A ARTE GÓTICA Tema 6 24

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 22

TEMA 6. A ARTE GÓTICA.

Historia da Arte 2º bacharelato


INTRODUCIÓN
O estilo gótico, constitúe a expresión artística da evolución política, económica e cultural de
Europa na Baixa Idade Media. Esténdese dende mediados do século XII ata os séculos XV ou
XVI, segundo o arraigo do propio gótico en cada rexión e a facilidade coa que entran as formas
renacentistas (en España o gótico prolóngase ata o século XVI, pero en Italia o primeiro
Renacemento é do século XIV)
Tradicionalmente dise que a arte gótica naceu en torno a 1140 na Illa de Francia cando uns
construtores substituíron os arcos de medio punto e as bóvedas de canón por arcos oxivais e
bóvedas de cruzaría. Non obstante a arte gótica supuxo moito mais que un cambio no sistema
construtivo, supón a expresión dunha nova concepción do mundo e de entender as relacións
do home coa divindade.
A partir do século XIII hai un cambio na Europa medieval. O perfeccionamento das técnicas
agrícolas e os novos sistemas comerciais fan prosperar a economía e hai un aumento
demográfico. O auxe do comercio impulsa ás cidades, e aparece unha nova clase social
vinculada ao comercio, a burguesía. A burguesía adquire cada día un papel máis destacado
grazas a súa actividade económica, que lle permiten acadar un poder económico nalgúns casos
equiparable ao da nobreza e o clero.
O auxe das cidades favorece a aparición das ordes mendicantes como os franciscanos e os
dominicos.
A pesares do importante papel das ordes monásticas na vida medieval, a medida que a
sociedade feudal entra en crise a cultura deixa de ser patrimonio dos monxes e,sen apartarse da
tutela relixiosa, foi adquirindo un progresivo carácter laico. O desenvolvemento das
universidades fai que a vida cultural saia dos mosteiros e que se convertan en reitoras da vida
cultural e espiritual (París, Bolonia, Salamanca). A chegada da paz favorece os intercambios, non
só materiais senón tamén de ideas, o que permite unha maior unidade cultural que se reflexa no
estilo gótico. Pouco a pouco o occidente cristián foi transformando o teocentrismo e
transcendentalismo románico nun incipiente humanismo desexoso de volver os ollos a realidade,
á natureza e a vida terreal (escolástica).
En xeral a situación social do artista non varía moito respecto do románico. O artista como
calquera outro artesán traballa no marco do gremio. Non se lle esixe orixinalidade creativa senón
perfección técnica e seguen sendo os eclesiásticos os que conciben a iconografía xa que o
artesán non é un intelectual. Salvo algunhas excepcións os artistas son anónimos, pero en
Flandres e en Italia, onde o desenvolvemento urbano vai á cabeza, empezan a destacar algúns
artistas como individuos creadores de arte: Giotto, Cimabue, os irmáns Van Eyck.

1
No século XIX vaise construír o chamado gótico revival ou Neogótico, que será o estilo máis
utilizado nas grandes obras relixiosas en Europa e Norteamérica.

A ARQUITECTURA
A arte gótica, máis que a románica, amósase en todo tipo de edificios no marco da cidade
(concellos, palacios, universidades), non obstante imos a centrarnos no estudo da catedral onde
o estilo gótico amósase de forma mais perfecta.
Fronte ao espazo románico aditivo, creado pola suma de diferentes espazos, o gótico crea un
espazo continuo no que as diferentes partes vanse articulando evitando as transicións bruscas,
permitindo deambular polo edificio de forma moi fácil.
O espazo gótico desenvólvese de forma ascensional. O edificio faise progresivamente máis
elevado e ademais acentúase a verticalidade utilizando elementos decorativos que producen ese
efecto (gabletes, chapiteis, agullas, etc.) e articulando o muro eliminando os elementos
horizontais e acentuando os verticais, que se prolongan ata fundirse cos nervios das bóvedas.
O muro románico separa claramente o interior do exterior do edificio. O cerramento gótico evita
esta diferenciación por ser moi aberto. O muro desmaterialízase, enchéndose de fiestras, de tal
forma que o ambiente exterior entra na catedral, o sistema de arcobotantes e contrafortes crean a
sensación de que o muro foi levado cara o exterior.
O espazo románico é escuro porque a luz é escasa e entra por uns poucos puntos ben
delimitados. O espazo gótico é luminoso; a luz é abundante, difuminada e coloreada.
Simbolicamente asociase coa divindade, inunda e enche todo o espazo, a cor das vidreiras
acentúa o aspecto máxico e transfórmao nun espazo sacro.
A tipoloxía da planta é similar á románica: cruz latina con 3 ou 5 naves lonxitudinais, transepto
que tamén pode ter varias naves, e que pode sobresaír ou non en planta. A cabeceira da catedral
gótica experimenta un extraordinario desenvolvemento quedando totalmente unificada ao corpo
de naves. O deambulatorio complícase as veces con dobre nave e con capelas de disposición
radial, que aumentan de número tanto pola necesidade do culto como pola costume das grandes
familias de ter a súa propia capela na catedral, con carácter funerario.
O emprego de grandes dimensións na nave central soluciónase co uso sistemático do arco
apuntado e a bóveda de cruzaría. A bóveda de cruzaría está dividida en varios nervios que
deixan un ocos entre si, os plementos, estando enmarcada transversalmente polos faixóns e
lonxitudinalmente polos formeiros. Cada un dos nervios queda perfectamente engarzado con
piares da nave central a través de columniñasadosadas ao muro (piares fasciculados). A medida
que evoluciona o estilo da bóveda irase complicando (bóveda sexpartita, bóveda cuatripartita,
bóvedas estreladas...). O sistema de elevación da nave central queda constituído en tres pisos
(arcada, triforio e ventanais). Trátase dunha arquitectura na que cada elemento cumpre unha

