Exame e Rúbrica 1er Parcial Da 2 Avaliación. Temas 3-4 e 6-8

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 7

PROBA DE AVALIACIÓN 2º BAC.

1er Parcial (2ª Avaliación)


(temas 1-2, 6-8)
NOME:
APELIDOS:

1. Defina os seguintes termos (extensión máxima recomendada: 5 liñas por termo) (2 puntos, 0,5 por
concepto)
Pragmática sanción de 1830, catastro de Ensenada, ludismo, Manifesto dos Persas

2. Explique a seguinte cuestión (extensión máxima recomendada: unha cara de folio/40 liñas) (3
puntos): O cambio dinástico e a Guerra de Sucesión (causas da guerra, bandos en conflito, a paz de
Utrecht)

3. Composición histórica (5 puntos):


Debes realizar unha composición que teña por tema central a Revolución Gloriosa e a Constitución
de 1869. Comeza por comentar as circunstancias que conducirán á expulsión do trono de Isabel II e
as aspiracións dos revolucionarios triunfantes. A Constitución de 1869 supón a instauración dun novo
réxime político, que debes caracterizar nos seus trazos esenciais, así como as razóns do fracaso da
fórmula monárquica.

Doc.1: A crecente oposión a Isabel II a partir de 1866, propiciou a unión de forzas políticas no
Pacto de Bruxelas para conseguir derrocar a raíña (5-7-1867):
Despois dunha breve discusión acordouse por unanimidade o seguinte:
1. Que o obxecto e bandeira da revolución en España é a caída dos Borbóns.
2. Que sendo para os demócratas un principio esencial do seu dogma político o sufraxio universal e
admitindo os progresistas o dereito moderno constituínte do plebiscito, a base da intelixencia dos
dous partidos fora que por un plebiscito (...) ou por unhas Cortes Constituíntes elixidas polo sufraxio
universal, se decidiría a forma de goberno que se había de establecer en España, e sendo a
monarquía, a dinastía que debía substituír á actual (...). Que se recoñecía como xefe e director militar
do movemento ao xeneral Prim.

Doc.2: Constitución de 1869:


Art.16. Ningún español que se encontre en pleno goce dos seus dereitos civís poderá ser privado do
dereito de votar nas eleccións de senadores, deputados a Cortes, deputados provinciais e
concelleiros.
Art. 17. Tampouco pode ser privado ningún español: do dereito de emitir libremente as súas ideas e
opinións, xa de palabra, xa por escrito (...). Do dereito de reunirse pacificamente. Do dereito de
asociarse para tódolos fins da
vida humana que non sexan contrarios á moral pública (...).
Art.21. A nación obrígase a manter o culto e aos ministros da relixión católica. O exercicio público ou
privado de calquera outro culto queda garantido (…) sen máis limitacións que as regras universais da
moral e do dereito.
Art. 34. A potestade de facer as leis reside nas Cortes. O Rei sanciona e promulga as leis.
Art. 35. O poder executivo reside no Rei, que o exerce por medio dos ministros.

Doc.3: Abdicación de Amadeo I (11 de febreiro de 1873):


Dous anos longos hai que cingo a coroa de España, e a España vive en constante loita, vendo cada
día máis distante a era de paz que tanto desexo (...). Todos invocan o doce nome da patria, todos
pelexan e axítanse polo seu ben; e entre o fragor do combate, entre o confuso, atronador e
contraditorio clamor dos partidos, entre tantas e tan opostas manifestacións da opinión pública, é
imposible afirmar cal é a verdadeira, e máis imposible aínda atopar o remedio para tamaños males.
Busqueino dentro da lei ansiosamente e non o atopei. Fóra da lei non ha búscalo quen prometeu
observala (...).
Estas son, señores deputados, as razóns que me moven a devolver á nación, e no seu nome a
vosoutros, a Coroa que me ofreceu o voto nacional (-..).
RÚBRICAS DE AVALIACIÓN
Definición do termo: PRAGMÁTICA SANCIÓN DE 1830

PUNTUACIÓN ASPECTOS A VALORAR


(ata 0,5
puntos)
Deficiente (0) Resposta en branco ou que revela a incomprensión do concepto
Insuficiente Coñecementos: resposta confusa ou incompleta.
(0,1) Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes,
frases incoherentes ou mal articuladas
Aprobado (0,2) Coñecementos: resposta básica que fai referencia ao seguinte:
-Foi promulgada por Fernando VII e anulaba a lei Sálica que impedía reinar
ás mulleres.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Coñecementos: resposta con polo menos dúas destas aclaracións
(0,3 - 0,4) adicionais (ademais do esixido para o aprobado)
-A lei sálica fora aprobada por Felipe V.
-Exclúe a don Carlos de Borbón do trono
-Converte en herdeira á filla de Fernando VII, a futura Isabel II.
Redacción: correcta
Sobresaliente Coñecementos: resposta que fai referencia ás catro cuestións citadas
(0,5) para o notable (ademais do esixido para o aprobado).
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión
recomendada.

