Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 11

BLOQUE 2 O RELEVO ESPAÑOL

COMENTARIO GUIADO DUN FRAGMENTO DE MAPA


PRÁCTICO
TOPOGRÁFICO.
Neste práctico nas probas ABAU poderían pedirnos que citemos provincias
españolas, illas de calquera dos dous grandes arquipélagos españois…. Se usan
un exemplo no que aparecen aspectos físicos e humanos (caso do Mapa
Topográfico nacional MTN) poderían preguntarnos sobre a vexetación, hidroloxía
ou, por exemplo sobre o tipo de poboamento, ademais de características sobre o
relevo.

Exemplo ABAU xuño 2018

Atendendo ao documento 1 (na páxina seguinte), conteste (puntuación


máxima de 5 puntos):
a) Ademais de Sta. Cruz de Tenerife, nomee cinco das illas principais que
forman o arquipélago canario. (1 punto)
b) Que tipo de mapa é e que información representa? (1 punto).
c) Responda as seguintes cuestións sobre os condicionantes físicos e
humanos da área que aparece no mapa (3
puntos; 0,5 por cuestión ben resolta)
1. Describa como é o relevo que reflicte o mapa.
2. Que son as curvas de nivel e cal é a de maior altitude que aparece?.
3. Ao oeste de “Garachico” arranca unha vía de comunicación ata “San
Juan del Reparo” (TF421). Cales son as súas principais características?.
4. Que tipo de vexetación é a dominante nesta área?
5. Que tipo de poboamento aparece nesta área?.
6. Cales son os principais usos do solo e aproveitamentos económicos
desta área canaria?

Página 1 de 11
Doc 1 - Fragmento da folla 1091 do MTN50 - Icod de los Vinos (Sta. Cruz de Tenerife) / Fonte: IGN

SOLUCIÓN (segundo a CIUGA)

2.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 5 puntos):


a. Ademais de Sta. Cruz de Tenerife, nomee cinco das illas principais que forman o
arquipélago canario (1 punto).
Ademais de Tenerife, o resto de illas principais que conforman o arquipiélago canario son: O
Ferro, A Palma, A Gomera, Gran Canaria, Forteventura e Lanzarote.

b. Que tipo de mapa é e que información representa? (1 punto).


O mapa topográfico é un documento onde se representan con gran detalle os aspectos físicos
(relevo, hidrografía, vexetación) e humanos (usos do solo, hábitat, toponimia) máis destacados
dun territorio que resultan de grande interese para a análise xeográfica. O documento é un
fragmento do Mapa Topográfico Nacional a escala 1:50.000 (MTN50) elaborado polo Instituto
Xeográfico Nacional (IGN).
c. Responda ás seguintes cuestións sobre os condicionantes físicos e humanos da área
que aparece no mapa (3 puntos; 0,5 por cuestión ben resolta)
1. Describa como é o relevo que reflicte o mapa.
Trátase dun territorio accidentado, cunha orografía complicada polo forte desnivel existente
(curvas de nivel moi próximas) o que será un importante condicionante tanto nas comunicacións
como en diferentes actividades económicas, con espazos ben diferenciados de chaira litoral, val e
montaña.

2. Que son as curvas de nivel e cal é a de maior altitude que aparece?


As curvas de nivel son as liñas que unen puntos coa mesma altitude. A mestra de maior
altitude que aparece é a de 700 metros, aínda que a cota de maior altura é de 748 m (extremo
suroccidental deste fragmento de mapa).

3. Ao oeste de “Garachico” arranca unha vía de comunicación ata “San Juan del
Reparo” (TF421). Cales son as súas principais características?
O forte desnivel que ten que salvar é a súa principal característica, de aí a súa sinuosidade,
adaptándose ás curvas de nivel que marcan onde o terreo pode ser algo máis chan facilitando a
súa construción.
4. Que tipo de vexetación é a dominante nesta área?
A vexetación dominante é a típica do espazo bioxeográfico macaronésico, onde abundan as
reliquias ou endemismos. Na área do mapa estamos entre o nivel do mar e os 800 metros polo

Página 2 de 11
que aparece unha estrutura en pisos, neste caso os chamados pisos basal e intermedio. Son
especies adaptadas á aridez (cardón, tabaiba…) e á escasa humidade (palmeir as, dragos e
sabinas) nestas altitudes.
5. Que tipo de poboamento aparece nesta área?
Nesta área o poboamento concéntrase en pequenos núcleos de poboación (como “Garachico”)
próximos á costa, onde as comunicacións son máis doadas e o clima máis favorable ou
nalgunhas zonas de maior altitude (500 metros) como “El Tanque” e “San Juan del Reparo” onde
o terreo é menos abrupto e nas vías de comunicación que unen a costa co interior da illa
(Cañadas do Teide).