2
función técnica, e todos aparecen ordenados respondendo á lóxica da transparencia. A
transmisión das presións das bóvedas cara o exterior a través de arcos de descarga ou
arcobotantes permitirá a progresiva desmaterialización do muro.
A fachada non amosa a estrutura real do edificio, mais ben forma unha pantalla. Pronto adopta a
solución de portada flanqueada por dúas torres. No corpo inferior da fachada presenta tripla
portada abucinada, oxival e con gabletes (moldura triangular que acentúa a ascensionalidade do
arco). O corpo intermedio con rosetón circular central e fiestras, quedando separado do anterior
corpo por unha galería con esculturas. No corpo superior unha galería de arquerías.
Segundo vai evolucionando o estilo téndese a unha barroquización das fachadas aumentando
os elementos decorativos de inspiración vexetal, cada vez mais esveltos, e as torres, antes
cadradas, remátanse con chapiteis e agullas que acentúan a verticalidade.
A catedral considérase un espazo sagrado que simboliza a Xerusalén celeste, e todas as artes
subordínanse a este fin. Pero se o románico é un espazo camiño que dende os pés da igrexa nos
conduce do mundo terreal ao celestial, a igrexa gótica simboliza ela mesma o espazo celeste e o
camiño do terreal ao celestial sería de abaixo cara arriba.
Arquitectura en Francia.
A primeira reacción contra o románico pleno produciuse cando a finais do século XI uns monxes
abandonan a regra beneditina e fundan unha nova orde, a CISTERCIENSE, no mosteiro de
Citeaux, co obxectivo de cumprir rixidamente a regra de San Benito. En poucos anos esta orde
esténdese por toda Europa difundindo as súas ideas. Loitaban contra a ostentación e o luxo e
predicaban unha vida austera, por iso as súas construcións prescinden de toda ornamentación.
Nestes mosteiros iníciase o uso sistemático dos elementos construtivos típicos do gótico: os
arcos oxivais e as bóvedas de cruzaría. (a bóveda de cruzaría aparecera a finais do século XI na
catedral de Durham en Inglaterra)
Non obstante o gótico non foi unha derivación da arte cisterciense, outros monxes, como o
poderoso abade Suger de Saint Denis, contribúen á creación do gótico. Na abadía de Saint Denis
utilízase o novo sistema construtivo, que terá unha enorme influencia no resto das catedrais
europeas. A renovación desta igrexa abacial faise coa intención de levantar unha obra grandiosa
como imaxe da monarquía francesa.
GÓTICO ARCAICO: mediados do século XII-principios do século XIII.
Notre-Dame de París e a catedral de Laon teñen trazos arcaicos tales como o uso da bóveda
sexpartita, o uso de grosas columnas en vez de piares compostos. A arquería é pouco elevada,
os ventanais son pequenos.
Non obstante no caso de Notre-dame de París a catedral foi finalizada cun estilo moito mais
avanzado, de tal maneira que a fachada principal ten un aspecto pouco estilizado, mentres que a

3
fachada do transepto e a cabeceira teñen un aspecto máis recargado, con decoración a base de
pináculos e agullas, ventás maiores, incluído o rosetón, e en xeral un aire máis barroco.
GÓTICO CLÁSICO: O século XIII: as catedrais de Chartres, Reims e Amiens.
Nelas aparecen as solucións definitivas da estética gótica. A bóveda é xa cuatripartita, o que
permite respectar a continuidade entre a bóveda e os piares, que son compostos. A arquería
elévase, aumenta o tamaño das ventás. Na cabeceira e no transepto repítese o esquema da nave
(arquería, triforio e ventás).

Edificio: Catedral de Reims (fachada Occidental). Autor: Descoñecido


Cronoloxía: século XIII Estilo: Gótico Clásico francés Localización: Reims
Catedral de Reims. Século XIII (1211-1311). Pertence ao grupo de catedrais clásicas de
Francia, xunto con Amiens e Chartres
O templo gótico actual iníciase no 1211 (o anterior templo
carolinxio sufriu un incendio). Na I e na II Guerra Mundial foi
bombardeada polo que a catedral gótica tivo que ser
reconstruída en parte. Durante o Antigo Réxime, ata a
Revolución Francesa, era o lugar onde se coroaban os reis de
Francia.
Da súa planta chama a atención o enorme tamaño da súa
cabeceira, que acada a metade da lonxitude. Esta característica
denominase cabeceira hipertrofiada como resposta á
necesidade de dispoñer dunha zona o suficientemente ampla
como para aloxar ao numeroso coro que participaba nas
principais cerimonias relixiosas da catedral.
O mais destacable do exterior é a súa impoñente fachada occidental. Dividida entres grandes
rexistros e tres calles rematadas en dúas grandes torres e un gran gablete central enriba do gran
rosetón.
Tres portadas abucinadas reúnen un grande número de esculturas (vg. Anunciación e
Visitación), gabletes, rosetóns, etc.
A galería dos reis amosa o bautismo de Clodoveo (rei franco que foi bautizado por San Remixio)
estatuas dos seus predecesores.
GÓTICO AVANZADO OU RADIANTE: Segunda metade-finais do século XIII
Non atopamos avances senón que todos os esforzos diríxense cara a decoración. A
ornamentación é miúda pero con moito volume e tende a cubrir toda a igrexa, a base de formas
flamíxeras (chamas). Vemos unha progresiva unificación dos ventanais co triforio. A técnica da
estrutura, cuxo fundamento consiste en usar os arcos e os seus soportes, chega a súa
4
consecuencia extrema a finais dos anos 40do século XIII na Sainte Chapelle. Nesta capela
conséguese a case supresión total do muro, que é substituído por un tabique de vidreiras.

Edificio: Sainte-Chapelle Autor: Atribuída a Pierre de Montreuil


Cronoloxía: Mediados do século XIII (1242-1248) Estilo: Gótico radiante Localización: París.

A Sainte Chapelle foi iniciativa de Luis IX de Francia (San


Luis), quen quería destinala a acoller varias reliquias, entre
elas a coroa de espinas e un fragmento da vera cruz. É o
mellor exemplo de edificio do gótico radiante. Ten os
elementos característicos do seu período: espazo diáfano,
tendencia ao desenvolvemento en altura e muro vítreo.
Todo elo realza a sensación de ingravidez e contribúe á creación dun microcosmos de santidade
mediante a luz irreal das vidreiras, seguindo a idea de Xerusalén celestial.
A arquitectura en España.
A) O SÉCULO XIII: Reino de Castela e León.
Durante o século XIII existen fortes vínculos entre a monarquía castelá-leonesa e a francesa, o
que incrementa a influencia francesa na arquitectura que se evidencia nas tres catedrais que se
constrúen neste momento, León, a máis francesa das catedrais hispanas, Burgos e Toledo.
A Catedral de Burgos. Iniciada en 1221
É un edificio de tres naves con xirola simple e con transepto dunha sola nave. Aparecen
solucionados todos os problemas das catedrais francesas: ten bóveda cuatripartita, piar
composto, articulación do muro en tres pisos. Non obstante o seu aspecto é máis pesado, carece
do sentido ascensional e o aire de ingravidez das catedrais francesas. Ademais, a costume
española de construír un grande coro no medio da nave central, rompe coa continuidade do
espazo.
Durante o século XV a cidade de Burgos viviu un momento de gran desenvolvemento
económico en relaciónao comercio da lá, o que fixo da cidade un gran centro artístico. A catedral
sufriu entón numerosas reformas nun estilo máis recargado no decorativo, que denominamos
flamíxero, perdendo o seu aire clásico. Entre as obras está a reconstrución da bóveda do cruceiro
en forma estrelada, de plementería calada e do ciborio, ou o remate das torres da fachada.

