Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 25

TEMA 16: ESPAÑA EN DEMOCRACIA (I)

1. A TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA. 1975 - 1977


1.1. Proclamación e coroación do rei Juan Carlos I
1.2. O primeiro goberno da monarquía
1.3. Adolfo Suárez e o inicio das reformas
1.3.1. O programa de reformas de Adolfo Suárez
1.3.2. A Lei para a Reforma Política (LRP)
1.3.3. As primeiras eleccións democráticas

2. A CONSTITUCIÓN DE 1978
2.1. Características e principios
2.2. Dereitos e deberes
2.3. Os poderes do Estado
2.3.1. A Coroa
2.3.2. As Cortes xerais
2.3.3. O Goberno
2.3.4. O poder xudicial
2.3.5. As Comunidades Autónomas

3. OS GOBERNOS DA UCD. 1977 - 1982


3.1. Os gobernos de Adolfo Suárez. 1977 - 1981
3.1.1. As medidas do programa de centro
3.1.2. O proceso autonómico
3.1.3. As dificultades de UCD e a dimisión de Suárez
3.2. O goberno de Leopoldo Calvo Sotelo. 1981 - 1982
3.2.1. O intento de golpe de Estado do 23 F
3.2.2. A continuidade o proxecto da UCD

4. TEXTOS

5. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO


21. A Transición: da agonía do franquismo á constitución de 1978

1
TEMA 16: ESPAÑA EN DEMOCRACIA (I)

1. A TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA. 1975 - 1977

• Transición democrática → etapa que transcorre dende 1975 (morte de


Franco) e 1977 (Lei de Reforma Política)
-Algúns historiadores varían as datas de remate establecendo a fin en:
-1978 → aprobación da Constitución
-1982 → gobernos do PSOE
-1986 → integración na CEE

• Características dos cambios que se producen nesta etapa


-Os cambios que permitiron o establecemento da democracia foron
adoptados de xeito gradual
-Desvinculación do sistema ditatorial
-Constitución formal da democracia
-Control do exército
-Reforma económica
-Normalización do funcionamento das institucións e mecanismos
democráticos
-Os cambios baseáronse no equilibrio entre reforma e ruptura
-Desaparición das institucións franquistas → dende a legalidade
→ sen ter que recorrer á
ruptura revolucionaria
-O proceso da Transición → foi realizado con paz e orde
-Grazas ao consenso das forzas políticas (a historia feita por todos)
-Excepción → grupos extremistas que recorreron ao terrorismo
-Os cambios acordados polas forzas políticas foron lexitimados mediante
consulta popular
-Referendo da Lei de Reforma Política
-Eleccións de 1977
-Referendo da Constitución de 1978

• Grazas a este proceso pactado e en paz → España queda configurada como:


-Estado social, democrático de Dereito
-Adopta como forma política a monarquía parlamentaria
-Baseada na soberanía nacional, a liberdade, o pluralismo político, e a
convivencia democrática

2
1.1. PROCLAMACIÓN E COROACIÓN DO REI JUAN CARLOS I

• Seguindo as disposicións de Franco


-20 novembro 1975 → póñense en marcha os mecanismos legais para
garantir a continuidade do réxime en Juan Carlos de
Borbón
-21 novembro → é nomeado xeneral dos tres exércitos
-22 novembro
-Xura as Leis Fundamentais do Rei
-É proclamado rei
-Pronuncia o seu primeiro discurso oficial
-Mestura → lembranzas a Franco e á tradición
→ xunto a leves referencias de renovación
-O discurso → agrada aos representantes do réxime franquista
→ é desdeñado pola oposición democrática → consideran
ao novo rei o continuador da obra de Franco

• O novo rei accedía ao trono en aplicación da legalidade franquista


-Seguía sen resolverse a lexitimidade monárquica → o trono correspondíalle
a don Juan de Borbón
-Don Juan de Borbón cede os dereitos ao trono ao seu fillo (14 maio 1977)

• Primeiras decisións de Juan Carlos I


-Mantivo como presidente de Goberno a Arias Navarro
-Nomea como presidentes das Cortes a Torcuato Fernández Miranda (Vosa
Alteza non debe preocuparse. Xurade os principios do Movemento, que máis
tarde habemos de ilos cambiando legalmente un tras outro. Señor, as leis
obrígano, pero non o encadean e, ademais, nelas está legal e lexitimamente
establecido o principio da reforma: da lei á lei)

1.2. O PRIMEIRO GOBERNO DA MONARQUÍA

• Os cambios abren expectativas a todos os sectores sociais


-Os cambios → para uns ían demasiado rápido
→ para outros demasiado lentos
-O equilibrio era → imprescindible
→ difícil de conseguir

3
• Primeiro Goberno da monarquía
-Composición heteroxénea → representados o sector máis conservador (o
chamado búnker) e o reformista (Manuel Fraga,
Adolfo Suárez) do réxime
-Desenvolveu unha política continuista
-Defensa da permanencia do modelo franquista
-Concesión dalgúns dereitos
-Paralizan calquera intento de reforma

• Oposición democrática
-Esixía → restablecemento inmediato da democracia
→ ruptura das relacións coas institucións franquistas
-As forzas da oposición democrática fusiónanse formando Coordinación
Democrática
-Marzo 1976 → redactan un programa asumido pola maioría dos grupos
políticos e sindicais

• Conflitividade laboral en aumento dende xaneiro de 1976


-Coas folgas fan reivindicacións → económicas (impacto da crise na subida
dos prezos)
→ políticas (aceleración dos cambios,
reivindicacións nacionalistas)

• Ante o inmobilismo de Arias → o rei presiona e consegue a súa dimisión en


xullo de 1976

1.3. ADOLFO SUÁREZ E O INICIO DAS REFORMAS

1.3.1. O programa de reformas de Adolfo Suárez

• O rei nomea a Adolfo Suárez presidente de Goberno (xullo 1976)


