Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

PROBA DE AVALIACIÓN 2º BAC.

2º Parcial da 1ª Avaliación
(Temas 3-5)
NOME:
APELIDOS:
1- Define os seguintes conceptos (2 puntos, 0,50 por concepto)
- Gran Armada, Decretos de Nova Planta, Motín de Esquilache, Tratado de Valençay

2- Explica a seguinte cuestión (extensión máxima recomendada: unha cara de folio/40 liñas) (3 puntos): A
configuración do imperio español no século XVI (a herdanza de Carlos I, os cambios nos tempos de Felipe
II: rebelión en Flandres, incorporación de Portugal, guerra contra Inglaterra).

3.Composición histórica (5 puntos):


Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre as Cortes de Cádiz e a
Constitución de 1812. Tendo en conta os documentos e a súa contextualización, debes atender cando
menos á formación de Xuntas, á celebración das cortes, así como a aprobación dos decretos e á
Constitución de Cádiz.

Doc.1: Proclama da Xunta Central do Principado de Asturias (maio de 1808):


Asturianos leais e amados compatriotas (...). O Principado, en desempeño daqueles deberes que máis
interesan ao home, xa declarou formalmente a guerra a Francia (...). A súa perfidia co noso rei e toda a súa
familia, enganándoo para facelo pasar a Francia baixo palabra dun eterno armisticio para encadealos a
todos, non ten igual na historia (...). ¡Á arma, á arma, asturianos!.

Doc.2: Nas Cortes de Cádiz, liberais como Xosé Canga Argüelles, defenderon unha monarquía
representativa e limitada baseada na soberanía da nación, na división de poderes e na participación
dos cidadáns na elaboración das leis a través dos seus representantes.
Todos e cada un dos cidadáns que compoñen a sociedade, teñen dereito para intervir no establecemento
das leis, porque neles reside a soberanía. Pero como de verificalo, indistintamente, as discusións se
eternizarían e o desconcerto sería o resultado, de aquí a necesidade de constituír o poder lexislativo da
Nación (…).
O corpo lexislativo deberá constar de individuos elixidos libre e espontaneamente polo pobo (…). Estes
serán os representantes da Nación, depositarios da súa confianza, órganos da súa vontade e aos seus
desvelos confiaranse á elaboración das leis (…).
Ás Cortes, ou sexa o corpo lexislativo, corresponde elaborar a Constitución (…); redactar os códigos civil,
criminal, económico e de rendas (…).

Doc.3: Constitución de 1812:


Art.4. A nación está obrigada a conservar e protexer (...) a liberdade civil, a propiedade e os demais dereitos
lexítimos de todos os individuos que a compoñen
Art.8. Tamén está obrigado todo español, sen distinción ningunha, a contribuír en proporción dos seus
haberes para os gastos do Estado. (…)
Art.12. A relixión da nación española é e será perpetuamente a católica, apostólica, romana, única
verdadeira (…) e prohibe o exercicio de calquera outra.
Art.14. O goberno da nación española é a monarquía moderada hereditaria
RÚBRICAS DE AVALIACIÓN

Definición do termo: TRATADO DE VALENÇAY

PUNTUACIÓN ASPECTOS A VALORAR


(ata 0,5
puntos)
Deficiente (0) Resposta en branco ou que revela a incomprensión do concepto
Insuficiente Coñecementos: resposta confusa ou incompleta.
(0,1) Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes, frases
incoherentes ou mal articuladas
Aprobado (0,2) Coñecementos: resposta básica que fai referencia ao seguinte:
-Acordo de paz asinado en 1813 nesa cidade francesa por Napoleón.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Coñecementos: resposta con polo menos unha destas aclaracións adicionais (ademais
(0,3 - 0,4) do esixido para o aprobado)
-Acórdase a suspensión das hostilidades, retorno de Fernando VII ao trono de España,
devolución dos territorios ocupados e renuncia de Xosé I.
-Fin da Guerra de Independencia co obriga das tropas inglesas e francesas de
abandonar España.
Redacción: correcta
Sobresaliente Coñecementos: resposta que fai referencia ás dúas cuestións citadas para o notable
(0,5) (ademais do esixido para o aprobado).
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión recomendada.

