Esquemas TEMA 5 Crise Do Antigo Réxime e Revolución Liberal 2 BAC

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 27

TEMA 5: CRISE DO ANTIGO RÉXIME E

REVOLUCIÓN LIBERAL
1. LIBERALISMO: PRINCIPIOS E INSTITUCIÓNS

2. IMPACTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA EN ESPAÑA

3. A CRISE DA MONARQUÍA E A INVASIÓN NAPOLEÓNICA


3.1. A crise da Monarquía Española
3.2. As abdicacións de Baiona e o reinado de Xosé I Bonaparte
3.3. A guerra contra Napoleón

4. AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812


4.1. A formación das Xuntas de Goberno
4.2. As Cortes de Cádiz e a abolición do Antigo Réxime
4.3. A Constitución de 1812 (Pepa)

5. A RESTAURACIÓN DE FERNANDO VII (1814 - 1833)


5.1. O Sexenio Absolutista (1814 - 1820)
5.2. O Trienio Liberal (1820 - 1823)
5.3. A Década Ominosa ou Absolutista (1823 - 1833)

6. A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA (1808 - 1824)


6.1. Formación de Xuntas e intentos de emancipación (1808 - 1814)
6.2. Guerras de independencia latinoamericana (1814 - 1824)

7. TEXTOS

8. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO


1. A crise da monarquía absoluta (abdicacións, ocupación napoleónica).
2. As Cortes de Cádiz e a constitución de 1812.
3. A restauración de Fernando VII e do absolutismo (as etapas do
reinado).

1
TEMA 5: CRISE DO ANTIGO RÉXIME E
REVOLUCIÓN LIBERAL

• 1808 – 1833 → enfrontamento entre liberalismo e absolutismo


-A revolución liberal española
-Iniciada por → influencia da Revolución Francesa (1789)
→ invasión napoleónica (1808)
-Feitos fundamentais destes comezos → Cortes de Cádiz
→ Constitución de 1812
-1814 → volta de Fernando VII → restauración do absolutismo e do Antigo
Réxime
-Absolutismo mantido ata a morte de Fernando VII
-Único período liberal → Trienio Liberal (1820 - 1823)

1. LIBERALISMO: PRINCIPIOS E INSTITUCIÓNS

• Liberalismo → corrente de pensamento que defende un novo concepto do


poder e da sociedade
-Baseado → na liberdade, igualdade xurídica, limitación da autoridade e
participación política dos cidadáns
-Fronte → ao absolutismo e aos privilexios do Antigo Réxime

• Principios políticos e institucións liberais


-Recoñecemento de dereitos e liberdades
-Igualdade ante a lei
-Limitación do poder político
-Soberanía nacional
-Separación de poderes → executivo (Goberno), lexislativo (Cortes),
xudicial (tribunais)
-Participación política dos cidadáns → sufraxio
-Constitución → lei suprema na que se recollen os principios políticos sobre
os que se sustenta o exercicio do poder
-Leis escritas que garanten o imperio do Dereito
-Existencia de Cortes ou Parlamentos que representan a vontade dos
cidadáns

2
• Principios económicos
-Garántese a propiedade privada individual
-Liberdade económica e de empresa
-Baséase → libre iniciativa individual
→ non intervención do Estado nos asuntos económicos
-Mercado sometido ao libre xogo da oferta e da demanda → mecanismo
que regula prezos, salarios, produción……….

•Liberalismo → representa e defende os intereses da burguesía


-Burguesía → convertida no grupo hexemónico
-Causas → expansión do comercio e desenvolvemento industrial
→ triunfo das revolucións liberais

2. IMPACTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA EN ESPAÑA

• Revolución Francesa (1789) → forte impacto na España de Carlos IV


-Temor ao contaxio revolucionario levou ao goberno de Carlos IV a:
-Peche da fronteira con Francia
-Prohibir a propaganda revolucionaria, peche de periódicos
-Acabar coas medidas reformistas dos ilustrados que critican o sistema
existente
-Reactivan Inquisición
-As medidas foron ineficaces → as ideas revolucionarias esténdense por
España
-Apoiadas por ilustrados e reformistas → desexan unha Constitución
baseada nos principios de
liberdade e dereitos individuais
-Foron rexeitadas pola nobreza e o clero → atentaban contra a
monarquía e a relixión

3. A CRISE DA MONARQUÍA E A INVASIÓN NAPOLEÓNICA

• Portugal non acepta bloqueo de Napoleón contra Inglaterra


-Napoleón decide conquistar Portugal
-Godoy, secretario de Estado de Carlos IV, autoriza o paso das tropas
francesas por solo español (Tratado de Fontainebleau, 1807)
-Acordan → repartir territorios portugueses
→ creación do reino dos Algarves para Godoy

3
3.1. A CRISE DA MONARQUÍA ESPAÑOLA

• Resentimento do príncipe Fernando respecto de Godoy


-Causas → gran acumulación de títulos e poderes en Godoy
→ grande influenza sobre os reis
→ temor a ver limitadas as súas posibilidades de gobernar
-Reacción → crea grupo opositor dentro da Corte: grupo fernandino
-Tratan de desprestixiar e desprazar a Godoy → recorren á sátira e a
conspiración

• Principios 1808 → a entrada de tropas francesas causa forte malestar popular


-Godoy → desconfía de Napoleón → traslado dos reis a Aranxuez
-Marzo → alborotadores apoiados polo partido fernandino asaltan o Pazo
Real
-Carlos IV → é obrigado a abdicar en Fernando
→ pide axuda a Napoleón

3.2. AS ABDICACIÓNS DE BAIONA E O REINADO DE XOSÉ I BONAPARTE

• Napoleón advirte a profunda crise e división da monarquía española


-Convoca á familia real a Baiona → Fernando VII e Carlos IV son obrigados
a abdicar en Napoleón
-Xosé I Bonaparte → nomeado rei
-Foi escasamente aceptado → desprezado polas masas populares que
o satirizaron con alcumes (Pepe Botella, Rei Pepino)
-Apoiado por unha minoría (afrancesados) → defenden o reformismo
autoritario como medio para renovar España

• Para conseguir partidarios → Napoléon reúne a Asemblea de Baiona (reunión


de deputados españois)
-Aproban unha Carta Outorgada
-Non foi unha Constitución → foi obra do rei, non da Asemblea de
Baiona (representante da nación)
-Tiña carácter conservador pero limitaba o poder do rei
-Mestura trazos tradicionais e novos → supuxo unha ruptura co Antigo
Réxime

• Principios da Carta Outorgada


-Recolle certa separación e limitación de poderes ao crear:
-Senado
-Consello de Estado
-Cortes → divididas nos tres estamentos tradicionais
4
-Oficialidade da relixión católica
-Unidade lexislativa para todo o reino
-Igualdade contributiva
-Defensa de certas liberdades individuais

• Reformas postas en marcha por Xosé I Bonaparte


-Supresión dos dereitos señoriais
-Redución das ordes relixiosas masculinas
-Eliminación das aduanas interiores
-Potenciación da liberdade económica
-Creación de escolas
-Intento de centralización e racionalización da administración coa división
do país en distritos

• Estas reformas e a Carta Outorgada tiveron escasa aplicación práctica pola


situación de guerra
-Supuxeron a ruptura co Antigo Réxime e co Absolutismo

• A derrota de Napoleón provoca o exilio de Xosé I Bonaparte e dos


afrancesados
-Devolución da coroa a Fernando VII en 1813 (Tratado de Valençay)

3.3. A GUERRA CONTRA NAPOLEÓN

• 2 maio 1808 → malestar popular polo traslado da familia real a Francia


-Amotinamiento dos madrileños → duramente reprimido (doc.1)
-Provoca → sublevación xeral → comezo da Guerra da Independencia

• Adóptase a guerra de Guerrillas pola superioridade militar francesa


-Defensa do territorio asumida por masas populares pola escaseza de
tropas españolas
-Predominio do patriotismo fanático defensor da tradición, da relixión e
dos dereitos de Fernando VII
-Guerrilla → cuadrillas de homes coñecedores do terreo que contan co
apoio da poboación
→ atacan limitadamente e por sorpresa, nunca presentan batalla
frontal
-Participa o exército inglés → aliado de Portugal

