Movemento Obreiro - Sexenio e Restauración

You might also like

Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 3

O movemento obreiro: sexenio e restauración

Situación:

A mediados do século XIX os obreiros españois tiñan que facer fronte a duras condicións laborais e a
salarios reducidos. Ante esta situación, o movemento obreiro intentou resolver a situación que a partir de
1868 coñecerá un importante desenvolvemento coa chegada das ideoloxías anarquista e marxista.

Contexto: cambios socioeconómicos

As transformacións da industrialización a nivel socioeconómico foron profundas. Dunha parte, acabaron


coas economías rurais agrarias e deron paso ao capitalismo industrial predominantemente urbano. Doutra,
naceu a sociedade de clases determinada polo patrimonio económico, a pesar de garantir a igualdade ante
a lei e ser posible a mobilidade social. Dúas clases serán as determinantes: a burguesía (propietaria dos
medios de produción) e o proletariado (a man de obra asalariada).

Contexto: orixe e definición do movemento obreiro

A lexislación liberal non regulaba as relacións laborais que quedaban ao arbitrio do patrón. Isto someteu
aos traballadores a longas xornadas a cambio dun salario insuficiente e sen coberturas onde o traballo
infantil era frecuente. Co obxectivo de mudar esta situación nace o movemento obreiro que engloba ao
conxunto de accións reivindicativas que procuraban mellorar as condicións de vida e traballo do
proletariado.

Contexto: o ludismo e dereito a asociacións

As primeiras accións de protesta dos traballadores españois foron episodios ludistas como a destrución
dos teares mecánicos en Alcoi (1821). Trátase de feitos espontáneos e violentos nos que os obreiros optan
por destruír as novas máquinas que ameazan os seus postos de traballos. Posteriormente, outros episdios
ludistas foron o incendio do vapor Bonaplata en Barcelona (1834) ou os incidentes da Fábrica de Tabacos
da Coruña (1857).
Pero o problema non era a tecnoloxía, senón a precaria situación na que vivían, polo que os obreiros
fundaron asociacións que defenderan os seus intereses (conciencia de clases). Pero ainda que fundaron
sociedades de Socorros Mutuos (doaban unha pequena cota para a protección fronte adversidades) e
sindicatos (para velar polas suas necesidades laborais) pero estas iniciativas foron limitadas porque a
lexislación durante o reinado de Isabel II non recoñecía o dereito de asociación por consideralo unha
traba ao libremercado. É por iso que no desenvolvemento do movemento obreiro prodúcese un punto de
inflexión a partir de 1868. Entón, o goberno provisional recoñeceu o dereito de asociación e grazas á
liberdade de expresión foron arraigando en España as grandes ideoloxías obreiras: o anarquismo e o
marxismo da Asociación Internacional de Traballadores.

O internacionalismo: Asociación Internacional de Traballadores en España

A AIT ou Primeira Internacional foi fundada en Londres en 1864 por representantes das agrupacións
obreiras de todo o mundo baixo o liderezgo de K. Marx. O internacionalismo defendía a necesidade de
unir os esforzos da clase obreira, con independencia da súa nacionalidade, para loitar contra o
capitalismo.
Na AIT convivían os partidarios das ideoloxías do socialismo de Karl Marx e do anarquismo de Bakunin,
caracterizados estes últimos polo seu apoliticismo e antiautoritarismo. Se ben ambas defendían a
necesidade dunha revolución social que acabara co capitalismo e que dese paso a unha sociedade
igualitaria, diferían en como facelo. Así, Marx insistía na importancia da organización e de valerse da
política para cumprir cos seus obxectivos, polo que proporá formar sindicatos no ámbito laboral, pero
tamén partidos que podan influír a nivel político, canalizar as aspiracións do proletariado e mellorar as
condicións de vida. Ademais, logo da revolución, os anarquistas coidaban que a desaparición do Estado
daría lugar a unha federación de comunas autoxestionadas, fronte o marxismo que consideraba necesario
unha fase transitoria de goberno obreiro (ditadura do proletariado) que levabase a cabo a socialización da
propiedade privada que remataría coas clases sociais (sociedade comunista). A convivencia entre os
seguidores de Marx e Bakunin non foi sinxela dentro da AIT e ambos rivalizaron por gañar maior
influencia. Un exemplo destas disputas atópanse na difusión dos postulados da Primeira Internacional en
España.

