Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

BLOQUE 2 O RELEVO ESPAÑOL

PRÁCTICO MAPA LITOLÓXICO

Trátase da representación corocromática da litoloxía predominante na Península


e arquipélagos. Ademais adoita ter a trama das provincias, e a rede fluvial principal.

Probablemente nos pidan que


identifiquemos algunha unidade do
relevo do mapa ou que enumeremos
algunhas unidades de relevo de
determinada área litolóxica.

Teremos que identificar as áreas


litolóxicas (as cores que aparezan non
teñen porque coincidir coas deste
exemplo) e explicaremos o modelado e
a rocha predominante de cada área
litolóxica.

Área silícea está integrada por rochas


antigas da era arcaica e primaria.
Localízase sobre todo no oeste
peninsular, con ramificacións cara á
parte occidental da cordilleira
Cantábrica, o sistema Central, os Montes
de Toledo e Serra Morena. Tamén se
localiza en áreas onde quedan restos de
macizos antigos; o eixe dos Pireneos; algúns sectores do sistema Ibérico e das
cordilleiras Costeira-Catalá e Penibética.

Página 1 de 6
A rocha predominante desta área é o granito, unha rocha cristalina e ríxida aínda
que tamén atopamos lousas, xistos ou gneis. Os relevos característicos graníticos
poden ser por alteración química, que transforma o granito en areas
pardoamarelas, ou a partir de diaclases. Nas áreas de alta montaña as diaclases
pola acción do xeo provocan cristas agudas. En zonas menos elevadas as formas
dependen da disposición destas diaclases. Se son paralelas á superficie teremos
montículos redondeados, chamados domos. Se as fracturas son perpendiculares á
superficie fórmanse bólas , que se amontoan formando pedregais como os tores e
pedras cabaleiras. Tamén poden formar no pé das montañas un caos granítico.

A área calcaria está formada


por sedimentos da era secundaria
pregados durante a era terciaria.
Os terreos calcarios forman unha
“Z” invertida que se estende polos
Prepirineos, os Montes Vascos, o
sector oriental da cordilleira
Cantábrica, o Sistema Ibérico,
parte da cordilleira Costeira-
Catalana, e a cordilleira Subbética.

A rocha predominante é a calcaria que é unha rocha sedimentaria, é dicir,


formada no exterior da terra a partir de fragmentos de rochas ou organismos
preexistentes, depositados despois de ser transportados polos ríos, océanos, o
vento ou o xeo. Está constituída esencialmente por carbonato cálcico e trátase
dunha rocha dura que se fractura formando fisuras ou diáclases, pero que se
disolve facilmente coa auga acidulada (lixeiramente ácida polo CO2 que leva
disolto), sobre todo a través das diáclases. Orixina un relevo complexo, relevo
cárstico,que ten as seguintes formas características:

Página 2 de 6
-Os lapiaces ou lenares, que son sucos abertos polas augas de escorrentía
sobre as vertentes ou sobre superficies chairas con fisuras.
-As gargantas ou foces son vales estreitos e profundos, enmarcados por
vertentes abruptas, causadas polos ríos.
-Os poljes son depresións ou vales cerrados de fondo horizontal percorridos
total ou parcialmente por correntes de auga, que desaparecen subitamente por
un sumidoiro ou ponor. O poljé pode inundarse de forma temporal ou permanente
-transformándose nun lago- se se eleva o nivel das augas subterráneas, ou se a
auga recibida en superficie é máis da que pode infiltrase polas gretas ou pozos.

-As dolinas ou torcas son cavidades que se orixinan nos lugares onde a auga se
estanca. Cando se unen varias dolinas falaríamos de uvalas.
-As covas créanse ao infiltrarse a auga polas fisuras do terreo calcario e circular
de forma subterránea. Nelas fórmanse estalactitas (a partir da auga, rica en
carbonato cálcico, que pingado teito) e estalagmitas.
-As simas son aberturas estreitas que comunican a superficie coas galerías
subterráneas.

A área arxilosa está constituída


por materiais sedimentarios pouco
resistentes (arxilas, margas e
xesos) depositados a finais do
Terciario e no Cuaternario.
Comprende boa parte das
depresións das submesetas norte e
sur, as depresións do Ebro e do
Guadalquivir e as chairas costeiras
mediterráneas.

A rocha predominante nesta área é a arxila caracterizada pola súa escasa


resistencia. O relevo arxiloso é basicamente horizontal, xa que son terreos non
afectados por pregamentos posteriores. A súa erosión é rápida, debido a brandura
Página 3 de 6
dos materiais. Os ríos abren vales que separan estruturas horizontais, que son de
contado desgastadas, dando lugar a relevos suavemente ondulados (campiñas).