• Fases da Guerra de Independencia


-Primeira fase (maio – novembro 1808)
-Intento francés de ocupar rapidamente o país → fracaso polo
5
levantamento popular
-Derrota francesa en Bailén → obriga as tropas francesas e a Xosé I
Bonaparte a repregarse a Vitoria
-Segunda fase (novembro 1808 – xaneiro 1812)
-Dominio francés do territorio polo envío dun gran exército
-Só resisten Lisboa e Cádiz
-En Galicia
-Batalla de Elviña (1809) → tropas inglesas son perseguidas ata
Coruña
→ son derrotadas na batalla de Elviña
→ reembarcan tras perder ao seu xefe, sir
John Moore
-Galicia foi o primeiro territorio liberado da ocupación francesa
- Causa → oposición popular
→ illamento con respecto ao resto do exército francés
-Terceira fase (xaneiro 1812 – abril 1814)
-Invasión rusa → obriga a retirar importante número de tropas da
Península
-Tropas anglo – hispanas dirixidas polo xeneral Wellington aproveitan a
debilidade francesa

4. AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812

• Elites dominantes apoiadas polo pobo crean Xuntas


- Causa → pasividade das autoridades ante abdicacións de Baiona
→ invasión das tropas francesas
- Xuntas → organizan a loita contra os franceses
→ propugnan medidas para reformar o sistema político vixente

4.1. A FORMACIÓN DAS XUNTAS DE GOBERNO

• Maio – Xuño 1808 → numerosas vilas e cidades formaron Xuntas de Goberno


-Supuxeron unha ruptura coa orde política vixente: concepción
revolucionaria do poder (doc.2)
-Están lexitimadas pola vontade popular
-Asumen a soberanía → substitúen ás autoridades tradicionais
-Declaran a guerra a Francia

• En cada poboación xorde unha Xunta local (doc.2)


- Están baixo a autoridade das Xuntas Provinciais

6
-Para coordinarse forman a Xunta Suprema Central Gobernativa de
España e Indias → asume o goberno de España
-Será substituída polo Supremo Consello de Rexencia (xaneiro 1810)

4.2. AS CORTES DE CÁDIZ E A ABOLICIÓN DO ANTIGO RÉXIME

• Esténdese a idea da necesidade de convocar Cortes xerais e extraordinarias


para impoñer reformas → hai dúas posturas ao respecto

• 24 setembro 1810 → reunión das Cortes en Cádiz


-Composición → predominio de deputados das clases medias urbanas e
instruídas
-Grupo maioritario → clero ilustrado
-Seguidos de avogados, xentes da administración, militares
-Minoría de comerciantes, alta xerarquía eclesiástica e nobreza
-Non asistiron artesáns ou campesiños
-Dúas tendencias ideolóxicas antagónicas (doc.3)
-Liberais → partidarios das reformas
-Realistas, absolutistas → apoian a restauración do Antigo Réxime

• Intenso labor lexislativo das Cortes → Constitución 1812


→ gran número de decretos

• Os decretos das Cortes de Cádiz establecen:


-Soberanía nacional fronte a soberanía real de orixe divina
-Separación de poderes fronte ao poder absoluto do rei
-Abolición dos señoríos xurisdiccionais e dos privilexios de orixe feudal
-A xustiza pasa ao Estado → ata entón en mans da nobreza e clero
-Abolición do morgado
-Señoríos territoriais convertidos en propiedade privada
-Señoríos xurisdicionais quedaban anulados → a maior parte pasaron a
ser propiedade privada dos nobres
-Problema → transformaba aos señores en propietarios e deixa sen
terra aos campesiños
-Liberdade de imprenta
-Creación do Tribunal Supremo de Xustiza e reforma das Audiencias
-Supresión da Inquisición
-Regulamentación do poder executivo → responsabilidade dos ministros

• Decretos das Cortes de Cádiz → aboliron Antigo Réxime → instauran réxime


liberal
-Por elo son consideradas revolucionarias
7
-Masas populares → non comprenderon estas reformas
→ deron crédito ás predicacións do clero, presentábanas
como atentatorias contra a relixión e a tradición

4.3. A CONSTITUCIÓN DE 1812 (PEPA)

• Constitución de 1812 (doc.4)


- Foi unha das máis liberais da súa época
- Establece o inicio do constitucionalismo español

•Establece un modelo político baseado en:


-Soberanía nacional → o pobo posúe o poder que é exercido por
delegación nos representantes elixidos por sufraxio universal masculino
-Monarquía de poder limitado (monarquía constitucional)
-Separación de poderes → rei → exerce o poder executivo
→ é Xefe de Estado e Xefe de Goberno
→ Cortes → poder lexislativo
→ Tribunais de xustiza → poder xudicial
-Defensa de dereitos e liberdades dos cidadáns
-Liberdade de opinión e imprenta
-Igualdade ante cargas fiscais, militares e ante a lei (elimina privilexios
feudais)
-Propiedade privada
-Creación da Milicia Nacional → para asegurar a orde pública e defensa
das liberdades e da Constitución
-Unitarismo e centralismo político
-Establecemento dunha única lexislación
-Elimina particularismos dos antigos reinos e privilexios forais
-Catolicismo de Estado → catolicismo como relixión oficial e única
autorizada (aspecto menos progresista)

5. A RESTAURACIÓN DE FERNANDO VII (1814 - 1833)

• 1814 → retorno de Fernando VII, o desexado


-Goberna ata a súa morte (1833)
-Supuxo a volta ao absolutismo
-Perseguiu duramente aos liberais

• Diferéncianse 3 períodos no seu reinado


-Sexenio absolutista (1814 - 1820)
-Trienio Liberal (1820 - 1823)
8
-Década Ominosa (1823 - 1833)

5.1. O SEXENIO ABSOLUTISTA (1814 - 1820)

• Marzo 1814 → regreso de Fernando VII → recibido con entusiasmo popular

• O seu retorno representa un grave problema político


-Liberais → esixen que acate os decretos e a Constitución 1812
-Absolutistas → piden a nulidade da lexislación de Cádiz
→ restauración da soberanía absoluta

• Fernando VII anulou a Constitución e os decretos das Cortes de Cádiz (doc.5)


-Supuxo a volta ao Antigo Réxime (restauración absolutista)
-Restablece → monarquía absoluta
→ señoríos xurisdicionais
→ privilexios fiscais para a nobreza e o clero
→ Inquisición

• Reaccións ao retorno ao absolutismo


-Fernando VII foi apoiado por gran parte do clero, xefes militares e nobreza
-Fixéronlle chegar o coñecido como Manifesto dos Persas, no que lle
piden a volta ao absolutismo (doc.9)
-Escasa oposición das masas populares → identifican reformas liberais
como agresións á igrexa e costumes tradicionais
- Apoio incondicional das monarquías absolutas do Congreso de Viena a
través da Santa Alianza
-Trala derrota de Napoleón (1814) → restauración absolutista en case
toda Europa
- Forzas liberais → minoritarias → detidos, asasinados ou exílianse
-Tentarán recuperar o poder mediante pronunciamentos
-Levantamento de parte do exército → pronúnciase a favor da
substitución da monarquía absoluta por réxime liberal
-Fracaso dos reiterados intentos
-Exemplo destes pronunciamentos fracasados é o que
protagoniza Porlier na Coruña (doc.6)

5.2. O TRIENIO LIBERAL (1820 - 1823)

•1820 → triunfo do pronunciamento de Rafael Riego


-Inicialmente só secundado por pequena parte do exército
-Triunfo grazas ao apoio da cidade da Coruña
9
-Félix Acevedo co apoio da burguesía local → restablecen Constitución
1812
→ nomean unha Xunta de
Goberno de Galicia
-O exemplo coruñés foi seguido noutras cidades galegas e españolas
-Fernando VII, sen apoios, é obrigado a xurar a Constitución (doc.7)