-Decepción entre a oposición → parecía representar a liña continuísta do
franquismo
-Ante as críticas, Suárez explica os seus obxectivos
-Traballar pola democratización do país
-Celebración de eleccións xerais

• Medidas reformistas adoptadas por Suárez

4
-Renuncia da Coroa ao privilexio de presentación de bispos
-Amnistía para todos os presos políticos a excepción dos acusados de
terrorismo
-Ampla liberdade de expresión
-Negociacións para legalizar sindicatos e partidos políticos
-Entrevistas cos líderes da oposición política para conseguir o respaldo á vía
reformista

• Para levar a cabo estas reformas tivo que contar coa neutralidade do exército
-Suárez reúnese coa cúpula militar (setembro 1976)
-Logra que acepten o seu programa de reformas
-Nelas incluíase a legalización das forzas políticas e sindicais
-Os militares aceptaron sempre e cando non se legalizase o Partido
Comunista

• Opositores ás reformas de Suárez


-Políticos franquistas
-Grupos de extrema dereita (ultras)
-ETA
-GRAPO (terrorismo de extrema esquerda)

1.3.2. A Lei para a Reforma Política (LRP)

• Supoñía a culminación das reformas de Suárez


-O seu aspecto máis importante → incluía unha convocatoria de eleccións
democráticas para formar novas Cortes
• Para levala adiante
-Tiña que ser aprobada por → Consello Nacional do Movemento
→ as Cortes orgánicas
-Ambas institucións estaban controladas por franquistas
-Argumentos empregados nas deliberacións:
-Chegar á democracia dende a legalidade vixente (da lei á lei)
-Mantemento da paz social
-Resultado → o Consello informou positivamente sobre o proxecto de lei
→ foi aprobado por ampla maioría nas Cortes
→ foi sometida a referendo obtendo unha ampla aceptación

• Estes resultados significaban

5
-Derrota da oposición rupturista
-Triunfo das propostas de Suárez

• Outras medidas complementarias á LRP


-Regulamentación do dereito á folga
-Novo indulto para presos políticos
-Legalización dos sindicatos
-Disolución do Movemento Nacional

1.3.3. As primeiras eleccións democráticas

• Dificultades que puxeron en perigo a realización de eleccións


- Reaccións da extrema esquerda e da extrema dereita
-As protestas destes grupos contra os cambios acadaron o punto álxido
na semana negra ou tráxica da Transición (xaneiro 1977)
-Asasinatos de policías e gardas civís → extrema esquerda
-Masacre contra avogados laboralistas vinculados ao PCE (matanza
de Atocha) → extrema dereita
-Secuestro dos GRAPO de altos cargos (xeneral Villaescusa,
presidente do Consello Supremo de Xustiza Militar, e Antonio Oriol,
presidente do Consello de Estado)
-Legalización do Partido Comunista → conta co beneplácito do rei
-Necesidade de legalizar o PCE para que as eleccións fosen
verdadeiramente democráticas
-Suárez legaliza o PCE tras entrevistas secretas con Santiago Carrillo
(abril 1977)
-A cambio da legalización o PCE acepta as peticións de Suárez
-Monarquía como forma de goberno
-Bandeira bicolor
-Unidade de España
-Democracia
-Xérase forte malestar entre membros destacados do exército

• As eleccións son fixadas o 15 de xuño de 1977


-Ás eleccións concorren gran número de partidos (111 partidos): sopa de
siglas
-Retornan moitos exiliados → Dolores Ibárruri, Luís Seoane, Rafael Alberti…

6
• A normativa electoral establece
-Candidaturas pechadas para a elección dos deputados do Congreso
-Candidaturas individuais (aínda que elaboradas polos partidos) para o
Senado

• Moitas forzas políticas presentáronse unidas para obter mellores resultados


-Unión de Centro Democrático liderada por Adolfo Suárez aglutina ás forzas
de centro (UCD)
-Alianza Popular liderada por Manuel Fraga aglutina ás forzas de dereitas
(AP)
-Os socialistas preséntánse divididos → PSOE liderado por Felipe González
→ Partido Socialista Popular liderado
por Tierno Galván (PSP)
-PCE presentouse en solitario

• Resultados das eleccións a Cortes constituíntes do 15 de xuño 1977


-UCD → vitoria con maioría relativa
-PSOE → segunda forza máis votada
-PCE → terceira forza máis votada
-AP → cuarta forza máis votada
-Só conseguiron representación as forzas nacionalistas de Cataluña e País
Vasco
-Non logran representación parlamentaria → extrema dereita
→ extrema esquerda

2. A CONSTITUCIÓN DE 1978

2.1. CARACTERÍSTICAS E PRINCIPIOS

• As novas Cortes tiñan como misión → elaborar unha nova Constitución


-Esta Constitución debía deseñar o novo modelo de Estado da España
monárquica e democrática
-Constitúese no Congreso unha comisión formada por sete deputados
-Serán os encargados de elaborar o borrador do proxecto constitucional
-Este borrador foi aprobado polas Cortes
-O 6 de decembro de 1978 foi aprobada en referendo polo pobo español

7
• CARACTERÍSTICAS da Constitución
-Consenso → a Constitución foi resultado do acordo entre os partidos
políticos con proxectos distintos e incluso antagónicos
-Extensión → é a máis longa de todas as Constitucións españolas
-Ambigüedade → foi redactada de forma intencionadamente ambigua que
posibilita distintas interpretacións
-Para uns constitúe un inconveniente → produce inseguridade
-Para outros é unha virtude → permite que gobernen partidos de
esquerda e dereita sen necesidade de ser
reformada
→ así corrixe erros históricos ao non ter que
ser modificada coa subida ao poder dunha
nova ideoloxía
-Rixidez → introduce un custoso procedemento para ser reformada
-Esixe → a votación favorable dos 3/5 de ambas Cámaras
→ a ratificación da reforma mediante referendo popular
-Progresista e democrática → polo seu contido
→ polos mecanismos establecidos para a
participación popular
-Estrutura tradicional → organizada en dúas partes:
-Parte dogmática → corresponde ao Título Preliminar e o Título I
-Recolle → os principios que deben inspirar o desenvolvemento da
sociedade e do Estado
→ conxunto dos dereitos fundamentais da persoa
-Parte orgánica → Títulos II ao X
-Recolle → a organización do Estado
→ división dos seus poderes
→ organización territorial e a distribución de competencias a
entidades territoriais
→ proceso de reforma