Definición do termo: MANIFESTO DOS PERSAS

PUNTUACIÓN ASPECTOS A VALORAR


(ata 0,5
puntos)
Deficiente (0) Resposta en branco ou que revela a incomprensión do concepto
Insuficiente Coñecementos: resposta confusa ou incompleta.
(0,1) Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes,
frases incoherentes ou mal articuladas
Aprobado (0,2) Coñecementos: resposta básica que fai referencia ao seguinte:
-Documento co que se solicita a Fernando VII a restauración do
absolutismo e do Antigo Réxime.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Coñecementos: resposta con polo menos dúas destas aclaracións
(0,3 - 0,4) adicionais (ademais do esixido para o aprobado)
-Foi presentado en 1814 polos deputados absolutistas tras o retorno do
exilio.
-Solicitan a abolición dos decretos promulgados polas Cortes de Cádiz e
da Constitución de 1812.
-O monarca atendeu estas peticións restablecendo o absolutismo.
Redacción: correcta
Sobresaliente Coñecementos: resposta que fai referencia ás tres cuestións citadas para
(0,5) o notable (ademais do esixido para o aprobado).
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión
recomendada.
Definición do termo: CATASTRO DE ENSENADA

PUNTUACIÓN ASPECTOS A VALORAR


(ata 0,5
puntos)
Deficiente (0) Resposta en branco ou que revela a incomprensión do concepto
Insuficiente Coñecementos: resposta confusa ou incompleta.
(0,1) Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes,
frases incoherentes ou mal articuladas
Aprobado (0,2) Coñecementos: resposta básica que fai referencia ao seguinte:
-Enquisa para coñecer as características demográficas, económicas e
xeográficas da Coroa de Castela.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Coñecementos: resposta con polo menos dúas destas aclaracións
(0,3 - 0,4) adicionais (ademais do esixido para o aprobado)
-Obxectivo: racionalizar o sistema fiscal e substituír a multiplicidade de
rendas por unha única contribución.
-Proposto polo marqués de Ensenada, ministro de Fernando VI.
-Elaborado entre 1750 e 1753.
Redacción: correcta
Sobresaliente Coñecementos: resposta que fai referencia ás tres cuestións citadas para
(0,5) o notable (ademais do esixido para o aprobado).
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión
recomendada.

Definición do termo: LUDISMO

PUNTUACIÓN ASPECTOS A VALORAR


(ata 0,5
puntos)
Deficiente (0) Resposta en branco ou que revela a incomprensión do concepto
Insuficiente Coñecementos: resposta confusa ou incompleta.
(0,1) Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes,
frases incoherentes ou mal articuladas
Aprobado (0,2) Coñecementos: resposta básica que fai referencia ao seguinte:
-Movemento de protesta obreira nos inicios da revolución industrial.
Redacción: texto formalmente correcto, pero expresión demasiado simple
Notable Coñecementos: resposta con polo menos dúas destas aclaracións
(0,3 - 0,4) adicionais (ademais do esixido para o aprobado)
-Caracterízase pola destrución de máquinas e fábricas ás que culpaban de
deixalos sen traballo.
-Recibe este nome por Ned Ludd, obreiro británico a quen se lle atribúe a
primeira destrución en 1779.
-En España unha das primeiras foi a queima da fábrica Bonaplata en
Barcelona en 1835.
Redacción: correcta
Sobresaliente Coñecementos: resposta que fai referencia ás tres cuestións citadas para
(0,5) o notable (ademais do esixido para o aprobado).
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión
recomendada.
Pregunta a desenvolver: CAMBIO DINÁSTICO E GUERRA DE SUCESIÓN

