Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 7

O I SL AM IES A PARALAIA-2º ESO

Mahoma e a predicación
dunha nova relixión.

Mahoma naceu na Meca no ano 575.


A Meca está situada na península de
Arabia, un territorio árido e case
desértico, entre o mar Vermello e o
golfo Pérsico. Na cidade atopábase a
Kaaba, centro relixioso onde se
veneraba a Pedra Negra.

Características da doutrina
Mahoma comezou a do Islam.
predicar unha nova
O Islam é unha relixión monoteísta,
relixión, o Islam, na Meca.
coa crenza nun só deus (Alá). As
A oposición dos ricos
ensinanzas do profeta Mahoma
comerciantes e da súa recóllense no Corán, libro sagrado dos
propia familia obrigárono musulmáns. Os principais preceptos do

a fuxir no ano 622 a Islam son: profesión de fe en Alá


como único deus, rezar cinco veces
Medina. Esta fuxida é
ao día mirando en dirección á Meca e
coñecida como Héxira e
participar na oración común os venres
sinala o comezo do
na mesquita; xaxuar (non comer)
calendario musulmán. En dende a saída do sol ata o solpor
Medina foi aceptada a durante o mes de Ramadán; darlle

nova relixión e pouco antes esmola aos pobres e peregrinar á


cidade da Meca po lo menos unha vez
da morte de Mahoma
na vida. Están tamén presentes
toda Arabia era musulmá..
principios de igualdade, tolerancia,
irmandade, etc .
EXPANSIÓN DO IMPERIO ISLÁMICO.
Distinguimos tres grandes etapas.
 Califato ortodoxo ou perfecto: Os primeiros sucesores de Mahoma foron familiares e amigos moi próximos. Residían en
Medina e adoptaron o título de califa. Expandiron o Islam coa conquista de Palestina, Siria, Exipto e Mesopotamia.
 Califato Omeia: levaron a máxima expansión a conquista árabe, que chegou dende a Península Ibérica ata o río Indo. Foi
unha etapa de esplendor. A capital situouse en Damasco.
 Califato Abasí: Acceden ao poder pola forza trala matanza da familia Omeia e trasladan a capital a Baghdad. Desa situación
fuxe un mozo da familia Omeia que se refuxia en Córdoba. Unha vez asumiu o poder no Al‐Andalus proclama o emirato
independente de Córdoba e co o nome de Abderramán I.

Administración e goberno do Imperio Islámico.


Califa: Máxima autoridade. Concentraba o poder político e relixioso, é dicir era a
máxima autoridade relixiosa e tamén política (gobernaba, xulgaba e dirixía o exército).
Visir: persoa de confianza do califa que lle axudaba no goberno e dirixía a
administración do imperio.
Valí: gobernador das provincias (chamadas coras) nas que se dividía o imperio musulmán.
Cadí: xuíz musulmán, ou persoa que administraba xustiza.

Conquista da Península Ibérica polos


musulmáns. No ano 711 un pequeno
exército de tropas musulmás e bérberes
atravesou o estreito de Xibraltar coa
intención de facer un saqueo. Derrotaron a
rei visigodo Rodrigo na batalla do río
Gudalete, o que lles facilitou a conquista da
Península, agás algunhas zonas do norte. O
territorio conquistado pasou ser unha
provincia do califato Omeia de Damasco,
que exerceu o poder relixioso e político. O
territorio peninsular baixo o dominio
musulmán recibe o nome de Al‐Ándalus.
Al-Ándalus: Emirato
independente.

Trala matanza da familia Omeia a


mediados do s. VIII o mozo
Abderramán refuxiouse no Al-Ándalus
e proclamouse emir, o que significou a
independencia política dos califas
abasís de Bagdad, aínda que seguían
recoñecendo a súa autoridade
relixiosa. Neste período produciuse
unha rebelión dos muladís.

Califato de Córdoba. Abderramán III proclamouse


califa, o que significou que o Al-Ándalus era
independente no político e no relixioso. Foi unha etapa
de esplendor cultural e económico na que Córdoba se
converteu na cidade máis importante de Occidente. O
califa Hixen II delegou o poder en Almanzor, caudillo que
fixo expedicións contra Santiago e Barcelona. Trala súa
morte o Al-Ándalus entrou en crise e no ano 1031
fragmentouse en 28 pequenos reinos que coñecemos co
nome de taifas. Estes reinos mantiveron disputas entre
eles, co que os reinos do norte avanzaron na reconquista.

IMPERIO A invasión de almorábides e almohades.


ALMORÁBIDE
Ante o avance cristián os reinos taifas pediron
axuda aos almorábides, que desembarcaron en
Alxeciras e derrotaron a Alfonso VI na batalla de
Sagrajas (1086). Al Ándalus foi incorporado ao
imperio almorábide. A mediados do século XII foron
expulsados da Península polos andalusís, o que
supuxo a aparición dos segundos reinos taifas.

Uns anos despois os almohades entraron na


Península e anexionaron o Al Ándalus ao seu imperio.
Implantaron un maior radicalismo relixioso.Tras ser
vencidos na batalla das Navas de Tolosa (1212) foron
expulsados da Península, xurdindo os terceiros
reinos de taifas. Trala conquista do val do
Guadalquivir a presenza musulmán quedou reducida
ao reino nazarí de Granada.