Edificio: Catedral de León Autor: Mestre Enrique e Juan Pérez


Cronoloxía: segunda metade do século XIII Estilo: Gótico Localización: León.
A Catedral de León. Iniciada en 1243.
Debido a que a cidade foi perdendo protagonismo a medida que avanzaba a reconquista e o
centro político de Castela e León desprazábase cara o sur, esta catedral sufriu poucas
modificacións, polo que conserva gran pureza do gótico clásico. É a máis francesa das catedrais
5
españolas. Encomendouse a súa execución ao mestre Enrique é, morto este, a Juan Pérez. A
obra enteira non se rematou ata o século XV, pero a maior parte corresponde ao século XIII.
A fachada principal ten un pórtico de tres arcos é moi parecida aos modelos franceses, cun
corpo central e dúas torres laterais separadas por un espazo baleiro que deixa ver o modelo
construtivo dos arcobotantes. A porta central é a da Virxe Branca.
O máis característico de esta catedral son as súas vidreiras, grandes ventanais que se abren ao
muro, reducindo este a súa mínima expresión. O alzado interior é triple, con triforio baleirado con
fiestras que supón un novo foco de luz que se suma aos ventanais propiamente ditos (propio do
gótico radiante francés).

A súa planta é a clásica, aínda coa particularidade dunha gran cabeceira (hipertrofiada), tan
ancha como o transepto moi semellante á de Reims.
A catedral de Toledo. A influencia francesa é menos evidente, incluso aparecen elementos
musulmáns como arcos polilobulados. En planta aseméllase a Notre-Dame de París, con 5 naves
e transepto non sobresaínte. No interior organízase en dúas alturas xa que non ten triforio, agás
no transepto.
B) O SÉCULO XIV: Coroa de Aragón.
O século XIV é un período de decadencia castelá e de ascenso da Coroa de Aragón, que crea
un imperio comercial no Mediterráneo (Nápoles, Sicilia, Baleares). O que favorece a entrada de
influencias artísticas italianas e a construción de grandes catedrais en moitas cidades
mediterráneas.
Imos a estudar as súas características:
A planta tende a planta de salón, sen diferenza de altura entre as naves. Entre os contrafortes e
arcobotantes sitúanse capelas que lle dan un aspecto exterior compacto.
O piar non adoita ser composto, senón liso e sen decorar.
A decoración é escasa, sen os típicos elementos góticos coma os gabletes, pináculos e as
agullas.
6
En definitiva, estas igrexas carecen da espiritualidade tipicamente francesa, e axústanse máis
ao modelo italiano.
Santa María do Mar en Barcelona. Un dos mellores exemplos deste tipo de arquitectura. É unha
igrexa non moi grande que se axusta ao anteriormente dito, salvo en que carece de arcobotantes
polo que no exterior parece case románica.
Edificio: Interior da catedral de Barcelona Autor: varios
Cronoloxía: S XIV (realmente iníciase en 1298) Estilo: Gótico
Localización: Barcelona

A Catedral de Barcelona. O exterior foi reconstruído no século XIX


(neogótico) e o interior axústase ao xa dito. O máis peculiar é o
dobre piso de capelas situadas entre os contrafortes, cunha arquería
moi aberta, dando a sensación de que existe outra nave.

A catedral de Palma de Mallorca. O interior coincide coas características xa vistas. No exterior


o máis destacado é o conxunto de arcobotantes e contrafortes na liña das catedrais francesas.
C) O SÉCULO XV: Coroa de Aragón.
A partir deste momento a situación invértese. Os territorios da Coroa de Aragón viven un declive
a medida que os turcos presionan no Mediterráneo Oriental, e o comercio vaise deteriorando,
polo que se constrúe menos. As grandes catedrais deixan paso a pequenos edificios de uso civil
como as lonxas ou os palacios. A influencia italiana segue presente e nestes anos prodúcese a
fusión de elementos góticos e renacentistas de orixe italiana, que se plasma nunha maior
simplicidade das plantas, nos sistemas decorativos e na decoración, sen perder o sentido
ascensional gótico
Lonxa de Palma de Mallorca. Ten planta cadrada e cuberta por bóvedas nervadas apoiadas en
finas columnas de estrías en espiral que aumentan a sensación de ingravidez, acentuado pola
ausencia de decoración.
D) O SÉCULO XV: Reino de Castela
Superada a crise anterior, lévanse a cabo innumerables obras. A entrada da influencia flamenca
(Flandres) a través do comercio da lá é moi forte. Apenas hai innovación técnica dirixíndose o
esforzo cara a decoración que enche os espazos, con formas moi espigadas e altorrelevo que
acentúa o claroscuro. Os arcos desenvolven formas variadas (conopiais, mixtilíneos). As bóvedas
complícanse aumentando o número de nervaduras, formando complicadas estrelas. Os piares
convértense enfeixes de nervios que con gran frecuencia se enroscan formando espirais.Todo elo
funde a tradición exuberante do arte hispano-musulmá coas estruturas góticas flamíxeras de
influencia flamenca. Esta fusión coñécese como gótico isabelino.

7
Xoán de Colonia executa as agullas caladas da catedral de Burgos a mediados do século XV e
o seu fillo Simón de Colonia realiza a Capela do Condestable.

Edificio: Mosteiro de San Xoan dos Reis (interior) Autor: Juan Guas
Cronoloxía: Finais século XV Estilo: Gótico isabelino.
Localización: Toledo

En Toledo o arquitecto Juan Guas deseña por encargo dos Reis


Católicos o Mosteiro de San Xoán dos Reis (1478) de nave única,
con capelas laterais e magnífica construción de bóvedas curvadas.

ESCULTURA E PINTURA GÓTICA


Aínda que a función da arte segue a ser a mesma que no románico, completar o significado da
arquitectura, prodúcense unha serie de cambios na forma de representar os temas como nos
mesmos temas, en relación cos cambios que se producen na sociedade medieval. A clientela
artística deixa de ser exclusivamente eclesiástica, incorporándose tanto a nobreza, incluídos
os príncipes, como a burguesía, cos seus novos gustos por un maior naturalismo polo mundo
máis próximo, non transcendente, e polos problemas e sentimentos do home.
A) LOCALIZACIÓN
A escultura: segue desenvolvéndose no marco da arquitectura, pero xa non se subordina a
esta, senón que aumenta a súa independencia.
A portada, que segue a ser o espazo máis importante, aparece moi ordenada, as figuras
sitúanse nas arquivoltas, tímpanos, parteluz e xambas, segundo a importancia dos temas, pero a
figura adquire moito volume independizándose do marco, ata tal punto que as portadas
concíbense como obras escultóricas.
Habitualmente constrúense tres portadas (occidental, sur e norte) con temas relacionados con
Cristo: morte, nacemento, xuízo final, a virxe, os santos... No tímpano aparece o tema principal.
Nas arquivoltas aparecen representados os santos, os anciáns do Apocalipse, os anxos...
dispostos seguindo a liña do arco, non radialmente como no románico.
Nas xambas aparecen estatuas-columnas que van gañando corporeidade, independizándose do
marco, con figuras da xenealoxía de Cristo, dos apóstolos, profetas.
No parteluz, lugar de honor, unha sola figura: Cristo, a Virxe, o Santo Patrón. Nos zócalos
aparecen temas marxinais, incluso profanos.

