Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

Sílabas tónicas e átonas

Cando dicimos as palabras non pronunciamos todas as sílabas que as compoñen coa
mesma forza. En cada unha sempre hai unha sílaba que se pronuncia con máis
intensidade ca as demais: é a sílaba tónica; as outras reciben o nome de sílabas átonas.
A sílaba tónica pode ser calquera das que compoñen a palabra. Dependendo de cal sexa,
facemos a seguinte clasificación:
 Agudas: A sílaba tónica da palabra é a última: xamón, azul, mañá, levei...
 Graves: A sílaba tónica é a penúltima: auga, paxaro, moa, réptil, atmosfera...
 Esdrúxulas: A sílaba tónica é a antepenúltima: médica, cárcere, mágoa, árbore...
Non sempre marcamos as sílabas tónicas co til; o seu emprego faise de acordo coas
seguintes regras:
 Os monosílabos, por regra, nunca levan til: el, sol, pel, mais, rei, tren...
 As palabras agudas levan til só cando rematan en vogal, -n, -s, -ns: irmán, mazás,
cancións... Pero non se acentúan cando na última sílaba hai un ditongo
decrecente nin homoxéneo (levei, ademais, partiu, papeis...).
 As palabras graves levan til só cando rematan en consoante que non sexa –n nin –
s, ou cando na última sílaba haxa un ditongo decrecente: amábeis, hóckey, inútil,
móbil, cáliz, ámbar...
 As palabras esdrúxulas sempre levan til: véspera, lámpada, nádega, éxito...

Acentuación gráfica nos encontros vocálicos

Cando nunha mesma palabra hai dúas vogais seguidas pode darse o caso de que as
dúas se pronuncien nun só golpe de voz ou en dous, no primeiro caso dicimos que hai
un ditongo, no segundo un hiato.
 Ditongos: lei - te , moi - to , cau - sa , xu - deu , par - tiu , pui - den
 Hiatos: a - re - a, rí - a, ru - í- do, a - ín - da
Os DITONGOS prodúcense nos seguintes casos:

 Cando hai unha vogal aberta (a, e, o) e unha vogal pechada (i, u) e a pechada é
átona (non recae nela o golpe de voz): leite, moito, auto, reinado.

 Cando hai dúas vogais pechadas (i, u) e o golpe de voz non cae na segunda
(conduciu, miudiño…)

Os ditongos só levan til cando lles corresponde da acordo coas regras xerais de
acentuación. Camión leva til porque é aguda rematada en - n, independentemente de que
forme parte ou non dun ditongo e da mesma maneira “noite” non leva porque é grave
rematada en vogal.

Dependendo da combinación das vogais falamos de tres tipos de ditongos:


- Ditongos crecentes: formados por unha vogal pechada (i, u) e logo unha vogal aberta
(a, e, o) Exemplos: riada, ambiente, miope, luar, cruel, duodeno…
- Ditongos decrecentes: formados por unha vogal aberta (a, e, o) e logo unha pechada (i,
u). Exemplos: nai, teito, oitenta, causa, eu, levou…
- Ditongos homoxéneos: formados por dúas vogais pechadas (i, u). Exemplos: pediu,
Tui...
Os HIATOS prodúcense nos seguintes casos:
 Cando van xuntas dúas vogais abertas: area, heroe, correo, avoa, poema…

 Cando vai unha vogal aberta e outra pechada (ou unha pechada e unha aberta) e o
golpe de voz cae na pechada: raíz, saúdo, raíña, fío, actúo, recúe...

 Cando van xuntas dúas vogais pechadas e a segunda é tónica: muíño, miúdo,
xuízo, construír, fiúncho...

Polo tanto, ponse til cando o hiato está formado por vogal aberta e pechada (ou
viceversa) e o golpe de voz cae na pechada (ría) ou cando está formado por dúas
pechadas e o golpe cae na segunda (Luís).

Ponse til para marcar os hiatos naqueles casos en que, se non se marcase, non se
sabería cal das dúas vogais é a tónica. Isto permítenos diferenciar, por exemplo, pares
de palabras como saia e saía.

Cando o encotro de vogais é triplo só se pronuncian na mesma sílaba se a vogal aberta


está colocada entre dúas pechadas. Nestes casos temos un TRITONGO (por
exemplo: vieiro, actuou… Realmente na nosa lingua temos moi poucos tritongos e na
fala hai tendencia a desfacelos e pronunciar coma se fosen dúas sílabas separadas [vi-
ei- ro].

Como o golpe de voz cae na vogal aberta, os tritongos non levan til (salvo que lles
corresponda polas regras xerais de acentuación).

Lembrade que os “u” e “i” que acompañan a “q” ou “g” (queixo, guerra) forman parte
dos dígrafos e non se pronuncian e, polo tanto, non os consideramos como encontros
vocálicos. De pronunciárense escríbense con diérese enriba e, nese caso, ademais de
pronunciarse seguen as regras de acentuación que xa vimos: argüír, bilingüe...

Outro caso onde empregamos a diérese é na primeira e segundas persoas do copretérito


dos verbos rematados en –aer, -eor, aír, oír e uír (caïamos, moïamos, saïamos, oïamos,
construïamos...) desta maneira indicamos que o “i” está en hiato e que ademais non
forma ditongo con ningunha das dúas vogais que o rodean e así diferenciarmos estas
formas das do presente de subxuntivo (ca-ï-a-mos / ca-ia-mos).

*Lembra que estas regras se aplican tamén aos estranxeirismos (béisbol, télex, hóchey,
whisky...)

You might also like