PUNTUACIÓN ASPECTOS A VALORAR


(ata 3 puntos)
Moi deficiente Resposta en branco ou sen relación coa materia da pregunta.
(0)
Deficiente Coñecementos:
(0,1 – 0,5) -Resposta confusa, que revela a incomprensión da pregunta
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inexistentes,
frases incoherentes ou mal articuladas
Insuficiente Coñecementos: Resposta incompleta, que revela a falla de coñecementos
(0,6 – 1) Redacción: moi simple
Aprobado Coñecementos: resposta básica que cita someramente as seguintes
(1,1 – 1,5) cuestións:
-Morte de Carlos II de Habsburgo e designación de Felipe V de Borbón
como herdeiro
-Guerra de Sucesión polo rexeitamento de Aragón e potencias europeas
-Cita dalgún dos países integrantes de ambos bandos
-Fin da guerra ante a morte do emperador austríaco
-Paz cos tratados de Utrecht e Rastatd
Redacción: texto formalmente correcto, pero con expresión básica.
Notable (1,6 – Coñecementos: resposta que demostra o coñecemento do tema facendo
2,4) referencia ás cuestións básicas indicadas para o aprobado, e afonda a lo
menos na terceira e cuarta aquí sinaladas:
-Morte de Carlos II de Habsburgo en 1700 e cesión da coroa a Felipe V de
Borbón, neto de Luís XIV de Francia, e emparentado por liña materna cos
Habsburgo
-Cambio dinástico que desencadea Guerra de Sucesión (1702-1713)
-Causas da Guerra
-Felipe V é aceptado como rei por Castela, Aragón, Cataluña, Sicilia,
Nápoles e Milán
-Oposición dos Habsburgo e das potencias europeas
-Temor á unión de Francia e España e preponderancia de Luís XIV
-Propoñen ao seu candidato, Archiduque Carlos de Habsburgo
-Bandos en conflito
-Formación en 1701 da coalición antiborbónica: Austria, Inglaterra,
Holanda, Prusia, Portugal, Savoia, maioría de príncipes alemáns e
italianos
-Obxectivos
-Evitar a hexemonía borbónica e defender o dereito do archiduque
-División das posesións españolas
-Obter vantaxes no comercio colonial
-Conflito interior en España
-Castela, Navarra e Provincias Vascas apoian a Felipe V
-Coroa de Aragón apoia ao Habsburgo, son partidarios do pactismo
destes e temen o centralismo borbónico
-Fin do conflito coa morte do emperador austríaco e o temor á
hexemonía austríaca
-Firma dos Tratados de Utrecht (1713) e Rastatd (1714) co obxectivo de
manter o equilibrio europeo
-Nomeamento de Felipe V de Borbón rei de España e renuncia aos
seus dereitos sobre Francia
-Entrega a Austria dos Paises Baixos españois, Nápoles, Milán e
Sardeña
-Cesión de Sicilia ao Piemonte
-Entrega da colonia de Sacramento a Portugal
-Cesión a Inglaterra de Xibraltar e Menorca, un navío de permiso e o
asento de negros
-Continuación do conflito en España
-Conquista de Barcelona en 1714 e de Mallorca e Eivisa en 1715
Redacción: correcta.
Sobresaliente Resposta con precisións e aclaracións:
(2,5 - 3) -Resposta que explica con certa profundidade todas as cuestións referidas
para o notable.
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.
Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión
recomendada.

