Presentación TEMA 5 Crise Do Antigo Réxime e Revolución Liberal 2 BAC

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 24

TEMA 5: CRISE DO ANTIGO RÉXIME E

REVOLUCIÓN LIBERAL
1. LIBERALISMO: PRINCIPIOS E INSTITUCIÓNS

2. IMPACTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA EN ESPAÑA

3. A CRISE DA MONARQUÍA E A INVASIÓN NAPOLEÓNICA


3.1. A crise da Monarquía Española
3.2. As abdicacións de Baiona e o reinado de Xosé I Bonaparte
3.3. A guerra contra Napoleón

4. AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812


4.1. A formación das Xuntas de Goberno
4.2. As Cortes de Cádiz e a abolición do Antigo Réxime
4.3. A Constitución de 1812 (Pepa)

5. A RESTAURACIÓN DE FERNANDO VII (1814 - 1833)


5.1. O Sexenio Absolutista (1814 - 1820)
5.2. O Trienio Liberal (1820 - 1823)
5.3. A Década Ominosa ou Absolutista (1823 - 1833)

6. A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA (1808 - 1824)


6.1. Formación de Xuntas e intentos de emancipación (1808 - 1814)
6.2. Guerras de independencia latinoamericana (1814 - 1824)

7. TEXTOS

8. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO


1. A crise da monarquía absoluta (abdicacións, ocupación napoleónica).
2. As Cortes de Cádiz e a constitución de 1812.
3. A restauración de Fernando VII e do absolutismo (as etapas do
reinado).

1
TEMA 5: CRISE DO ANTIGO RÉXIME E
REVOLUCIÓN LIBERAL

• 1808 – 1833 → enfrontamento entre liberalismo e absolutismo


-A revolución liberal española
-Iniciada por → influencia da Revolución Francesa (1789)
→ invasión napoleónica (1808)
-Feitos fundamentais destes comezos → Cortes de Cádiz
→ Constitución de 1812
-1814 → volta de Fernando VII → restauración do absolutismo e do Antigo
Réxime
-Absolutismo mantido ata a morte de Fernando VII
-Único período liberal → Trienio Liberal (1820 - 1823)

1. LIBERALISMO: PRINCIPIOS E INSTITUCIÓNS

• Liberalismo → corrente de pensamento que defende un novo concepto do


poder e da sociedade
-Baseado → na liberdade, igualdade xurídica, limitación da autoridade e
participación política dos cidadáns
-Fronte → ao absolutismo e aos privilexios do Antigo Réxime

• Principios políticos e institucións liberais


-Recoñecemento de dereitos e liberdades
-Igualdade ante a lei
-Limitación do poder político
-Soberanía nacional
-Separación de poderes → executivo (Goberno), lexislativo (Cortes),
xudicial (tribunais)
-Participación política dos cidadáns → sufraxio
-Constitución → lei suprema na que se recollen os principios políticos sobre
os que se sustenta o exercicio do poder
-Leis escritas que garanten o imperio do Dereito
-Existencia de Cortes ou Parlamentos que representan a vontade dos
cidadáns

2
• Principios económicos
-Garántese a propiedade privada individual
-Liberdade económica e de empresa
-Baséase → libre iniciativa individual
→ non intervención do Estado nos asuntos económicos
-Mercado sometido ao libre xogo da oferta e da demanda → mecanismo
que regula prezos, salarios, produción……….

•Liberalismo → representa e defende os intereses da burguesía


-Burguesía → convertida no grupo hexemónico
-Causas → expansión do comercio e desenvolvemento industrial
→ triunfo das revolucións liberais

2. IMPACTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA EN ESPAÑA

• Revolución Francesa (1789) → forte impacto na España de Carlos IV


-Temor ao contaxio revolucionario levou ao goberno de Carlos IV a:
-Peche da fronteira con Francia
-Prohibir a propaganda revolucionaria, peche de periódicos
-Acabar coas medidas reformistas dos ilustrados que critican o sistema
existente
-Reactivan Inquisición
-As medidas foron ineficaces → as ideas revolucionarias esténdense por
España
-Apoiadas por ilustrados e reformistas → desexan unha Constitución
baseada nos principios de
liberdade e dereitos individuais
-Foron rexeitadas pola nobreza e o clero → atentaban contra a
monarquía e a relixión

3. A CRISE DA MONARQUÍA E A INVASIÓN NAPOLEÓNICA

• Portugal non acepta bloqueo de Napoleón contra Inglaterra


-Napoleón decide conquistar Portugal
-Godoy, secretario de Estado de Carlos IV, autoriza o paso das tropas
francesas por solo español (Tratado de Fontainebleau, 1807)
-Acordan → repartir territorios portugueses
→ creación do reino dos Algarves para Godoy

3
3.1. A CRISE DA MONARQUÍA ESPAÑOLA

• Resentimento do príncipe Fernando respecto de Godoy


-Causas → gran acumulación de títulos e poderes en Godoy
→ grande influenza sobre os reis
→ temor a ver limitadas as súas posibilidades de gobernar
-Reacción → crea grupo opositor dentro da Corte: grupo fernandino
-Tratan de desprestixiar e desprazar a Godoy → recorren á sátira e a
conspiración

• Principios 1808 → a entrada de tropas francesas causa forte malestar popular


-Godoy → desconfía de Napoleón → traslado dos reis a Aranxuez
-Marzo → alborotadores apoiados polo partido fernandino asaltan o Pazo
Real
-Carlos IV → é obrigado a abdicar en Fernando
→ pide axuda a Napoleón

3.2. AS ABDICACIÓNS DE BAIONA E O REINADO DE XOSÉ I BONAPARTE

• Napoleón advirte a profunda crise e división da monarquía española


-Convoca á familia real a Baiona → Fernando VII e Carlos IV son obrigados
a abdicar en Napoleón
-Xosé I Bonaparte → nomeado rei
-Foi escasamente aceptado → desprezado polas masas populares que
o satirizaron con alcumes (Pepe Botella, Rei Pepino)
-Apoiado por unha minoría (afrancesados) → defenden o reformismo
autoritario como medio para renovar España

• Para conseguir partidarios → Napoléon reúne a Asemblea de Baiona (reunión


de deputados españois)
-Aproban unha Carta Outorgada
-Non foi unha Constitución → foi obra do rei, non da Asemblea de
Baiona (representante da nación)
-Tiña carácter conservador pero limitaba o poder do rei
-Mestura trazos tradicionais e novos → supuxo unha ruptura co Antigo
Réxime

• Principios da Carta Outorgada


-Recolle certa separación e limitación de poderes ao crear:
-Senado
-Consello de Estado
-Cortes → divididas nos tres estamentos tradicionais
4
-Oficialidade da relixión católica
-Unidade lexislativa para todo o reino
-Igualdade contributiva
-Defensa de certas liberdades individuais