8
No interior da igrexa a escultura desenvólvese nos retablos e no cadeirado (en castelán sillería)
do coro (situado no medio da nave central, cun muro exterior aberto ao altar, e no interior o
cadeirado para os eclesiásticos, feita en madeira e decorada con motivos moi variados:
narrativos, vexetais, fantásticos...)
Os sepulcros acadan gran desenvolvemento co interese polo home como ser individual.
Na escultura exenta atopamos os mesmos temas que no románico, Cristo crucificado e a virxe
co neno, tanto sedente como de pe.
A pintura:
A Pintura mural perde importancia ao desaparecer a maior parte do muro que é substituído pola
vidreiras, agás en Italia onde continúa a tradición con grandes mestres que estudaremos máis
adiante.
A pintura sobre táboa continúa desenvolvéndose, tanto en pequenas táboas como en grandes
retablos.(Retablo: elemento decorativo feito en madeira, situado ante o altar de igrexas e capelas, e nos que se
combinan elementos da escultura, pintura e arquitectura, cunha complexa iconografía. Xorden no románico pero
crecen e complícanse a partir do gótico). En Flandres desenvólvese a técnica do óleo que e a grande

innovación deste período.

B) CARACTERÍSTICAS FORMAIS
Maior naturalismo: o mundo natural xa non se considera como algo falso, enganoso ou
despreciable fronte ao mundo espiritual, senón como un camiño para coñecer ao Creador. O
artista aproxímase a natureza e intenta imitala, buscando representar o volume, a profundidade, a
anatomía, o pregado das roupaxes, os fondos naturais (paisaxe) ou arquitectónicos, o
movemento, a expresión individualizada dos rostros, o movemento e a relación entre as figuras.
Este é un proceso lento e gradual, especialmente evidente en Italia e Flandres, e que culminará
no Renacemento.
O carácter simbólico da arte, tan típico do románico, non desaparece, especialmente na arte
relixiosa. Paralelamente ao gusto polos fondos naturais son frecuentes os fondos dourados,
símbolo da luz e do divino, e incluso do poder do que encarga a obra.
Gusto pola idealización: este naturalismo está idealizado pois represéntanse os belos
sentimentos, as proporcións harmoniosas, as composicións ordenadas, cun gusto polas formas
estilizadas e a elegancia refinada.
C) OS PROGRAMAS ICONOGRÁFICOS
A moral do premio e o castigo, tema dominante no mundo románico, vai desaparecendo
paulatinamente. Do temor pásase ao sentimento: a divindade xa non é un deus omnipotente que
xulga aos homes, senón un deus home que sufre e morre na cruz e que esperta a nosa
compaixón. Asistimos a un proceso de HUMANIZACIÓN DAS PERSONAXES DIVINOS.

9
EVOLUCIÓN DA ESCULTURA E OBRAS MÁIS REPRESENTATIVAS
A escultura gótica experimenta unha palpable evolución ao longo dos tres séculos que dura este
estilo. Temos unha etapa de transición do Románico ao Gótico (segunda metade do século XII),
acadamos un período clásico (no século XIII), caracterizada por un naturalismo idealizado e
sereno. No século XIV, adquiren cada vez máis relevancia as imaxes de virxes con neno, que se
curvan graciosamente, así coma os sepulcros. Durante o século XV a escultura é moi realista, os
rostros son auténticos retratos.
Francia.
É o berce do estilo gótico e irradia a súa influencia a outros países. A primeira manifestación é o
Pórtico Real de Chartres, en 1150 (a catedral tivo que ser reconstruída tras un incendio no
século XIII, o Pórtico Real corresponde a primeira construción gótica), con alargadas e esveltas
estatuas-columnas nas xambas. Nestas figuras apreciamos rixidez, pernas paralelas, pes
colgantes, roupaxes con pregues ríxidos. Teñen un canon moi estilizado con pregamentos
minuciosos e caligráficos.
No século XIII son importantes os talleres de Chartres, Reims e Amiens. O século XIII é o
século das grandes catedrais, e con elo o desenvolvemento das cidades, e da burguesía como
grupo social emerxente.
As esculturas reflexan unha evolución na técnica que se fai máis preciosista e detallista. Por
outro lado amosan unha nova espiritualidade que reflexa o espertar das cidades, a
confianza no home, o rexurdir do comercio e as actividades artesanais.
As figuras son máis naturalistas, máis próximas ao home. A virxe é a personaxe feminina
máis importante dentro da relixión cristiá, é nai de Xesús polo que é un reflexo da parte humana
de Deus.
Título: Anunciación e Visitación da Catedral de Reims
Autores: descoñecidos (mestre do sorriso, mestre da Anunciación…) Cronoloxía: s XIII
Estilo: Gótico Tipoloxía: escultura Localización: Catedral de Reims
Especialmente importantes son as portadas da Catedral de Reims que serven de modelo a
outras catedrais europeas. A fachada occidental foi construída entre 1210 e 1290 con tripla
portada, como é habitual no gótico clásico.
Destaca pola profusión de esculturas que invaden todos os espazos dispoñibles (arquivoltas,
columnas, contrafortes, gabletes, etc.). Non obstante, as portas non teñen tímpanos, substituídos
por rosetóns de vidreiras, polo que os temas principais colócanse en columnas e gabletes. Na súa
decoración escultórica interveñen varios talleres con estilos moi diferentes. Na xambas da dereita
da portada central occidental atópanse os grupos escultóricos da Anunciación e da Visitación.

10
 Grupo escultórico da Anunciación:
Trátase do tema da Anunciación, un anxo anuncia a María que vai concibir un fillo por
obra e graza de Deus. Componse da figura da Virxe e dun anxo sorrinte.
As diferenzas entre o tratamento dos roupaxes no Anxo e en María e a adaptación á
columna do corpo fannos pensar na intervención de dous mestres: un máis arcaizante na
escultura da Virxe e outro máis moderno no anxo.
Mestre do Sorriso: sería o autor do famoso Anxo do sorriso que corresponde aos gustos
dun arte cortesán e amable que triunfará na segunda metade do século XIII, é un arte
humano, agradable, caracterizado por un preciosismo técnico (por exemplo nas plumas
das alas).
Mestre de Amiens: A Catedral de Amiens concluíuse antes da de Reims o que permitiu
que un grupo de escultores que traballaran en Amiens se trasladaran despois a Reims. O
estilo da Virxe da Anunciación é un arte frío e distante, que non transluce sentimentos, un
arte uniforme e estilizado, como feito en serie, no que as figuras visten túnicas iguais con
marcados pregues rectilíneos.

