Práctico Hidrograma

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 14

Práctico COMENTARIO DUN HIDROGRAMA

(pluvio-nival, pluvial oceánico e pluvial mediterráneo).

O caudal é a cantidade de auga que pasa nun segundo por un punto dado do río.
Mídese en m3/s en estacións de medida instaladas en diversos puntos do seu curso.
O caudal relativo é a relación entre o caudal medio anual e a superficie da conca e
exprésase en l/s km2.
O réxime dun río é a variación do seu caudal. Represéntase en gráficos denominados
HIDROGRAMAS DE CAUDAL.

HIDROGRAMA: gráfico que representa, nun eixe de coordenadas, a fluctuación do


caudal dun río ao longo, neste caso, dun ano. No eixe das abscisas (horizontal)
represéntanse os meses (aquí o ano natural; non obstante, no ámbito dos traballos
hidrolóxicos, soe ir de outubro a setembro, xa que este é o ano hidrolóxico).
No eixe vertical, o coeficiente de caudal mensual (k), que resulta de dividir o
caudal medio de cada mes entre o caudal medio anual ou módulo. Ambos os dous
valores son medias de datos rexistrados durante polo menos trinta anos. No gráfico, o
valor 1 corresponde ao caudal medio dun río; un valor inferior a 1 indica augas baixas; e
un valor superior a 1, as augas altas.
Pode tamén representarse o valor mensual medio de caudal (en m 3/s) en lugar do
coeficiente mensual de caudal (k: caudal medio mensual /módulo)
Outros datos que poden aparecer no gráfico son:
 O nome da estación de medida de caudal.
 O caudal medio anual ou módulo en m 3/s (normalmente unha M). É a media dos
caudais mensuais.
 O caudal relativo en l/s/km2(designado normalmente como Mr). Resulta de
multiplicar o caudal medio anual (M) por mil (xa que estamos pasando de m 3 a litros) e
dividilo entre a superficie da conca.
Exemplos:
Comentario de hidrogramas (pluvio-nival, pluvial oceánico e pluvial
mediterráneo).
 Réxime pluvio-nival

Descripción: Atopámonos ante un hidrograma, un gráfico lineal que representa a


fluctuación de caudal dun río ao longo dun ano hidrolóxico. No eixe vertical
representase o coeficiente de caudal mensual (k) que resulta de dividir o caudal medio
de cada mes entre o caudal medio anual ou módulo No eixe das abscisas (horizontal)
represéntanse os meses (aquí o ano natural; non obstante, no ámbito dos traballos
hidrolóxicos, soe ir de outubro a setembro, xa que este é o ano hidrolóxico).
Neste caso trátase do réxime fluvial do río Alagón ao seu paso por Alcántara.
Poderían pedirnos a definición de K:
O coeficiente de caudal ou k resulta de dividir o caudal medio de cada mes entre o
caudal medio anual ou módulo (M)
Análise:
 O caudal medio anual ou módulo en m 3/s (normalmente unha M). É a media dos
caudais mensuais. Neste caso 49,69 m3/s
 O caudal relativo en l/s/km2(designado normalmente como Mr). Resulta de
multiplicar o caudal medio anual (M) por mil (xa que estamos pasando de m 3 a litros) e
dividilo entre a superficie da conca. Neste caso 8,63 l/s/km2.
No gráfico, o valor 1 corresponde ao caudal medio dun río; un valor inferior a 1 indica
augas baixas; e un valor superior a 1, as augas altas.
Analizando o climograma observamos que o máximo é a principios de primavera
(abril , aínda que podería ser tamén abril-marzo)correspondendo co desxeo. Non existe
estiaxe invernal, en cambio a estiaxe estival é profundo e prolongado ata o outono.

 Réxime pluvial oceánico

Descripción: Atopámonos ante un hidrograma, un gráfico lineal que representa a


fluctuación de caudal dun río ao longo dun ano hidrolóxico. No eixe vertical
representase un valor relativo, o coeficiente de caudal mensual (k) que resulta de dividir
o caudal medio de cada mes entre o caudal medio anual ou módulo No eixe das
abscisas (horizontal) represéntanse os meses (aquí o ano hidrolóxico, de outubro a
setembro).
Neste caso trátase do réxime fluvial do Río Miño ao seu paso por Fuente Mayor

Análise:
 O caudal medio anual ou módulo en m 3/s (normalmente unha M). É a media dos
caudais mensuais.
 O caudal relativo en l/s/km 2(designado normalmente como Mr). Resulta de
multiplicar o caudal medio anual (M) por mil (xa que estamos pasando de m 3 a litros)
e dividilo entre a superficie da conca.
Augas altas: de Novembro a marzo. Máximo en xaneiro.
Augas baixas: de xuño a outubro. Mínimo en agosto.
Presenta augas altas en inverno, co máximo en xaneiro e augas baixas nos meses
de verán.