• Reformas postas en marcha por Xosé I Bonaparte


-Supresión dos dereitos señoriais
-Redución das ordes relixiosas masculinas
-Eliminación das aduanas interiores
-Potenciación da liberdade económica
-Creación de escolas
-Intento de centralización e racionalización da administración coa división
do país en distritos

• Estas reformas e a Carta Outorgada tiveron escasa aplicación práctica pola


situación de guerra

• A derrota de Napoleón provoca o exilio de Xosé I Bonaparte e dos


afrancesados
-Devolución da coroa a Fernando VII en 1813 (Tratado de Valençay)

3.3. A GUERRA CONTRA NAPOLEÓN

• 2 maio 1808 → malestar popular polo traslado da familia real a Francia


-Amotinamiento dos madrileños → duramente reprimido (doc.1)
-Provoca → sublevación xeral → comezo da Guerra da Independencia

• Adóptase a guerra de Guerrillas pola superioridade militar francesa


-Defensa do territorio asumida por masas populares pola escaseza de
tropas españolas
-Predominio do patriotismo fanático defensor da tradición, da relixión e
dos dereitos de Fernando VII
-Guerrilla → cuadrillas de homes coñecedores do terreo que contan co
apoio da poboación
→ atacan limitadamente e por sorpresa, nunca presentan batalla
frontal
-Participa o exército inglés → aliado de Portugal

• Fases da Guerra de Independencia


-Primeira fase (maio – novembro 1808)
-Intento francés de ocupar rapidamente o país → fracaso polo
levantamento popular
5
-Derrota francesa en Bailén → obriga as tropas francesas e a Xosé I
Bonaparte a repregarse a Vitoria
-Segunda fase (novembro 1808 – xaneiro 1812)
-Dominio francés do territorio polo envío dun gran exército
-Só resisten Lisboa e Cádiz
-En Galicia
-Batalla de Elviña (1809) → tropas inglesas son perseguidas ata
Coruña
→ son derrotadas na batalla de Elviña
→ reembarcan tras perder ao seu xefe, sir
John Moore
-Galicia foi o primeiro territorio liberado da ocupación francesa
- Causa → oposición popular
→ illamento con respecto ao resto do exército francés
-Terceira fase (xaneiro 1812 – abril 1814)
-Invasión rusa → obriga a retirar importante número de tropas da
Península
-Tropas anglo – hispanas dirixidas polo xeneral Wellington aproveitan a
debilidade francesa

4. AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812

• Elites dominantes apoiadas polo pobo crean Xuntas


- Causa → pasividade das autoridades ante abdicacións de Baiona
→ invasión das tropas francesas
- Xuntas → organizan a loita contra os franceses
→ propugnan medidas para reformar o sistema político vixente

4.1. A FORMACIÓN DAS XUNTAS DE GOBERNO

• Maio – Xuño 1808 → numerosas vilas e cidades formaron Xuntas de Goberno


-Supuxeron unha ruptura coa orde política vixente: concepción
revolucionaria do poder (doc.2):
-Están lexitimadas pola vontade popular
-Asumen a soberanía → substitúen ás autoridades tradicionais
-Declaran a guerra a Francia

• En cada poboación xorde unha Xunta local (doc.2)


- Están baixo a autoridade das Xuntas Provinciais
-Para coordinarse forman a Xunta Suprema Central Gobernativa de
España e Indias → asume o goberno de España
6
-Será substituída polo Supremo Consello de Rexencia (xaneiro 1810)

4.2. AS CORTES DE CÁDIZ E A ABOLICIÓN DO ANTIGO RÉXIME

• Esténdese a idea da necesidade de convocar Cortes xerais e extraordinarias


para impoñer reformas → hai dúas posturas ao respecto

• 24 setembro 1810 → reunión das Cortes en Cádiz


-Composición → predominio de deputados das clases medias urbanas e
instruídas
-Grupo maioritario → clero ilustrado
-Seguidos de avogados, xentes da administración, militares
-Minoría de comerciantes, alta xerarquía eclesiástica e nobreza
-Non asistiron artesáns ou campesiños
-Dúas tendencias ideolóxicas antagónicas (doc.3)
-Liberais → partidarios das reformas
-Realistas, absolutistas → apoian a restauración do Antigo Réxime

• Intenso labor lexislativo das Cortes → Constitución 1812


→ gran número de decretos

• Os decretos das Cortes de Cádiz establecen:


-Soberanía nacional fronte a soberanía real de orixe divina
-Separación de poderes fronte ao poder absoluto do rei
-Abolición dos señoríos xurisdiccionais e dos privilexios de orixe feudal
-A xustiza pasa ao Estado → ata entón en mans da nobreza e clero
-Abolición do morgado
-Señoríos territoriais convertidos en propiedade privada
-Señoríos xurisdicionais quedaban anulados → a maior parte pasaron a
ser propiedade privada dos nobres
-Problema → transformaba aos señores en propietarios e deixa sen
terra aos campesiños
-Liberdade de imprenta
-Creación do Tribunal Supremo de Xustiza e reforma das Audiencias
-Supresión da Inquisición
-Regulamentación do poder executivo → responsabilidade dos ministros

• Decretos das Cortes de Cádiz → aboliron Antigo Réxime → instauran réxime


liberal
-Por elo son consideradas revolucionarias
-Masas populares → non comprenderon estas reformas

7
→ deron crédito ás predicacións do clero, presentábanas
como atentatorias contra a relixión e a tradición

4.3. A CONSTITUCIÓN DE 1812 (PEPA)

• Constitución de 1812 (doc.4)


- Foi unha das máis liberais da súa época
- Establece o inicio do constitucionalismo español

•Establece un modelo político baseado en:


-Soberanía nacional → o pobo posúe o poder que é exercido por
delegación nos representantes elixidos por sufraxio universal masculino
-Monarquía de poder limitado
-Separación de poderes → rei → exerce o poder executivo
→ é Xefe de Estado e Xefe de Goberno
→ Cortes → poder lexislativo
→ Tribunais de xustiza → poder xudicial
-Defensa de dereitos e liberdades dos cidadáns
-Liberdade de opinión e imprenta
-Igualdade ante cargas fiscais, militares e ante a lei (elimina privilexios
feudais)
-Propiedade privada
-Creación da Milicia Nacional → para asegurar a orde pública e defensa
das liberdades e da Constitución
-Unitarismo e centralismo político
-Establecemento dunha única lexislación
-Elimina particularismos dos antigos reinos e privilexios forais
-Catolicismo de Estado → catolicismo como relixión oficial e única
autorizada (aspecto menos progresista)

5. A RESTAURACIÓN DE FERNANDO VII (1814 - 1833)

• 1814 → retorno de Fernando VII, o desexado


-Goberna ata a súa morte (1833)
-Supuxo a volta ao absolutismo
-Perseguiu duramente aos liberais

• Diferéncianse 3 períodos no seu reinado


-Sexenio absolutista (1814 - 1820)
-Trienio Liberal (1820 - 1823)
-Década Ominosa (1823 - 1833)
8
5.1. O SEXENIO ABSOLUTISTA (1814 - 1820)

