Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

Actividades de repaso (I).

AS REVOLUCIÓNS INDUSTRIAIS

1. Define os seguintes conceptos:

 Revolución industrial: Conxunto de cambios económicos e sociais derivados da incorporación das máquinas nos
procesos produtivos. Acompañouse de importantes cambios na poboación, agricultura e transportes. Iniciouse en
Gran Bretaña e despois estendeuse por outros países coa segunda fase da revolución industrial.

 Norfolk System: Tamén coñecido como sistema cuadrienal de cultivos, foi un sistema de cultivo no que se
explotaba a totalidade do terreo sen deixar nada en barbeito grazas ao emprego de plantas forraxeiras
(trevo) e/ou de raíz (nabos). Isto permitía recuperar a fertilidade do solo e dispoñer de alimento para o gando.

 Lei da oferta e da demanda: Segundo o liberalismo económico, é o principio polo que se regulan os prezos e os
salarios. Unha grande oferta e unha baixa demanda provocará unha baixada dos prezos, mentres que no caso
contrario, os prezos subirán.

 Sociedade de clases: organización social xurdida ao calor da Revolución industrial que se baseaba na igualdade
xurídica pero na que seguían existindo importantes desigualdades sociais e económicas. Esta desigualdade
permitirá a aparición de tres clases (altas, medias e baixas) diferenciadas polo seu diferente poder económico
e dando por rematada a sociedade estamental.

 Proletariado: era o conxunto de traballadores asalariados que non dispoñían de propiedades máis alá da súa
forza de traballo. Estaba formado fundamentalmente polos obreiros das fábricas pero tamén por outros grupos
como os traballadores asalariados dos obradoiros, traballadores do domestic system ou o servizo doméstico.
Todos eles compartían unhas condicións de vida e laborais moi precarias.

 Ludismo: primeira manifestación espontánea do movemento obreiro que consistiu na destrución de máquinas
polos obreiros pois consideraban que eran as culpables das súas malas condicións laborais. O seu nome ten a
súa orixe nun personaxe ficticio chamado Ned Ludd cuxa sinatura aparecía nos pasquíns e reivindicacións deste
movemento.

 Cartismo: manifestación organizada do movemento obreiro e con fins laborais e políticos que mobilizou a boa
parte do mundo obreiro británico entre 1838 e 1848. Recibe o seu nome pola Carta do Pobo presentada ao
Parlamento de Londres en 1838.

 Internacionais obreiras: Foron asociacións xurdidas no seo do movemento obreiro e que naceron para unir a
traballadores e organizacións obreiras na loita por mellorar as súas condicións e alcanzar a revolución
internacional. A Primeira (AIT) xurdiu no ano 1864 e a segunda internacional no ano (1889).

3. Data os seguintes acontecementos históricos

 Construción da locomotora por Stephenson 1814


 Patente da máquina de vapor por J. Watt 1769
 Primeira Internacional 1864
 Primeira liña comercial de barcos de vapor 1807
 Primeira liña ferroviaria Liverpool-Manchester 1830
 Primeira Revolución Industrial 1750-1870
 Publicación do Manifesto Comunista 1848
 Segunda Internacional 1889

 Segunda Revolución Industrial 1870-1914

 DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA  XEOGRAFÍA E HISTORIA 4º ESO   Prof. Iago Fernández

You might also like