ESTUDO - Posesivos e Indefinidos 1º ESO

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 4

Colexio Marista Santa María – Ourense

LGL-1º ESO- 3ª avaliación


Os posesivos e os indefinidos

Os posesivos

Cando falamos dos posesivos estamos a facer referencia directamente a


posuír. Como xa viches noutros cursos, estas palabras amosan unha relación
familiar de pertenza ou de posesión de algo ou alguén (o posuído/a) a respecto
dunha das tres persoas gramaticais (posuidor). Non semella complicado, non
si? Imos ver se somos quen de recoñecelos...

POSESIVOS

Número Persoa Singular (un só Plural (varios obxectos


obxecto posuído) posuídos)

Masculino Feminino Masculino Feminino

(un/unha 1ª Meu Miña Meus Miñas


posuidor/a)

2ª Teu Túa Teus Túas

3ª Seu Súa Seus Súas

(varios/as 1ª Noso Nosa Nosos Nosas


posuidores/as)

2ª Voso Vosa Vosos Vosas

3ª Seu Súa Seus Súas

Colexio Marista Santa María – Ourense


LGL-1º ESO- 3ª avaliación
Os posesivos e os indefinidos

1.3.1 Malia que estamos a falar de determinantes, palabras que


acompañan ó substantivo, os posesivos poden substituír ó
substantivo ó que acompañan, converténdose en pronomes.

Os TEUS AMIGOS van de excursión. Os TEUS van de excursión

1.3.2 Alén disto, cómpre saber que o posesivo vai normalmente


precedido do artigo definido (o meu gato, a miña compañeira), aínda
que existen excepcións cos nomes de parentesco.
Podo dicir hoxe veu a miña irmá pero tamén é correcto dicir hoxe veu miña irmá.

1.3.3 Usos especiais dos posesivos

Existen unhas construcións cuns posesivos determinados que adquiren uns


significados especiais: de meu, de teu, de seu, de noso, de voso de seu.

a) Poden significar propiedade exclusiva: temos casa de noso (indica que a


conseguimos co noso propio esforzo e que unicamente nos pertence a
nós).
b) Natureza propia: Olga é lista de seu (indica que Olga é intelixente de por
si mesma, é unha calidade que posúe).
c) Algo que acontece por si mesmo: a folla cae de seu (sen a axuda de
ninguén a folla cae por si mesma).

A maiores contamos cunhas formas que resultan da combinación do


distributivo cada+súa= cadanseu/s, cadansúa/s.

a) Estas formas teñen un valor distributivo, é dicir, distribúen


equitativamente igual número de obxectos entre varios posuidores:

-Cada un dos meus curmáns ten un móbil = os meus curmáns teñen


cadanseu móbil (cada un o seu).

Colexio Marista Santa María – Ourense


LGL-1º ESO- 3ª avaliación
Os posesivos e os indefinidos

- Alba e Bea mercaron dous xerseis cada unha = Alba e Bea mercaron
cadanseus xerseis (cada unha os seus).

Os indefinidos (cuantificadores e identificadores)

Cando falamos dos indefinidos estamos a nos referir a un tipo de palabras que
expresa unha cantidade indeterminada sen precisala numericamente
(cuantificadores), ou ben sinala o ser de que se trata. Tamén pode establecer
unha relación de igualdade ou diferenza a respecto dos seres da mesma clase
(identificadores).

Os indefinidos teñen algo en común cos posesivos, e é que, malia que


estamos a falar dos determinantes, estas palabras poden aparecer tamén
substituíndo ó substantivo ó que acompañan cando son determinantes. É
dicir, poden aparecer como pronomes.

Bastantes NENOS foron á excursión. Bastantes foron á excursión.

Por se non te lembras… Aquí temos os nosos indefinidos

Colexio Marista Santa María – Ourense


LGL-1º ESO- 3ª avaliación
Os posesivos e os indefinidos
3

You might also like