• Marzo 1814 → regreso de Fernando VII → recibido con entusiasmo popular

• O seu retorno representa un grave problema político


-Liberais → esixen que acate os decretos e a Constitución 1812
-Absolutistas → piden a nulidade da lexislación de Cádiz
→ restauración da soberanía absoluta

• Fernando VII anulou a Constitución e os decretos das Cortes de Cádiz (doc.5)


-Supuxo a volta ao Antigo Réxime (restauración absolutista)
-Restablece → monarquía absoluta
→ señoríos xurisdicionais
→ privilexios fiscais para a nobreza e o clero
→ Inquisición

• Reaccións ao retorno ao absolutismo


-Fernando VII foi apoiado por gran parte do clero, xefes militares e nobreza
-Fixéronlle chegar o coñecido como Manifesto dos Persas, no que lle
piden a volta ao absolutismo (doc.9)
-Escasa oposición das masas populares → identifican reformas liberais
como agresións á igrexa e costumes tradicionais
- Apoio incondicional das monarquías absolutas do Congreso de Viena a
través da Santa Alianza
-Trala derrota de Napoleón (1814) → restauración absolutista en case
toda Europa
- Forzas liberais → minoritarias → detidos, asasinados ou exílianse
-Tentarán recuperar o poder mediante pronunciamentos
-Levantamento de parte do exército → pronúnciase a favor da
substitución da monarquía absoluta por réxime liberal
-Fracaso dos reiterados intentos
-Exemplo destes pronunciamentos fracasados é o que
protagoniza Porlier na Coruña (doc.6)

5.2. O TRIENIO LIBERAL (1820 - 1823)

•1820 → triunfo do pronunciamento de Rafael Riego


-Inicialmente só secundado por pequena parte do exército
-Triunfo grazas ao apoio da cidade da Coruña
-Félix Acevedo co apoio da burguesía local → restablecen Constitución
1812

9
→ nomean unha Xunta de
Goberno de Galicia
-O exemplo coruñés foi seguido noutras cidades galegas e españolas
-Fernando VII, sen apoios, é obrigado a xurar a Constitución (doc.7)

• O triunfo liberal español contaxiouse a outros países europeos


-Orixinou a vaga revolucionaria de 1820

• Os gobernos liberais restableceron a lexislación de Cádiz

• Problema → aparición de dúas tendencias diferenciadas entre os liberais


-Moderados e exaltados
-Estaban enfrontados polo control das institucións
-Esta división favoreceu o retorno ao absolutismo
-Fernando VII nunca acatou sinceramente a imposición da Constitución

5.3. A DÉCADA OMINOSA OU ABSOLUTISTA (1823 - 1833)

• As potencias absolutistas da Santa Alianza temen o contaxio revolucionario


-Envían un exército → os Cen mil fillos de San Luís
-Só atoparon resistencia en Cádiz e Coruña
-Fernando VII recupera o poder absoluto → anula a lexislación do Trienio
(doc.8)

• Dura represión dos líderes e simpatizantes liberais → executados ou exiliados


-Dende o exilio conspiraron para restablecer o liberalismo

• Ultrarrealistas ou realistas puros acusan de pusilánime a Fernando VII


-Agrúpanse en torno ao seu irmán Carlos
-Fernando VII non tiña descendencia → Carlos é considerado o herdeiro do
trono

•1830 → Nace Isabel, filla de Fernando VII


-Non pode gobernar pola vixencia da Lei Sálica (Felipe V)
-Abólese a Lei Sálica
-Isabel convertida en herdeira
-Non foi aceptado polo príncipe Carlos e ultrarrealistas

•1833 → morte de Fernando VII


-Carlos e María Cristina no nome da súa filla, reclaman a coroa
-Estoupa a Guerra Carlista
-Oportunidade para que os liberais recuperen o poder
10
-Suporá un grave problema para a futura España liberal
-A guerra consumirá gran parte dos recursos facendísticos
-Recorrerase ao endebedamento

• (CONCLUSIÓNS DO PERÍODO) Durante o reinado de Fernando VII


prodúcese a crise definitiva do Antigo Réxime
-O absolutismo configúrase xa como modelo inviable
-O liberalismo experimenta avances e retrocesos durante esta etapa
-A oportunidade de implantación definitiva do modelo liberal darase á súa
morte

6. A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA (1808 - 1824)

• Longo proceso (1808 - 1824) coas seguintes características


-Influído polo proceso de independencia de EE.UU., a Revolución Francesa
e a Revolución Liberal Española
-Carácter liberal dos líderes independentistas → identifican liberdade e
independencia
-Dirixido por minorías crioulas → desprazadas dos cargos públicos
→ sometidas ao dominio económico da
Península
-Potenciado polos EE.UU. e Gran Bretaña
-Desexan libre comercio con América fronte ao monopolio español
-Beneficiado polas loitas entre absolutistas e liberais

6.1. FORMACIÓN DE XUNTAS E INTENTOS DE EMANCIPACIÓN (1808 -


1814)

•Xosé I Bonaparte non foi aceptado → Fórmanse Xuntas e asumen o goberno


-Unhas mantivéronse fieis aos españois
-Outras evolucionan cara a emancipación
-Nova España (México)
-Nova Granada (Venezuela, Colombia)
-Río da Prata (Arxentina)
- Co fin da Guerra de Independencia → restablecen o dominio español

6.2. GUERRAS DE INDEPENDENCIA LATINOAMERICANA (1814 - 1824)

• Consecuencias á restauración do absolutismo

11
-A persecución de liberais americanos deu pulo aos ideais
independentistas
-Xeneralízanse as guerras de independencia
-Arxentina
-Chile é declarada independente gracias á intervención das tropas de
San Martín
-Bolívar libera Venezuela, Colombia, Ecuador e Panamá que se
separan a súa morte
-México → Iturbe declara en 1821 a independencia mentres nos se
restaure o poder absoluto de Fernando VII (separatismo antiliberal)
-A intervención das tropas de Bolívar e Sucre permiten a creación de
Perú e Bolivia
-Fórmase a República de Provincias Unidas de América Central, logo
separadas (Honduras, O Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Guatemala)

•Do imperio español só queda → Cuba, Porto Rico, enclaves no Norte de África
e no Golfo de Guinea, Filipinas e pequenas
illas no Pacífico

•Independencia das colonias → graves consecuencias para España


-Perde o seu papel como potencia internacional → convertido en pequeno
estado sen repercusión internacional
-Perda de cuantiosos recursos facendísticos
-Perda dun mercado exclusivo → grave crise comercial
-Suministraba produtos baratos e metal precioso
-Compraba produtos españois ou reexportados

12
TEXTOS

Doc. 1.-Orde do mariscal Murat (2 de maio de 1808):


“Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (...). O
sangue francés foi vertido; reclama vinganza. Na súa consecuencia mando o
seguinte (...):
Art.2. Todos os que foron presos no disturbio e coas armas na man serán
arcabuceados (...).
Art.5. Toda xuntanza de máis de oito persoas será considerada coma unha
xunta sediciosa (...)
Art.7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou
manuscritos provocando a sedición serán considerados coma uns axentes da
Inglaterra e arcabuceados”.