• O triunfo liberal español contaxiouse a outros países europeos


-Orixinou a vaga revolucionaria de 1820

• Os gobernos liberais restableceron a lexislación de Cádiz

• Problema → aparición de dúas tendencias diferenciadas entre os liberais


-Moderados e exaltados
-Estaban enfrontados polo control das institucións
-Esta división favoreceu o retorno ao absolutismo
-Fernando VII nunca acatou sinceramente a imposición da Constitución

5.3. A DÉCADA OMINOSA OU ABSOLUTISTA (1823 - 1833)

• As potencias absolutistas da Santa Alianza temen o contaxio revolucionario


-Envían un exército → os Cen mil fillos de San Luís
-Só atoparon resistencia en Cádiz e Coruña
-Fernando VII recupera o poder absoluto → anula a lexislación do Trienio
(doc.8)

• Dura represión dos líderes e simpatizantes liberais → executados ou exiliados


-Dende o exilio conspiraron para restablecer o liberalismo

• Ultrarrealistas ou realistas puros acusan de pusilánime a Fernando VII


-Agrúpanse en torno ao seu irmán Carlos
-Fernando VII non tiña descendencia → Carlos é considerado o herdeiro do
trono

•1830 → Nace Isabel, filla de Fernando VII


-Non pode gobernar pola vixencia da Lei Sálica (Felipe V)
-Abólese a Lei Sálica
-Isabel convertida en herdeira
-Non foi aceptado polo príncipe Carlos e ultrarrealistas

•1833 → morte de Fernando VII


-Carlos e María Cristina no nome da súa filla, reclaman a coroa
10
-Estoupa a Guerra Carlista
-Oportunidade para que os liberais recuperen o poder
-Suporá un grave problema para a futura España liberal
-A guerra consumirá gran parte dos recursos facendísticos
-Recorrerase ao endebedamento

• (CONCLUSIÓNS DO PERÍODO) Durante o reinado de Fernando VII


prodúcese a crise definitiva do Antigo Réxime
-O absolutismo configúrase xa como modelo inviable
-O liberalismo experimenta avances e retrocesos durante esta etapa
-A oportunidade de implantación definitiva do modelo liberal darase á súa
morte

6. A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA (1808 - 1824)

• Longo proceso (1808 - 1824) coas seguintes características


-Influído polo proceso de independencia de EE.UU., a Revolución Francesa
e a Revolución Liberal Española
-Carácter liberal dos líderes independentistas → identifican liberdade e
independencia
-Dirixido por minorías crioulas → desprazadas dos cargos públicos
→ sometidas ao dominio económico da
Península
-Potenciado polos EE.UU. e Gran Bretaña
-Desexan libre comercio con América fronte ao monopolio español
-Beneficiado polas loitas entre absolutistas e liberais

6.1. FORMACIÓN DE XUNTAS E INTENTOS DE EMANCIPACIÓN (1808 -


1814)

•Xosé I Bonaparte non foi aceptado → Fórmanse Xuntas e asumen o goberno


-Unhas mantivéronse fieis aos españois
-Outras evolucionan cara a emancipación
-Nova España (México)
-Nova Granada (Venezuela, Colombia)
-Río da Prata (Arxentina)
- Co fin da Guerra de Independencia → restablecen o dominio español

6.2. GUERRAS DE INDEPENDENCIA LATINOAMERICANA (1814 - 1824)

11
• Consecuencias á restauración do absolutismo
-A persecución de liberais americanos deu pulo aos ideais
independentistas
-Xeneralízanse as guerras de independencia
-Arxentina
-Chile é declarada independente gracias á intervención das tropas de
San Martín
-Bolívar libera Venezuela, Colombia, Ecuador e Panamá que se
separan a súa morte
-México → Iturbe declara en 1821 a independencia mentres nos se
restaure o poder absoluto de Fernando VII (separatismo antiliberal)
-A intervención das tropas de Bolívar e Sucre permiten a creación de
Perú e Bolivia
-Fórmase a República de Provincias Unidas de América Central, logo
separadas (Honduras, O Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Guatemala)

•Do imperio español só queda → Cuba, Porto Rico, enclaves no Norte de África
e no Golfo de Guinea, Filipinas e pequenas
illas no Pacífico

•Independencia das colonias → graves consecuencias para España


-Perde o seu papel como potencia internacional → convertido en pequeno
estado sen repercusión internacional
-Perda de cuantiosos recursos facendísticos
-Perda dun mercado exclusivo → grave crise comercial
-Suministraba produtos baratos e metal precioso
-Compraba produtos españois ou reexportados

12
TEXTOS

Doc. 1. Orde do mariscal Murat (2 de maio de 1808):


“Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (...). O sangue
francés foi vertido; reclama vinganza. Na súa consecuencia mando o seguinte (...):
Art.2. Todos os que foron presos no disturbio e coas armas na man serán arcabuceados (...).
Art.5. Toda xuntanza de máis de oito persoas será considerada coma unha xunta sediciosa (...)
Art.7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou manuscritos provocando
a sedición serán considerados coma uns axentes da Inglaterra e arcabuceados”.

Doc. 2. Proclama da Xunta Central do Principado de Asturias (maio de 1808):


“Asturianos leais e amados compatriotas (...). O Principado, en desempeño daqueles deberes
que máis interesan ao home, xa declarou formalmente a guerra a Francia (...). A súa perfidia co
noso rei e toda a súa familia, enganándoo para facelo pasar a Francia baixo palabra dun eterno
armisticio para encadealos a todos, non ten igual na historia (...). ¡Á arma, á arma, asturianos!”.

Doc. 3. O militar e político liberal Evaristo San Miguel expón neste escrito (1836) os
diversos proxectos dos combatentes contra os franceses:
“De todos os xeitos non é menos certo que a invasión dos franceses foi o principio das nosas
diferenzas internas e a guerra da independencia unha especie de guerra civil ao mesmo tempo.
Aos nobres, a dinastía estranxeira éralles odiosa menos polo nova que polos indicios que daba
de reformadora. Do lexislador dun pobo onde todo estaba nivelado pola lei da igualdade debía
desconfiar moito o privilexio das clases exclusivas. O berro de guerra na súa boca foi a
oposición ao espírito innovador
que os ameazaba (...).
Os ilustrados eran un número considerable e non podían ter, no seu pronunciamento contra o
emperador, só a mira de volver ao Estado anterior. Non era posible (...) que gustasen de volver
ao antigo despotismo os que o consideraban como unha das causas dos males que os aflixían.
O berro de guerra dirixido contra os franceses tiña tamén por branco os excesos, as desordes
que afearan as administracións anteriores”.

Doc. 4. Constitución de 1812:


“Art. 1. A nación española é a reunión de todos os españois de ámbolos dous hemisferios (...).
Art. 3. A soberanía reside esencialmente na nación e polo mesmo pertence a esta
exclusivamente o dereito de establecer as súas leis fundamentais (...).
Art. 14. O goberno da nación española é a monarquía moderada hereditaria.
Art. 15. A potestade de facer leis reside nas Cortes co rei.
Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no rei.
Art. 17. A potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais”.

13
Doc.5. Decreto de anulación da Constitución de 1812 e da obra lexislativa das Cortes de
Cádiz (1814):
.As Cortes (...) no mesmo día da súa instalación (...) despoxáronme da soberanía, pouco antes
recoñecida polos mesmos deputados, atribuíndoa nominalmente á nación para apropiala para
si eles mesmos e dar a esta, despois sobre tal usurpación, as leis que quixeron, impoñéndolle
o xugo de que forzosamente as recibise nunha nova Constitución (...); e ó que era
verdadeiramente obra dunha facción, revestíaselle (...) de vontade xeral (...).
Declaro que o meu real ánimo é non só non xurar nin acceder á dita Constitución nin a decreto
ningún das Cortes xerais e extraordinarias e das ordinarias actualmente abertas, a saber, os
que sexan depresivos dos dereitos e prerrogativas da miña soberanía (...), senón o declarar
aquela Constitución e tales decretos nulos e de ningún valor nin efecto, agora nin en tempo
ningún, coma se non tivesen pasado xamais tales actos..