Nas zonas nas que alternan longos períodos secos e calorosos con outros de
chuvias torrenciais, cortas e intensas, e non existe a protección vexetal (SE
peninsular), a auga de arroiada desgasta as vertentes, orixinando cárcavas ou
sucos estreitos e profundos separados por arestas. Cando as cárcavas se estenden
por unha ampla superficie, crean unha paisaxe abrupta e peculiar, denomina da
badlands.

Área volcánica: Ten orixe na Era Terciaria, está situada principalmente nas Illas
Canarias pero tamén existen comarcas peninsulares con presenza deste rochedo.
(Campo de Calatrava, Cabo de Gata e Olot)

A rocha predominante é o basalto e a modelaxe que a define son as os conos


volcánicos, as caldeiras (cráteres circulares ocasionados pola explosión ou
afundimento dun cono volcánico), os barrancos, malpaíses (terreos abruptos de
lava solidificada)
Exemplo ABAU extraordinaria 2020

PREGUNTA 3. Análise de documento gráfico / Análisis de documento gráfico:

Página 4 de 6
Atendendo ás figuras 2 e 3, conteste: a) Identifique e describa as figuras 2 e 3 (1
punto); b) Cite, na figura 2, cinco grandes unidades de relevo montañoso
atravesados pola liña recta negra (1 punto); c) Comente, na figura 3, o tipo de
litoloxía máis occidental e analice as súas características e os tipos de modelado
resultantes (1,5 puntos); d) Indique, na figura 3, o tipo de litoloxía que corresponde
á área de cor verde e describa as súas características e os tipos de modelado
resultantes (1,5 puntos).

F
igur
a 2.
Elaborada por Elena García Marín Figura3.
Editorial Vicens Vives.

Solucións (segundo a Ciuga)


Atendendo ás figuras 2 e 3, conteste:

a) Identifique e describa as figuras 2 e 3 (1 punto). A figura 1 correspóndese


cun mapa temático de España no que se representan as altitudes con respecto ao
nivel do mar, con cores que as diferencian (ben se pode catalogar de mapa
corocromático); nel introdúcese unha liña recta en dirección NNO-SSL que pode
reflectir un corte topográfico nese sentido, atravesando as principais unidades do
relevo peninsular occidental. A figura 2 é un mapa corocromático que diferenza as
principais áreas litolóxicas da España peninsular e Baleares.

b) Cite, na figura 2, cinco grandes unidades de relevo montañoso


atravesados pola liña recta negra (1 punto). Cordilleira Cantábrica, Montes de

Página 5 de 6
León, Sistema Central, Montes de Toledo, Serra Morena, Cadeas Subbéticas e
Penibética (Sistemas Béticos).

c) Comente, na figura 3, o tipo de litoloxía máis occidental e analice as súas


características e os tipos de modelado resultantes (1,5 puntos);. En cor
vermella, ao occidente peninsular, aparece representada a España silícea. Está
formada por rochas moi antigas (do Precámbrico e do Paleozoico), que formaron
parte de antigos macizos arrasados. Localízase nas rexións nas que aflora o vello
zócolo herciniano da Meseta e noutras áreas de macizos antigos. Ocupa boa parte
do terzo oeste peninsular e forma manchas illadas no eixe central dos Pireneos,
Penibéticas, algunhas serras do Sistema Ibérico e a Cordilleira Costeira Catalá.
Estas rochas -que tamén poden ser metamórficas como as lousas, xistos ou gneis-,
preferentemente ígneas -como o granito-, dan lugar a relevos característicos
graníticos, nos que se inclúen como formas de modelado: as cristas, os pedregais,
as pedras cabaleiras, os tors, os domos, os barrocais ou os caos de bolas.

d) Indique, na figura 3, o tipo de litoloxía que corresponde á área de cor


verde e describa as súas características e os tipos de modelado resultantes
(1,5 puntos). En verde aparecen representadas as áreas arxilosas da España
peninsular e Baleares. Está formada por rochas brandas (arxilas, margas, xesos)
que foron depositadas no Cuaternario. A área de expansión esténdese polas
depresións terciarias: as concas castelás, as depresións do Ebro e Guadalquivir e
as chairas litorais mediterráneas. Estas rochas forman relevos basicamente
horizontais, por non sufrir pregamentos posteriores. A súa rápida erosión xera: -
Zonas de escasa vexetación: cárcavas que poden orixinar os badlands. -Zonas
onde a erosión dos ríos abriu vales que separan estruturas horizontais con
alternancia de materiais e orixinan chairas suavemente onduladas: as campiñas.

Página 6 de 6

You might also like