Doc. 2.-Proclama da Xunta Central do Principado de Asturias (maio de


1808):
“Asturianos leais e amados compatriotas (...). O Principado, en desempeño
daqueles deberes que máis interesan ao home, xa declarou formalmente a
guerra a Francia (...). A súa perfidia co noso rei e toda a súa familia,
enganándoo para facelo pasar a Francia baixo palabra dun eterno armisticio
para encadealos a todos, non ten igual na historia (...). ¡Á arma, á arma,
asturianos!”.

Doc. 3.-O militar e político liberal Evaristo San Miguel expón neste escrito
(1836) os diversos proxectos dos combatentes contra os franceses:
“De todos os xeitos non é menos certo que a invasión dos franceses foi o
principio das nosas diferenzas internas e a guerra da independencia unha
especie de guerra civil ao mesmo tempo.
Aos nobres, a dinastía estranxeira éralles odiosa menos polo nova que polos
indicios que daba de reformadora. Do lexislador dun pobo onde todo estaba
nivelado pola lei da igualdade debía desconfiar moito o privilexio das clases
exclusivas. O berro de guerra na súa boca foi a oposición ao espírito innovador
que os ameazaba (...).
Os ilustrados eran un número considerable e non podían ter, no seu
pronunciamento contra o emperador, só a mira de volver ao Estado anterior.
Non era posible (...) que gustasen de volver ao antigo despotismo os que o
consideraban como unha das causas dos males que os aflixían. O berro de
guerra dirixido contra os franceses tiña tamén por branco os excesos, as
desordes que afearan as administracións anteriores”.

Doc. 4.-Constitución de 1812:


“Art. 1. A nación española é a reunión de todos os españois de ámbolos dous
hemisferios (...).
13
Art. 3. A soberanía reside esencialmente na nación e polo mesmo pertence a
esta exclusivamente o dereito de establecer as súas leis fundamentais (...).
Art. 14. O goberno da nación española é a monarquía moderada hereditaria.
Art. 15. A potestade de facer leis reside nas Cortes co rei.
Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no rei.
Art. 17. A potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos
tribunais”.

Doc.5.-Decreto de anulación da Constitución de 1812 e da obra lexislativa


das Cortes de Cádiz (1814):
.As Cortes (...) no mesmo día da súa instalación (...) despoxáronme da
soberanía, pouco antes recoñecida polos mesmos deputados, atribuíndoa
nominalmente á nación para apropiala para si eles mesmos e dar a esta,
despois sobre tal usurpación, as leis que quixeron, impoñéndolle o xugo de que
forzosamente as recibise nunha nova Constitución (...); e ó que era
verdadeiramente obra dunha facción, revestíaselle (...) de vontade xeral (...).
Declaro que o meu real ánimo é non só non xurar nin acceder á dita
Constitución nin a decreto ningún das Cortes xerais e extraordinarias e das
ordinarias actualmente abertas, a saber, os que sexan depresivos dos dereitos
e prerrogativas da miña soberanía (...), senón o declarar aquela Constitución e
tales decretos nulos e de ningún valor nin efecto, agora nin en tempo ningún,
coma se non tivesen pasado xamais tales actos..

Doc.6.-Manifesto que dirixe á Nación española a Xunta Provincial de


Galicia, presidida por Juan Díaz Porlier, en 1815:
.Españois: (...). Obrigados pola necesidade, vendo que a verdade non pode
chegar ós oídos do rei, sitiado a toda hora polos seus conselleiros (...),
tomamos a terrible, pero indispensable, resolución de reclamar coas armas na
man o que se negou ás nosas solicitudes.
O noso obxecto é o de España enteira: unha monarquía sometida a leis xustas
e sabias, e constituída dun xeito que sexa garantía, o mesmo das prerrogativas
do trono que dos dereitos da nación. Pedimos a convocatoria de Cortes
nomeadas polo pobo, e que estas teñan liberdade de facer na Constitución
proclamada polas Cortes extraordinarias, os cambios que esixe a nosa
situación..

Doc.7.-Fernando VII acepta a Constitución de Cádiz o 10 de marzo de


1820:
.Mentres eu meditaba maduramente coa solicitude propia do meu paternal
corazón as variacións do noso réxime fundamental que parecían máis
adaptables ó carácter nacional e ó estado presente das diversas opcións da
monarquía española, así como máis análogas á organización dos pobos
ilustrados, fixéstesme comprender a vosa arela de que se restablecese aquela
14
Constitución que entre o estrondo das armas hostís foi promulgada en Cádiz no
ano de 1812, ó propio tempo que con asombro do mundo combatiades pola
liberdade da patria. Oín os vosos votos, e como tenro pai condescendín ó que
os meus fillos consideran que conduce á súa felicidade. Xurei esa Constitución
pola que deveciades, e sempre serei o seu máis firme apoio (...). Marchemos
francamente, e eu o primeiro, pola senda constitucional (...)..

Doc.8.-Logo da intervención da Santa Alianza, Fernando VII anula en 1823


os actos do goberno constitucional:
Sentado xa outra vez no trono de San Fernando pola man sabia e xusta do
Omnipotente, polas xenerosas resolucións dos meus poderosos aliados e polos
denodados esforzos do meu primo, o duque deAngulema, e o seu bravo
exército, desexando prover o remedio ás máis urxentes necesidades dos meus
pobos, e manifestar a todo o mundo a miña verdadeira liberdade, viñen
decretar o seguinte:
1º. Son nulos e de ningún valor tódolos actos do goberno chamado
constitucional (de calquera clase e condición que sexan) que dominou os meus
pobos desde o 7 de marzo de 1820 ata hoxe 1 de outubro de 1823, declarando,
como declaro, que en toda esta época carecín de liberdade”.

Doc.9.-En 1814, á volta de Fernando VII a España, os partidarios do


absolutismo asinan o coñecido como “Manifesto dos persas”:
“A monarquía absoluta é unha obra da razón e da intelixencia: está
subordinada á lei divina, á xustiza e ás regras fundamentais do Estado; foi
establecida por dereito de conquista ou pola submisión voluntaria dos primeiros
homes que escolleron aos seus reis. Así que o soberano absoluto non ten
facultade de usar sen razón a súa autoridade (dereito que non quixo ter o
mesmo Deus); por iso foi preciso que o poder soberano fose absoluto, para
prescribir aos súbditos todo o que mira ao interese común, e obrigar á
obediencia aos que se negan a ela (...).
Non podendo deixar de pechar este respectuoso Manifesto en canto permita a
nosa representación e os nosos votos particulares coa protesta de que se
estime sempre sen valor esa Constitución de Cádiz, e por non aprobada pola
V. M. nin polas provincias (...) porque estimamos as leis fundamentais que
contén de incalculables e transcendentes prexuízos”.