• Entre os PRINCIPIOS destacados:


-España defínese como un Estado social e democrático de Dereito
-Significa que todos os individuos e organismos, públicos ou privados,
están suxeitos á Constitución e ao ordenamento xurídico
-Democrático → implica participación cidadá
→ a soberanía reside no pobo español
-Social → os dereitos sociais deben ser os principios rectores da política
social e económica do Goberno

8
-A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria
-España é un Estado unitario pero descentralizado
-Pero recoñece o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que
a integran
-Orixina así un novo modelo de Estado → o Estado das Autonomías
-Castelán e demais linguas españolas → son idiomas oficiais en candasúa
comunidade autónoma
-Recoñece a pluralidade política e sindical
-Manifestada → na multiplicidade dos partidos políticos
→ no recoñecemento dos sindicatos e asociacións
empresariais para a defensa dos seus respectivos dereitos

2.2. DEREITOS E DEBERES

• O máis longo dos Títulos está dedicado aos dereitos fundamentais


-Deben ser desenvolvidos posteriormente en leis orgánicas

• Os dereitos poden agruparse en:


-Dereitos civís → á vida, á integridade física, á igualdade ante a lei, á
liberdade, a ter acceso aos tribunais de xustiza con garantías
procesuais, as propiedade privada, á obxección de
conciencia, ao honor e á intimidade persoal e familiar, a fixar
libremente residencia
→ prohibida a tortura e a pena de morte
-Dereitos políticos → a expresar libremente as ideas sen censura previa, a
reunión pacífica sen armas, a manifestarse, a asociarse, a
crear fundacións, a participar en asuntos políticos, a
exercer iniciativa lexislativa, a ir á folga…..
-Dereitos sociais → ao traballo, á libre elección da profesión, a un salario
suficiente para cubrir as necesidades persoais e familiares,
igualdade de trato dos xéneros no traballo, á educación…..

• Se os cidadáns ou institucións consideran que eses dereitos non se garanten


-Establécense mecanismos da xustiza aos que poden apelar
-Órganos de máis alta apelación → Tribunal Constitucional
→ Defensor do Pobo

• Contémplase a declaración do Estado de Excepción por parte do Goberno

9
-Implica que todos ou parte dos dereitos dos cidadáns poden quedar
suspendidos

• Contémplanse unha serie de principios directores da política económica e


social → destacan a protección
-Á familia
-Á terceira idade (pensións, servizos sociais)
-Á saúde
-Ao deporte e ocio
-Aos discapacitados
-Ao medio ambiente
-Ao patrimonio histórico-artístico….

• A Constitución establece unha serie de Deberes → destacan


-Defensa da patria
-Contribución ao gasto público segundo a capacidade económica de cada un

2.3. OS PODERES DO ESTADO

2.3.1. A Coroa

• O rei é o Xefe do Estado

• Funcións
-Sancionar e promulgar as leis elaboradas polas Cortes
-Convocar e disolver as Cortes
-Convocar eleccións e referendo a proposta do Goberno
-Propoñer ás Cortes o candidato á presidencia de Goberno e nomealo
-Debe ser informado dos asuntos de Estado
-Exerce o mando supremo das forzas armadas
-Declara a guerra e acorda a paz previa autorización das Cortes
- ………….

• Para o sostemento da súa casa e familia recibe unha cantidade dos


orzamentos do Estado que pode administrar libremente

• Como corresponde a unha monarquía parlamentaria → o seu poder é


limitado: O rei reina pero non goberna

10
2.3.2. As Cortes xerais

• As Cortes xerais
-Formadas por dúas Cámaras → Congreso dos Deputados
→ Senado
-Representan ao pobo español
-Os cidadáns elixen aos seus representantes cada catro anos (período
denominado lexislatura) nas circunscricións electorais (a provincia)
-As Cámaras elixen aos seus representantes
-Reúnense en sesión ordinaria e extraordinaria
-Tarefa fundamental → a función lexislativa

2.3.3. O Goberno

• Exerce o poder executivo

• Está formado por → o presidente


→ pode haber vicepresidentes
→ ministros → nomeados e cesados polo rei a proposta do
presidente

• Función
-A función principal é a executiva
-Dirixe → a política interior e exterior
→ a administración civil e militar
→ a defensa do Estado

2.3.4. O poder xudicial

• O poder xudicial está en mans dos xuíces e tribunais de xustiza


-Artigo 117 → a xustiza emana do pobo
→ é administrada no nome do rei por xuíces e maxistrados
independentes
→ xuíces e maxistrados só están sometidos ao imperio da lei
-A xustiza é gratuíta para aqueles que carezan de recursos
-Consello Xeral do Poder Xudicial → máximo órgano de goberno do poder
xudicial

11
-Tribunal Supremo → ten xurisdición en toda España
-Tribunal Constitucional entende de:
-Recursos de inconstitucionalidade
-De amparo por violación de dereitos e liberdades recollidos na
Constitución
-Nos conflitos de competencia entre o Estado e as Comunidades
Autónomas, ou destas entre si
-Os cidadáns poden participar na administración de xustiza → xurado
popular

2.3.5. As Comunidades Autónomas

• A Constitución establece un novo modelo de Estado → o Estado das


Autonomías
-Forma mixta entre o Estado unitario e o federal
-Cada comunidade autónoma posúe os seus órganos de Goberno
-Coa capacidade lexislativa que lle concede os seu Estatuto