Doc.6. Manifesto que dirixe á Nación española a Xunta Provincial de Galicia, presidida
por Juan Díaz Porlier, en 1815:
.Españois: (...). Obrigados pola necesidade, vendo que a verdade non pode chegar ós oídos do
rei, sitiado a toda hora polos seus conselleiros (...), tomamos a terrible, pero indispensable,
resolución de reclamar coas armas na man o que se negou ás nosas solicitudes.
O noso obxecto é o de España enteira: unha monarquía sometida a leis xustas e sabias, e
constituída dun xeito que sexa garantía, o mesmo das prerrogativas do trono que dos dereitos
da nación. Pedimos a convocatoria de Cortes nomeadas polo pobo, e que estas teñan
liberdade de facer na Constitución proclamada polas Cortes extraordinarias, os cambios que
esixe a nosa situación..

Doc.7. Fernando VII acepta a Constitución de Cádiz o 10 de marzo de 1820:


.Mentres eu meditaba maduramente coa solicitude propia do meu paternal corazón as
variacións do noso réxime fundamental que parecían máis adaptables ó carácter nacional e ó
estado presente das diversas opcións da monarquía española, así como máis análogas á
organización dos pobos ilustrados, fixéstesme comprender a vosa arela de que se restablecese
aquela Constitución que entre o estrondo das armas hostís foi promulgada en Cádiz no ano de
1812, ó propio tempo que con asombro do mundo combatiades pola liberdade da patria. Oín os
vosos votos, e como tenro pai condescendín ó que os meus fillos consideran que conduce á
súa felicidade. Xurei esa Constitución pola que deveciades, e sempre serei o seu máis firme
apoio (...). Marchemos francamente, e eu o primeiro, pola senda constitucional (...)..

Doc.8. Logo da intervención da Santa Alianza, Fernando VII anula en 1823 os actos do
goberno constitucional:
Sentado xa outra vez no trono de San Fernando pola man sabia e xusta do Omnipotente, polas
xenerosas resolucións dos meus poderosos aliados e polos denodados esforzos do meu primo,
o duque deAngulema, e o seu bravo exército, desexando prover o remedio ás máis urxentes
necesidades dos meus pobos, e manifestar a todo o mundo a miña verdadeira liberdade, viñen
decretar o seguinte:
1º. Son nulos e de ningún valor tódolos actos do goberno chamado constitucional (de calquera
clase e condición que sexan) que dominou os meus pobos desde o 7 de marzo de 1820 ata
hoxe 1 de outubro de 1823, declarando, como declaro, que en toda esta época carecín de
liberdade”.
14
Doc.9. En 1814, á volta de Fernando VII a España, os partidarios do absolutismo asinan o
coñecido como “Manifesto dos persas”:
“A monarquía absoluta é unha obra da razón e da intelixencia: está subordinada á lei divina, á
xustiza e ás regras fundamentais do Estado; foi establecida por dereito de conquista ou pola
submisión voluntaria dos primeiros homes que escolleron aos seus reis. Así que o soberano
absoluto non ten facultade de usar sen razón a súa autoridade (dereito que non quixo ter o
mesmo Deus); por iso foi preciso que o poder soberano fose absoluto, para prescribir aos
súbditos todo o que mira ao interese común, e obrigar á obediencia aos que se negan a ela
(...).
Non podendo deixar de pechar este respectuoso Manifesto en canto permita a nosa
representación e os nosos votos particulares coa protesta de que se estime sempre sen valor
esa Constitución de Cádiz, e por non aprobada pola V. M. nin polas provincias (...) porque
estimamos as leis fundamentais que contén de incalculables e transcendentes prexuízos”.

Doc.10. Rafael RIEGO. Proclama. Cabezas de San Juan (Sevilla), 1-1-1820


España está vivindo a mercé dun poder arbitrario e absoluto, exercido sen o menor respecto ás
leis fundamentais da nación. O rei, que debe o seu trono a cantos loitaron na guerra da
independencia, non xurou, porén, a Constitución; a Constitución, pacto entre o monarca e o
pobo, alicerce e encarnación de toda nación moderna. A Constitución española, xusta e liberal,
foi elaborada en Cádiz entre sangue e sufrimento. Mas o rei non a xurou e é necesario, para
que España se salve, que o rei xure e respecte esa Constitución de 1812, afirmación lexítima e
civil dos dereitos e deberes dos españois, de todos os españois, desde o rei ao último labrador.
(...) Si, si, soldados, a Constitución. Viva a Constitución!

Doc.11. José CANGA ARGÜELLES. Reflexións sociais ou ideas para a Constitución


española que un patriota ofrece aos representantes de Cortes. 1811
Todos e cada un dos cidadáns que compoñen a sociedade teñen dereito para intervir no
establecemento das leis, por residir neles a soberanía. Pero como de verificalo indistinta e
colectivamente as discusións se eternizarían e o desconcerto sería o resultado; de aquí a
necesidade de constituír o poder lexislativo da nación (...).
O corpo lexislador deberá constar de individuos elixidos libre e espontaneamente polo pobo, en
número proporcional á poboación do Estado, que teñan a calidade de cidadáns, e cuxa
conduta non desmereza tan alta confianza. Estes serán os representantes da nación,
depositarios da súa confianza, órganos da súa vontade e a cuxos desvelos se confiará a
formación das leis (...).
Ás Cortes, ou sexa o corpo lexislativo, corresponde formar a Constitución, sancionar a
integridade da Nación, mudar ou confirmar as súas actuais divisións (...); estender os códigos
civil, criminal, económico e de rendas; determinar as relacións entre a Igrexa e o Goberno;
arranxar os planos de ensino; confirmar ou derrogar os tribunais actuais (...); e por último
establecer o sistema militar.

Doc.12. En 1814, á volta de Fernando VII a España, os partidarios do absolutismo asinan


o coñecido como “Manifesto dos persas”:

15
“A monarquía absoluta é unha obra da razón e da intelixencia: está subordinada á lei divina, á
xustiza e ás regras fundamentais do Estado; foi establecida por dereito de conquista ou pola
submisión voluntaria dos primeiros homes que escolleron aos seus reis. (...).
Non podendo deixar de pechar este respectuoso Manifesto en canto permita a nosa
representación e os nosos votos particulares coa protesta de que se estime sempre sen valor
esa Constitución de Cádiz, e por non aprobada pola V. M. nin polas provincias (...) porque
estimamos as leis fundamentais que contén de incalculables e transcendentes prexuízos”.

Doc.13. Carlos IV. Decreto de abdicación. 19-3-1808


Como os achaques de que adoezo non me permiten soportar por máis tempo o grande peso do
goberno dos meus reinos, e cómpre para reparar a miña saúde, gozar dun clima máis
temperado e da tranquilidade da vida privada, determinei despois da máis seria deliberación,
abdicar a miña coroa no meu herdeiro e moi caro fillo o príncipe de Asturias. Polo tanto é a
miña vontade que sexa recoñecido e obedecido como rei e señor natural de todos os meus
reinos e dominios.

Doc.14. Carta de Carlos IV a Napoleón Bonaparte. 23-3-1808


Señor meu irmán: VM saberá sen dúbida con pena os sucesos de Aranxuez e as súas resultas
(...). Eu non renunciei en favor do meu fillo senón pola forza das circunstancias, cando o
estrondo das armas e os clamores dunha garda sublevada facíanme coñecer a necesidade de
escoller entre a vida ou a morte, e a esta última seguiría a da raíña. Eu fun forzado a renunciar
(...).
Dirixo a VM. unha protesta contra os sucesos de Aranxuez e contra a miña abdicación.
Entrégome e enteiramente confío no corazón e amizade da VM.