 Grupo escultórico da Visitación. Trátase do encontro entre María e Santa Isabel (nai de
San Xoán Bautista e prima da virxe), ambas embarazadas.
O autor deste grupo escultórico é descoñecido por iso chamámoslle Mestre da Visitación
ou tamén mestre das figuras antigas.
O tema ocupa dúas estatuas-columna no portal central. Estas figuras amosan un
profundo coñecemento da escultura clásica, probablemente a partires de sarcófagos
romanos. A virxe e a súa prima aparecen vestidas de matronas romanas con túnicas nas
11
que é presente a lembranza dos panos mollados de Fidias e da escultura helenística da
Escola de Pérgamo cos seus pregados movidos moi elaborados. Recursos como o da
perna de apoio e a perna libre (contraposto) demostran o coñecemento que o artista ten da
antigüidade non é soamente superficial.
A inspiración nun sarcófago leva ao escultor a prescindir da iconografía tradicional do
tema da Visitación (normalmente unha escena de abrazo entre María e Isabel).
Os rostros son expresivos e diferenciados. O modelado das roupaxes é intenso con
moitos pregamentos profundos, envolven o corpo que se adiviña baixo os mesmos.
As figuras teñen comunicación entre elas.
Ambos grupos escultóricos queren liberarse do marco e proxéctanse cara o exterior. Iníciase o
camiño da liberación das portadas. A arte gótica da moita importancia á representación dos
temas relacionados coa virxe María.
Aquí non hai convencionalismos como na escultura románica (xerarquización. hieratismos,
frontalidade, esquematización...).
Na zona da Borgoña (en Francia) xa no século XIV destaca a obra de Claus Slutter. Para a
Cartuxa de Champmol, en Dijon, realiza o famoso Pozo de Moisés. Ía a ser o basamento dun
calvario que non se chegou a rematar. Os profetas teñen gran realismo en rostros e panos con
pregamentos angulosos para conseguir gran volume.
España.
No século XIII mestúranse a tradición tardorrománica do mestre Mateo coa influencia francesa.
Os principais focos están en Castela. Artistas franceses chegan para traballar nos talleres das
catedrais de Burgos, León e Toledo. En Burgos destacan dúas portadas, de temática arcaica
pero de formas góticas: a Porta do Sarmental e a da Coronería.

Título: Tímpano da Porta do Sarmental ou Sacramental


Autor: Descoñecido Cronoloxía: Primeira metade século XIII
Tipoloxía: Relevo Estilo: Gótico Localización: Catedral de Burgos

A Porta do Sarmental ten como figura máis destacada


(en perspectiva xerárquica) a Cristo en Maxestade. Ao seu
redor os tetramorfos e os mesmos evanxelistas nos seus
scriptorium. No lintel sitúanse os apóstolos, nimbados e
coroados por un dosel corrido que forma pequenos arcos
trilobulados. Rodeando o tímpano as arquivoltas con
decoración vexetal, fileiras de anxos e serafíns e os 24
anciáns do Apocalipse.

12
No século XIV as formas góticas evolucionan cara un estilo máis expresivo e de carácter máis
narrativo, o que leva en moitos casos a subdividir o tímpano das portadas en varias franxas para
poder narrar os temas, como no caso da Porta do reloxo da Catedral de Toledo.
O século XV a entrada de influencias do norte de Europa (Borgoña e Flandres) da lugar a un
dos maiores esplendores da escultura española. Un exemplo importante sería a escultura do
doncel de Sigüenza(catedral de Sigüenza, Guadalajara) atribuído Sebastián de Toledo.
Representa ao defunto lendo un libro cun aire melancólico.
Gil de Siloé, que traballa en Burgos é a figura máis destacada. Realiza a decoración da
Catedral e de Burgos e da cartuxa de Miraflores. Para esta cartuxa fai os sepulcros en alabastro
de Xoán II e Isabel de Portugal, de planta estrelada con gran virtuosismo e profusa decoración.
(son os pais de Isabel a católica).
Tamén na cartuxa de Miraflores o Sepulcro do Infante don Afonso (irmán de Isabel a católica),
que aparece de xeonllos, en actitude orante, rodeado dunha decoración vexetal de gran volume e
complexidade.

Título: Retablo maior da cartuxa de Miraflores Autor: Gil de Siloe


Cronoloxía: Finais século XV Estilo: Gótico Tipoloxía: retablo.
Material: madeira policromada e dourada. Localización: Cartuxa de Santa María de Miraflores.
O retablo da cartuxa de Miraflores tamén é obra de Gil de
Siloé. No retablo aparecen centos de figuras, de madeira
policromada cun estilo moi minucioso e cun tratamento realista
dos roupaxes.
Aparentemente parece que todos os elementos se mesturan
nunha gran confusión, pero, polo contrario presenta unha rigorosa
orde:
No centro, rodeado por unha coroa de anxos, está Cristo
crucificado, xunto con catro escenas da paixón nos ángulos da
cruz. Aos pés da cruz a virxe e San Xoán (deisis).
Nos ángulos, tamén nunha estrutura circular, os evanxelistas.
Nas esquinas inferiores os reis Xoán II e Isabel de Portugal, pais de Isabel a católica, enriba os
seus escudos e ao lado os santos patróns (Santiago e Santa Catalina).

A PINTURA ITALIANA DO SÉCULO XIV: O TRECENTO


A influencia da pintura e o mosaico bizantino era moi forte en Italia pola presenza de
importantes obras en Ravena, Sicilia e Venecia, e tamén polas estreitas relacións comerciais das
cidades italianas co Imperio Bizantino. Non obstante, a partir do século XIII prodúcese unha

13
progresiva ruptura con estes modelos e avánzase cara o naturalismo, nun adianto do que será o
Renacemento, especialmente en Florencia e Siena.
Aumenta a preocupación pola representación do espazo mediante a perspectiva e o volume
aumenta, valorándose a luz para matizar as cores. Os fondos planos ou dourados van
desaparecendo e son substituídos por representacións de paisaxes ou arquitecturas, aínda moi
esquemáticas, pero xa inspiradas no natural. O interese pola figura humana aumenta, tanto no
físico, estudando a anatomía, os roupaxes e o movemento, como no anímico, representando
estados de ánimo mediante o xesto do corpo e a expresión do rostro, acabando co hieratismo
anterior.
Por outro lado tamén aparece unha pintura de influencia francesa, do chamado Estilo
Internacional, onde predomina unha forte idealización e a estilización das liñas ( Estilización=
simplificación dos volumes, as liñas e os contornos do corpo, sen privalo do seu aspecto característico ), que se fan

moi sinuosas, o que lle da un aire moi elegante á pintura.