15
8. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO
1. A CRISE DA MONARQUÍA ABSOLUTA (ABDICACIÓNS, OCUPACIÓN NAPOLEÓNICA).
Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre a crise da
monarquía absoluta, referíndote ás abdicacións de Baiona e á ocupación napoleónica. Tendo
en conta os documentos e a súa contextualización, debes atender cando menos ás
circunstancias que facilitan a entrada das tropas francesas, os problemas da dinastía española
e a sublevación contra a ocupación francesa que desemboca en guerra.

Doc.1.: CARLOS IV. Carta a Napoleón. 23-3-1808


Señor meu irmán: VM saberá sen dúbida con pena os sucesos de Aranxuez e as súas resultas
(…). Eu non renunciei a f avor do meu f illo senón pola f orza das circunstancias, cando o
estrondo das armas e os clamores dunha garda sublevada me facían coñecer a necesidade de
escoller entre a vida ou a morte, e as esta última seguiría a da raíña. Eu f un f orzado a
renunciar (…). Dirixo a VM, unha protesta contra os sucesos de A ranxuez e c ont ra a miña
abdicación. Entrégome e enteiramente confío no corazón e amizade da VM.

Doc. 2.: Constitución de Baiona. 6-7-1808


Non nome de Deus Todopoderoso, don Xosé Napoleón, pola graza de Deus rei das Españas e
das Indias: (...), decretamos a presente Constitución (...).
Art.1. A relixión católica, apostólica e romana, en España e en todas as posesións es pañolas ,
será a relixión do rei e da nación, non se permitirá ningunha outra (...).
Art.61. Haberá Cortes ou Xuntas da nación compostas de 172 ind ividuos , d iv ididos en t res
estamentos, a saber: o estamento do clero, o da nobreza e o do pobo. (...)
Art.96. As Españas e as Indias gobernaranse por un só código de leis civís e criminais.
Art.117. O sistema de contribucións será igual en todo o reino. (...)

Doc. 3.: Orde do mariscal Murat (2 de maio de 1808):


“Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (...). O sangue
f rancés foi vertido; reclama vinganza. Na súa consecuencia mando o seguinte (...):
Art.2. Todos os que foron presos no disturbio e coas armas na man serán arcabuceados (...).
Art.5. Toda xuntanza de máis de oito persoas será considerada coma unha xunta sediciosa (...)
Art.7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou manuscritos provocando
a sedición serán considerados coma uns axentes da Inglaterra e arcabuceados”.

16
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO:
As ideas liberais chegan a España grazas á inf luencia da Revolución Francesa (1789) e á
invasión napoleónica. Durante o período comeza a revolución liberal española que rematará
por acabar co absolutismo tras a morte de Fernando VII.
O f orte impacto que supuxo a Revolución Francesa levou á España de Carlos IV a tomar
medidas para evitar o contaxio revolucionario. Deste xeito péchase a f ront eira c on Franc ia,
prohíbese a propaganda revolucionaria, e reactivan a Inquisición, medidas que serán apoiadas
polos privilexiados, clero e nobreza, e rexeitadas por aqueles ilust rados part idarios dunha
Constitución liberal. A expansión das ideas revolucionarias puxo en evidencia o fracaso destas
medidas.
Paralelamente a estes sucesos, a monarquía española presenta os seus propios p roblemas
internos. A rápida acumulación de poder e títulos na figura de Godoy, secretario de Estado d e
Carlos IV, suscitou a oposición do príncipe Fernando, quen teme ver limitadas as súas
posibilidades de gobernar. Este resentimento f avorece a creación na Corte dun “grupo
f ernandino”, que recorre á sátira e á conspiración para desprestixiar a Godoy.
Nesta situación prodúcese o bloqueo decretado por Napoléon coa conseguinte transgresión do
mesmo por parte de Portugal. España e Francia firman o Tratado de F ont ainebleau (1807),
polo cal, Godoy, autoriza o paso das tropas frances as por t errit orio español a c a mbio do
reparto das terras portuguesas e da creación do reino dos Algarv es para el. A ent rada das
tropas ten lugar a principios de 1808, xerando un f orte malestar ent re o pobo es pañol e a
desconfianza do propio Godoy, que decide trasladar aos reis a Aranxuez. En marzo d ese ano
os partidarios do grupo fernandino asaltan o pazo e obrigan a abdicar a Carlos IV no s eu f illo,
Fernando VII. A estes sucesos fai referencia a carta que Carlos IV dirixe a Nap oleón, e q ue
aparece recollida no documento 1, “VM saberá sen dúbida con pena os sucesos de Aranxuez e
as súas resultas”, destacando o carácter obrigado da súa renuncia, “Eu f un f orzado a
renunciar”. A citada carta constitúe a evidencia da axuda que Carlos IV solicit a de Napoleón
tras estes sucesos, “Entrégome e enteiramente confío no corazón e amizade da VM.”
A división da monarquía será aproveitada por Napoleón. Convoca á f amilia real a B aiona e
obriga a ambos a abdicar na súa persoa, nomeando rei ao seu irmán, Xosé I Bonaparte, quen
será escasamente aceptado, posto que só estará apoiado polos p art idarios do ref ormismo
autoritario, os chamados afrancesados.
Para conseguir adeptos, Napoleón reúne a Asemblea de Baiona o nde s e ap ro ba o que en
realidade é unha Carta Outorgada, e non unha Constitución como aparece recollida no
documento 2, dado que foi obra do rei e non da Asemblea, a representación da nación. Nest a
Carta mestúranse elementos tradicionais, e elementos novos, liberais , c o que s e rompe co
Antigo Réxime.
Entre os seus principios recolle a lexitimación divina do poder real, “don Xosé Napoleón, pola
graza de Deus rei das Españas e das Indias”, certa separación de poderes ao crear un
Senado, un Consello de Estado e unhas Cortes divididas en estamentos, como así se indica no
artigo 61. A oficialidade da relixión católica aparece recollida no art igo 1, no 96 a unid ade
lexislativa, e no artigo 117 a igualdade contributiva. Ao anterior se suma a def ensa d e cert as
liberdades e dereitos.
A Carta f oi complementada cunha serie de reformas que poñían f in aos dereitos señoriais , as
aduanas interiores, reducían as ordes relixiosas masculinas, potenciaban a liberd ade
económica, a racionalización da administración coa división do país en distritos, ou a creación
de escolas.