Doc.15. Frei Agostiño Iñigo ABAD Y LASIERRA [beneditino, bispo de Barbastro]. Informe
[á Xunta Suprema Central sobre a convocatoria de Cortes] respecto á forma da nova
monarquía. 22-8-1809
Debe restablecerse a representación legal coñecida da monarquía nas súas antigas Cortes.
Deben convocarse estas e os seus deputados a elas como representantes da soberanía do
pobo español, que reconquistou a súa liberdade e os seus dereitos rexeitando o tirano
usurpador. Pode e debe formar a súa Constitución, e de acordo a ela decretar as leis que máis
conveñan aos seus concidadáns. A Constitución debe fixar as facultades e poderes dos que
han de gobernar e as regras que debe seguir para desempeñar o seu encargo (...).
O lexislativo residirá nos deputados, formados en Cortes, o xudicial nos tribunais e o executivo
no rei (...).Todos os veciños deben ter voto para nomear os deputados en Cortes, pero só
poderán ser nomeados os que teñan os méritos e circunstancias que prescriba a lei, por
exemplo, os que contribuíron ao Estado coa contribución anual de mil reais de vellón.

Doc.16. XUNTA SUPREMA DO REINO DE GALICIA. Proclama. 5-6-1808


Galegos: chorastes a sorte do voso amable Fernando; arde nos vosos corazóns o horror á
perfidia coa que foi seducido, temedes pola vosa sagrada relixión, (…) mirades xa na vosa
imaxinación profanados os altares (…). Chegou o caso: o voso reino (…) resumiu a
autoridade soberana, que en tales circunstancias lle compete por dereito, e fai dela o primeiro
exercicio, condescendendo aos vosos desexos tan ruidosamente declarados. Toedes xa
16
caudillo; tómanse as decisións máis vigorosas; correde pois ás armas, vamos defender a causa
de Deus, o honor da nosa Patria, as nosas vidas e facendas (…).
Galegos: alistádevos de dez a corenta anos, pois mellor pola vosa relixión e os vosos fogares e
a vosa Patria, que ir cegos ao matadoiro por satisfacer unha ambición desmesurada.

Doc.17. CORTES DE CÁDIZ. Decreto I. 24-9-1810


Os deputados que compoñen este Congreso, e que representan á Nación española,
decláranse lexitimamente constituídos en Cortes xerais e extraordinarias e que reside nelas a
soberanía nacional.
As Cortes (…) recoñecen, proclaman e xuran de novo polo seu único e lexítimo rei ao señor
don Fernando VII de Borbón; e declaran nula, de ningún valor nin efecto a cesión da Coroa que
se di feita a favor de Napoleón, non só pola violencia que interveu naqueles actos inxustos e
ilegais, senón principalmente por faltarlle o consentimento da nación.
Non convindo queden reunidos o poder lexislativo, o executivo e o xudicial, declaran as Cortes
xerais e extraordinarias que se reserven o exercicio do poder lexislativo en toda a súa
extensión.
As Cortes (…) habilitan os individuos que compoñían o Consello de Rexencia para que (…)
exerzan o poder executivo.
Doc.18. CORTES DE CADIZ. Decreto 9. 10-11-1810
Art.1º. Todos os corpos e persoas particulares, de calquera condición e estado que sexan,
teñen liberdade de escribir, imprimir e publicar as súas ideas políticas, sen necesidade de
licenza, revisión ou aprobación ningunha anterior á publicación, baixo as restricións e
responsabilidades que se expresarán no presente Decreto.

Doc.19. CORTES DE CÁDIZ. Decreto 223. 22-2-1813


Art.2. O Tribunal da Inquisición é incompatible coa Constitución.

Doc.20. Tratado de Valençay. 11-12-1813


Art.3º.- SM o Emperador dos franceses, rei de Italia, recoñece a don Fernando e aos seus
sucesores, segundo a orde de sucesión establecida polas leis fundamentais de España, como
rei de España e das Indias.
Art.4º.- SM, o Emperador e rei, recoñece a integridade do territorio de España, tal como existía
antes da guerra actual.

Doc. 21. Constitución de Baiona. 6-7-1808


Non nome de Deus Todopoderoso, don Xosé Napoleón, pola graza de Deus rei das Españas e
das Indias: (...), decretamos a presente Constitución (...).
Art.1. A relixión católica, apostólica e romana, en España e en todas as posesións españolas,
será a relixión do rei e da nación, non se permitirá ningunha outra (...).
Art.61. Haberá Cortes ou Xuntas da nación compostas de 172 individuos, divididos en tres
estamentos, a saber: o estamento do clero, o da nobreza e o do pobo. (...)

17
Art.96. As Españas e as Indias gobernaranse por un só código de leis civís e criminais.
Art.117. O sistema de contribucións será igual en todo o reino. (...)

Doc. 22. Andrés TORREJÓN - Simón HERNÁNDEZ. Bando da alcaldía. Móstoles, 2-5-1808
[castelán]
É notorio que os franceses apostados nos arredores de Madrid e dentro da Corte tomaron a
defensa sobre este pobo capital e as tropas españolas; como españois é necesario que
morramos polo rei e a patria, armándonos contra uns pérfidos que baixo cor de amizade e
alianza queren impoñernos un pesado xugo, despois de apoderarse da augusta persoa do rei;
procedamos, pois, a tomar as activas providencias para escarmentar tanta perfidia, acudindo
ao socorro de Madrid e demais vilas e alentándonos, pois non hai forzas que prevalezan contra
quen é leal e valente, como son os españois.

18
8. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO
1. A CRISE DA MONARQUÍA ABSOLUTA (ABDICACIÓNS, OCUPACIÓN NAPOLEÓNICA).
Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre a crise da
monarquía absoluta, referíndote ás abdicacións de Baiona e á ocupación napoleónica. Tendo
en conta os documentos e a súa contextualización, debes atender cando menos ás
circunstancias que facilitan a entrada das tropas francesas, os problemas da dinastía española
e a sublevación contra a ocupación francesa que desemboca en guerra.

Doc.1.: CARLOS IV. Carta a Napoleón. 23-3-1808


Señor meu irmán: VM saberá sen dúbida con pena os sucesos de Aranxuez e as súas resultas
(…). Eu non renunciei a favor do meu fillo senón pola forza das circunstancias, cando o
estrondo das armas e os clamores dunha garda sublevada me facían coñecer a necesidade de
escoller entre a vida ou a morte, e as esta última seguiría a da raíña. Eu fun forzado a
renunciar (…). Dirixo a VM, unha protesta contra os sucesos de Aranxuez e contra a miña
abdicación. Entrégome e enteiramente confío no corazón e amizade da VM.

Doc. 2.: Constitución de Baiona. 6-7-1808


Non nome de Deus Todopoderoso, don Xosé Napoleón, pola graza de Deus rei das Españas e
das Indias: (...), decretamos a presente Constitución (...).
Art.1. A relixión católica, apostólica e romana, en España e en todas as posesións españolas,
será a relixión do rei e da nación, non se permitirá ningunha outra (...).
Art.61. Haberá Cortes ou Xuntas da nación compostas de 172 individuos, divididos en tres
estamentos, a saber: o estamento do clero, o da nobreza e o do pobo. (...)
Art.96. As Españas e as Indias gobernaranse por un só código de leis civís e criminais.
Art.117. O sistema de contribucións será igual en todo o reino. (...)

Doc. 3.: Orde do mariscal Murat (2 de maio de 1808):


“Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (...). O sangue
francés foi vertido; reclama vinganza. Na súa consecuencia mando o seguinte (...):
Art.2. Todos os que foron presos no disturbio e coas armas na man serán arcabuceados (...).
Art.5. Toda xuntanza de máis de oito persoas será considerada coma unha xunta sediciosa (...)
Art.7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou manuscritos provocando
a sedición serán considerados coma uns axentes da Inglaterra e arcabuceados”.

