Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

“O neno salvaxe” - Lucía Rabuñal Vázquez

1. Describe algunhas características do neno salvaxe de Aveyron ao comezo. Que é o que


caracteriza ao neno cando o atopan? Había algunha cousa que che chamase a atención e
que ti pensaras que era biolóxico pero que logo resulta ser aprendido? Argumenta a túa
resposta

Ao comezo da pelicula, o neno non era capaz de comprender ao resto de persoas. Ademais, en
lugar de andar erguido, andaba a catro patas, semellando a outros animais do bosque.
Físicamente atopabase sucio e co pelo longo, debido á falta de hixiene que tiña no monte.
Ademais non tiña roupa, andaba desnudo.

Por outro lado, en canto aos seus comportamentos, non era capaz de articular palabra. A súa
forma de defenderse ou pronunciarse ante as persoas que se acercaban era mediante gruñidos
ou mordendoas.

Non hai nada que me chamase a atención e pensase que era algo biolóxico, xa que as
características que presentaba a crianza dende un principio eran claramente froito de un estado
de salvaxismo que lle impideu pode desenvolver aquelas conductas aprendidas que derivan da
socialización con outros humanos. Como pode ser por exemplo a fala, andar sobre os dous pés,
como comportarse con outras persoas...

2- A película mostra un fenómeno que ven aparecendo dende a mitoloxía clásica e o


folklore ata os estudos sobre a socialización e enculturación. Fai unha pequena
investigación sobre os "Feral children" ou "nenxs salvaxes" e explica por que é tan
importante o seu estudo na nosa materia e ilustra a túa explicación cun exemplo ou caso
concreto.

En esta materia, os estudos sobre os nenos e nenas salvaxes son de relevancia xa que nos
poden axudar a ilustrar e a poñer de manifesto a importancia que ten no desenvolvemento das
crianzas a socialización co resto de persoas.

Tal e como vemos no filme, os nenos e nenas precisan duns estimulos sociais e da relación cos
demais para poder desenvolver habilidades como a fala, andar e incluso adquirir normas de
convivencia e de comportamento. É importante ter en conta isto tamén á hora de realizar o traballo
de docencia, xa que si somos concientes de que o ambiente social no que se desenvolve a
crianza é relevante, podremos entender mellor certos compotamentos e tamén entender mellor a
súa evolución. O ambiente social das crianzas pode favorecer ou truncar o desenvolvemento das
crianzas.

Un dos casos moi soados en Galicia é o de Marcos, o neno que creceu con lobos en Sierra
Morena. Como explicou el en varias entrevistas, os lobos pasaron a ser parte da sua familia e,
ainda que agora vive coas persoas en Galicia, nunca chegou a acostumbrarse á vida en
sociedade. Tamén puxo de manifesto as dificultades que atopou no momento de aprender a falar.
Este caso, ao igual que outros similares, pon de manifesto a importacia que ten o ambiente no que
se desenvolven as crianzas para o seu desenvolvemento.

3.- A película baseada en feitos reais mostra a importancia da socialización e as


consecuencias da súa ausencia. Busca unha definición de socialización nunha fonte
académica (nun artigo, capítulo ou libro) e cita correctamente en formato APA 7ª
identificando a obra e autoría desta definición (non vale wikipedia nin outras fontes non
académicas).

“La socializacion es el proceso de aprendizaje de conformidad con las normas, habitos y costum-
bres del grupo. Es la capacidad de conducirse de acuerdo con las expectativas sociales.” (Marta
C.Lozano , Socialización, 1988, p.8)

4.- Que fases ou etapas hai no proceso de socialización? Describe as características e


axentes principais que participan en cada unha destas fases (baseándote en fontes
académicas e citando correctamente en formato APA 7ª).

O proceso de socialización consta de 2 fases. Socialización primaria e socialización secundaria.

Na socialización primaria: É a que se da nos primeiros anos de vida. Os axentes de socialización


son, a familia, o grupo de iguais e a escola. En esta etapa, a influencia dos axentes de
socialización na formación da personalidade da crianza é decisiva e importante. É na socialización
primaria na que se interiorizan as normas fundamentales para a vida en sociedade. En esta etapa
a criaza é un suxeito pasivo, que vai aprendendo os roles que debe asumir en cada momento.

Na socialización secundaria: A crianza ten formados os aspectos básicos da súa personalidade.