3. OS GOBERNOS DA UCD. 1977 - 1982

3.1. OS GOBERNOS DE ADOLFO SUÁREZ. 1977 - 1981

• UCD gaña → as eleccións a Cortes constituíntes de xuño de 1977


→ as eleccións xerais de marzo de 1979
-Adolfo Suárez mantense como presidente de Goberno ata a súa dimisión en
1981
-Sucedeulle Leopoldo Calvo Sotelo ata a derrota electoral da UCD en 1982

3.1.1. As medidas do programa de centro

• Reforma do exército e da lexislación militar para adapta á Constitución


-Contou coa axuda de Manuel Gutiérrez Mellado (vicepresidente de Goberno
e ministro de defensa)
-Coa reforma os mandos militares foron ocupados por persoas máis novas e
preparadas
-Progresiva modernización
12
• Pactos da Moncloa
-Acordos asinados por sindicatos, partidos e organizacións empresariais
(outubro 1977)
-Comprometíanse a traballar a favor da estabilidade do país mediante:
-Consolidación da democracia
-Redución da conflitividade social
-Adopción de medidas para solventar a crise económica
-Estas medidas obtiveron resultados positivos
-Redución da inflación
-Efectos positivos sobre a balanza de pagos

• Inicio da reforma fiscal → introdución dun novo sistema impositivo sobre as


persoas e o seu patrimonio (IRPF)

• Proxección exterior
- Reinicio das xestións para a entrada de España na CEE
-Novos acordos co Vaticano que substitúen o Concordato de 1953

3.1.2. O proceso autonómico

• Entre 1979 e 1983 → España organízase en 17 comunidades autónomas


rexidas polos seus Estatutos de Autonomía

• Cataluña → a primeira en retomar a cuestión autonómica


-José Tarradellas, presidente da Generalitat no exilio, retorna e consegue o
establecemento provisional da Generalitat
-O Estatuto foi aprobado pola ampla maioría dos cataláns
-CiU → forza máis votada nas leccións autonómicas de 1980
-Jordi Pujol é nomeado presidente da Generalitat

• País Vasco
-Tamén contou con líderes históricos retornados do exilio
-Aprobación maioritaria do Estatuto
-PNV → forza máis votada nas eleccións autonómicas de 1980
-Carlos Garaicoetxea é nomeado lehendakari
-Mantense un clima de tensión política e social permanente
-Enfrontamento entre → constitucionalistas que aceptan o marco legal
da Constitución e do Estatuto

13
→ nacionalistas soberanistas que esixen a
autodeterminación (postura máis radical: esquerda
abertzale)
-Terrorismo de ETA → vinculado á esquerda abertzale
-Vítimas → forzas de seguridade do Estado, políticos
constitucionalistas, periodistas, empresarios
-Protesta violenta nas rúas (kale borroka)
-Levada a cabo por mozos vinculados ao nacionalismo da esquerda
abertzale
-Considerada actividade complementaria do terrorismo etarra

• Andalucía → aprobación do Estatuto mediante referendo en 1981

3.1.3. As dificultades de UCD e a dimisión de Suárez

• Principal problema da UCD


-Por ser unha coalición de partidos → non puido superar as diferenzas
Ideolóxicas
-Suárez consegue inicialmente liderar a coalición
-As tensións internas fan desaparecer a coalición en 1983

• PSOE, liderado por Felipe González presenta unha moción de censura (1980)
-Non prosperou pero significou a fin da etapa política de consenso
-Erosionou gravemente a figura de Suárez
-Potenciou á de Felipe González

• Suárez presenta a súa dimisión o 29 de xaneiro de 1981


-A súa xestión valórase como altamente positiva para o proceso de
democratización da vida española

3.2. O GOBERNO DE LEOPOLDO CALVO SOTELO. 1981 - 1982

3.2.1. O intento de golpe de Estado do 23 F

• Leopoldo Calvo Sotelo asumiu a presidencia


-Cando se estaba celebrando a votación para ser elixido polas Cortes
produciuse o intento de golpe de Estado do 23 F

14
-É considerado o problema máis grave da nova democracia española

• Antonio Tejero (tenente coronel da garda civil) e outros 400 gardas civís
asaltan o Congreso
-Mantiveron como reféns ao Goberno e aos parlamentarios
-Xeneral Miláns del Bosch sacou os tanques ás rúas de Valencia e declarou
o estado de excepción
-Non lograron que o resto dos xefes militares secundaran o golpe

• Considérase clave a actuación do rei


-Púxose en contacto telefónico co resto dos xefes militares esixindo lealdade
-Gravou unha mensaxe que se emitiu por televisión a madrugada do día 24
-Tras esta mensaxe a situación quedou controlada

• No fracaso do golpe foi fundamental a actitude dos mandos militares


-Demostrou a eficacia das reformas levadas a cabo no exército

• Multitudinarias manifestacións de apoio popular á democracia nos días


seguintes

3.2.2. A continuidade o proxecto da UCD

•Goberno de Calvo Sotelo → breve etapa na que se levaron a cabo importantes


accións iniciadas por Suárez

• Intensa actividade lexislativa coa aprobación de diversas leis orgánicas como:


-Lei de divorcio
-Lei de Defensor do Pobo
-Varios Estatutos de Autonomía
-LOAPA (Lei orgánica de harmonización do proceso autonómico)
-Foi consensuada entre UCD e PSOE quen pretendía ralentizar o
proceso autonómico obrigando ás CC AA non histórica a acceder á
autonomía pola vía do artigo 1431

• Entrada de España na OTAN (xuño 1982)


-Decisión máis polémica do mandato
-Foi empregada polo PSOE como método de acoso ao Goberno
1
Aplicando o artigo 143 na redacción e aprobación dun Estatuto de Autonomía, conseguíase
retardar a consecución da autonomía.
15
• Calvo Sotelo convoca eleccións anticipadas para outubro de 1982
-Causa → incremento da oposición
→ dificultades internas da UCD
→ falta de solucións axeitadas para os problemas económicos