19
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO:
As ideas liberais chegan a España grazas á influencia da Revolución Francesa (1789) e á
invasión napoleónica. Durante o período comeza a revolución liberal española que rematará
por acabar co absolutismo tras a morte de Fernando VII.
O forte impacto que supuxo a Revolución Francesa levou á España de Carlos IV a tomar
medidas para evitar o contaxio revolucionario. Deste xeito péchase a fronteira con Francia,
prohíbese a propaganda revolucionaria, e reactivan a Inquisición, medidas que serán apoiadas
polos privilexiados, clero e nobreza, e rexeitadas por aqueles ilustrados partidarios dunha
Constitución liberal. A expansión das ideas revolucionarias puxo en evidencia o fracaso destas
medidas.
Paralelamente a estes sucesos, a monarquía española presenta os seus propios problemas
internos. A rápida acumulación de poder e títulos na figura de Godoy, secretario de Estado de
Carlos IV, suscitou a oposición do príncipe Fernando, quen teme ver limitadas as súas
posibilidades de gobernar. Este resentimento favorece a creación na Corte dun “grupo
fernandino”, que recorre á sátira e á conspiración para desprestixiar a Godoy.
Nesta situación prodúcese o bloqueo decretado por Napoléon Bonaparte coa conseguinte
transgresión do mesmo por parte de Portugal. España e Francia firman o Tratado de
Fontainebleau (1807), polo cal, Godoy, autoriza o paso das tropas francesas por territorio
español a cambio do reparto das terras portuguesas e da creación do reino dos Algarves para
el. A entrada das tropas ten lugar a principios de 1808, xerando un forte malestar entre o pobo
español e a desconfianza do propio Godoy, que decide trasladar aos reis a Aranxuez. En
marzo dese ano os partidarios do grupo fernandino asaltan o pazo e obrigan a abdicar a Carlos
IV no seu fillo, Fernando VI, feitos que levan a Carlos IV a pedir axuda a Napoleón Bonaparte.
A carta á que pertence o texto ao que corresponde o documento 1 constitúe a evidencia desta
petición de axuda, claramente expresada na última frase, “Entrégome e enteiramente confío no
corazón e amizade da VM”. Así mesmo, Carlos IV refírese ao asalto do grupo fernandino, “VM
saberá sen dúbida con pena os sucesos de Aranxuez e as súas resultas”, destacando o
carácter obrigado da súa renuncia á coroa, “Eu fun forzado a renunciar”.
A división da monarquía será aproveitada por Napoleón. Convoca á familia real a Baiona e
obriga a ambos a abdicar na súa persoa, nomeando rei ao seu irmán, Xosé I Bonaparte, quen
será escasamente aceptado, posto que só estará apoiado polos partidarios do reformismo
autoritario, os chamados afrancesados.
Para conseguir adeptos, Napoleón reúne a Asemblea de Baiona onde se aproba o que en
realidade é unha Carta Outorgada, e non unha Constitución, dado que foi obra do rei e non da
Asemblea, a representación da nación. Nesta Carta mestúranse elementos tradicionais, e
elementos novos, liberais, co que se rompe co Antigo Réxime. No documento 2 se recollen
parte dos artigos correspondentes a esta Carta Outorgada.
Entre os seus principios máis tradicionais atópase a lexitimación divina do poder real, “don
Xosé Napoleón, pola graza de Deus rei das Españas e das Indias”, unhas Cortes divididas en
estamentos, como así se indica no artigo 61, ou a oficialidade da relixión católica que aparece
recollida no artigo 1. Entre os elementos máis innovadores e liberais atópase certa separación
de poderes ao crear un Senado, un Consello de Estado, no artigo 96 a unidade lexislativa, e no
artigo 117 a igualdade contributiva. Ao anterior se suma a defensa de certas liberdades e
dereitos.
A Carta foi complementada cunha serie de reformas que poñían fin aos dereitos señoriais, as
aduanas interiores, reducían as ordes relixiosas masculinas, potenciaban a liberdade
económica, a racionalización da administración coa división do país en distritos, ou a creación
de escolas.
20
Estas medidas tiveron escasa aplicación práctica, posto que a situación de guerra paralela a
súa aprobación, impediu a súa aplicación práctica.
Esta situación de guerra ten o detonante na sublevación do pobo madrileño do 2 de maio de
1808. O malestar popular polo traslado da familia real a Francia deu lugar a un motín que será
duramente reprimido polas tropas francesas. O documento 2 correspóndese coa orde coa que
o Mariscal Murat ordea esta represión o mesmo día da rebelión, “soldados: a poboación de
Madrid sublevouse”. Da dureza da represión da revolta da idea o artigo 2, onde se ordena o
axustizamento das persoas apresadas nos disturbios, en tanto que nos artigos 5 e 7 limita os
dereitos e liberdades dos madrileños, impoñendo no último a censura.
Esta dura represión provocará unha sublevación xeral que desemboca na Guerra de
Independencia. Dada a superioridade do exército francés, a defensa do territorio español será
asumida polas masas populares que adoptan a guerra de guerrilla, é dicir, cuadrillas de homes
coñecedores do terreo que contando co apoio da poboación, atacan limitadamente e por
sorpresa, sen presentar unha batalla frontal. Nestas forzas predomina o patriotismos fanático
defensor da tradición, da relixión e dos dereitos ao trono de Fernando VII. Así mesmo contan
coa participación de Inglaterra, antiga aliada de Portugal. A este apoio inglés fai referencia o
artigo 7 do documento 3, “serán considerados coma uns axentes da Inglaterra e
arcabuceados”.
Nun primeiro momento da guerra, entre maio e novembro de 1808, os franceses trataron de
ocupar rapidamente o país, pero fracasan dada a oposición popular. A derrota que sofren en
Bailén, obriga ás tropas francesas e a Xosé I Bonaparte a repregarse a vitoria.
A partir de novembro de 1808 e coa chegada dun gran exército, Francia consegue dominar
case toda a Península, quedando unicamente libres do dominio francés, as cidades de Lisboa
e Cádiz. Nesta última xéstase a revolución liberal española coa formación dunhas Cortes e a
elaboración dunha Constitución, a de 1812, que é considerada como moi avanzada para a súa
época.
Nesta segunda fase da guerra ten lugar a batalla de Elviña (1809). As tropas inglesas tratando
de escapar embarcando no porto da Coruña, son derrotadas en Elviña e perden ao seu xefe,
sir John Moore. A oposición da poboación e o illamento respecto ás tropas francesas, facilitará
que Galicia sexa o primeiro territorio español liberado da ocupación francesa.
Dende xaneiro de 1812, o obxectivo de Napoleón de invadir Rusia, obriga a retirar un
importante número de tropas da Península, feito que será aproveitado polo exército anglo-
español dirixido polo xeneral Wellintong para derrotar a Francia, rematando a guerra en marzo
de 1814.
Tras a fracasada intervención francesa en Rusia, Napoleón é derrotado provocando o exilio de
Xosé I Bonaparte e dos afrancesados. Polo Tratado de Valençay (1813) devólveselle a coroa a
Fernando VII, que retorna en 1814, eliminando a obra liberal das Cortes de Cádiz e volvendo a
instaurar o absolutismo.

21
2. AS CORTES DE CÁDIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812.
Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre as Cortes
de Cádiz e a Constitución de 1812. Tendo en conta os documentos e a súa contextualización,
debes atender cando menos á formación de Xuntas, á celebración das cortes, así como a
aprobación dos decretos e á Constitución de Cádiz.

Doc. 1. Proclama da Xunta Suprema do Reino de Galicia. 5-6-1808


Galegos: chorastes a sorte do voso amable Fernando; arde nos vosos corazóns o horror á
perfidia coa que foi seducido, (…). Chegou o caso: o voso reino (…) resumiu a autoridade
soberana que en tales circunstancias lle compete por dereito, e fai dela o primeiro exercicio,
condescendendo aos vosos desexos tan ruidosamente declarados. Tedes xa caudillo; (…);
correde pois ás armas, vamos a defender a causa de Deus, o honor da nosa Patria, nosas
vidas e facendas (…).

Doc. 2. Decreto I das Cortes de Cádiz. 24-9-1810:


Os deputados que compoñen este Congreso, e que representan á nación española, decláranse
lexitimamente constituídos en Cortes xerais e extraordinarias e que reside nelas a soberanía
nacional.
As Cortes (…) recoñecen, proclaman e xura de novo polo seu único e lexítimo rei ao señor don
Fernando VII de Borbón; e declaran nula, de ningún valor nin efecto a cesión da Coroa que se
di feita a favor de Napoleón, non só pola violencia que interveu naqueles actos inxustos e
ilegais, senón principalmente por faltarlle o consentimento da nación.