17
Estas medidas tiveron escasa aplicación práctica, posto que a situación de guerra p aralela a
súa aprobación, impediu a súa aplicación práctica.
Esta situación de guerra ten o detonante na sublevación do pobo madrileño do 2 d e maio de
1808. O malestar popular polo traslado da familia real a Francia deu lugar a un motín que s erá
duramente reprimido polas tropas francesas. O documento 2 correspóndese coa orde coa que
o Mariscal Mura ordea esta represión o mesmo día da revelión, “s oldados : a p oboación de
Madrid sublevouse”. Da dureza da represión da revolta da idea o artigo 2, onde s e ordena o
axustizamento das persoas apresadas nos disturbios, en tanto que nos artigos 5 e 7 limit a os
dereitos e liberdades dos madrileños, impoñendo no último a censura.
Esta dura represión provocará unha sublevación xeral que desemboca na Guerra de
Independencia. Dada a superioridade do exército francés, a defensa do territorio español s erá
asumida polas masas populares que adoptan a guerra de guerrilla, é dicir, cuadrillas de homes
coñecedores do terreo que contando co apoio da p oboación, at acan limit adamente e p or
sorpresa, sen presentar unha batalla frontal. Nestas forzas predomina o patriotismos f anático
def ensor da tradición, da relixión e dos dereitos ao trono de Fernando VII. Así mesmo cont an
coa participación de Inglaterra, antiga aliada de Portugal. A este apoio inglés f ai ref erencia o
artigo 7 do documento 3, “serán considerados coma uns axentes da Inglaterra e
arcabuceados”.
Nun primeiro momento da guerra, entre maio e novembro de 1808, os franc eses t rat aron de
ocupar rapidamente o país, pero fracasan dada a oposición popular. A derrota que s ofren en
Bailén, obriga ás tropas francesas e a Xosé I Bonaparte a repregarse a vitoria.
A partir de novembro de 1808 e coa chegada dun gran exército, Franc ia consegue d ominar
case toda a Península, quedando unicamente libres do dominio francés, as cidades de Lisboa
e Cádiz. Nesta última xéstase a revolución liberal española coa formación dunhas Cort es e a
elaboración dunha Constitución, a de 1812, que é considerada como moi avanzada para a s úa
época.
Nesta segunda fase da guerra ten lugar a batalla de Elviña (1809). As tropas inglesas tratando
de escapar embarcando no porto da Coruña, son derrotadas en Elviña e perden ao s eu x ef e,
sir John Moore. A oposición da poboación e o illamento respecto ás tropas francesas, facilit ará
que Galicia sexa o primeiro territorio español liberado da ocupación francesa.
Dende xaneiro de 1812, o obxectivo de Napoleón de invadir Rusia, obriga a retirar un
importante número de tropas da Península, feito que será aproveit ado p ol o exérc it o anglo-
español dirixido polo xeneral Wellintong para derrotar a Francia, rematando a guerra en marzo
de 1814.
Tras a f racasada intervención francesa en Rusia, Napoleón é derrotado provocando o exilio de
Xosé I Bonaparte e dos afrancesados. Polo Tratado de Valençay (1813) devólveselle a coroa a
Fernando VII, que retorna en 1814, eliminando a obra liberal das Cortes de Cádiz e volvendo a
instaurar o absolutismo.

18
2. AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812.
Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre as Cort es
de Cádiz e a Constitución de 1812. Tendo en conta os documentos e a súa contextualización,
debes atender cando menos á formación de Xuntas, á celebración das cortes, así como a
aprobación dos decretos e á Constitución de Cádiz.

Doc. 1. Proclama da Xunta Suprema do Reino de Galicia. 5-6-1808


Galegos: chorastes a sorte do voso amable Fernando; arde nos vos os corazó ns o ho rror á
perf idia coa que foi seducido, (…).Chegou o caso: o voso reino (…) res umiu a aut oridade
soberana que en tales circunstancias lle compete por dereito, e f ai dela o primeiro exerc icio,
condescendendo aos vosos desexos tan ruidosamente declarados. Ted es x a c audillo; (…);
correde pois ás armas, vamos a defender a causa de Deus, o honor d a nosa P atria, nosas
vidas e f acendas (…).

Doc. 2. Decreto I das Cortes de Cádiz. 24-9-1810:


Os deputados que compoñen este Congreso, e que representan á nación española, decláranse
lexitimamente constituídos en Cortes xerais e extraordinarias e que reside nelas a s oberanía
nacional.
As Cortes (…) recoñecen, proclaman e xura de novo polo seu único e lexítimo rei ao señor don
Fernando VII de Borbón; e declaran nula, de ningún valor nin efecto a cesión da Coroa que s e
di f eita a favor de Napoleón, non só pola violencia que int erveu naqueles ac tos inx ustos e
ilegais, senón principalmente por faltarlle o consentimento da nación.

Doc. 3.-Constitución de 1812:


Art. 3. A soberanía reside esencialmente na nación e polo mesmo pertence a esta
exclusivamente o dereito de establecer as súas leis fundamentais (...).
Art. 4. A nación está obrigada a conservar e protexer (…) a liberdade civil, a pro piedade e o s
demais dereitos lexítimos de todos os individuos que o compoñen. (…)
Art. 12. A relixión da nación española é e será perpetuamente a católica, apostólica, romana,
única verdadeira. A nación protéxea por leis sabias e xustas, e prohibe o exercicio de calque ra
outra.
Art. 15. A potestade de facer leis reside nas Cortes co rei.
Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no rei.
Art. 17. A potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais”.

