Professional Documents
Culture Documents
hidroGRAMAS D REPASO
hidroGRAMAS D REPASO
Hidrogramas
1. Analice o tipo de documentos e explique o valor “k”
2. Identifique e xustifique o tipo de réxime fluvial.
3. Sinale as principais características e usos do tipo
de río correspondente ao réxime fluvial.
HIDROGRAMA 1
Un hidrograma é unha gráfica que representa a
variación estacional do caudal dun río ao longo dun
ano, nunha estación de aforo concreta. No eixo
horizontal está representada a escala temporal (os
meses do ano), e no eixo vertical están
representados os valores do Coeficiente K
(normalmente graduados de 0 a 3), que é o resultado
de dividir o caudal medio mensual entre o caudal
medio anual ou módulo.
O coeficiente de caudal mensual (K), é
o resultado de dividir o caudal medio de
cada mes co caudal medio anual, se é 1 é
que non hai variación de caudal ese mes,
se é superior a un indica crecida, se é
inferior a un indica estiaxe.
M significa módulo, é dicir, o caudal absoluto
medio anual, exprésase en m³/ seg e obtense
calculando a media anual, sumando o caudal de
todos os meses do ano e dividíndoos entre doce.
Así M=∑( m³/ seg) 12 meses do ano / 12.
Trátase de: