Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

Exercicio 5

Na seguinte práctica traballarase con operacións sinxelas de cálculo, como aliñar datos
nas columnas, poñer fondos e bordos ás celas e sumar filas ou columnas.
1. Abre un libro novo e gárdao co nome Práctica 5. Selecciona o rango B1:G1 e
pulsa no botón da barra de ferramentas Formato, Combinar celas.
2. Selecciona o rango B3:G6 e entra en Formato/Celas, elixe Moeda e
3. Acepta. Agora, cando escribas as cantidades, non tes que escribir o símbolo do
€, aparece automaticamente.
4. Copia todos os datos da táboa, excepto a fila e a columna dos Totais. O título da
táboa e o rango B2:G2 están centrados, selecciónaos e pulsa o botón Aliñar
centro horizontal da barra de ferramentas Formato.
5. Sitúate na cela B6 e pulsa sobre o botón Suma ∑ da barra de fórmulas, pulsa
Enter e aparece a columna sumada. Para as demais celas de totais podes arrastrar
o autorelleno; procede de igual forma para calcular os totais da columna G.
6. En Formato/Celas aparece unha xanela con varias pestanas, onde atoparás todo o
necesario para aplicar bordos á táboa, cor de fonte, cor de fondo, aliñación, etc.
7. Selecciona o rango B1:G1 entra en Formato/Celas, pestana Fondo, selecciona o
Azul 6 e acepta.
8. Aplica a cor de fondo a todas as que están coloreadas.
9. A cela G6 está en negrita e cor de fonte vermello, tamén están en negrita todas
as demais celas excepto as que conteñen cantidades.
10. Elimina as follas sobrantes e non esquezas gardar os cambios.

O resultado do teu exercicio debe ser similar ao da imaxe seguinte:

You might also like