e innovación.
• Compaxinar o crecemento da industria co coidado do medio.
• Manter o emprego industrial, especialmente nas zonas industriais en declive, creando nelas
novas actividades económicas ou sectores industriais innovadores.

6
Profesora: Fátima Castro
UD4: O SECTOR SECUNDARIO XH3_IES Poeta Díaz Castro

9. O SECTOR SECUNDARIO EN ESPAÑA


9.1. Os recursos minerais e enerxéticos
No referente ao campo da minaría e da explotación das fontes de enerxía, España ten unha forte
dependencia do exterior porque:
• Posúe importantes xacementos de materias primas de orixe mineral (pirita, chumbo, carbón,
mercurio, cobre) pero a produción non chega a cubrir as necesidades.
• Os recursos enerxéticos son escasos e é necesario recorrer a importación das fontes de
enerxía non renovables. A dependencia enerxética española é do 70%, cifra que se intenta
reducir co desenvolvemento das enerxías renovables.
Na actualidade, a minaría ocupa ao 0,2% da poboación activa e contribúe cunha porcentaxe similar
ao PIB.
9.2. A industria
A industrialización en España foi tardía, non comezou ata o último cuarto do s. XIX. Os primeiros
focos industriais formáronse en Cataluña, en relación coa industria téxtil, e no País Vasco e
Asturias, vinculados á minaría do ferro e do carbón.
Entre 1959 e 1975 sentáronse as bases para converter España nun país industrializado e
desenvolvéronse zonas industrializadas no resto do país.
Dende 1975, coincidindo coa crise económica mundial, e ata a década de 1990, produciuse unha
reconversión industrial que supuxo o peche de moitas empresas pouco competitivas vinculadas
coa siderurxia e aos estaleiros.
Na década de 1990 e o inicio do s. XXI, a produción industrial chegou ao seu punto máis elevado.
Nos últimos anos a produción e a ocupación no sector secundario experimentaron un forte
descenso debido ao impacto da crise económica mundial de 2008.
Na actualidade, o sector secundario (inclúese a construción) ocupa ao 19% da poboación activa e
achega o 23 % do PIB.

9.3. Os sectores industriais


Os sectores tradicionais que están en retroceso son a siderúrxica, a de produtos metálicos, a de
electrodomésticos e a de construción naval. Outras, como a do calzado, medraron debido ás súas
innovacións e a súa calidade e unha parte da produción expórtana.
Os sectores dinámicos está representados polas industrias do automóbil, química e
agroalimentaria. Contan con elevada produtividade, alta demanda interna e externa e forte
presenza de empresas multinacionais.
Os sectores de alta tecnoloxía son o aeroespacial, a biotecnoloxía, os produtos farmacéuticos, a
electrónica e as TIC. Implantáronse con atraso respecto a outros países do noso ámbito, debido á
dependencia exterior en investigación e tecnoloxía.
No referente a I+D+i, en comparación con outros países, España destina poucos recursos. Como
consecuencia, as empresas españolas teñen que importar maquinaria de alta precisión, aparellos
electrónicos e informáticos, etc.

7
Profesora: Fátima Castro
UD4: O SECTOR SECUNDARIO XH3_IES Poeta Díaz Castro

9.4. A distribución espacial da industria

Madrid e Barcelona son as principais áreas industriais de España. Concentran as industrias máis
innovadoras e as sedes de grandes empresas nacionais e multinacionais.
Os eixes industriais son concentracións industriais lineais, xurdidas ao longo das principais vías
de comunicación. Os máis destacados son o do Ebro e o Mediterráneo, onde se instalaron
algunhas grandes industrias multinacionais e outras que buscan reducir custos ou aproveitar os
recursos da contorna. Outros eixes menores desenvólvense desde Madrid cara ás provincias
limítrofes de Castela-A Mancha, buscando solo máis abundante e barato; e ao longo de certas
estradas, como a autovía Tordesillas-Valladolid-Palencia.
A Cornixa cantábrica e o litoral galego é unha área de antiga industrialización que sufríu a crise
e reconversión dos seus principais sectores industriais: a siderurxia e a construción naval. As
actuacións para fomentar a reindustrialización tiveron resultados desiguais.
O resto do territorio español ten escasa industrialización. Hai algúns enclaves industrializados,
pero, en xeral, as industrias son pequenas e tradicionais.

10. O SECTOR SECUNDARIO GALEGO


O sector secundario galego representa, aproximadamente, o 16% da poboación activa e o 23% do
PIB.
Predominan as PEMES.
No referente á minaría, Galicia é una comunidade cunha longa tradición. Na actualidade destaca a
produción de rochas industriais, como o cuarzo, o granito e a lousa.
En canto ás fontes de enerxía:
• Ten dependencia de fontes de enerxía non renovables, ten que importar petróleo, carbón e gas
natural.
• Destaca na produción de enerxía eléctrica procedente de centrais abastecidas por fontes de
enerxía renovables, sobre todo a eólica e a hidroeléctrica.
8
Profesora: Fátima Castro
UD4: O SECTOR SECUNDARIO XH3_IES Poeta Díaz Castro

Con respecto á actividade industrial hai que destacar que se localíza, principalmente, na zona do
Eixe Atlántico (o territorio comprendido entre Ferrol e Vigo), no que se concentra a maioría das
industrias e o 75% do emprego industrial.
Na industria pesada e semipesada destaca a petroquímica, coa refinería de A Coruña; a
industria do automóbil e as súas empresas auxiliares, que se localizan en Vigo; e a industria naval
que se localiza en Ferrol e Vigo; e metalúrxica, que se localiza en A Coruña e Cervo.
Entre as industrias lixeiras sobresaen o téxtil e a confección, a industria da madeira e o moble, e
a agroalimentaria e conserveira, neste subsector destacan as de manipulación e conservación de
peixe, os produtos vitivinícolas, lácteos e cárnicos.

9
Profesora: Fátima Castro

You might also like