• Resultados electorais
-PSOE gaña por ampla maioría
-UCD reduce drasticamente os escanos conseguidos
-PC tamén perde votos
-Mantéñense os partidos nacionalistas (PNV e CiU)

16
4. TEXTOS
Doc.1: Primeiro discurso de Xoán Carlos tras a proclamación como rei.
22-11-1975
Como rei de España, título que me confiren a tradición histórica, as Leis
Fundamentais do Reino e o mandato lexítimo dos españois, me honro en
dirixirvos a primeira mensaxe da Coroa (…). Unha figura excepcional entra na
historia (…). O nome de Francisco Franco será xa un fito do acontecer español.
Con respecto e gratitude quero recordar a figura de quen durante tantos anos
asumiu a pesada responsabilidade de conducir a gobernación do Estado (…).

Doc. 2.: Transición á democracia. Manuel Tuñón de Lara (1991)


Tras a morte de Franco abríase un período de inseguridade, de medos e
esperanzas, de axitación de forzas que se aprestaban a un posible
enfrontamento. ¿Cara onde camiñaba España?
No cumio do Estado un rei que é unha incógnita; formalmente é o rei do
Movemento (…), aínda que chegará a ser o rei da democracia. (…) Houbo, nun
principio, dúas posturas antagónicas: inmobilismo a ultranza e ruptura
democrática. A realidade fará que xurdan dúas propostas intermedias: reforma
parcial e ruptura pactada. Imponse o compromiso ou pacto; chegarase a el por
medio da negociación a varias bandas: goberno (de Suárez, unha vez cesado
Arias polo rei), persoal do antigo réxime e organizacións da oposición.
Resultado: nin “bunkerazo” nin ruptura, senón transición á democracia.

Doc.3. Artigo de Arnaud de Borchgrave publicado na revista Newsweek


en abril de 1976:
Coido que chegou a hora da reforma, pero o presidente do Goberno, Carlos
Arias Navarro, un residuo dos días de Franco, demostrou máis inmobilismo ca
mobilidade. O rei opina que Arias é un desastre sen paliativos, xa que se
converteu no abandeirado dese grupo de leais a Franco coñecido coma “o
búnker” (…).

Doc.4. Discurso de J. A. Girón de Velasco ao ser nomeado presidente da


Confederación Nacional de Excombatientes (novembro de 1974):
Incúmbenos a mesma responsabilidade que, por razóns de honor, nos botou
ao monte en 1936 (…). O compromiso desta hora reside, por tanto, en evitar
que sobre aquel holocausto e aquel sacrificio se corra hoxe un estúpido velo
(…). Aquí pasaron moitas cousas e han pasar moitas máis (…). Impúlsanos o
deber de pechar o paso aos que queren arrebatarnos a vitoria.

17
Doc.5. Na campaña para as eleccións de xuño de 1977, o candidato de
UCD, Adolfo Suárez, pronuncia o seguinte discurso:
Prometemos volverlle a soberanía ao pobo español, e pasado mañá exércea.
Prometemos normalizar a nosa vida política, xestionar a transición en paz,
construír a democracia desde a legalidade, e cremos que, coas lóxicas
deficiencias, o conseguimos.
Prometemos que todas as familias políticas poderían ter un lugar nas Cortes, e
o mércores poden acadalo (...).
Podo prometer, e prometo, intentar elaborar unha Constitución en colaboración
con todos os grupos representativos nas Cortes, calquera que sexa o seu
número de escanos (...). Podo prometer, e prometo (...), adicar todos os
esforzos a acadar un entendemento social que permita fixar as novas liñas
básicas que ha seguir a economía española nos vindeiros anos (...). Podo
prometer, e prometo, un marco legal para institucionalizar cada rexión segundo
as súas propias características.

Doc.6. Constitución de 1978:


Art.1.1.-España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que
propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a
xustiza, a igualdade e o pluralismo político.
1.2.-A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes
do Estado.
1.3.-A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria.
Art.2..-A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da nación
española, patria común e indivisible de todos os españois, e recoñece e
garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a
solidariedade entre todas elas.
Art.3.1.-O castelán é a lingua española oficial do Estado (...).
3.2.-As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas
Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos (...).

Doc.7. Mensaxe de Juan Carlos I, emitido por radio e televisión na


madrugada do día 24 de febreiro de 1981:
Ante a situación creada polos sucesos desenvolvidos no Palacio do Congreso,
e para evitar calquera posible confusión, confirmo que ordenei ás autoridades
civís e á Xunta de Xefes de Estado Maior que tomen as medidas necesarias
para manter a orde constitucional dentro da legalidade vixente (…).
18
A Coroa, símbolo da permanencia e unidade da patria, non pode tolerar de
xeito ningún accións ou actitudes de persoas que pretendan interromper pola
forza o proceso democrático (…).

Doc.8. Resultados das eleccións xerais de 1982:

Doc.9. En 1974, o partido comunista de España inspirou a formación da


Xunta Democrática, na que se agrupaban diversas forzas de oposición
que aprobaron o seguinte programa:
1.-A formación dun goberno provisional que substitúa ao actual (...).
3.-A legalización dos partidos políticos sen exclusións.
4.-A liberdade sindical e a restitución ao movemento obreiro do patrimonio do
Sindicato Vertical.
5.-Os dereitos de folga, de reunión e de manifestación pacífica.
6.-A liberdade de prensa (...).
8.-A neutralidade e a profesionalidade, exclusivamente militar para a defensa
exterior, das forzas armadas.
9.-O recoñecemento, baixo a unidade do Estado español, da personalidade
política dos pobos catalán, vasco e galego e das comunidades e rexións que o
decidan democraticamente.
10.-A separación da Igrexa e do Estado (...).