Nesta socialización non é necesario que o individuo se identifique cos outro axentes de
socialización, pode interiorizar normas sin necesidade de identificarse en elas. En esta etapa
entran en xogo moitos axentes de socialización, pero que exercen menor influencia que na etapa
anterior. O proceso de socialización secundaria implica a interiorización de uns “submundos”
institucionales.

Cabe destacar tamén unha terceira etapa da que falan algúns autores. Esta tratase dunha
resocialización, na que o individuo debe reaprender conductas, debido a que manifestaron
anteriormente conductas antisociais ou incluso delictivas. Nesta etapa polo tanto, os axentes
socializadores serían os encargados de reeducar aos individuos, educadores, psiquiatras no caso
de que sexa necesario, profesores...

( Antonio Álarcón, Estilos parentales de socialización y ajuste psicosocial de los adolescentes: un


análisis de las influencias contextuales en el proceso de socialización, 2012, p.66-68)

5.- Compara a relación de Víctor co Dr. Itard e con Mme. Guerín en relación a estas fases do
proceso de socialización. De que tipo de socialización se encarga cada un? Describe e
analiza tendo en conta as anteriores definicións, etapas e axentes.
A relación do Dr. Itard con Victor podemola encadrar mais nunha socialización terciaria, xa que
este asume o rol de educador para correxir conductas en Victor. Ao Victor criarse nun entorno
salvaxe, non só debe aprender novas conductas, se non que debe “desaprender” aquelas que
adoptara debido á sua situación de salvaxismo. Este proceso de reconducción de conductas fai
que nos atopemos na socialización terciaria e non na primaria.

En canto a Mme. Guerín poderiamos encadrala nunha socialización primaria en certos aspectos,
xa que moitas veces actua con o axente socializador de “familia”. Por outra parte non podemos
decir que sexa socialización secundaria, xa que para que fose de esa maneira, previame o
individuo, neste caso Victor, tería que ter formados e aprendidas certas caracteristicas da sua
personalidade e certas normas sociais. Das cales carece por estar anteriormente vivindo sen
socializar co resto de persoas.

6.- A película é unha homenaxe á Jean-Jacques Rousseau, xa que destaca o paso do


estado de “natureza” ou "salvaxismo" ao desenvolvemento moral ou "cultura", no marco
da filosofía da época. Como proba o Dr. Itard a moralidade do neno? Explica a escena e
analiza por que ese desenvolvemento moral é importante nas distintas fases do proceso de
socialización.

Para comprobar a moralidade de Victor, o doctor decide impoñen un castigo, neste caso metelo
dentro de unha especie de armario, para unha acción que non é incorrecta. Ao neno reaccionar de
mala maneira, da entender que é consciente de que o castigo está imposto dunha maneira inxusta
e que entende o que está ben e o que está mal, ademais de entender o que é xusto e inxusto.

Ao reaccionar de esa maneira está demostrando que hai certas normas sociais que xa ten
aprendidas e que ademais xa asumeu o que é considerado bo/malo e xusto/inxusto na sociedade
e non ambito no que se encontra. Significa que xa vai adaptandose á sociedade e adoptando
valores de esta.

7. Cres que o neno pode ter algunha enfermidade mental ou trastorno neurobiolóxico
(como opina o Dr. Pinel) ou é todo froito da ausencia de socialización (como opina o Dr.
Itard). Argumenta a favor e en contra das dúas posturas e apoiándote en bibliografía.

Dende o meu punto de vista, o comportamento que presenta a crianza é froito dunha ausencia de
socialización, xa que pouco a pouco na pelicula imos vendo como hai certas actitudes que se van
moldeando coa terapia do Dr.Itard. É a ausencia de socialización a que fai que o neno non sepa
comportarse, nin falar. A socialización é o que fai que as persoas poidamos adoptar certos
comportamentos e aprender certas aptitudes, polo tando a falta de socialización deribaría en este
caso en un retraso no desenvolvemento da fala, en non poder camiñar como o resto de persoas,,,
Por outra parte, é comprensible que nun principio o Dr. Pinel puidera pesar que o neno tiña algún
problema neurobiolóxico xa que non respondía a algúns estimulos como os ruídos fortes, de ahí
que pensara que era xordo. Sen embargo, esta teoría puido ser descartada cando a crianza
atende e mosa signos de que se fixa nas palabras que conteñen a “o”.

You might also like