Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

UNIDADE 3: O SECTOR PRIMARIO

As actividades do sector primario foron as principais ao longo da historia. Esa situación mudou
paulatinamente desde a 1ª Revolución Industrial. Na actualidade é o sector minoritario nos países ricos
e só é a actividade principal nalgúns países subdesenvolvidos. Polo tanto, tanto polo que supone no PIB
como polo número de traballadores que representa, é o sector máis reducido. Aínda que a
produtividade do sector primario aumenta cada ano, o seu peso económico disminúe. En 2021
representaba o 3% do PIB mundial.

Imos refrescar os conceptos de produción e produtividade.


PRODUCIÓN.- Cantidade total elaborada nun período de tempo.
PRODUTIVIDADE.- Relación entre a cantidade elaborada nun período de tempo e o tempo que me levou obtela.

Xa sexa polas súas condicións de vida, xa sexa pola progresiva mecanización, moitas persoas
abandoan o rural en busca dun traballo nas cidades provocando un problema na actualidade de
despoboamento. Esta dínámica se coñece como éxodo rural.

ÉXODO RURAL.- Proceso polo que persoas se desprazan a vivir ás cidades procedentes do
campo.

Nesta unidade imos intentar acercarnos a realidade do sector primario. O primeiro que faremos
é falar da paisaxe agraria.

1.- ELEMENTOS FÍSICOS DA PAISAXE AGRARIA


a) O relevo.- Condiciona a paisaxe agraria en dous aspectos: a altitude e a pendente.
A altitude afecta na paisaxe agraria porque as temperaturas descenden a medida que
ascendemos.
A pendente é outro elemento moi importante posto que é imposible cultivar cunha inclinación
superior aos 10º

b) O tipo de solo.- As prantas absorben do solo as substancias que necesitan, Cada tipo de
planta require un terreo cunhas certas características.

c) O clima.- Cada planta necesita unhas determinadas condicións de temperatura, insolación e


humidade para crecer. Hai catro factores climáticos que limitan as actividades agrícolas:
– O frío extremo.- En xeral as plantas non poden medrar con temperaturas baixo cero e moitas
especies non se desenvolven por debaixo de 10ºC.
– A calor excesiva.- As temperaturas por riba dos 45ºC non son favorables para a agricultura.
– A humidade elevada.- Favorece o crecemento de malas herbas e contribúe á erosión do solo
se desaparece a vexetación.
– A aridez.- As prantas necesitan unha certa cantidade de auga para desenvolverse.

A paisaxe agraria tamén está condicionada pola acción humana, xa sexa polo seu asentamento,
xa sexa pola explotación que faga do espazo que ocupa. Relacionado con estes aspectos imos ver varios
conceptos.
HÁBITAT.- Lugar onde vive a comunidade.
HÁBITAT CONCENTRADO (Imaxe A).- As vivendas agrúpanse formando unha aldea.
Arredor esténdense terras de cultivo e pastos.
HÁBITAT DISPERSO (Imaxe B).- As vivendas están esparcidas. Xunto a cada unha están as
terras de cultivo e pastos.
HÁBITAT MIXTO OU INTERCALADO (Imaxe C).- Hai varias aldeas próximas e certa
poboación dispersa.

As parcelas según o tamaño poden ser:


LATIFUNDIO.- Gran extensión de terreo en mans dunha soa persoa.
MINIFUNDIO.- Pequena extensión de terreo.

As parcelas según como sexan os seus límites poden ser:


A) BOCAGE.- Campos pechados.
B) OPENFIELD.- Campos abertos.
2.- SISTEMAS DE CULTIVO
Según o grao de aproveitamento das leiras distinguimos:
– Agricultura intensiva.- Busca sacar o máximo proveito á terra. Nos países desenvolvidos
faise con técnicas modernas que proporcionan gran rendemento. Nos países en
desenvolvemento é mediante o emprego de moita man de obra e o rendemento é baixo.
– Agricultura extensiva.-Practícase sobre grandes leiras nas que se deixa unha parte en
barbeito. A produción é elevada porque existe moito terreo cultivado.

Según a procedencia da auga para as plantas distinguimos:


– Cultivos de regadío.- Medran coa a auga que se obtén a partir de sistemas artificiais de
rega.
– Cultivos de secaño.- Desenvólvense con auga que reciben da chuvia.