Doc.10. Logo de ser designado presidente do Goberno polo rei, Adolfo


Suárez diríxese ao país (6 de xullo de 1976):

19
A meta última é moi concreta: que os gobernos do futuro sexan o resultado da
libre vontade da maioría dos españois, e para iso solicito a colaboración de
todas as forzas sociais (...).
A Coroa ten a vontade expresa de acadar unha democracia moderna para
España, unha democracia na que a liberdade, a xustiza, a participación, a paz
e a cultura sexan o froito do esforzo de todos e o resultado do que todos se
beneficien.

Doc.11. Comité central do PCE. Declaración (15-04-1977):


En tanto que representativa dese Estado que nos recoñece, decidimos colocar
hoxe aquí, na sala de reunión do Comité Central, ao lado da bandeira do noso
partido, que segue e seguirá sendo vermella, coa fouce e o martelo, a bandeira
do Estado español. (…) A bandeira non pode ser monopolio de ningunha
facción política nin moito menos poderíamos abandonala aos que intentan
facer uso dela para impedir o paso da ditadura á democracia.
Nós somos homes que se axustan aos feitos. Os feitos que estamos
presenciando son que baixo o goberno da Monarquía estase avanzado cara ao
restablecemento das liberdades democráticas en España (…). Se a Monarquía
continúa obrando dunha maneira decidida para establecer no noso país a
democracia, estimamos que nunha futuras Cortes o noso partido e as forzas
democráticas poderían considerar a Monarquía como un réxime constitucional
(…). Estamos convencidos de ser á vez enérxicos e clarividentes defensores
da unidade do que é a nosa patria común.

Doc.12. Manuel Tuñón de Lara no seu libro “Transición á democracia”


plantea as opción que ten España tras a morte de Franco, inmobilismo,
ruptura ou reforma?
Tras a morte de Franco abríase un período de inseguridade, de medos e
esperanzas, de axitación de forzas que se aprestaban a un posible
enfrontamento. Cara a onde camiñaba España?
No cumio do Estado un rei que é unha incógnita; formalmente é o rei do
Movemento e dos principios do Dezaoito de Xullo, aínda que chegará a ser o
rei da democracia. (...) Houbo, nun principio, dúas posturas antagónicas:
inmobilismo a morte e ruptura democrática. A realidade fará que xurdan dúas
propostas intermedias: reforma parcial e ruptura pactada. Imponse o
compromiso ou pacto; chegarase a el por medio da negociación a varias
bandas: goberno (de Suárez, unha vez cesado Arias polo rei), persoal do
antigo réxime e organizacións da oposición. Resultado: nin “bunkerazo” nin
ruptura, senón transición á democracia.

20
Doc.13. Nos Pactos da Moncloa chégase a un acordo sobre o programa
de saneamento e reforma da economía. 25-10-1977
A economía española atravesa nestes momentos por unha grave situación,
caracterizada por tres grandes desequilibrios fundamentais: 1º Unha
persistente e aguda taxa de inflación. 2º Un desenvolvemento insatisfactorio da
produción (...), que xerou unhas elevadas cifras de desemprego (...). 3º Un
forte desequilibrio nos intercambios co estranxeiro.
Os representantes do Goberno e dos diversos partidos políticos con
representación parlamentaria manifestan a súa unánime preocupación ante
esta situación e o seu desexo de afrontar e resolver construtivamente eses
problemas nun clima de cooperación responsable que contribúa á
consolidación da democracia. Para iso, coinciden na necesidade de levar a
cabo dous grupos de accións: as dirixidas a equilibrar a economía con
actuacións a curto prazo e as encamiñadas á realización de importantes
reformas que leven á economía e á sociedade española cara a un futuro de
liberdade e progreso.

Doc.14: Lei para a reforma política, aprobada polas cortes en novembro


de 1976:
Art 1º.1. A democracia no Estado español baséase na supremacía da lei,
expresión da vontade soberana do pobo. Os dereitos fundamentais da persoa
son inviolables e vinculan a todos os órganos do Estado (…).
Art.2º. 1. As Cortes compóñense do Congreso de Deputados e do Senado.
2. Os deputados do Congreso serán elixidos por sufraxio universal, directo e
secreto dos españois maiores de idade.

21
5. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO

21. A TRANSICIÓN: DA AGONÍA DO FRANQUISMO Á CONSTITUCIÓN DE


1978
A partir dos seguintes documentos debes elaborar unha composición sobre o final do
franquismo, a transición democrática e a aprobación da Constitución de 1978. Na redacción
debes abordar as seguintes cuestións: A incerteza política, a conflitividade social e a crise
económica que marcan o período; as posturas políticas enfrontadas, dende o inmobilismo ata a
proposta rupturista; a apertura dunha vía reformista cara á democracia, as principais forzas
políticas que participan no proceso, así como os principios establecidos pola Constitución.

Doc.1. Comunicado de ETA reivindicando o atentado contra Carrero Blanco en 1973:


A operación que ETA realizou contra o aparato de poder da oligarquía española na persoa de
Luis Carrero Blanco, debe interpretarse como xusta resposta revolucionaria da clase
traballadora e de todo o noso pobo vasco (…). Luis Carrero Blanco, un home duro, violento nas
súas posicións represivas, constituía a peza clave garante da continuidade e estabilidade do
sistema franquista (…).

Doc.2. Discurso de Adolfo Suárez na campaña para as eleccións de xuño de 1977:


Prometemos volverlle a soberanía ao pobo español, e pasado mañá exércea.
Prometemos normalizar a nosa vida política, xestionar a transición en paz, construír a
democracia desde a legalidade, e cremos que, coas lóxicas deficiencias, o conseguimos.
Prometemos que todas as familias políticas poderían ter un lugar nas Cortes, e o mércores
poden acadalo (...).
Podo prometer, e prometo, intentar elaborar unha Constitución en colaboración con todos os
grupos representativos nas Cortes, calquera que sexa o seu número de escanos (...). Podo
prometer, e prometo (...), adicar todos os esforzos a acadar un entendemento social que
permita fixar as novas liñas básicas que ha seguir a economía española nos vindeiros anos
(...). Podo prometer, e prometo, un marco legal para institucionalizar cada rexión segundo as
súas propias características.