Definición do termo: GRAN ARMADA

PUNTUACIÓN ASPECTOS A VALORAR


(ata 0,5
puntos)
Deficiente (0) Resposta en branco ou que revela a incomprensión do concepto
Insuficiente Coñecementos: resposta confusa ou incompleta.
(0,1) Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes, frases
incoherentes ou mal articuladas
Aprobado (0,2) Coñecementos: resposta básica que fai referencia ao seguinte:
-Gran flota formada por Filipe II en 1588 para desembarcar en Inglaterra e destronar á
raíña protestante Sabela I.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Coñecementos: resposta con polo menos dúas destas aclaracións adicionais (ademais
(0,3 - 0,4) do esixido para o aprobado)
-Partiu do porto de Lisboa, recalou na Coruña, e arribou ao Canal da Mancha onde
debía embarcar aos Terzos de Flandres.
-A flota foi derrotada polos temporais e os ataques ingleses
-Foi descada polos ingleses chamándoa a armada invencible
Redacción: correcta
Sobresaliente Coñecementos: resposta que fai referencia ás tres cuestións citadas para o notable
(0,5) (ademais do esixido para o aprobado).
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión recomendada.

Definición do termo: DECRETOS DE NOVA PLANTA


PUNTUACIÓN ASPECTOS A VALORAR
(ata 0,5
puntos)
Deficiente (0) Resposta en branco ou que revela a incomprensión do concepto
Insuficiente Coñecementos: resposta confusa ou incompleta.
(0,1) Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes, frases
incoherentes ou mal articuladas
Aprobado (0,2) Coñecementos: resposta básica que fai referencia ao seguinte:
-Promulgados por Felipe V (1707-1716) e supuxeron a implantación na Coroa de
Aragón, da organización político-administrativa de Castela.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Coñecementos: resposta con polo menos dúas destas aclaracións adicionais (ademais
(0,3 - 0,4) do esixido para o aprobado)
-Eliminación dos privilexios forais
-Causa: apoio a Carlos de Austria na Guerra de Sucesión.
-Establecemento dun estado centralista e uniforme en España agás nas provincias
vascas e Navarra.
Redacción: correcta
Sobresaliente Coñecementos: resposta que fai referencia ás tres cuestións citadas para o notable
(0,5) (ademais do esixido para o aprobado).
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión recomendada.

Definición do termo: MOTÍN DE ESQUILACHE

PUNTUACIÓN ASPECTOS A VALORAR


(ata 0,5
puntos)
Deficiente (0) Resposta en branco ou que revela a incomprensión do concepto
Insuficiente Coñecementos: resposta confusa ou incompleta.
(0,1) Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes, frases
incoherentes ou mal articuladas
Aprobado (0,2) Coñecementos: resposta básica que fai referencia ao seguinte:
-Revolta popular de 1766 en Madrid provocada polo decreto de Esquilache, ministro de
Carlos III.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Coñecementos: resposta con polo menos dúas destas aclaracións adicionais (ademais
(0,3 - 0,4) do esixido para o aprobado)
- prohibía a uso de capas longas e sombreiros de aba ancha
-Entre as súas está a oposición dos privilexiados ás reformas de Carlos III
-Causa: carestía do pan
-Causa: xenofobia ante a abundancia de ministros italianos.
Redacción: correcta
Sobresaliente Coñecementos: resposta que fai referencia ás tres cuestións citadas para o notable
(0,5) (ademais do esixido para o aprobado).
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión recomendada.