Según a variedade de cultivos distinguimos:


– Monocultivo.- Cando nunha explotación agrícola só se cultiva un produto.
– Policultivo.- Cando se cultivan distintas especies vexetais nunha mesma explotación.

3.- CARACTERÍSTICAS DA AGRICULTURA DAS REXIÓNS DESENVOLVIDAS


– Agricultura de mercado.
– Especialización produtiva (normalmente practícase o monocultivo),
– Mecanización das labores agrícolas, o que reducen man de obra e aumentar a
produtividade.
– Uso de avanzadas técnicas agrícolas (fertilizantes, sementes de elevado rendemento,
tranxénicos...)
– Sistemas de almacenaxe, transporte e comercialización a gran escala o que permite que os
produtos cheguen a afastados mercados cun custo baixo.
– Grandes investimentos.

4.- CARACTERÍSTICAS DA AGRICULTURA DE SUBSISTENCIA


– Autoconsumo. O principal obxectivo é obter alimentos para a familia.
– Practícase en pequenas explotacións.
– Policultivo.
– Técnicas e ferramentas arcaicas.
– Produtividade moi baixa.
– Gran dependencia dos factores físicos.
– Existen varios tipos: agricultura de rozas ou itinerante, sedentaria de secaño e irrigada
monzónica.
5.- CARACTERÍSTICAS DA AGRICULTURA DE PLANTACIÓN
– Agricultura destinada á exportación.
– Grandes explotacións controladas por multinacionais.
– Abundante man de obra con salarios moi baixos.
– Grandes investimentos.
– Monocultivo.
– Aplicación de todos os medios técnicos posibles para conseguir alta produtividade.

A gandaría e a pesca imos abordalas dando os seguintes termos:

GANDARÍA.- É a cría de animais para unha das tres seguintes finalidades: o seu
aproveitamento (carne, leite, ovos…), como forza de traballo ou para a reprodución.
CUNICULTURA.- Cría de coellos.
APICULTURA.- Cría de abellas.
GANDARÍA ECOLÓXICA.- Aquela que é respectuosa co medio ambiente.
GANDARÍA SEDENTARIA.- Aquela na que o gando non se despraza para obter o alimento.
GANDARÍA NÓMADE.- Aquela que se despraza permanentemente na procura de pastos.
GANDARÍA TRANSHUMANTE.- Aquela na que se produce un desprazamento estacional.
No inverno cara aos vales e no verán cara ás montañas.

En canto a conceptos relacionados coa pesca podemos destacar os seguintes:

PESCA.- Consiste na explotación en mares, ríos ou lagos de peixes ou doutros animais


acuáticos, algas e prantas.
PESCA LITORAL.- Aquela que se leva a cabo xunto á costa.
PESCA DE BAIXURA.- A que se realiza próxima á costa.
PESCA DE ALTURA.- Aquela que se realiza en mar aberto.
CALADOIROS.- Son zonas en que se concentran as especies pesqueiras.
PLANCTO.- Pequenos organismos que serven de alimento aos peixes.
6.- CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DO SECTOR PRIMARIO NA UE
- Pouca man de obra (só o 5% da poboación europea).
- Baixa importancia na economía (non chega ao 3% do PIB)
- Produción moi variada.
- Conviven todo tipo de explotación.
- A pesca ocupa o 5º lugar por produción no mundo.

Aínda que as cifras que acabamos de dar non son elevadas, o sector primario é un sector a ter en
conta e así a UE intenta melloralo mediante políticas específicas.

7.- A POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN (PAC)


Existe desde 1962 coa finalidade de mellorar o sector. Os obxectivos actuais son:
- Garantir a seguridade alimentaria para Europa.
- Aumentar a competitividade do sector.
- Garantir a produción de alimentos sans e de calidade.
- Mellorar as condicións sanitarias dos animais e o seu benestar.
- Producir de forma respectuosa co medio.
- Procurar o benestar da sociedade rural.
- Conseguir unha economía rural sustentable.
8.- A POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN (PPC)
Aparece no ano 1983. Os seus obxectivos son:
- Aumentar a produtividade.
- Garantir a seguridade alimentaria.
- Garantir unha explotación sustentable.
- Protexer os ecosistemas mariños e costeiros.
- Garantir a saúde humana.
- Asegurar un nivel de vida xusto aos traballadores.

You might also like