A) FLORENCIA: pioneira nos cambios cara o Renacemento.
Cimabue: A maestá. É o iniciador desta pintura. Nel perviven trazos bizantinos (estilización,
cores planos, fondos dourados, tamaño das figuras segundo a súa xerarquía...). pero algúns
aspectos anuncian o novo (interese pola figura humana, movemento, perspectiva) e así vemos
como as figuras dos anxos e a forma do trono crean unha sensación de profundidade.

Título: A fuxida a Exipto e Pranto ante Cristo morto


Autor: Giotto Cronoloxía: comezos século XIV
Técnica: fresco Estilo: Gótico italiano Localización: Capela Scrovegni (Padua)
Giotto: frescos da capela Scrovegni en Padua onde nárrase a vida de Cristo, e frescos da
Igrexa de San Francisco, en Asís, onde nárrase a vida do santo.
É o grande mestre desta escola. Afástase definitivamente do bizantino e interésase polo
humano. E por amosar a paisaxe, que aínda de forma moi esquemática, consegue situar aos
personaxes nun tempo e nun espazo concreto. Avanza definitivamente na plasmación da
perspectiva (aínda non é a perspectiva xeométrica) como na Fuxida a Exipto. Da moito volume as
figuras mediante o claroscuro. Tamén coida moito as composicións, usándoas para incrementar a
expresión. Reforza a sensación de tensión no Prendemento, mediante lanzas, a dor no Pranto
ante Cristo morto ao facer que todas as liñas e miradas converxan no corpo de Cristo.
As pinturas ao fresco de Giotto ocupan completamente as paredes interiores da chamada
capela Scrovegni (o nome lle ven do seu promotor Enrico Scrovegni). En total son 42 as
composicións nas que se trata o ciclo da Virxe e da vida de Cristo.

14
O pranto ante Cristo morto (ou lamentación
ante Cristo morto) é un tema que non se
menciona na Biblia, é un tema de orixe
bizantino. Giotto expón unha composición
monumental na que as masas das figuras
distribúense harmoniosamente pola escena. O
compoñente tráxico aparece reflexado nos
rostros e actitudes das personaxes, amosando
un diferente estado emocional de cada un ante
a morte de Cristo.
Diferenza dous espazos, inferior e superior, a
Pranto ante Cristo morto parte terreal e onde ten lugar a morte e o
drama, e a parte celeste na que dez anxos, sobre un fondo azul intenso, choran tamén a morte de
Cristo, ambas áreas quedan separadas pola árida paisaxe.
A escena principal céntrase no corpo inerte de Cristo acollido por María, mentres ao seu redor
outras figuras contemplan a escena con contida emoción, entre elas a “tres marías” (María
Madalena, María de Cleofás e María Salomé), San Xoán cos brazos cara atrás, e de pé, a
dereita, San Xosé de Arimatea e Nicodemo. Todos eles representan sentimentos por medio de
xestos claros e individualizados.
Hai unha clara diagonal da cabeza de Cristo morto ata o alto da montaña rochosa cunha
pequena e sinxela árbore seca, que tamén semella simbolizar a morte. Esta diagonal rompe a
habitual disposición frontal e tamén descentra a figura principal, Cristo non está no eixe da pintura
senón desprazado á esquerda.
A preocupación de Giotto pola tridimensionalidade plásmase na introdución da paisaxe, nos
escorzos1 dos querubíns voadores e na propia monumentalidade escultórica das figuras con
volumes rotundos resaltados polo claroscuro das túnicas. Tamén da sensación de profundidade o
situar figuras de costas nun primeiro plano.
Giotto inserta a natureza, de forma moi esquemática e aínda con certos erros (a árbore resulta
desproporcionada en tamaño) pero xa non recorre aos fondos dourados, aínda así teñen algo de
telón de fondo posto que está subordinada aos feitos que se narran.
O bico de Xudas (ou o prendemento) representa a traizón de Xudas no centro da composición
rodeado de outras personaxes que reflexan a confusión e dramatismo.

1 Escorzo: Disposición oblicua ou perpendicular ó plano do cadro das figuras representadas. Deste xeito acentúase a
sensación de profundidade de espazo representativo, é dicir, a perspectiva.
15
A Fuxida a Exipto representa a Xosé, María e
o neno Xesús fuxindo cara Exipto para evitar a
persecución de Herodes, que ordenara a
matanza dos inocentes.
Giotto logra representar a sensación de
movemento. No centro dunha composición
piramidal están a Virxe e o neno a lombos dun
asno. A virxe ten unha actitude silenciosa que
contrasta coa dos outros personaxes con
actitudes máis naturais.
Diante e detrás da virxe, tres personaxes que
equilibran simétrica e harmonicamente a
composición.
Fuxida a Exipto
Podemos observar como os personaxes son
representados en diferentes posturas (de costas, de perfil…), consegue a sensación de
movemento a través das patas do asno, a mirada atrás de San Xosé, a liña do camiño, o anxo
que os guía cun xesto ou a mirada da Virxe ao lonxe.
As figuras son expresivas, xesticulan (van andando, falando e míranse). Consegue a sensación
de volume a través da luz, as sombras e a gradación da cor.
A paisaxe substitúe aos fondos dourados, aínda que moi esquemática contribúe a marcar niveis
de profundidade.
En canto ao uso das cores, observamos un forte contraste entre cores frías e cálidas, que
destacan aos protagonistas da escena. Destacan o fondo azul, a montaña branca e as roupaxes
vermella e amarela da Virxe e de Xosé.
Aínda así domina a definición lineal sobre a cor plana, unha fina liña delimita as formas.
As características desta pintura mostran os cambios que se están a producir a nivel artístico e
que anticipan o Renacemento: os pintores queren representar a realidade mediante a
representación da paisaxe, a profundidade e a expresividade.
Pese a todas as novidades, Giotto mantén a presenza dos nimbos e conserva trazas bizantinas
neses rostros ovalados de ollos amendoados.

A PINTURA FLAMENCA DO SÉCULO XV.