Pregunta a desenvolver: A CONFIGURACIÓN DO IMPERIO ESPAÑOL NO SÉCULO XVI

PUNTUACIÓN ASPECTOS A VALORAR


(ata 3 puntos)
Moi deficiente Resposta en branco ou sen relación coa materia da pregunta.
(0)
Deficiente Coñecementos: Resposta confusa, que revela a incomprensión da pregunta
(0,1 – 0,5) Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes, frases
incoherentes ou mal articuladas
Insuficiente Coñecementos: Resposta incompleta, que revela a falla de coñecementos
(0,6 – 1) Redacción: moi simple
Aprobado Coñecementos: resposta básica que cita someramente as seguintes cuestións:
(1,1 – 1,5) -Herdanza recibida por Carlos I de Habsburgo (1515-1519)
-Herdanza dos pais (Xoana a Tola e Filipe o Fermoso) e avós (Reis Católicos e reis
da Casa de Austria)
-Recibe a Coroa de Castela, Coroa de Aragón, condados e ducados de Austria e
Flandres e foi elixido emperador do Sacro Imperio Xermánico (Carlos V)
-Permanecen nos Habsburgo ata a morte de Carlos II (1700)
-Reinado de Felipe II (1555-56)
-Recibe os territorios do seu pai a excepción dos territorios austríacos e mantén a
hexemonía en Europa grazas a numerosas guerras
-Rebelión en Flandres
-Intolerancia católica de Felipe II provoca revoltas ante a difusión do protestantismo
-Dura represión polo duque de Alba non aplastando rebelión
-1579 independencia das provincias do norte encabezadas por Holanda
-Forman as Provincias Unidas lideradas por Guillermo de Orangue (Unión de
Utrecht) apoiadas por Inglaterra
-Erradicación do protestantismo nas Provincias do sur baixo soberanía de Felipe II
(Unión de Arras)
-Incorporación de Portugal
-Felipe II reclama trono portugués ante a morte sin descendencia do rei
-Nomeado rei en 1581, xura respectar liberdades e institucións propias
-Incorporación de territorios en África, Asia e América
-Guerra contra Inglaterra
-Envío da Gran Armada en 1580 que remata en fracaso
-Causa: cisma anglicano, apio d Inglaterra aos rebeldes protestantes dos Países
Baixos, execución da raíña católica de Escocia
-Consecuencia: envío dunha flota ao mando de Drake que ataca A Coruña, Lisboa e
Azores
Redacción: texto formalmente correcto, pero con expresión básica.
Notable (1,6 – Coñecementos: resposta que demostra o coñecemento do tema:
2,4) -Resposta que incide nas dúas primeiras cuestións, e cita as tres restantes.
Redacción: correcta.
Sobresaliente Resposta con precisións e aclaracións:
(2,5 - 3) -Resposta que explica con certa profundidade todas as cuestións referidas para o
aprobado.
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión recomendada.

