Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

TAREFA

DEFINICIÓNS
CON
SENTIDIÑO

NIVEL EDUCATIVO GUIÓN


Adaptable a calquera

DOCENTE: Sofia Rama PRESENTACIÓN. EN QUE CONSISTE?


Páx. 2

CURSO CIG-ENSINO: DESEÑO


OBXECTIVOS. PARA QUE SERVE?
DE SECUENCIAS
Páx. 2
DIDÁCTICAS E SITUACIÓNS
DE APRENDIZAXE PARA AS
METODOLOXÍA. COMO SE FAI?
ÁREAS LINGÜÍSTICAS CONTRASTANDO O DIFERENTE
ATENDENDO Á DIVERSIDADE
INTEGRANDO EXERCICIOS E ACTIVIDADES
DESENVOLVENDO A AUTORREGULACIÓN
Páx. 3-4

AVALIACIÓN
Páx. 4

RECURSOS
Páx. 4
PRESENTACIÓN. EN QUE CONSISTE?

A tarefa consiste en definir termos, palabras clave arredor das cales xirou a sesión
anterior. Se ben, para elaborar esas definicións o alumnado non pode botar man dun
dicionario nin imitar as súas fórmulas, senón que debe elaborar a súa propia definición
seguindo estas indicacións (recollidas nunha guía de comunicación entregada ao inicio do
curso, o Caderno TIL):
 Cada termo debe iniciar a súa definición por unha palabra da mesma categoría e
coa mesma flexión gramatical (integrando aprendizaxes léxico-semánticas e
morfolóxicas).
 Cada definición debe incorporar unha explicación elaborada con palabras propias
(activando as habilidades metacognitivas do alumnado: aprendendo a aprender).
 Cada definición debe evitar a reutilización da palabra a definir en calquera das
súas variantes léxicas ou gramaticais (estimulando a creatividade: buscando ser
comprendido polos demais).
 Cada definición debe respectar as propiedades textuais, atendendo ao contexto
no que se atopa o termo que vai ser definido (procurando a adecuación, a
coherencia e a cohesión)

OBXECTIVOS. PARA QUE SERVE?

Esta tarefa serve de fío condutor entre todas as sesións, porque en cada sesión botamos
man de palabras clave que sosteñen os conceptos que queremos ensinar e, polo tanto, o
noso discurso. Permite estruturar dun modo semellante todas as horas lectivas, porque
cada sesión comezaría do mesmo xeito (co xogo das definicións “con sentidiño”) e
permitiría un final semellante cunha actividade que lle dese unha estrutura marco,
recolléndoas nun glosario, que mesmo pode ser convertido nun obxecto (“libreta ou caixa
de palabras”) ou nun produto virtual (documento audiovisual no que cada palabra sexa
ilustrada cunha imaxe ou varias segundo a súa formación morfolóxica ou os seus distintos
significados). Tamén serve para revisar o proceso de ensino-aprendizaxe, valorar o
aprendido, fomentando o debate e a coavaliación; pois, o feito de intervir oralmente
facilita a corrección ou mellora do dito por un compañeiro ou compañeira, así como a
autocorrección, aprendendo a partir do erro. Finalmente, fomenta a participación de todo
o alumnado e a comunicación entre tod@s.

2
METODOLOXÍA. COMO SE FAI?

Iníciase a sesión preguntando polas palabras clave recollidas na sesión anterior, moitas
das cales aparecerán de novo no documento (texto, vídeo, presentación informática...) que
se utilice para a sesión actual. Cada alumno/a intervén voluntariamente, respectando as
quendas, para definir “con sentidiño” unha desas palabras.

Durante a sesión, o alumnado tomará nota das palabras clave correspondentes a ese día.
Este labor será facilitado pola persoa docente, que chamará a atención sobre esas palabras
solicitando a súa definición adecuada.

No final da sesión, as “palabras do día” serán recollidas no glosario, que servirá para
iniciar a sesión seguinte.

 Contrastando o diferente
As definicións dos termos sinalados servirán para relacionar os seus contidos en distintas
linguas, pero sobre todo para contrastar as súas formas comparando o que ocorre en
distintas linguas, especialmente entre galego e español (existencia ou non de formas
verbais compostas, colocación do pronome átono...), reflexionando sobre a lingua
(formación de palabras, reutilización de prefixos e sufixos, identificación de familias
léxicas, identificación de relacións semánticas, busca de hiperónimos, indagación sobre
etimoloxías, distinción entre palabras cultas e patrimoniais...).

 Atendendo á diversidade
A tarefa incorpora varios principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA),
inserindo diversos formatos e diversos xeitos de obter a información e procurando a
máxima implicación e motivación do alumnado. Isto concrétase nestes aspectos:
1. Presentación da información en diversos formatos: papel, visual e audiovisual.
2. Vinculación dos termos a definir á realidade cotiá para motivar o alumnado.
3. Participación de diversas maneiras (individual, por parellas, grupal...):
a. Intervencións orais espontáneas, individuais, na aula; promovendo a
escoita activa, a reflexión e a autorregulación.
b. Coloquio no seo do grupo-aula; promovendo a coavaliación.

 Integrando exercicios e actividades


1.Exercicio recordatorio da sesión anterior.
2. Actividade de recollida de palabras clave da sesión actual.
3. Tarefa de elaboración de definicións, seguindo as indicacións do Caderno TIL.

3
 Desenvolvendo a autorregulación
Con respecto á autorregulación da aprendizaxe, o alumnado, a través da autoavaliación,
será quen de recoñecer as súas fortalezas e debilidades, e desenvolverá a competencia
para aprender a aprender, mellorando a organización das súas tarefas.
Con respecto á autorregulación emocional, o grupo de alumnos e alumnas, a través da
coavaliación, colaborará no control do alumnado disruptivo, estimulando a aprendizaxe
activa e divertida a través do coloquio.

AVALIACIÓN

INSTRUMENTOS PROCEDEMENTOS

INTERVENCIÓNS ORAIS
ESPONTÁNEAS
Observación directa, recollendo os datos no Diario de Aula.
GLOSARIO

COLOQUIO

Listaxe de verificación para definicións BEN MAL SEN FACER

A clase de palabra que inicia a definición deberá ser a


mesma do termo a definir e posuír as mesmas categorías
gramaticais.

O termo a definir non formará parte da definción.

A definición non se reducirá a unha enumeración de


sinónimos nin se servirá de exemplos.

Elaborarase a definición evitando expresións do tipo “é


como”, “é cando”, “é por exemplo”...

A resposta expresarase de xeito adecuado, coherente,


cohesionado e correcto.

RECURSOS
1. Aula Virtual
2. Caderno TIL

You might also like