Do mesmo xeito que Italia, Flandres (en castelán Flandes: a actual Bélxica e parte do norte de Francia) é a
gran pioneira dos cambios sociais e económicos que anuncia a Idade Moderna: unha activa vida
urbana, con importante burguesía dedicada ao comercio. Neste marco, durante o século XV,

16
prodúcese un gran desenvolvemento das artes promovido tanto pola aristocracia como pola
burguesía, nun movemento paralelo ao primeiro Renacemento italiano.
Nesta rexión a influencia bizantina é moi pequena. Domina un forte realismo naturalista fronte
a idealización italiana ou francesa, que capta fielmente todo o que lle rodea.Son frecuentes os
retratos, incluso en pinturas relixiosas onde se inclúe ao comitente (Virxe do chanceler Rolin. J.
Van Eyck). As personaxes está moi individualizadas, amosando os seus trazos característicos,
sen ningunha idealización (engurras, verrugas, calvicie...).
Tecnicamente a gran innovación é o uso do aceite como aglutinante das cores (óleo) o que
permite cores máis vivas, múltiples retoques, detallismo e minuciosidade, captar a luz do aire, e a
sombra que proxecta, ao permitir superpoñer cores véndose o que hai debaixo, conseguíndose
unha técnica moi depurada.
Predominan as formas máis pesadas e macizas, de duras arestas, pregamentos abundantes
case acartonados, de composición moi xeométrica, isto incrementase mediante o uso de
cuadrícula no chan.
Hai gran minuciosidade nos detalles con pincelada fina para amosar a riqueza dos tecidos e
os adornos, e dar conta do estatus social da personaxe. Tamén hai un gusto po captar as
calidades da materia (metal, barro, madeira) sendo frecuente a inclusión de pequenos bodegóns
nalgunha zona do cadro.
Son frecuentes as escenas interiores con fiestra aberta ao paisaxe, que acentúa a sensación
de profundidade (perspectiva) e o contraste entre luz e sombra. A paisaxe plásmase de forma
moi esquemática.
Domina a pintura de cabalete acorde coas vivendas máis sinxelas da burguesía (non coma os
frescos, máis propios de grandes espazos de palacios e igrexas) e as táboas de altar. Dípticos,
trípticos, polípticos, formados por varias táboas que poden abrirse e cerrarse.
A) PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XV
Jan van Eyck. É a figura máis destacada desta época. As características da súa pintura
axústanse ao dito na introdución.
Retablo do Cordeiro místico (ou Políptico de Gante): realizado en colaboración co seu irmán
Hubert, esta composto por numerosas táboas, cunha parte central e dúas ás abatibles:
 No exterior, en tres rexistros,na parte central a Anunciación, tema do inicio da Redención,
na parte inferior San Xoán Evanxelista e San Xoán Bautista, ambos relacionados co tema do
Cordeiro (San Xoán Bautista portador do Cordeiro e San Xoán evanxelista que no Apocalipse
compara por primeira vez a Cristo co Cordeiro); a ambos lados sitúanse os comitentes, que
encargan a obra, pertencentes ao Gremio da lá, cuxo símbolo é o cordeiro. Por riba da
Anunciación os profetas e sibilas que anunciaron a chegada de Cristo e o seu sacrificio.

17
 No interior, abaixo, o sacrificio de Cristo consumouse e aparece o Cordeiro sobre un altar
vertendo sangue nun cáliz rodeado de anxos. Diante da fonte da vida, e ambos lados, os
profetas e os santos, todos bañados polos raios de luz que emite a pomba (Espírito Santo) na
parte superior.
Na parte superior preside Cristo e a ambos lados a Virxe e San Xoán Bautista, e nas táboas
contiguas anxos cantores e Adán e Eva que nos lembran o pecado que fixo necesaria a
intervención de Cristo.

Título: O matrimonio Arnofini Autor: Jan Van Eyck


Cronoloxía: 1434 Técnica: óleo sobre táboa Estilo: Gótico flamenco
O matrimonio Arnolfini (1434). É o primeiro retrato
destas características, con dúas figuras de corpo
enteiro, sen ningunha referencia relixiosa. A escena
amosa a cerimonia matrimonial dun comerciante
italiano establecido en Bruxas e a súa esposa.
Esta obra reúne o xénero do retrato, a escena de
xénero e o estudo de costumes, ao tempo que se
configura como unha alegoría do carácter
sacramental do matrimonio e da maternidade.
A obra funciona coma un auténtico testemuño
documental dos esponsais da parella. O pintor dá fe
como se fose un notario e estampa enriba do espello
convexo “Joanes de eyck fuit hic” (Jan Eyck estivo
aquí).
A habitación que describe ábrese ao exterior por
medio dunha fiestra con vidreira. Os elementos decorativos como a alfombra ou a riqueza das
telas son indicativos do nivel económico do matrimonio.
Os esposos posan nun xesto de bendición e compromiso: Giovanni, de fronte en posición
dominante, toma a man de Giovanna, ao tempo que levanta a man dereita para prestar o
xuramento sagrado. Pola súa parte Giovanna posa a súa man esquerda sobre o ventre, suxerindo
fertilidade, alusión na que incide a cor verde do seu vestido (o verde considerábase símbolo de
fecundidade) e baixa a cabeza en símbolo de submisión. Ambos irían descalzos, signo de que
acoden a un ritual sagrado.
A composición é sinxela, equilibrada e pechada. As figuras de pé unidas a través das mans
ocupan a posición central e todo se organiza a partires dun eixe central.

18
No espello convexo do fondo aparecen reflectidos os protagonistas (incluídos as personaxes
que están en fronte dos Arnolfini. O propio pintor ?).
As cores son vibrantes, cheas de matices, pero non restan protagonismo á liña, que delimita
suavemente as formas.
Van Eyck parte da observación da natureza e consegue coa técnica do óleo gran naturalismo. A
pintura apoiase no virtuosismo técnico dos detalles para plasmar unha simboloxía de temática
relixiosa. Tódolos obxectos teñen valor simbólico.
A lámpada, con só unha candea acesa, alude á chama sagrada de Cristo, a luz da fe, que
parece así bendicir a unión. É o ollo de Deus que todo o ve, pero tamén recorda a vela de vodas
que se acendía nos fogares dos recen casados para pedir fecundidade.
O espello, aparte do seu valor compositivo, é ademais símbolo de pureza da muller que acode
virxe ao matrimonio. Os tondos2 que rodean o espello ilustran diversas escenas da Paixón de
Cristo.
A carón do espello unha restra de contas, instrumento de contabilidade propio dos banqueiros,
prestamistas e comerciantes, outros non obstante interprétano coma un rosario, signo de pureza
en alusión á virtude da noiva.
O leito simboliza a unión matrimonial e a súa cor a paixón. Sobre a cabeceira aparece
representada Santa Margarida, patroa dos partos, e pende unha vasoira pequena que simboliza a
santa Marta, patroa do fogar.
O cadeliño é símbolo da fidelidade.
A froita, laranxas xunto a fiestra, alude á inocencia fronte ao pecado, evocan o estado de
inocencia de Adán e Eva antes do pecado orixinal (tamén podería aludir á orixe mediterránea do
noivo).
O calzado no chan ocupa disposicións distintas, o del apunta ao exterior, o seu traballo está fora
da casa, o dela mira ao interior, a súa ocupación será o fogar.
A Virxe do chanceler Rolin: aparece a Virxe co neno, fronte ao chanceler en actitude orante.
Aínda que non é a primeira vez que o comitente se retrata xunto a personaxes divinas, si é
excepcional que apareza no mesmo rexistro e co mesmo tamaño. É unha boa mostra do
individualismo cada vez maior na arte.