19
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO:
Entre 1808 e 1814 ten lugar en España a Guerra da Independencia que marca o inicio da
revolución liberal en España. Estas ideas liberais chegan grazas á inf luenza d a Rev olución
Francesa (1789), a pesar da censura imposta pola Coroa e a Inquisición. A invasión
napoleónica dará lugar á f ormación das primeiras Cortes liberais e á promulgación da primeira
Constitución, a de 1812.
Tal e como se indica no primeiro documento, a crise da monarquía hispánica f acilitou en
Baiona a abdicación de Carlos IV e Fernando VII en Napoleón, e a instauración dunha nova
dinastía na f igura de Xosé I Bonaparte, “chorastes a sorte do voso amable Fernando; arde nos
vosos corazóns o horror á perfidia coa que foi seducido”. Durante a Guerra de Independenc ia,
os españois empregarán dúas formas de loita contra os franceses: a guerra d e guerrillas e a
f ormación de Xuntas de goberno. En numerosas vilas e cidades fórmanse Xuntas de goberno
que supuxeron unha ruptura coa orde política vixente. Considérase por tanto, que existe nelas
unha concepción revolucionaria do poder, posto que están lexitimadas pola vont ade popular,
asumen a soberanía substituíndo ás autoridades tradicionais, “ o v oso reino (…) res umiu a
autoridade soberana”, e declaran a guerra a Francia animando aos españois a tomar as armas
“correde pois ás armas, vamos a defender a causa de Deus, o honor d a nosa P at ria, nos as
vidas e f acendas”.
En cada poboación fórmase unha Xunta local na que se integra tanto o pobo c omo ás elites .
Estarán dirixidas por Xuntas Provincias, que a súa vez serán coordinadas pola Xunta Suprema
Central Gobernativa de España e Indias que asumirá o goberno de España, sendo substituíd a
en xaneiro de 1810 polo Supremo Consello de Rexencia.
Progresivamente xeneralízase a idea da necesidade de convocar unhas Cortes xerais e
extraordinarias que conseguen reunirse por primeira vez o 24 de setembro de 1810, moment o
en que se aproba o decreto ao que corresponde o documento 1. A súa composición vai a s er
moi heteroxénea, posto que están integrados por unha maioría de clero ilustrad o, av ogados ,
xentes da administración e militares, e unha minoría de comerciantes, alta xerarquía
eclesiástica e nobres, estando totalmente ausentes o campesiñado e os artesáns. E nt re eles
ponse de manifesto a división en dúas tendencias ideolóxicas irreconciliables, os liberais q ue
corresponden ao primeiro grupo, e os absolutistas, id entif icados c os ant igos es tament os
privilexiados. Estes últimos néganse a perder os privilexios que eliminaba a lexislación
aprobada por Xosé I Bonaparte, posto que entre os principios recollidos na Cart a Out org ada
atópanse a igualdade contributiva, a supresión dos señoríos , a liberd ade ec onómica, ou a
diminución do clero. Entre os defensores do Absolutismo, t amén s e at opan boa part e das
masas populares que defenden a tradición e a relixión polo que non ac eptarán as ref ormas
liberais. Os liberais pola contra, eran partidarios das reformas necesarias para a modernización
e desenvolvemento do país.
As Cortes darán lugar a un intenso labor lexislativo coa promulgación de numerosos decretos e
dunha Constitución, norma suprema do regulamento xurídico dun E st ado. E s ta lex is lac ión
suporá a abolición do Antigo Réxime e a instauración dun sistema liberal por p rimeira v ez en
España. É por isto polo que estas Cortes son consideradas revoluci onarias. Es te c aráct er
revolucionario aparece ref lectido no citado Decreto I, onde ademáis de instaurar a s oberanía
nacional, “decláranse lexitimamente constituídos en Cortes xerais e extraordinarias e que
reside nelas a soberanía nacional”, non recoñecen a Xosé I como rei, rexeitando as
abdicacións de Baiona, “declaran nula, de ningún valor nin efecto a cesión da Coroa que s e di
f eita a f avor de Napoleón”, posto que esta cesión non conta co “consentimento da nación”. Ese
carácter revolucionario e de ruptura co absolutismo, está pois p resente ao longo de t odo o
parágraf o.

20
Entre as medidas tomadas nos Decretos atópase a abolición do morgado, da Inquisición, dos
señoríos xurisdicionais, ou a conversión dos territoriais en propiedade p rivada. A o ant erior
engádese o feito de que a xustiza deixa de estar en mans da nobreza e d o c lero e p asa ao
Estado, creando o Tribunal Supremo de Xustiza e ref ormando as Audiencias. Igualmente
establécese a liberdade de imprenta e refórmase o executivo establecendo a responsabilidade
dos ministros ante o parlamento.
Esta lexislación complétase coa promulgación en 1812 da Constitución coñecida popularmente
como “a Pepa”. Foi unha das máis liberais da súa época, e estableceu o c omezo d o período
constitucional español.
Fronte a soberanía real propia do Antigo Réxime, o artigo 3 da Const itución es tablece a x a
citada soberanía nacional, segundo a cal o pobo posúe o poder que é exercido por delegac ión
dos seus representantes elixidos por sufraxio universal masculino.
No artigo 4 recóllense algúns dos dereitos e liberdades que rec olle a Co nstituc ión, c omo o
dereito á propiedade privada, que se suman á liberdade de opinión e imprent a, a ig ualdade
ante a lei, as obrigas militares ou as cargas fiscais, eliminando así o s privilexios f eudais d a
nobreza e do clero. Para protexer estas liberdades e asegurar a orde pública créase a Milicia
Nacional.
Establécese un sistema monárquico, identificado coa dinastía borbónica, como así s e rec olle
no Decreto 1 ao recoñecer como rei a Fernando VII, pero de poder limitado pola separación de
poderes. Deste xeito e tal e como recollen os artigos 15, 16, e 17, o poder executivo recaerá no
rei, que asume os cargos de xefe de Estado e de Goberno, nas Cort es o lex islativo, e no s
tribunais de xustiza o xudicial.
O modelo de Estado que crea será unitario e centralista, cunha única lexislación que elimina os
privilexios forais dos antigos reinos da monarquía.
Estes principios liberais contrastan co máis conservador que se recolle no artigo 17, “a relixión
da nación española é e será perpetuamente a católica”, non permitindo o exercicio de ningunha
outra.
Debido a situación de guerra, esta lexislación apenas tivo aplicación práctica.
O Liberalismo terá unha vida efémera, posto que trala derrota de Napoleón, devólvese a coroa
a Fernando VII que volve a España en 1814 anulando a lexislación de Cádiz e res t aurando o
absolutismo.

21
3. A RESTAURACIÓN DE FERNANDO VII E DO ABSOLUTISMO (AS ETAPAS DO
REINADO).
Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre a
restauración de Fernando VII e do absolutismo. Tendo en conta os documentos e a súa
contextualización, debes atender cando menos a cada unha das etapas do reinado e ás
circunstancias que provocan o cambio de sistema de goberno.

Doc. 1. -En 1814, á volta de Fernando VII a España, os partidarios do absolutismo asinan
o coñecido como “Manifesto dos persas”:
“A monarquía absoluta é unha obra da razón e da intelixencia: está subordinada á lei div ina, á
xustiza e ás regras fundamentais do Estado; foi establecida por dereito de conquist a ou pola
submisión voluntaria dos primeiros homes que escolleron aos seus reis. (...).
Non podendo deixar de pechar este respectuoso Manif esto en canto permita a nosa
representación e os nosos votos particulares coa protesta de que se estime sempre s en valor
esa Constitución de Cádiz, e por non aprobada pola V. M. nin p olas provincias (. . .) p orque
estimamos as leis fundamentais que contén de incalculables e transcendentes prexuízos”.

Doc. 2. Manifesto que dirixe á Nación española a Xunta Provincial de Galici a, presi di da
por Juan Díaz Porlier, en 1815:
Españois: (...). Obrigados pola necesidade, vendo que a verdade non pode chegar ós oídos do
rei, sitiado a toda hora polos seus conselleiros (...), tomamos a terrible, pero indispensable,
resolución de reclamar coas armas na man o que se negou ás nosas solicitudes.
O noso obxecto é o de España enteira: unha monarquía sometida a leis x ust as e s abias, e
constituída dun xeito que sexa garantía, o mesmo das prerrogativas do trono que dos dereit os
da nación. Pedimos a convocatoria de Cortes nomeadas polo pobo, e que estas teñan
liberdade de facer na Constitución proclamada polas Cortes extraordinarias, os c ambios q ue
esixe a nosa situación..

