Comentario Santa Marc3ada Do Naranco 2017

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

Santa María do Naranco

DATOS TÉCNICOS DA OBRA

AUTOR: descoñecido.

CRONOLOXÍA: reinado de Ramiro I (século IX)

LOCALIZACIÓN: preto de Oviedo (Asturias)

ESTILO: Arquitectura asturiana prerrománica

CONTEXTO CULTURAL E ARTÍSTICO:

Coa invasión musulmana do 711, desapareceu a


monarquía visigoda. No norte da península xurdiron
diferentes núcleos de resistencia cristiáns que levarían a
cabo a chamada “reconquista”. O máis importante dese
núcleos de resistencia foi o reino de Asturias.
A arte asturiana desenvolveuse entre os séculos VIII e
IX. Recibiu influencias romanas, visigodas, musulmanas e
carolinxias. Na arte asturiana advírtese a influencia clásica,
pero cuns criterios moi distintos ós do mundo
grecorromano, dando lugar a unha das expresións artísticas
prerrománicas máis fermosas e sorprendentes. A
arquitectura asturiana adapta as formas romanas dun xeito
máis libre e peculiar. A arquitectura foi a manifestación artística máis importante, sendo as súas características
xerais:
 Levantáronse, sobre todo, edificacións relixiosas, edificios ben proporcionados e cunha variedade de
soportes.
 Utilízase o sillarexo, con pedras ou bloques de diferentes tamaño. As esquinas dos edificios refórzanse con
sillares de bloques ben cortados, reservándose tamén estes sillares para face-los arcos, ainda que tamén se
facían arcos de ladrillos.
 No exterior das construccións colócanse contrafortes de pequeño tamaño. Tratábase de edificios de muros
grosos e con escasos vans, construccións de pequenas dimensións e sen un dominio total das proporcións.
 Emprégase a planta basilical, de tres naves separadas por pilares, cun amplo cruceiro e con tres capelas
rectangulares na cabeceira que quedaba separada do resto da igrexa mediante un pechamento.
 Encima da capela maior dispoñíase a cámara do tesouro, á que só se podía acceder dende o exterior.
 As cubertas consistían no interior en bóvedas de canón reforzadas por arcos faixóns; e no exterior teitumes
planas e con teitos a dúas augas.
 Utilízase o arco de medio punto peraltado; preferíase o pilar á columna, con capiteis corintios ou tronco
piramidais.
 Por último, o interior das igrexas prerrománicas asturianas estaba decorado con relevos “sogueados” ( en
forma de corda) e con pinturas.
Igrexas destacadas foron as San Julián de Los Prados, Santa Pola de Lena, San Miguel de Lillo ou, a obra
presente que imos comentar, Santa María do Naranco.

ANÁLISE FORMAL DA OBRA:

Preto de Oviedo, no Naranco, o rei Ramiro I construiu un conxunto palatino formado por
varias dependências (salón do trono , sala de baños e unha capela).
Ao parecer, Santa María do naranco foi, nun principio, aula rexia (sala de reunións do
monarca), aínda que carece de ábsida onde estaria situado o trono do rei.

De todos xeitos, moi pronto foi reconvertida en igrexa baixo a advocación de Santa María.
Trátase dun edifício rectangular de duas prantas cubertas con bóveda de canón e arcos
faixóns que se apoian sobre ménsulas (saíntes do muro cunha función sustentante).
Os arcos faixóns correspóndense no exterior cunha serie de contrafortes, que acentúan a
verticalidade do edificio, e que soportan o peso da bóveda (tal como será habitual no
Románico).

Na planta inferior aprécianse as fiestras da sala do baño.

Ao nível superior accédese por unhas escaleiras


exteriores situadas no lateral.

Nos muros emprégase o sillarexo reforzado por sillares nas esquinas.

É importante recordar que na arquitectura asturiana o exterior adquire unha gran


importancia, xa que non se reduce a unha simple masa. Isto evidénciase, sobre
todo, nos lados menores do rectángulo, onde vemos en altura tres grupos de arcos
peraltados. En realidade, a tripla arcada superior é puramente estética, xa que o
edificio só ten dous pisos ou andares.

No interior, no espazo central, atopamos adosadas aos muros arquerías cegas (tapiadas
ou sen van) sobre feixes de columnas.
Nos espazos laterais, as arcadas aparecen totalmente abertas ao exterior, a xeito de
mirador.

Como prolongación dos arcos faixóns cara as columnas hai relevos en forma de
rectángulos e medallóns con
decoración de corda (decoración
sogueada), o mesmo que nos
capitéis e nas columnas.
CONCLUSIÓN:

Ata a chegada do Románico, Santa María do Naranco foi o único edificio que presenta unha estrutura
abovedada tan estudada e harmónica. O sistema de concentración de pesos en puntos e de contrarresto de
empuxes (contrafortes), antecede e anticipa a arquitectura do Románico pleno nun século e medio, e fai do
período ramirense (xunto a San Miguel de Lillo e Santa Pola de Lena), unha paréntese de esplendor no
tosco mundo dos reinos cristiáns hispánicos da época.

You might also like