Doc.3. Constitución de 1978:


Art.1.1. España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como
valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o
pluralismo político.
1.2. A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado.
1.3. A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria.
Art.2.. A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da nación española, patria común e
indivisible de todos os españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das
nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas.
Art.3.1. O castelán é a lingua española oficial do Estado (...).
3.2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades
Autónomas de acordo cos seus Estatutos (...).

22
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO: A TRANSICIÓN: DA AGONÍA DO
FRANQUISMO Á CONSTITUCIÓN DE 1978
Os anos finais do franquismo foron anos de gran incerteza sobre o futuro político de España. A
morte do ditador posibilitou á transición cara á democracia, un proceso feito en paz e orde,
grazas ao consenso das forzas políticas, e ao masivo apoio popular, culminando coa
aprobación da Constitución de 1978.
O ano no que se data o primeiro documento, 1973, foi un ano problemático para o réxime
franquista. Ao deterioro físico do ditador súmase a morte de Carrero Blanco, vítima dun
atentado de ETA, a cuxa reivindicación corresponde o documento 1. Tratábase dun dos máis
fieis colaboradores de Franco e representante do chamado “búnker”, o sector máis inmobilista
dentro do réxime, como así o define o propio comunicado cualificándoo de “home duro, violento
nas súas posicións represivas”, que nese mesmo ano fora nomeado Xefe de Goberno,
completando así a continuación do réxime, comezada en 1969 co nomeamento de Juan Carlos
I como herdeiro á Coroa. A súa morte afectou profundamente a Franco dado que co seu
nomeamento asegurábase a continuidade do réxime, tal e como se indica no citado
comunicado “constituía a peza clave garante da continuidade e estabilidade do sistema
franquista”.
A Xefatura de Goberno pasará entón a Arias Navarro, outro representante do búnker e polo
tanto partidario do continuísmo do réxime, pero de escasa relevancia e sen equipo nin
programa para afrontar os problemas sociais e económicos. O fracaso do seu programa de
reformas aperturistas (febreiro de 1974), o chamado “espírito de febreiro”, non fixeron máis que
aumentar a oposición ao réxime.
Este ano de 1973 tamén resulta problemático no ámbito económico, dado que se sofren os
efectos da crise enerxética desencadeada pola subida dos prezos do petróleo. Mentres os
países máis industrializados tomaron medidas para paliar a crise, en España non se tomou
ningunha significando a fin do “milagre español”.
A partir deste ano de 1973 agudízase a oposición ao réxime dende distintos sectores, algúns
deles, antigos baluartes do réxime. Así sucede coa igrexa, que continúa co distanciamento da
ditadura, ou propio exército, onde se crea a Unión Militar Democrática. Así mesmo á
intensificación das folgas, unidas a manifestacións e protestas, protagonizadas tanto por
obreiros como por estudantes, únense os numerosos actos terroristas reivindicados por ETA,
FRAP e GRAPO, que non fan senón agravar o clima de conflitividade social que se vive nestes
últimos anos de ditadura.
Fronte ao sector inmobilista que pretende a continuación do réxime, atópanse a oposición
política no exilio que pretende a instauración da democracia pola vía rupturista. Nesta liña
insírese a creación da Xunta Democrática en París, en xullo de 1974 a iniciativa de Santiago
Carrillo, líder do PCE, a Plataforma de Converxencia Democrática liderada polo PSOE con
Felipe González á fronte (1974), e a Plataxunta, nacida posteriormente da unión das dúas
citadas (1975).
Dentro do propio círculo político do réxime, tamén se alzan voces a favor da democracia, aínda
que a vía elixida é distinta á dos partidos democráticos no exilio. A esta opción pertence o
chamado grupo Tácito, así chamados polo pseudónimo co que firmaban os seus artigos
periodísticos. Estaba integrado por políticos e intelectuais franquistas que pretendían chegar á
democracia dende a reforma interna do propio franquismo, segundo Fernández Miranda, “da lei
á lei”.
Trala morte de Franco, Juan Carlos I é nomeado rei e mantense a Arias Navarro como Xefe de
Goberno. Desenvólvese polo tanto unha política continuista que paraliza calquera intento de
reforma. Ante este inmobilismo, o rei presiona e consegue a súa dimisión en xullo de 1976.
23
O nomeamento de Suárez como novo xefe de Goberno decepciona á oposición democrática,
posto que se trata dun antigo franquista que parecía representar a liña continuísta. Sen
embargo e fronte a estas críticas, adopta medidas reformistas. Suárez polo tanto representa en
realidade a vía reformista á democracia. A probación da súa Lei para a Reforma Política en
novembro de 1976, supuxo a derrota da oposición rupturista e o triunfo das propostas de
reforma dende o propio franquismo, posto que nela recollíanse mecanismos que se precisan
para o establecemento dunha democracia, así como a convocatoria dunhas eleccións
democráticas para formar unhas Cortes constituíntes, eleccións que se celebrarán en xuño de
1977.
Unha serie de dificultades puxeron en perigo a realización das eleccións, posto que os grupos
extremistas reaccionaron provocando asasinatos de gardas civís ou policías, no caso da
extrema esquerda, e secuestros de altos cargos do réxime por parte dos GRAPO. O suceso
máis grave tivo lugar durante a chamada “semana tráxica” coa “matanza de Atocha” (xaneiro
de 1977), atentado no que perderon a vida un grupo de avogados laboralistas vinculados ao
PCE a mans da extrema dereita.
A estas dificultades súmase a legalización do PCE. Previamente á LRP, Suárez obtivera o
apoio do exército ás súas reformas, a cambio da non legalización do citado partido. Sen
embargo, Suárez decátase de que as eleccións non terían carácter verdadeiramente