Composición histórica: A REVOLUCIÓN GLORIOSA E A CONSTITUCIÓN DE 1869


PUNTUACIÓN ASPECTOS A VALORAR
(ata 0,5
puntos)
Moi deficiente Resposta en branco.
(0 – 0,5) A resposta é unha paráfrase dos documentos.
Deficiente Contidos: Xeneralidades sobre a época ou con erros que amosan o
(0,6 – 1) descoñecemento do tema.
Uso dos documentos:
A resposta prescinde dos documentos, como se fose a resposta a unha
pregunta teórica
Redacción: texto no que abundan as imprecisións, palabras inventadas,
frases incoherentes ou mal articuladas. Deficiente presentación.
Insuficiente Contidos:
(1,1 – 2) A resposta achega contidos básicos do tema ou do proceso histórico
considerado.
Uso dos documentos:
Falta algunha das partes da composición (introdución, comentario,
conclusións).
A resposta prescinde dos documentos, como se fose a resposta a unha
pregunta teórica, ou cítaos someramente, ou sen comprendelos realmente.
Redacción: básica e expresión demasiado simple. Deficiente presentación
Aprobado Contidos: a resposta inclúe unha contextualización e explicación básica do
(2,1 – 3) tema proposto
-Demócratas: minoría radical dos anos 40 que xorde pola moderación dos
progresistas
-Exilio de Isabel II tras o Bienio Ultramoderado (1866 - 1868)
-Revolución 1868 e formación de Xuntas que demanda reformas
democráticas.
-Formación de goberno provisional
-Principios da Constitución de 1869, liberal democrática
-Nomeamento de Amadeo I de Saboia
-Abdicación causada por falta de apoios e situación de guerra.
Uso dos documentos:
Os documentos cítanse na redacción
Establece as tres partes da composición (introdución, comentario,
conclusións)
Redacción: texto formalmente correcto. Deficiente presentación.
Notable (3,1 – Contidos: cita as cuestións propostas para o aprobado e a metade da
4) información sinalada para cada unha.
-Exilio de Isabel II tras o Bienio Ultramoderado (1866 - 1868)
-Demócratas: minoría radical dos anos 40 que xorde pola moderación
dos progresistas
-Desconfianza polas actuacións da raíña, crise económica, malas
colleitas
-Alianza de demócratas, progresistas e unionistas
-Pactos de Ostende e Bruxelas (1866-1867)
-Protagonismo de Prim
-Pronunciamento de Prim, Serrano e Topete, paso á revolución 1868 e
comezo do Sexenio Democrático (1868-1874)
-Formación de Xuntas que demandan reformas democráticas: dereitos e
liberdades (prensa, educación, asociación), supresión quintas, abolición
consumos, sufraxio universal masculino.
-Formación de goberno provisional
-Presidido por Serrano, e do que forman parte Prim e Sagasta
-Integrado por unionistas e progresistas co apoio dos demócratas
-Atende petición de xuntas: creación da peseta, abolen consumos,
convocan eleccións mediante sufraxio universal masculino
-Principios da Constitución de 1869, liberal democrática
-Soberanía popular
-Monarquía liberal
-Buscan novo candidato (católico, liberal, apoiado polas potencias)
-Poder executivo controlado por Cortes, escolle ministros
responsables ante as Cortes, sanción e promulgación de leis sen
posibilidade de veto, suspende e disolve Cortes só una vez por
lexislatura
-Amplos dereitos e liberdades como reunión e asociación
-Lexislativo bicameral: controla a acción do goberno e aproba
orzamentos
-Ríxida división de poderes
-Liberdade de cultos e suprime confesionalidade católica
-Descentralización
-Restablece Milicia Nacional
-Nomeamento de Amadeo I de Saboya (1871)
-Tras rexencia de Serrano
-Asasinato de Prim, principal valedor do rei
-Situación de guerra: III Guerra Carlista (1872-1876) e Independentismo
cubano
-Falta de apoio político
-Desfaise coalición gobernamental entre unionistas, progresistas e
demócratas, presionan ao rei para que tome partido.
-Oposición republicanos
-Falta apoio popular
-Renuncia Amadeo I (1873)
-Congreso e senado en reunión conxunta proclaman a I República
Uso dos documentos: ademais do esixido para o aprobado, na
composición cítanse os 3 documentos para comentar a lo menos dúas
cuestións de cada documento.
-Doc.1: Identificación do Pacto de Bruxelas, exilio dos Borbóns (2ª liña),
participación de progresistas e demócratas (1ª e 2ª liña), aceptación do
sufraxio universal (art. 2), referencia á elección mediante sufraxio do modelo
de Estado e da nova dinastía que recae nos Savoia (7ª-8ª liña), elección de
Prim como xefe da revolución (7ª-8ª liña)
-Doc.2: sufraxio universal masculino (art.16), dereitos e liberdades como
opinión, prensa reunión e asociación (art.17), mantemento do culto e do
clero e liberdade de cultos (art.21), lexislativo reside unicamente nas cortes
(art.34), executivo no rei (art.35)
-Doc.3: referencia á situación de guerra (1ª-2ª liñas), falta de apoio e acordo
dos grupos políticos (3ª liña), respecto pola legalidade constitucional e
rexeitamento a tomar partido por algún grupo político (7ª liña)
Redacción: correcta e texto coherente. Presentación correcta.
Sobresaliente Contidos: no comentario afóndase nos sucesos que teñen lugar nas
(4,1 - 5) cuestións sinaladas para o notable.
Uso dos documentos: ademais do esixido para o notable, na redacción da
composición afóndase no contido dos documentos citándoos a lo menos en
2 ocasións.
Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.
Presentación correcta.

You might also like