Doc. 3. Manifesto no que se analiza a actuación dos 100.000 fillos de san Luís. 6-4-1823
Xenerosos españois: Despois de tres anos de calamidades públicas que t roux eron sobre a
nación a rebelión dalgúns dos seus malos fillos, amenceu por fin sobre as tebras do voso dolor
o día da paz o benéfico influxo da orde e da xustiza.
Europa conmovida das vosas aflicións e fatigada do grito da sedición, interesase vivamente en
poner termo aos vosos males; e un xeneroso neto de san Luís, á fronte dun exérc ito c heo de
lealdade e de gloria, entra polas vosas fronteiras a auxiliar os vosos esforzos. (...)

22
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN TEXTO:
Coa ocupación en 1808 das tropas francesas do territorio peninsular, desencadéase a Guerra
da Independencia que traerá consigo a f ormación das primeira cortes liberais en E spaña, as
Cortes de Cádiz e da aprovación da primeira Constitución, a de 1912. A devoluc ión d a coro a
aos Borbóns estará marcada polo enfrontamento entre liberais e absolutistas.
A primeira etapa do reinado de Fernando VII corresponde ao chamado Sexenio Absolutista e a
ela corresponde o primeiro documento proposto. Da comezo en 1814 cando o monarca regresa
a España e é recibido en medio do clamor popular. Coa súa volta xurde un problema p olít ic o
posto que mentres os liberais desexan que acepte a lexislación de Cádiz, converténdose deste
xeito, nun rei constitucional, os absolutistas presionan para q ue sex a res t aurado o A ntigo
Réxime, f acéndolle chegar o chamado Manifesto dos Persas, escrito, ao que c orresponde o
documento citado, e co que as clases privilexiadas piden ao rei a anulación da lexislación d e
Cádiz, “ se estime sempre sen valor esa Constitución de Cádiz”, xustificando o absolutismo “a
monarquía absoluta é unha obra da razón e da intelixencia: está subordinada á lei d iv ina, á
xustiza e ás regras f undamentais do Estado ”. Fernando VII apoiará esta segunda opción
voltándose aos principios do Antigo Réxime, restaurando os señoríos, os privilexios da nobreza
e do clero ou a soberanía real, mentres que pola contra, anúlase a separación de poderes , o s
dereitos e liberdades, a igualdade ante a lei, o sufraxio universal ou a soberanía nacional á que
o rei alude nas dúas primeiras frases do documento. Esta rest auración c onta c o apoio das
potencias absolutistas do Congreso de Viena, e coa escasa oposición das masas populares,
que ven no liberalismo un atentado contra a igrexa e os costumes tradicionais
A partir deste momento ten lugar unha dura persecución dos liberais, que serán axustizados ou
terán que exiliarse, aínda que non abandonarán os intentos de transformar o réx ime p olít ico
absolutista por un sistema liberal. O documento 2 é un exemplo da única forma de loit a á q ue
poderán recorrer os liberais: os pronunciamentos, é dicir, a sublevación dunha parte do exército
que se pronuncia a favor da Constitución de 1812. Así o fai Díaz Porlier nas últ imas liñas do
segundo parágrafo do citado documento. Trátase do levantamento que ten lugar na Coruña en
1815, constituíndo un exemplo dos fracasos dos numerosos pronunciamentos que tiveron lugar
ao longo do período.
Por outra parte, debe sinalarse que este documento pon en evidencia o protagonis mo que x a
empeza a ter o exército na vida política. Ao longo do século, a debilidade do s ist ema liberal
f avorecerá que sexa o exército o que decida o cambio de goberno, e que en ocasións, s ex an
os propios militares os que ocupen postos de relevancia no mesmo.
Tras reiterados fracasos dos distintos pronunciamentos que teñen lugar, finalmente t riunf a en
1820 o de Raf ael Riego, poñendo desde xeito f in ao S exenio, e dando p aso ao s egundo
período do reinado de Fernando VII, o Trienio Liberal. Trátase dun curto período de t empo no
que volve a instaurarse o sistema liberal, posible grazas a que o pronunciamento de Riego, a
pesar de ser inicialmente secundado por unha pequena parte do exército, t riunf a f inalmente
grazas ao apoio da cidade da Coruña. Este apoio f oi promovido por Félix Acevedo e a
burguesía local que restablecen a Constitución de 1812 e nomean unha Xunta de Goberno de
Galicia. O seu exemplo foi seguido por outras cidades galegas e españolas, polo que o rei, x a
sen apoios e tal e como di na sexta e sétima do texto, vese obrigado a xurar a Constitución d e
Cádiz. Este triunf o liberal contáxase a outros países europeos, dando lugar á vaga
revolucionaria de 1820.
Deste xeito Fernando VII vese obrigado a xurar a constitución, aínda que tratará de c onspirar
contra o sistema para retornar ao absolutismo. A oposición do rei x unto c o apoio d a S ant a
Alianza e a propia división interna dos liberais entre exaltados e moderados, acabará por
rematar con esta etapa liberal.

23
A f in do Trienio ten lugar en 1823 coa intervención do exército f rancés env iado pola S anta
Alianza, os chamados “Cen mil fillos de San Luís”, aos que alude Fernando VII no s egundo
parágraf o do terceiro documento. Esta intervención permite a restauración do absolutismo coa
anulación da labor do Trienio, cualificado no documento de “tres anos de calamidades públicas
que trouxeron sobre a nación a rebelión dalgúns dos seus malos fillos”, dando lugar deste xeito
ao último período do reinado, a Década Ominosa ou absolutista que rematará coa morte do rei
en 1833. A reacción ao Trienio suporá novamente a dura represión dos liberais que serán
executados ou marcharán ao exilio, dende donde conspirarán para restablecer o liberalismo.
Durante este período prodúcese a división entre os absolutistas, posto que unha p arte d eles,
os ultrarrealistas, acusarán de pusilánime a Fernando VII, agrupándose en torno ao infante don
Carlos de Borbón, considerado herdeiro ao trono ao non ter o rei descendencia. O nacemento
en 1830 da f utura Isabel II e a derogación da lei Sálica, que impedía ás mulleres ac ceder a
Coroa, desprazará a don Carlos do trono, feito que non aceptará. Á morte d e Fernando VII,
reclama a Coroa, igual que María Cristina o fai no nome da súa filla, dando lugar á P rimeira
Guerra Carlista.
Esta guerra será a oportunidade que teñan os liberais p ara recuperar o poder, s en embargo
tamén constituirá un grave problema para o futuro Estado liberal, posto que c onsumirá g ran
parte dos recursos facendísticos, profundamente af ect ados xa p ola p erda dos territ orios
americanos. Ante este feito, o Estado liberal deberá recorrer ao endebedamento.
Durante o reinado de Fernando VII prodúcese polo tanto, a definitiva crise do Absolutismo, que
se mostra como un modelo inviable. O sistema liberal vai a experimentar avances e retrocesos,
tendo a súa oportunidade de implantarse definitivamente, á morte de Fernando VII.

24

You might also like