Intro. A Platón

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

INTRODUCCIÓN A PLATÓN

Platón é un pensador da Filosofía Antiga. Aínda que pertenza á Grecia Clásica, non crea a súa
filosofía durante a época dourada, senon durante a crise que abre a Guerra do Peloponeso, e
que porá fin á hexemonía ateniense e causará o decaemento xeral das polis.

O noso autor nace no -427 en Atenas, nunha familia da alta aristocracia. Inclinábase á política,
mais decepciónase axiña e apártase desa actividade. A represión do rexime dos Trinta Tiranos, e
a inxusta condena de Sócrates durante a democracia restituida, son proba de sucesivos malos
gobernos. Por iso, tanto a orixe como a fin do seu pensamento manifesta o interese por
fundamentar filosóficamente o Estado xusto.

Continuando as ensinanzas do seu mestre, Platón detecta a influencia disolvente dos sofistas, e
acúsaos de erosionar os valores tradicionais, debido ao convencionalismo e relativismo que
defendían. Combatiraos, pois igual ca Sócrates, el si ten confianza nun coñecemento obxectivo.
A súa Teoría das Ideas será a antítese dese relativismo.

Contacta directamente cos Pitagóricos na súa primeira viaxe. As ideas destes influiranlle moito,
levándoo a superar os marcos socráticos. De volta de Siracusa funda a Academia, a primeira
institución superior de ensino e un dos máis grandes centros de saber da Antigüidade. A Sicilia
volverá máis veces, sempre con obxectivos políticos que fracasan. Do periodo cosmolóxico
cabería sinalar tamén a influencia de Parménides e a de Heráclito, recollidas na súa Teoría das
Ideas Separadas.

Case toda a obra de Platón está escrita en forma de diálogo. O personaxe central adoita ser
Sócrates. O seu pensamento evoluciona desde os ensinos socráticos do Período de Xuventude
(Apoloxía de Sócrates, Critón, Protágoras...) emancipándose progresivamente no Período de
Transición (Menón...), ata que consolida un pensamento propio no Período de Madurez, que
contén as súas principais doutrinas (Banquete, Fedón, Repúblíca, Fedro), e que logo revisará no
Período de Vellez ou crítico (Leis, Parménídes, Tímeo...)

You might also like