Doc. 3.-Constitución de 1812:


Art. 3. A soberanía reside esencialmente na nación e polo mesmo pertence a esta
exclusivamente o dereito de establecer as súas leis fundamentais (...).
Art. 4. A nación está obrigada a conservar e protexer (…) a liberdade civil, a propiedade e os
demais dereitos lexítimos de todos os individuos que o compoñen. (…)
Art. 12. A relixión da nación española é e será perpetuamente a católica, apostólica, romana,
única verdadeira. A nación protéxea por leis sabias e xustas, e prohibe o exercicio de calquera
outra.
Art. 15. A potestade de facer leis reside nas Cortes co rei.
Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no rei.
Art. 17. A potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais”.

22
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO:
Entre 1808 e 1814 ten lugar en España a Guerra da Independencia que marca o inicio da
revolución liberal en España. Estas ideas liberais chegan grazas á influenza da Revolución
Francesa (1789), a pesar da censura imposta pola Coroa e a Inquisición. A invasión
napoleónica dará lugar á formación das primeiras Cortes liberais e á promulgación da primeira
Constitución, a de 1812.
Tal e como se indica no primeiro documento, a crise da monarquía hispánica facilitou en
Baiona a abdicación de Carlos IV e Fernando VII en Napoleón, e a instauración dunha nova
dinastía na figura de Xosé I Bonaparte, “chorastes a sorte do voso amable Fernando; arde nos
vosos corazóns o horror á perfidia coa que foi seducido”. Durante a Guerra de Independencia,
os españois empregarán dúas formas de loita contra os franceses: a guerra de guerrillas e a
formación de Xuntas de goberno. En numerosas vilas e cidades fórmanse Xuntas de goberno
que supuxeron unha ruptura coa orde política vixente. Un exemplo desta formación de Xuntas
corresponde o documento 1, onde se recolle unha proclama feita pola Xunta Superio de
Galicia. Considérase por tanto, que existe nelas unha concepción revolucionaria do poder,
posto que están lexitimadas pola vontade popular, asumen a soberanía substituíndo ás
autoridades tradicionais, “o voso reino (…) resumiu a autoridade soberana”, e declaran a
guerra a Francia animando aos españois a tomar as armas “correde pois ás armas, vamos a
defender a causa de Deus, o honor da nosa Patria, nosas vidas e facendas”.
En cada poboación fórmase unha Xunta local na que se integra tanto o pobo como ás elites.
Estarán dirixidas por Xuntas Provincias, que a súa vez serán coordinadas pola Xunta Suprema
Central Gobernativa de España e Indias que asumirá o goberno de España, sendo substituída
en xaneiro de 1810 polo Supremo Consello de Rexencia.
Progresivamente xeneralízase a idea da necesidade de convocar unhas Cortes xerais e
extraordinarias que conseguen reunirse por primeira vez o 24 de setembro de 1810, momento
en que se aproba o decreto ao que corresponde o documento 1. A súa composición vai a ser
moi heteroxénea, posto que están integrados por unha maioría de clero ilustrado, avogados,
xentes da administración e militares, e unha minoría de comerciantes, alta xerarquía
eclesiástica e nobres, estando totalmente ausentes o campesiñado e os artesáns. Entre eles
ponse de manifesto a división en dúas tendencias ideolóxicas irreconciliables, os liberais que
corresponden ao primeiro grupo, e os absolutistas, identificados cos antigos estamentos
privilexiados. Estes últimos néganse a perder os privilexios que eliminaba a lexislación
aprobada por Xosé I Bonaparte, posto que entre os principios recollidos na Carta Outorgada
atópanse a igualdade contributiva, a supresión dos señoríos, a liberdade económica, ou a
diminución do clero. Entre os defensores do Absolutismo, tamén se atopan boa parte das
masas populares que defenden a tradición e a relixión polo que non aceptarán as reformas
liberais. Os liberais pola contra, eran partidarios das reformas necesarias para a modernización
e desenvolvemento do país.
As Cortes darán lugar a un intenso labor lexislativo coa promulgación de numerosos decretos,
como o recollido no documento 2, e dunha Constitución, norma suprema do regulamento
xurídico dun Estado. Esta lexislación suporá a abolición do Antigo Réxime e a instauración dun
sistema liberal por primeira vez en España. É por isto polo que estas Cortes son consideradas
revolucionarias. Este carácter revolucionario aparece reflectido no citado Decreto I, onde
ademáis de instaurar a soberanía nacional, “decláranse lexitimamente constituídos en Cortes
xerais e extraordinarias e que reside nelas a soberanía nacional”, non recoñecen a Xosé I
como rei, rexeitando as abdicacións de Baiona, “declaran nula, de ningún valor nin efecto a
cesión da Coroa que se di feita a favor de Napoleón”, posto que esta cesión non conta co
“consentimento da nación”. Ese carácter revolucionario e de ruptura co absolutismo, está pois
presente ao longo de todo o parágrafo.

23
Entre as medidas tomadas nos Decretos atópase a abolición do morgado, da Inquisición, dos
señoríos xurisdicionais, ou a conversión dos territoriais en propiedade privada. Ao anterior
engádese o feito de que a xustiza deixa de estar en mans da nobreza e do clero e pasa ao
Estado, creando o Tribunal Supremo de Xustiza e reformando as Audiencias. Igualmente
establécese a liberdade de imprenta e refórmase o executivo establecendo a responsabilidade
dos ministros ante o parlamento.
Esta lexislación complétase coa promulgación en 1812 da Constitución coñecida popularmente
como “a Pepa”, da que o documento 3 recolle varios artigos. Foi unha das máis liberais da súa
época, e estableceu o comezo do período constitucional español.
Fronte a soberanía real propia do Antigo Réxime, o artigo 3 da Constitución establece a xa
citada soberanía nacional, segundo a cal o pobo posúe o poder que é exercido por delegación
dos seus representantes elixidos por sufraxio universal masculino.
No artigo 4 recóllense algúns dos dereitos e liberdades que recolle a Constitución, como o
dereito á propiedade privada, que se suman á liberdade de opinión e imprenta, a igualdade
ante a lei, as obrigas militares ou as cargas fiscais, eliminando así os privilexios feudais da
nobreza e do clero. Para protexer estas liberdades e asegurar a orde pública créase a Milicia
Nacional.
Establécese un sistema monárquico, identificado coa dinastía borbónica, como así se recolle
no Decreto 1 ao recoñecer como rei a Fernando VII, pero de poder limitado pola separación de
poderes. Deste xeito e tal e como recollen os artigos 15, 16, e 17, o poder executivo recaerá no
rei, que asume os cargos de xefe de Estado e de Goberno, nas Cortes o lexislativo, e nos
tribunais de xustiza o xudicial.
O modelo de Estado que crea será unitario e centralista, cunha única lexislación que elimina os
privilexios forais dos antigos reinos da monarquía.
Estes principios liberais contrastan co máis conservador que se recolle no artigo 17, “a relixión
da nación española é e será perpetuamente a católica”, non permitindo o exercicio de ningunha
outra.
Debido a situación de guerra, esta lexislación apenas tivo aplicación práctica.
O Liberalismo terá unha vida efémera, posto que trala derrota de Napoleón, devólvese a coroa
a Fernando VII que volve a España en 1814 anulando a lexislación de Cádiz e restaurando o
absolutismo.

24
3. A RESTAURACIÓN DE FERNANDO VII E DO ABSOLUTISMO (AS ETAPAS DO
REINADO).
Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre a
restauración de Fernando VII e do absolutismo. Tendo en conta os documentos e a súa
contextualización, debes atender cando menos a cada unha das etapas do reinado e ás
circunstancias que provocan o cambio de sistema de goberno.

Doc. 1. “Manifesto dos persas”. 1814:


“A monarquía absoluta é unha obra da razón e da intelixencia: está subordinada á lei divina, á
xustiza e ás regras fundamentais do Estado; foi establecida por dereito de conquista ou pola
submisión voluntaria dos primeiros homes que escolleron aos seus reis. (...).
Non podendo deixar de pechar este respectuoso Manifesto en canto permita a nosa
representación e os nosos votos particulares coa protesta de que se estime sempre sen valor
esa Constitución de Cádiz, e por non aprobada pola V. M. nin polas provincias (...) porque
estimamos as leis fundamentais que contén de incalculables e transcendentes prexuízos”.