6. Cales son os principais usos do solo e aproveitamentos económicos desta área


canaria?
O terreo é de difícil aproveitamento económico polo seu forte desnivel. É unha zona onde
predominan as lavas e a matogueira con algún arboredo.
Principais aproveitamentos económicos: aínda que existen algúns cultivos ( agricultura de
primicia, plátanos, socalcos), a área foise especializando en actividades do sector terciario
fortemente vinculadas co turismo debido ao seu agradable clima subtropical e ás praias
existentes en todo o litoral.

Definición: O mapa topográfico é un documento onde se representan con gran


detalle os aspectos físicos (relevo, hidrografía, vexetación) e humanos (usos do
solo, hábitat, toponimia) máis destacados dun territorio que resultan de grande
interese para a análise xeográfica.
Identificación da fonte: O máis normal é que sexa un fragmento do Mapa
Topográfico Nacional elaborado polo Instituto Geográfico Nacional (IGN)
Escala: O habitual é que nos amosen a escala. As follas do MNT están
realizadas a escala 1:50 ou 1:25000 e inclúen a escala gráfica e numérica. A escala
é a relación matemática entre as medidas do mapa e as reais. Os tipos de escala
máis habituais son a escala gráfica e a numérica. A escala gráfica é unha liña recta
dividida en segmentos, que indica a medida real en quilómetros ou metros.

A escala numérica é unha fracción que expresa a relación entre unha unidade de
medida do mapa e a realidade. Por exemplo a escala numérica é 1: 17 500 000. Iso

Página 3 de 11
quere dicir que 1 cm. do mapa equivale a 17 500 000 cm. ou 175 quilómetros na
realidade.

Lenda: Trátase da explicación do significado dos símbolos utilizados na


representación cartográfica. Se ben moitos deles son convencións internacionais
entendidas facilmente sen necesidade de explicación, os símbolos máis usados na
folla sóense especificar nalgún espazo baleiro xunto á área cartografada.

Página 4 de 11
As coordenadas: Se non está cortado o mapa no marco da área cartografada
indícansenos as coordenadas xeográficas: a localización do mapa mediante a
sinalización de paralelos e meridianos

Identificación dos elementos cartografados.


a) O relevo (liñas de cor siena escuro e claro). Ven indicado mediante liñas que
unen puntos coa mesma altitude: isohipsas ou curvas de nivel (cor sepia ou
marrón).

Página 5 de 11
As curvas de nivel non poden cortarse nin coincidir. Algunhas están numeradas,
indicando a altura exacta en metros: adoitan ser as curvas mestras. A súa
numeración é uniformemente crecente ou decrecente. O terreo será máis pendente
cando as curvas de nivel se atopan máis próximas entre si, mentres que
presentaran menos curvas e máis distanciadas os espazos chans.
As curvas mestras represéntanse con ton máis intenso:
-son as curvas de 50 m. ou múltiplos deste valor nos mapas de escala
1:25000
-son as curvas de 100 m ou múltiplos deste valor nos mapas de escala
1:50000
As curvas mestras son as únicas nas que aparece a altitude anotada. Para
calcular a altitude do resto das liñas haberá que sumar ou restar os intervalos de
valor do mapa (20 m. nos mapas 1:50000 ou 10 m. nos 1:25000): gardan unha
constante diferenza de altitude entre dúas consecutivas (equidistancia)

A medida exacta das


cimas ou cumios
elevados (destacables
no mapa) indícanse
mediante cotas de
altitude.

A pendente
calcúlase a partir dos
datos planimétricos e da escala do mapa. Calcúlase porcentualmente (en %). Para
calculala deberíamos saber a distancia, en liña recta, entre dous puntos (para iso
temos a escala). A porcentaxe de pendente calcúlase relacionando a distancia en
liña recta e canto varía esa altitude entre eses dous puntos, e despois se relaciona
por cada 100 metros e así temos unha pendente expresada en porcentaxe.

Página 6 de 11
b) vexetación e usos agrícolas do solo (de cor verde)
Utilízase a cor verde para representar a vexetación nos mapas mediante
símbolos zonais xa que sinalan áreas cun tipo de vexetación ou uso agrícola
determinado.

d) O poboamento (cor vermella)


Utilízase a cor vermella para representar as unidades de poboación, xa sexa
mediante símbolos puntuais (polígono que representa unha edificación illada) ou
mediante símbolos zonais (polígonos irregulares que representan mazás de
edificios nun núcleo de poboación)

e) as redes de transporte (varias cores: vermella , negra e azul)


Dependendo da rede de transporte representada utilízanse símbolos liñais de
diferente cor:
- vermello: estradas, autovías, autopistas, electricidade
- negro: camiños, vías pecuarias (para gando), ferrocarril, oleoductos
- azul: canais, acequias, ... (todo o relacionado co transporte da auga)
Página 7 de 11
f) Os límites administrativos (cor negra). Mediante símbolos lineais en cor
negra que combinan cruces e liñas en distintas secuencias, sinálanse os límites
entre as diferentes unidades administrativas: municipios, provincias, comunidades
autónomas e estados.