Anarquismo: primeiro en difundirse, 1873, e “acción directa” na Restauración

En 1868, a AIT enviou o italiano Fanelli para difundir as súas posicións, pero divulgou as ideas do
anarquismo como se fosen as da I Internacional. Tivo éxito sobre todo entre o proletariado catalán (téxtil)
e o campesiñado andaluz (xornaleiros). A AIT organizábase mediante federacións nacionais das
asociacións de obreiros a nivel local e grazas á rápida difusión en España, en 1870, fundouse en
Barcelona a Federación Rexional Española, a sección española da AIT que englobou as organizacións
locais. A influencia anarquista nela maniféstase porque asumiu os principios de Bakunin. Así, aínda que
nestes anos a FRE da AIT defende as ideas de paz, xustiza e progreso propias do internacionalismo,
tamén chama a loitar contra os poderes que as ameazan. Cando estes poderes son identificados co Estado,
o Exército e a Igrexa, faise patente a visión propia do anarquismo: consideraba a estas institucións como
os piares do capitalismo que debían ser combatidos para lograr o derrubamento do sistema.
A grande inestabilidade do Sexenio Democrático era para os anarquistas era unha mostra da inminente
revolución social que poñería fin ao capitalismo. Por iso, a participación dos anarquistas na revolución
cantonal do verán de 1873 foi destacada. Aínda que a pequena burguesía era a que simpatizaba co
federalismo, estas ideas mesturáronse coas aspiracións do internacionalismo que insistía na
descentralización. Deste xeito, alí onde había forte implantación dos federalistas e anarquistas, como
Andalucía e o Levante, houbo localidades que se proclamaron cantóns independentes como Alcoi,
Cartaxena ou Málaga. Os cantonalistas esperaban unirse logo da independencia á Republica federal
española, mais os anarquistas confiaban en que isto dese paso á sociedade igualitaria e á fin do Estado,
substituído por comunas de produtores libremente asociadas e autoxestionadas. Pero o fracaso dese
movemento insurreccional marcou o declive da FRE da AIT que sería ilegalizada ao ser indentificada
como unha das promotoras da revolta.
A partir de 1875, durante a Restauración Borbónica, a lexislación prohibiu que organización españolas
dependesen do estranxeiro e o anarquismo español dividiuse a dúas dúas tendencias: unha, defensora da
acción colectiva dos traballadores (anarcosindicalismo), fundou a Federación de Traballadores da Rexión
Española (FTRE); outra, optou pola violencia (acción directa). A represión contra os anarquistas
favoreceu a radicalización e nos últimos anos do XIX houbo numerosos atentados contra a Igrexa,
políticos (como Cánovas) e a burguesía (por exemplo, o do Liceo de Barcelona, 1893). Mediante estes
actos buscaban desencadear a revolución que ansiaban e gañar notoriedade (“propaganda polo feito”). O
terrorismo redundou en maior represión pois os políticos burgueses vían asi xustificado o temor que
inspiraban estas organizacións.

Marxismo: PSOE e UGT

A principios dos anos 70, para contrarrestrar a infuencia de Fanelli e os anarquistas, Lafargue chegou a
España para divulgar a teoría de K. Marx. Así naceu un grupo marxista en Madrid no que destabaca
Pablo Iglesias. As discrepancias entre marxistas e anarquistas levou á expulsión do grupo madrileño da
FRE da AIT en 1872. Logo da ilegalización da FRE da AIT, e fronte o apoliticismo dos anarquistas, os
marxistas entenderon que para a conquista do poder pola clase obreira era necesario un partido político: o
Partido Socialista Obrero Español (PSOE), fundado en 1879 por Pablo Iglesias.
A finais do século XIX, fronte os problemas dos anarquistas, os socialistas conseguiron medrar
especialmente en Madrid, País Vasco (centro siderúrxico) e Asturias (minería), zonas onde o anarquismo
era feble. Ademais, optou por unha estratexia política pragmática e moderada valéndose dos instrumentos
legais para cumplir cos seus obxectivos de mellorar as condicións de traballo e vida do proletariado. Así,
cando o goberno do liberal de Sagasta legalizou as asociacións obreiras en 1887, o socialismo español
aproveitou para crear un sindicato, a Unión General de Trabajadores (UGT). A UGT fundouse en
Barcelona en 1888 e, innovadoramente, pretendía encadrar aos traballadores segundo o seu ámbito
profesional. Valéndose das agrupacións locais dos socialistas, a UGT formou unha ampla rede que
respondese as preocupacións profesionais de cada sector pero coordinados nunha mesma organización.
As reinvindicacións da UGT eran as típicas dos obreiros do momento: xornada laboral de oito horas,
igualdade salarial entre o home e a muller, ou o salario mínimo
O PSOE integrouse na II Internacional, formada agora só por socialistas, e a UGT mobilizaría aos
obreiros españois na liña do propugnado por esa organización, celebrando por primeira vez o 1º de maio
como o día do traballo en 1890. Nese mesmo ano, logo da concesión do sufraxio universal a todos os
homes maiores de 25 anos, o PSOE apostou por participar nas eleccións para aproveitar ás oportunidades
do sistema parlamentario. A UGT medrou de forma paralela e converteuse nunha das maiores
organizacións de masas do país a finais do XIX.

Proxección: forza a principios do XX e primeiras leis

A conmoción que seguiu ao “Desastre do 98” causou un importante aumento da conflitividade social en
España. A principios do XX, os gobernos da quenda pacífica, conscientes do cuestionamento político e
da forza da oposición, organizacións obreiras incluídas, abrazaron un programa rexeneracionista co que
pretendían ampliar as bases sociais da Restauración. Foi así, se impulsaron as primeiras leis de política
social e laboral coa a Lei de accidentes de traballo e a de condicións de traballo da muller e o neno
(1900). Pero estas medidas non frearon o avance do movemento obreiro: a principios do século XX, o
PSOE fixo coalicións electorais cos republicanos, conseguindo o seu primeiro deputado, Pablo Iglesias,
en 1910. Paralelamente, nese mesmo ano o anarcosindicalismo creou a Confederación Nacional do
Traballo (CNT) que chegará a ser o sindicato español máis importante xunto coa UGT.

You might also like