Guión para o Comentario de Varios Textos Históricos

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

Departamento de Xeografía e Historia IES San Rosendo de Mondoñedo

COMPOSICIÓN SOBRE TEXTOS HISTÓRICOS

RECORDA OS PASOS QUE DEBES DAR ANTES DE REDACTAR A COMPOSICIÓN:

1-. LECTURA DOS DOCUMENTOS

 Lectura atenta dos documentos: busca no diccionario as palabras que non


coñezas ou non comprendas ben.

 Anota ó lado de cada documento os asuntos que consideres importantes, que


debes explicar na composición ou aqueles cos que debes relacionalos. Estas ideas
debes ordenalas nun esquema antes de redactar (ten en conta que algúns asuntos
poden tocarse en diferentes textos)

2-. ORGANIZACIÓN

 Define cunha frase o tema ou asunto principal da composición.

 Elabora un esquema do que vas a expoñer: debe recoller os asuntos que


anotaches nos textos durante a lectura.

 Ordena os diferentes apartados que vas a desenvolver durante a exposición.


Podes seguir a orde dos documentos (é o mais habitual nun principio) ou modificala.

3.- REDACCIÓN:

 Introducción (breve): Indica os principais asuntos que vas a tratar na


composición e define o seu marco temporal (Procura non copiar a introducción
aportada polo profesor)

 Desenvolvemento da composición con referencia aos documentos. Ten que


facerse referencia a:

o Contexto histórico e contidos aos que se refiren os textos.

o Debe tratarse de aludir a causas, características dos feitos e ideas


expostas e as súas consecuencias.

o Na exposición deben introducirse algunas citas textuais ou alusións


aos textos do comentario para explicar ou poner exemplos do tema
que se está a desenvolver.

o A relación entre os textos propostos deberá ser establecida


mediante a redacción e as referencias ao contexto histórico.

 Conclusións a modo de resume e apuntando ás consecuencias históricas a longo


prazo.

Técnicas de traballo

You might also like