Título: O descendemento da cruz Autor: Rogier van der


Weyden Cronoloxía: 1435
Técnica: óleo sobre táboa
Estilo: Gótico flamenco
Localización: Museo del Prado.

2
Tondo: Pintura con forma circular
19
Roger van der Weyden: O descendemento,1435 (Museo do Prado). A escena desenvólvese no
interior dunha fornela como si se tratase dunha escultura. Volume, perspectiva, minucioso
detallismo presente noutros flamencos están tamén aquí plenamente conseguidas.
Hai gran realismo nas figuras, os rostros parecen reproducir tipos vulgares. Logra un gran
dramatismo, sen caer na repetición.

B) SEGUNDA METADE DO SÉCULO XV


O Bosco (Jheronimus Bosch). É autor dunha obra moi persoal. Aínda que con temática
relixiosa, a súa obra está enfocada dende o fabuloso. Grazas a súa poderosa imaxinación os
seus cadros pobóanse de seres fantásticos, coma si se tratara dunha alucinación. O tema do
pecado, do castigo a morte, as tentacións ou a loucura sempre están presentes. O interese por
estes temas lévanlle a desinteresarse polos aspectos técnicos, tan propios dos outros flamencos,
coma o volume, a perspectiva, o naturalismo...

Título: Tríptico do xardín das delicias Autor: Hieronymus Bosch, El Bosco


Cronoloxía: comezos século XVI Técnica: óleo sobre táboa
Estilo: Gótico flamenco Localización: Museo del Prado

A obra que mellor resume a súa pintura é O xardín das Delicias (1480, Museo do Prado).
Tríptico que representa o Ceo, a Terra e o Inferno, poboado por todos eses seres fantásticos e
cheo de simbolismo de difícil interpretación, especialmente o inferno onde vemos unha grande
variedade de seres mestura de homes, animais e obxectos, en actitudes que representan o
pecado nas súas máis diversas formas.

20
O tríptico pechado representa en gama de grises a separación das augas e da Terra, máis a
creación do Paraíso terreal, que segundo o Xénese ocorreu no terceiro día da Creación.
Tríptico aberto: está pintado en cores en tres paneis. Trata o tema do pecado.
No panel esquerdo mostra o Paraíso terreal. Na parte inferior aparece Cristo no medio de Adán
e Eva. A súa esquerda está a árbore da vida. No centro a fonte dos catro ríos do Paraíso. Na
parte dereita a altura da fonte está a árbore do ben e do mal (coa serpe enroscada).
O panel central é o que daría nome ao tríptico xa que representa o Xardín das Delicias. Nel hai
un gran número de figuras espidas, en grupos ou en parellas, ademais de animais reais ou
fantásticos e plantas con tamaño maior do real. Representa o mundo entregado ao pecado. No
centro hai un estanque con mulleres espidas, arredor xiran homes sobre cabalgaduras aludindo
aos pecados capitais.
O panel dereito represéntase ao inferno, onde o ser humano ten que render contas dos seus
pecados e sufrir todo tipo de torturas polos excesos cometidos. Nesta táboa, as cores, en
consonancia co tema, vólvense escuros. Na parte superior vese unha cidade en lapas, así como
os máis variados castigos que sofren os pecadores. Na parte central aparecen unha
representación de tipo onírico, con estrañas criaturas, e un rostro masculino (un autorretrato do
pintor?), cun disco na cabeza sobre o que bailan distintos monstros. Observamos tamén un
personaxe de pesadelo con cabeza de ave que devora pecadores ao tempo que os defeca nun
pozo. No nivel inferior, un grupo de xogadores de dados e naipes torturados polos demos.
A composición en xeral é caótica, pero tratando con gran detallismo obxectos, persoas e
animais. A luz e a cor son magníficos, reflectíndose nun mundo ideal.
Sen dúbida, hai unha mensaxe moralizante, advertindo ao home das consecuencias do goce
dos praceres, doces, pero de breve duración, ao igual que as froitas, fronte ao carácter eterno das
torturas infernais.
Polo tanto, aínda que cada táboa do tríptico reflicte ou trata unha temática diferenciada, as tres
xiran en torno á aparición do pecado no mundo, a natureza dos pecados relacionados cos
praceres terreais, e as consecuencias que o goce daqueles conleva cos castigos do inferno.
Nesta obra O Bosco dá testemuña dun estilo orixinal, aínda que con raíces na tradición medieval
(os personaxes fantásticos e demoníacos relacionados cos bestiarios, ou o emprego da caricatura
e da sátira cun fin moralizante). Isto último foi moi valorado polo rei Filipe II, quen adquiriu
algunhas das mellores obras deste autor, hoxe en día conservadas en Madrid. Por outra banda,
moi posteriormente, no século XX, os pintores surrealistas viron neste artista do final da Idade
Media un precursor do mundo onírico que buscaban na súa pintura, definindo ao Bosco como o
“primeiro pintor surrealista”.

21
Obras (en negriña as que destaca a CIUGA):
Arquitectura: A Catedral de Reims (fachada Occidental). Interior da planta superior da Sainte
Chapelle de París. A Catedral de León. Interior da catedral de Barcelona. Interior da igrexa de
San Xoán dos Reis, de Toledo.
Escultura: Anunciación de Reims. Visitación de Reims. tímpano da Portada do Sarmental da
catedral de Burgos, e retablo de Gil de Siloé na Cartuxa de Miraflores (Burgos).
Pintura:Giotto. Capella dos Scrovegni: A fuxida a Exipto e O pranto ante Cristo Morto.
Van Eyck: O matrimonio Arnolfini.
Roger van der Weyden:"O descendemento da cruz".
O Bosco: O Xardín das Delicias.

Comentario para entregar:A fuxida a Exipto de Giotto.


Recorda que debes:
• Catalogar a obra: título, autor, cultura/estilo/movemento, cronoloxía (1 punto
selectividade)
• Analizar o contexto histórico-artístico no que foi realizada (1 punto selectividade)
• Analizar e xustificar a obra seguindo os enfoques metodolóxicos da Hª da Arte. Lembrade
explicar os aspectos materiais e formais e os trazos estilísticos (2 puntos selectividade)

Definicións (para entregar)


Arcobotante. Arco apuntado.

Bóveda de cruzaría. Estatua-columna.

Estilo. Rosetón.

Triforio. Trompa.

22

You might also like