g) A toponimia. Xunto aos símbolos que serven para cartografar un lugar,


aparecen escritos os nomes dos lugares máis importantes do territorio,
xerarquizados polo tamaño da tipo- grafía empregada. Nalgúns casos aparecen con
abreviaturas (Camº ou Cº = camino, Cª = carretera, Mº = molino, ...)O nome dos
lugares pode servirnos para: localizar a folla do mapa, intuír a orixe histórica dos
lugares (pola orixe da toponimia), aclarar o uso do solo nese lugar (industrial,
agrícola, recreativo, ...)

h) Outras informacións Outra información pode vir reflectida na lenda:


- puntual: minas, torres, castelos, faros, ermidas, ...
- lineal: desmontes, terrapléns, aramadas, muros, ...
- zonais: salinas, dunas, ...
Página 8 de 11
INTERPRETACIÓN E ANÁLISE DOS DATOS DO MAPA TOPOGRÁFICO

Relevo .
Identificación das formas do relevo: elevación, depresión…. En función das
curvas de nivel. Para identificar unha forma é moi importante identificar ben as
cotas de altitude e a súa relación no espazo.
Identificación da pendente predominante no mapa. Se aparecen moitas
curvas de nivel e moi xuntas será un relevo montañosos, de fortes pendentes. Se
aparecen poucas curvas de nivel e moi separadas será un relevo con escasa
pendente ou chan.
Hidroloxía
Identificación da rede hifrográfica natural: estrutura, xerarquía, río(s)
principais, afluentes, subafluentes, caudal (permanente, irregular), lagos, lagoas,
zonas pantanosas, marismas….
Identificación das obras públicas ou privadas relacionadas coa auga:
presas e pantanos, acequias, canais de rego, pozos…
Identificación dos posibles usos da auga na zona: a presenza dunha
estrutura de rego xunto con cultivos de regadío indícanos un aproveitamento
agrario, se dunha presa sae unha liña eléctrica de alta tensión, poderémolo
definir como aproveitamento hidroeléctrico; a presenza de charcas en zona de
devesas pódese interpretar como abrevadeiros para animais e, polo tanto, de uso
gandeiro.
Identificación do tipo de clima en función da rede hidrográfica: procúrase
buscar a relación entre a rede hidrográfica e o ámbito climático, se observamos
algún tipo de representación hidrográfica que nolo permita (existencia de ramblas
ou cursos de auga episódicos, existencia dunha rede densa de drenaxe, ...).
Pode ser moi útil a combinación destes datos coa análise dos tipos de vexetación
representados.
Relación da hidrografía cos asentamentos da poboación.

Página 9 de 11
Vexetación e usos agrícolas do solo.
Identificación dos tipos de vexetación natural que aparece reflectida no
mapa: apórtanos información acerca do clima do lugar (ou incluso do solo).
Pódense facer análises tendo en conta a configuración do relevo e a orientación
distinguindo as zonas de solaina e os avesedos, as zonas de sotavento e as de
barlovento.
Identificación dos tipos de cultivo da zona: acerca información sobre o
clima do lugar, das características agrarias da zona ( secaño ou regadío,
extensivo ou intensivo, minifundismo ou latifundismo, cabana gandeira, ...) ...

Poboamento
Diferenciación do espazo rural e o urbano.
Tipos: observando a proxección e distribución das edificacións poderemos
definir o tipo de hábitat (concentrado, concentrado - laxo, intercalar, diseminado,
disperso)
Localización: entorna na que se localiza o(s) núcleo(s) urbano(s) (xunto a un
río, nun cruce de camiño ou estradas, ...)
Emprazamento: lugar concreto no que se sitúa(n) o(s) núcleo(s) urbano(s)
(outeiro, baía, aba, ...).Procuraremos dar unha explicación que explique tal
emprazamento (defensivo, comercial, ...)
Morfoloxía do núcleo urbano: lineal, apiñada, ortogonal, radiocéntrico,
irregular.

Redes de transporte
A través da observación das mesmas, poderemos ver o desenvolvemento das
comunicacións na zona e o seu grao de estruturación (rede estruturada, pouco
estruturada, desestruturada).

Análise de topónimos
A toponimia pode ofrecer unha gran cantidade de información sobre un lugar,
cando menos do seu pasado.
Página 10 de 11
CONCLUSIÓNS
En función da corrección da análise e dos coñecementos do/da analista, así
como da súa capacidade de observación e de interrelación (un mapa topográfico é
unha síntese, un mapa sinóptico con moita información, pero toda ela
interrelacionada), así se poderán obter máis ou menos información, tanto dende o
punto de vista cuantitativo como cualitativo.
Poderán abordarse nos só os aspectos espaciais do territorio, senón tamén os
temporais: pasado, presente e ... futuro?

Página 11 de 11

You might also like