Composición histórica: CORTES DE CÁDIZ E CONSTITUCIÓN DE 1812


PUNTUACIÓN ASPECTOS A VALORAR
(ata 5 puntos)
Moi deficiente Resposta en branco.
(0 – 0,5) A resposta é unha paráfrase dos documentos.
Deficiente Contidos: Xeneralidades sobre a época ou con erros que amosan o descoñecemento
(0,6 – 1) do tema.
Uso dos documentos:
A resposta prescinde dos documentos, como se fose a resposta a unha pregunta
teórica
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas, frases
incoherentes ou mal articuladas. Deficiente presentación.
Insuficiente Contidos:
(1,1 – 2) A resposta achega contidos básicos do tema ou do proceso histórico considerado
Uso dos documentos:
Falta algunha das partes da composición (introdución, comentario, conclusións).
A resposta prescinde dos documentos, como se fose a resposta a unha pregunta
teórica, ou cítaos someramente, ou sen comprendelos realmente.
Redacción: básica e expresión demasiado simple. Deficiente presentación
Aprobado Contidos: a resposta inclúe unha contextualización e explicación básica do tema
(2,1 – 3) proposto
-Formación de xuntas de gobernos
-Reunión das Cortes de Cádiz e composición
-Promulgación de decretos
-Constitución de 1812
Uso dos documentos:
Os documentos cítanse na redacción
Establece as tres partes da composición (introdución, comentario, conclusións)
Redacción: texto formalmente correcto. Deficiente presentación.
Notable (3,1 – Contidos: cita as cuestións propostas para o aprobado e a metade da información
4) sinalada para cada unha.
-Formación de xuntas de goberno en numerosas vilas e cidades (maio-xuño 1808)
-Organización polas élites apoiadas polo
-Causa: pasividade das autoridades ante abdicacións de Baiona e invasión das
tropas
-Declaran a guerra a Francia, rganizan a loita, e propoñen medidas para reformar o
sistema político vixente
-Supuxeron a ruptura coa orde política vixente:
-Concepción revolucionaria do poder
-Están lexitimadas pola vontade popular
-Asumen a soberanía e substitúen ás autoridades tradicionais
-As Xuntas locais están baixo a autoridade das Xuntas Provinciais
-Para coordinarse forman a Xunta Suprema Central Gobernativa de España e
Indias que asume o goberno de España
-Será substituída polo Supremo Consello de Rexencia en xaneiro 1810
-Reunión das Cortes de Cádiz e composición
-Difusión da idea da necesidade de convocar Cortes xerais e extraordinarias para
impoñer reformas
-Reunión en Cádiz o 24 setembro de 1810
-Predominio de deputados das clases medias urbanas e instruídas
-Grupo maioritario → clero ilustrado
-Seguidos de avogados, xentes da administración, militares
-Minoría de comerciantes, alta xerarquía eclesiástica e nobreza
-Non asistiron artesáns ou campesiños
-Dúas tendencias ideolóxicas antagónicas
-Liberais, partidarios das reformas
-Realistas, absolutistas que apoian a restauración do Antigo Réxime
-Promulgación de decretos que
-Establecen:
-Soberanía nacional
-Separación de poderes
-Abolición dos señoríos xurisdiccionais e dos privilexios de orixe feudal
-A xustiza pasa ao Estado, ata entón en mans da nobreza e clero
-Abolición do morgado
-Señoríos territoriais convertidos en propiedade privada
-Señoríos xurisdicionais quedaban anulados aínda que a maior parte pasaron
a ser propiedade privada dos nobres
-Problema: transformaba aos señores en propietarios e deixa sen terra
aos campesiños
-Liberdade de imprenta
-Creación do Tribunal Supremo de Xustiza e reforma das Audiencias
-Supresión da Inquisición
-Regulamentación do poder executivo, responsabilidade dos ministros
-Supuxeron a abolición do Antigo Réxime e instauración réxime liberal polo que son
consideradas revolucionarias
-Masas populares non comprenderon estas reformas considerándoas
atentatorias contra a relixión e a tradición
-Constitución de 1812
-Liberal, moi avanzada para a súa época
-Inicio do constitucionalismo español
-Establece:
-Soberanía nacional
-Monarquía monarquía constitucional
-Ríxida separación de poderes
-Rei exerce o poder executivo, é Xefe de Estado e Xefe de Goberno
-Cortes detentan o poder lexislativo
-Tribunais de xustiza detentan o poder xudicial
-Dereitos e liberdades:liberdade de opinión e imprenta, igualdade ante cargas
fiscais, militares e ante a lei (elimina privilexios feudais)
-Propiedade privada
-Creación da Milicia Nacional
-Unitarismo e centralismo político, elimina particularismos dos antigos reinos e
privilexios forais
-Catolicismo de Estado, aspecto menos progresista
Uso dos documentos: ademais do esixido para o aprobado, na composición cítanse
os 3 documentos para comentar a lo menos unha seguintes cuestións en cada
documento.
-Doc.1:
-Identificación da Xunta Central asturiana cunha das xuntas provinciais
-Declaración de guerra a Francia (2ª liña)
-Alusión ás abdicacións de Baiona (2ª-4ª liñas)
-Doc.2:
-Soberanía nacional(1ª-2ª liñas)
-Sufraxio universal masculino (5ª liña)
-Separación do poder lexislativo, correspondéndolle a elaboración das leis, e
residindo nas Cortes (3º parágrafo)
-Doc.3:
-Dereitos e liberdades, entre eles a liberdade individual e a propiedade privada
(art.4)
-Igualdade contributiva (art.8)
-Estado confesional católico (art. 12)
-Monarquía constitucional identificada cos Borbóns (art.14)
Redacción: correcta e texto coherente. Presentación correcta.
Sobresaliente Contidos: no comentario afóndase nos sucesos que teñen lugar nas cuestións
(4,1 - 5) sinaladas para o notable.
Uso dos documentos: ademais do esixido para o notable, na redacción da
composición afóndase no contido dos documentos citándoos a lo menos en 2 ocasións.
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado. Presentación
correcta.

You might also like