IMPERIO
ALMOHADE
A fin do Al Ándalus: O reino nazarí de
Granada.

O reino nazarí de Granada foi o último territorio


que na península Ibérica dominaron os
musulmáns. Aínda que neste reino os conflitos
internos foron frecuentes, alcanzou momentos
de brillantez con Yusuf I e Mohamed V, que
construíron os palacios da Alhambra. A economía
do reino de Granada baseouse na agricultura e
sobre todo na produción e no comercio da seda.
O reino de Granada desapareceu no ano 1942 ao
ser conquistado polos Reis Católicos

Os primeiros reinos cristiáns

O reino astur xorde trala escaramuza de


Covadonga (s. VIII), onde Pelayo venceu a
un destacamento musulmán. A capital
estableceuse en Oviedo. Posteriormente
expándíuse por Galicia e León. Ordoño II
trasladou a capital a León, creando así o
Reino de León. Na parte oriental do
reino de León naceu o condado de Castela.
No ano 1035 Castela converteuse en reino
independente e pouco despois constituíu
o reino de Castela e León.
O Reino de Galicia apareceu no s. X e
mantivose independente en varios
reinados, ainda que finalmente foi
incorporado ao Reino de León e gobernado
polos seus monarcas.

Núcleos de resistencia pirenaicos:

Reino de Pamplona: naceu na parte occidental do Pirineo. O rei Sancho III incorporou os condados
de Castela e Aragón. A súa morte en 1035 estes dous condados constituíronse en reinos independentes.
Reino de Aragón: Formouse como trala morte de Sancho III ao ser herdado polo seu fillo Ramiro I.
Condados Cataláns. O Pirineo oriental foi dominado polos francos que crearon a provincia fronteiriza da
Marca Hispánica. No século X independizáronse dos francos .
As cidades musulmás .
Nelas concentrábase as actividades
comerciais e artesanais, así como a vida
relixiosa e cultural. A medina era a parte
central é máis importante e nela
situá base a mesquita, os baños públicos
coas súas salas de auga quente e fría, As
alfóndegas ou grandes almacén onde se
gardaban as mercadorías. A alcazaba
era o recinto fortificado situado na parte
elevada da cidade. Os arra baldes
estab a na parte exterior da cidade.

Economía. A agricultura foi a principal actividade económica. Achegaron novos cultivos como a cana de azucre,
cítricos, algodón, azafrán, arroz, etc. Introduciron tamén a rotación de cultivos e fixeron grandes melloras nos
sistemas de rega, coa construción de embalses, canles, pozos e noras. Na artesanía elaboraron tecidos de seda,
algodón e liño, alfombras, cerámica, etc. O comercio foi tamén importante en ouro, marfil e outros produtos
de luxo.

A SOCIEDADE MUSULMÁ
 Aristocracia: era un grupo reducido de persoas de orixe árabe. Posuían
grandes propiedades e ocupaban altos cargos.
 Masa popular: Formada por campesiños, artesáns e comerciantes.
 Escravos: normalmente prisioneiros de guerra.
No Al-andalus os cristiáns que se converteron ao islam chamáronse muladís e
os que se mantiveron na súa relixión recibiron o nome de mozárabes. Existía
tamén un bo número de xudeus que mantiveron a súa relixión

Achegas culturais e científicas dos musulmáns.

Difundiron por Occidente a cultura clásica grega. Tamén inventos como


a pólvora, o papel, o compás e o astrolabio. No campo das ciencias
destacaron na álxebra, medicina e química. No campo das humanidades
a súa achega centrouse na filosofía, historia e literatura.
Arco lobulado

Trazos básicos da arquitectura islámica:


Empregaba materiais pobres, principalmente ladrillo, xeso e madeira e como soporte columnas e piares con
arcos de ferradura e lobulados. Os edificios principais foron os palacios e mesquitas (lugar de oración). Estas
últimas adoitan ter unha planta cadrada con dúas partes claramente diferenciadas: o patio e a sala de oración.
O patio é un espazo aberto rodeado dun pórtico. Nun dos seus lados sitúase unha torre chamada minarete o
alminar. A sala de oración é un espazo cuberto. Un dos seus muros, a quibla, oriéntase cara á Meca. No
centro da quibla ábrese o minrab, un nicho que alberga o Corán.
Na ornamentación da arquitectura islámica, as normas da relixión islámica non permitían a representación da
figura humana e animal, polo que a decoración tivo un carácter xeométrico, vexetal ou caligráfico

Ataurique: formas vexetais Lacería: figuras xeométricas Epigrafía: parágrafos do Corán


estilizadas entrelazadas en letra caligráfica

Arte islámica no Al-Ándalus.


Na arquitectura andalusí, que emprega arcos de ferradura e unha rica decoración interior, destacan:
 Mesquita de Córdoba. Iniciada por Abderramán I en 785, foi ampliada por outros califas e Almanzor.
Nela sobresae a sala de oración coa superposición de arcos de medio punto sobre os de ferradura para
darlle altura. A maxura dispón dunha bóveda califal con nervios que nunca se cruzan no centro. O mihrab
está decorado con mosaicos e placas de mármore.
 Palacio de Medina Azahara formaba parte dunha cidade –palacio. Foi construído por Abderramán III..

Mesquita de Córdoba.

Medina Azahara.

You might also like