democrático sen a participación do PCE. Por iso e tras conversacións secretas co seu máximo
dixente, Santiago Carrillo, legaliza o partido en abril de 1977 ante o malestar de membros
destacados do exército. A cambio da súa legalización, o PCE acepta as peticións de Suárez;
recoñecemento da monarquía como forma de goberno, a aceptación da bandeira bicolor, a
unidade de España, e a democracia.
As eleccións contaron coa participación de gran número de partidos (concretamente 111,
situación que se deu en nomear “sopa de siglas”), e co retorno de moitos exiliados (Dolores
Ibárruri ou Luís Seoane). Os socialistas preséntanse divididos entre o PSOE, liderado por
Felipe González, e o Partido Socialista Popular de Tierno Glaván. As forza de dereitas
aglutínanse baixo Alianza Popular de Manuel Fraga, e as de centro en Unión de Centro
Democrático con Adolfo Suárez á fronte. No discurso electoral que recolle o documento 2,
enumera algúns dos seus logros, “volverlle a soberanía ao pobo español” grazas á instauración
de mecanismos democráticos como o sufraxio universal, “transición en paz”, ou “construír a
democracia dende a legalidade”, en palabras de Fernández Miranda, “da lei á lei”. Por outra
parte inclúe no último parágrafo propostas que serán materializadas durante a futura
lexislatura, como é a elaboración da futura Constitución de 1978, a creación de autonomías,
“un marco legal para institucionalizar cada rexión segundo as súas propias características”, e a
fixación dunha política económica, dende o “entendemento social”.
O partido máis votado será a UCD conseguindo unha maioría relativa, o PSOE configúrase
como segunda forza máis votada, seguido do PCE, e de AP. Os únicos nacionalismos que
conseguen representación serán os vascos e cataláns, mentres a extrema esquerda e a
extrema dereita quedan sen representación parlamentaria.
A ese “entendemento social” ao que se refire Suárez no seu discurso responden os Pactos da
Moncloa (outubro 1977), acordos asinados por sindicatos, partidos e organizacións
empresariais para traballar pola estabilidade do pais mediante a consolidación da democracia,
a redución da conflitividade social e a adopción de medidas para reducir a conflitividade social,
conseguíndose resultados positivos respecto da balanza de pagos e a inflación.
O consenso tamén se consegue na Constitución, posto que a súa elaboración foi resultado do
acordo entre os partidos políticos con proxectos distintos e incluso antagónicos, tal e como
apuntaba Suárez no discurso recollido no documento 2, “intentar elaborar unha Constitución en
colaboración con todos os grupos representativos nas Cortes, calquera que sexa o seu número
24
de escanos”, sendo finalmente sometida a referendo do pobo español o 6 de decembro de
1978, rexistrándose tanto unha ampla participación como unha importante apoio popular. Entre
as súas características está o ser a máis longa das Constitucións españolas, o seu carácter
intencionadamente ambiguo, a rixidez do procedemento para ser reformada, o seu contido
progresista e democrático e a unha estrutura tradicional que divide os artigos nunha parte
dogmática e noutra orgánica.
Os artigos recollidos no documento 3 inclúense no Título Preliminar da citada parte dogmática.
O art. 1.1. identifica a España cun “Estado social e democrático de Dereito”, polo que se
establece que todos os individuos e organismos españois están suxeitos ao ordenamento
xurídico, a participación cidadá e que os dereitos sociais deben ser os principios rectores da
política social e económica do Goberno. Igualmente recolle a pluralidade política e sindical,
manifestada na multiplicidade dos partidos políticos, sindicatos e asociacións empresariais.
Polo art. 1.2. establécese a soberanía nacional, e no art. 1.3. a monarquía parlamentaria, un
sistema no que o rei é unha figura desprovista de poder, o rei reina pero non goberna.
Correspóndelle a xefatura do Estado e o mando supremo das forzas armadas, e entre as súas
funcións atópanse a de sancionar e promulgar leis, convocar e disolver as Cortes, ou convocar
eleccións a proposta do goberno.
Dentro da parte dogmática inclúese o máis longo dos títulos, o título I, dedicado aos dereitos e
deberes fundamentais. Nel recóllense dereitos civís e políticos clásicos como o dereito á vida, a
integridade física, á reunión pacífica, ou á folga, e entre os dereitos sociais recóllese o dereito á
educación, ou ao traballo. Así mesmo recolle como deberes a defensa da patria e o pago de
impostos.
A Constitución establece unhas Cortes bicamerais, elixidas cada catro anos, sendo a súa tarefa
fundamental é a función lexislativa. O poder executivo corresponde a un goberno conformado
por presidente, vicepresidentes en caso de habelos, e ministros nomeados e cesados polo rei a
proposta do presidente. Correspóndelles a dirección da política interior e exterior, a
administración civil e militar, e a defensa do Estado. O poder xudicial queda en mans de xuíces,
maxistrados e tribunais de xustiza, independentes e só sometidos ao imperio da lei.
Establécese un Tribunal Supremo con xurisdición en toda España, a figura dos xurados
populares, e un Tribunal Constitucional.
No art. 2 identifícase a España cun Estado unitario e descentralizado ao recoñecer o dereito de
autonomía das nacionalidades e rexións, no que cada unha posúe os seus órganos de
Goberno e a capacidade lexislativa que lle concede o seu Estatuto. Como se recolle no art. 3,
as lingua oficiais serán o castelán e as das Comunidades Autónomas.
Como conclusión pode indicarse que a pesar de que trala morte de Franco, as Leis
Fundamentais prevían a continuación do réxime co establecemento dunha monarquía non
democrática, os acontecementos permitiron o desenvolvemento dun proceso de transición
política que dará lugar á promulgación da Constitución de 1978, e a instauración dunha
monarquía parlamentaria.

25

You might also like