Doc.2. Fernando VII acepta a Constitución de Cádiz o 10 de marzo de 1820:


.Mentres eu meditaba maduramente coa solicitude propia do meu paternal corazón as
variacións do noso réxime fundamental que parecían máis adaptables ó carácter nacional e ó
estado presente das diversas opcións da monarquía española, así como máis análogas á
organización dos pobos ilustrados, fixéstesme comprender a vosa arela de que se restablecese
aquela Constitución que entre o estrondo das armas hostís foi promulgada en Cádiz no ano de
1812, ó propio tempo que con asombro do mundo combatiades pola liberdade da patria. Oín os
vosos votos, e como tenro pai condescendín ó que os meus fillos consideran que conduce á
súa felicidade. Xurei esa Constitución pola que deveciades, e sempre serei o seu máis firme
apoio (...). Marchemos francamente, e eu o primeiro, pola senda constitucional (...)..

Doc. 3. Manifesto de Fernando VII tras a actuación dos 100.000 fillos de san Luís. 6-4-
1823
Xenerosos españois: Despois de tres anos de calamidades públicas que trouxeron sobre a
nación a rebelión dalgúns dos seus malos fillos, amenceu por fin sobre as tebras do voso dolor
o día da paz o benéfico influxo da orde e da xustiza.
Europa conmovida das vosas aflicións e fatigada do grito da sedición, interesase vivamente en
poner termo aos vosos males; e un xeneroso neto de san Luís, á fronte dun exército cheo de
lealdade e de gloria, entra polas vosas fronteiras a auxiliar os vosos esforzos. (...)

25
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN TEXTO:
O estoupido da Guerra da Independencia en 1808 traerá consigo a formación das primeiras
cortes liberais en España, as Cortes de Cádiz, e a aprobación da primeira Constitución, a de
1812. Coa derrota de Napoleón Bonaparte, devólvese a coroa a Fernando VII comezando o
enfrontamento entre liberais e absolutistas.
A primeira etapa do reinado de Fernando VII corresponde ao chamado Sexenio Absolutista e a
ela corresponde o primeiro documento proposto. Da comezo en 1814 cando o monarca regresa
a España e é recibido en medio do clamor popular. Coa súa volta xurde un problema político
posto que mentres os liberais desexan que acepte a lexislación de Cádiz, converténdose deste
xeito, nun rei constitucional, os absolutistas presionan para que sexa restaurado o Antigo
Réxime, facéndolle chegar o chamado Manifesto dos Persas, escrito, ao que corresponde o
documento citado, e co que as clases privilexiadas piden ao rei a anulación da lexislación de
Cádiz, “se estime sempre sen valor esa Constitución de Cádiz”, xustificando o absolutismo “a
monarquía absoluta é unha obra da razón e da intelixencia: está subordinada á lei divina, á
xustiza e ás regras fundamentais do Estado”. Fernando VII apoiará esta segunda opción
voltándose aos principios do Antigo Réxime, restaurando os señoríos, os privilexios da nobreza
e do clero ou a soberanía real, mentres que pola contra, anúlase a separación de poderes, os
dereitos e liberdades, a igualdade ante a lei, o sufraxio universal ou a soberanía real á que o rei
alude nas dúas primeiras frases do documento. Esta restauración conta co apoio das potencias
absolutistas do Congreso de Viena, e coa escasa oposición das masas populares, que ven no
liberalismo un atentado contra a igrexa e os costumes tradicionais
A partir deste momento ten lugar unha dura persecución dos liberais, que serán axustizados ou
terán que exiliarse, aínda que non abandonarán os intentos de transformar o réxime político
absolutista por un sistema liberal. O documento 2 é un exemplo da única forma de loita á que
poderán recorrer os liberais: os pronunciamentos, é dicir, a sublevación dunha parte do exército
que se pronuncia a favor da Constitución de 1812. O documento 2 recolle o manifesto co Díaz
Porlier se pronuncia a favor da instauración do sistema liberal, tal e como recolle ao longo do
segundo parágrafo pedindo unha monarquía constitucional, un poder lexislativo elexido
mediante sufraxio e o restablecemento da constitución. Trátase do levantamento que ten lugar
na Coruña en 1815, constituíndo un exemplo dos fracasos dos numerosos pronunciamentos
que tiveron lugar ao longo do período.
Por outra parte, debe sinalarse que este documento pon en evidencia o protagonismo que xa
empeza a ter o exército na vida política. Ao longo do século, a debilidade do sistema liberal
favorecerá que sexa o exército o que decida o cambio de goberno, e que en ocasións, sexan
os propios militares os que ocupen postos de relevancia no mesmo.
Tras reiterados fracasos dos distintos pronunciamentos que teñen lugar, finalmente triunfa en
1820 o de Rafael Riego, poñendo desde xeito fin ao Sexenio, e dando paso ao segundo
período do reinado de Fernando VII, o Trienio Liberal. Trátase dun curto período de tempo no
que volve a instaurarse o sistema liberal, posible grazas a que o pronunciamento de Riego, a
pesar de ser inicialmente secundado por unha pequena parte do exército, triunfa finalmente
grazas ao apoio da cidade da Coruña. Este apoio foi promovido por Félix Acevedo e a
burguesía local que restablecen a Constitución de 1812 e nomean unha Xunta de Goberno de
Galicia. O seu exemplo foi seguido por outras cidades galegas e españolas, polo que o rei, xa
sen apoios e tal e como di na sexta e sétima do texto, vese obrigado a xurar a Constitución de
Cádiz. Este triunfo liberal contáxase a outros países europeos, dando lugar á vaga
revolucionaria de 1820.
Deste xeito Fernando VII vese obrigado a xurar a constitución, aínda que tratará de conspirar
contra o sistema para retornar ao absolutismo. A oposición do rei xunto co apoio da Santa

26
Alianza e a propia división interna dos liberais entre exaltados e moderados, acabará por
rematar con esta etapa liberal.
A fin do Trienio ten lugar en 1823 coa intervención do exército francés enviado pola Santa
Alianza, os chamados “Cen mil fillos de San Luís”. Á intervención da Europa do Congreso de
Viena e deste exército refírese Fernando VII no segundo parágrafo do documento 3, escrito
tras a intervención deste e do restablecemento da monarquía absolutista en España. Esta
intervención permite a restauración do absolutismo coa anulación da labor do Trienio,
cualificado no documento de “tres anos de calamidades públicas que trouxeron sobre a nación
a rebelión dalgúns dos seus malos fillos”, dando lugar deste xeito ao último período do reinado,
a Década Ominosa ou absolutista que rematará coa morte do rei en 1833. A reacción ao
Trienio suporá novamente a dura represión dos liberais que serán executados ou marcharán ao
exilio, dende donde conspirarán para restablecer o liberalismo.
Durante este período prodúcese a división entre os absolutistas, posto que unha parte deles,
os ultrarrealistas, acusarán de pusilánime a Fernando VII, agrupándose en torno ao infante don
Carlos de Borbón, considerado herdeiro ao trono ao non ter o rei descendencia. O nacemento
en 1830 da futura Isabel II e a derogación da lei Sálica, que impedía ás mulleres acceder a
Coroa, desprazará a don Carlos do trono, feito que non aceptará. Á morte de Fernando VII,
reclama a Coroa, igual que María Cristina o fai no nome da súa filla, dando lugar á Primeira
Guerra Carlista.
Esta guerra será a oportunidade que teñan os liberais para recuperar o poder, sen embargo
tamén constituirá un grave problema para o futuro Estado liberal, posto que consumirá gran
parte dos recursos facendísticos, profundamente afectados xa pola perda dos territorios
americanos. Ante este feito, o Estado liberal deberá recorrer ao endebedamento.
Durante o reinado de Fernando VII prodúcese polo tanto, a definitiva crise do Absolutismo, que
se mostra como un modelo inviable. O sistema liberal vai a experimentar avances e retrocesos,
tendo a súa oportunidade de implantarse definitivamente, á morte de Fernando VII.

27

You might also like