Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

Santa Comba de Bande

DATOS TÉCNICOS DA OBRA

AUTOR: descoñecido

CRONOLOXÍA: segunda metade do século VII

LOCALIZACIÓN: concello de Bande (Ourense, Galicia)

ESTILO: arquitectura visigótica (Arquitectura visigoda)

CONTEXTO CULTURAL E ARTÍSTICO:

Fronte Trala caída do Imperio Romano de Occidente no 476, Europa atravesa un período artísticamente
complexo: é a Alta Idade Media, unha etapa na que o Cristianismo triunfa e na arte mestúranse elementos
grecorromanos, xermánicos e orientais. Neste período aparecen dous elementos que distinguen a nova arte
da arte clásica: a aportación dos pobos xermánicos e o peso incuestionable que vai a ter a Igrexa.
Desaparecida a unidade política do Imperio Romano xurden reinos particulares e independentes en
varios países, como o reino visigodo na Península Ibérica. Nestes reinos bárbaros ou xermánicos recollen
tradicións artísticas e constructivas dos romanos, pero cun nivel técnico ás veces deficiente, simplificando e
esquematizando moitos elementos artísticos debido á precariedade económica e introducindo elementos
autóctonos.
A arte europea coñece diferentes estilos ata que no s. XI nazca un estilo internacional e común a toda
Europa, o Románico. Por iso a época artística entre os ss. V e XI é coñecida xeralmente co nome de
PRERROMÁNICO, un caixón de xastre no que metemos as diferentes manifestacións que se producen entre
a caída do Imperio Romano e a difusión do Románico, interesándonos especialmente o caso da península
ibérica.
Dentro da arte prerrománica inclúense distintos estilos (arte dos pobos xermánicos: ostrogodos, lombardos,
merovinxios, visigodos, anglosaxóns; a arte carolinxia; a arte otoniana; a arte vikinga; a arte asturiana....).

Os visigodos foron o pobo xermánico máis importante dos que invadiron a Península Ibérica (Suevos,
Alanos, Vándalos). O seu dominio extendeuse dende o s.V ata a invasión árabe do 711. Tratábase dun pobo
cunha cultura superior á doutros pobos xermánicos, xa que estaba máis romanizado que outras tribos.
Da arte visigoda o aspecto máis importante está representado na arquitectura:

Os visigodos utilizaron muros de sillería, con bloques moi ben tallados. Son edificios feitos “a óso”, sen
argamasa, con muros anchos, sendo a pedra o material máis frecuente.
Na arquitectura visigoda abundan sobre todo os edificios relixiosos, igrexas de pequenas dimensións, de
planta basilical ou cruciforme, cun pórtico na entrada, cubertas con bóvedas de medio canón, de arestas ou
con pequenas cúpulas, e con escasos vans.
As igrexas visigodas tiñan cabeceiras rectas no exterior, estando aquelas compartimentadas no interior.
Os interiores estaban ricamente decorados con teas, pinturas, relevos, orfebrería e capiteis corintios e
bizantinos.
Un elemento artístico visigodo moi importante e característico é o arco de ferradura, de orixe oriental, con
dovelas ben talladas e que será posteriormente adoptado e empregado pola arte musulmana.
A arquitectura visigoda influirá no Prerrománico asturiano.
En canto ás igrexas visigodas máis importantes temos as de San Xoán de Baños (Palencia); Quintanilla das
Viñas; San Pedro de La Nave (Zamora), ou a presente obra, Santa Comba de Bande, en Ourense.

ANÁLISE FORMAL DA OBRA:

Un caso moi interesante é o de Santa Comba de Bande (Ourense),


de planta de cruz grega, cunha bóveda de arestas no cruceiro.
Os expertos sitúan a construcción de Santa Comba de Bande no
último cuarto do s. VII d.d.C (trala incorporación do reino suevo
de Galicia á monarquía visigoda). Durante o reinado de Afonso III (s. IX), procedeuse á súa
reconstrucción ao repoboarse a zona. Sufriu numerosas restauracións posteriores, atopándose na
actualidade nun bo estado de conservación.

Trátase dunha igrexa de pranta de cruz grega e perímetro rectangular. Da


cabeceira sobresae a capela maior, e aos pés, o pórtico. A ámbolos dous lados do pórtico, unha serie
de estancias comunicadas con aquel, co transepto e coa nave. . O pórtico orixinal (que sería como o
de San Xoán de Baños), substituise polo actual, de tellado plano e cunha espadaña engadida no s. XIX.
Na planta apréciase a cruz grega inscrita nun cadrado. Sería, polo tanto, a primeira igrexa
cruciforme da arquitectura visigoda.

Tanto en pranta como en alzado, conxuga a cruz grega, inscrita nun cadrado, cuxo punto central
elévase mediante o ciborio. Os volumes do templo escalónanse, do máis alto ao máis baixo, do ciborio
á capela maior.

Segundo os estudos recientes, as bóvedas e a decoración escultórica pertencen á época visigoda,


mentres que os muros foron alterados en distintas épocas.

Os muros están construídos en aparello de grandes sillares ben labrados en ringleiras horizontais, dando gran solidez
ao edificio.

O interior da igrexa amosa unha gran sinxeleza, reflictindo o espírito da arquitectura


visigoda da época.

As naves cúbrense con bóvedas de medio canón, empregando ladrillo de tipo romano.
As bóvedas rematan no cadrado central en arcos de ferradura visigodos. Ditos arcos
(que rematan directamente nos muros sobre repisas decoradas), xúntanse de a dous en
cada esquina (só dous deles son, polo tanto, completos). Por enriba dos arcos, arranca o CIBORIO (construcción situada
na zona de cruce das naves ou cruceiro, de forma cadrada o rectangular que encerra no seu interior unha bóveda). Dito
ciborio cúbrese cunha bóveda de aresta, inspirada no Mausoleo de Gala Placidia (cuxa bóveda está tamén feita de
ladrillos de tipo romano e arranca igualmente a partir de semicircunferencias nos muros)
Temos así, polo tanto,unha zona central onde se dispón a bóveda
de arestas levantada sobre o ciborio que se apoia nos catro arcos
de ferradura. Deste corpo central arrancan os catro tramos de
naves (a oriental ábrese á capela maior mediante un arco de
ferradura apoiado en columnas pareadas.

A ábsida cúbrese cunha bóveda semicircular, e está separado do


resto da igrexa por un arco toral en forma de ferradura sen
clave, apoiándose sobre columnas paralelas aos muros. Enriba
da bóveda da ábsida existiría unha pequena cámara, de uso
incierto, e só accesible dende o exterior (este detalle atoparémolo posteriormente,
na arquitectura asturiana). No exterior, a cabeceira da capela é cadrada.

A planta complétase con catro estancias (unha a cada lado do ciborio), e outras
dúas aos lado do pórtico. Ao parecer, as dúas portas pequenas dos muros
occidentais serían para que o clero e os fieis accederán por distintas entradas ao
interior do templo.

En canto a outros elementos arquitectónicos do interior, mencionar que as


columnas son de tipo romano, con capiteis corintios “dexenerados” e fustes de
mármore (posiblemente reutilizados de obras romanas)

CONCLUSIÓN:
En suma, unha pequena igrexa, levantada en sillería de pedra, e que a pesar das modificacións e alteracións posteriores (a
espadaña e o pórtico), é un exemplo interesante da arquitectura visigoda.

You might also like