Non se aprecia influencia nival no réxime do río, xa que no mes de maio inicia o
período de augas baixas.
Responde, polo tanto, a un réxime de precipitacións no que o máximo se produce
no inverno e o mínimo no verán, propio dun clima oceánico.

Así pois, trátase dun réxime pluvial oceánico, con augas altas no inverno e augas
baixas no verán, con notoria estiaxe, se ben esta non implica escaseza de caudais en
termos absolutos (en m3/s) senón unha diminución respecto ao valor medio destes
ríos, que é elevado (non se nos indica o módulo)
En España, trátase dos ríos da vertente cantábrica, curtos, caudalosos e de réxime
bastante regular, debido á abundancia de precipitacións do clima oceánico.
Nacen nas montañas próximas á costa, polo que teñen que salvar un gran desnivel
entre o nacemento e a desembocadura, de aí a súa gran forza erosiva, mitigada pola
abundante vexetación que protexe as abas dos relevos polos que transcorren.
Dadas as condicións topográficas e o caudal, o seu curso regularizouse con
encoros destinados tanto ao subministro urbano como á produción de electricidade.
 Réxime pluvial mediterráneo

Descripción: Atopámonos ante un hidrograma, un gráfico lineal que representa a


fluctuación de caudal dun río ao longo dun ano hidrolóxico. No eixe vertical
representase o coeficiente de caudal mensual (k) que resulta de dividir o caudal medio
de cada mes entre o caudal medio anual ou módulo No eixe das abscisas (horizontal)
represéntanse os meses (aquí o ano natural; non obstante, no ámbito dos traballos
hidrolóxicos, soe ir de outubro a setembro, xa que este é o ano hidrolóxico).
Análise:
 O caudal medio anual ou módulo en m 3/s (normalmente unha M). É a media dos
caudais mensuais. (Neste caso 12,72)
 O caudal relativo en l/s/km 2(designado normalmente como Mr). Resulta de
multiplicar o caudal medio anual (M) por mil (xa que estamos pasando de m 3 a
litros) e dividilo entre a superficie da conca.

No gráfico, o valor 1 corresponde ao caudal medio dun río; un valor inferior a 1 indica
augas baixas; e un valor superior a 1, as augas altas.
Augas altas: tres picos de máximos: dous de primavera e un de outono,
coincidindo coas precipitacións equinocciais típicas do clima mediterráneo.
Augas baixas: mínimo principal de verán (coincidindo coa seca) e dous
secundarios entre os máximos anteriores.
As variacións con respecto ao
módulo (1) non son moi acusadas,
pero si presentan unha clara
irregularidade, debido ó réxime de
precipitacións do que dependen:
chuvias de primavera e outono e
clara seca estival e mínimo invernal,
propia do clima mediterráneo.
Trátase de:
1º: dun réxime pluvial.
2º: pola irregularidade e réxime de variacións de coeficiente, dun réxime
mediterráneo.
3º: pola secuencia alternante clara de picos primaverais e outonais dun pluvial
mediterráneo puro (levantino)
Son estes ríos curtos (excepto o Ebro, cun réxime moi complexo) e de forte poder
erosivo cando levan augas altas xa que, á pendente debida ao seu nacemento en
sistemas montañosos próximos ao mar, únese a realidade dunhas abas moi
deforestadas, cunha pobre cuberta vexetal. Isto provoca, sobre todo nas zonas de
maior pendente, unha paisaxe abarrancada.
Son ríos de caudal escaso, debido ás escasas precipitacións do ámbito climático
no que se atopan, e cun réxime moi irregular como se pode apreciar no gráfico, tanto
no propio ano (intraanual: non son estrañas as enchentes catastróficas no outono,
debidas a chuvias torrenciais e ligadas a situacións de forte inestabilidade como é a
situación de gota fría)) como entre anos distintos (interanual)
Para regularizar o caudal e utilizar os recursos hídricos para o consumo humano,
foi necesario construír encoros alí onde a topografía e a litoloxía o permiten.
Outros exemplos

Descripción: Atopámonos ante un hidrograma, un gráfico lineal que representa a


fluctuación de caudal dun río ao longo dun ano hidrolóxico. No eixe vertical
representase o coeficiente de caudal mensual (k) que resulta de dividir o caudal
medio de cada mes entre o caudal medio anual ou módulo No eixe das abscisas
(horizontal) represéntanse os meses (aquí o ano natural; non obstante, no ámbito dos
traballos hidrolóxicos, soe ir de outubro a setembro, xa que este é o ano hidrolóxico).
Análise:
• O caudal medio anual ou módulo en m3/s (normalmente unha M). É a media
dos caudais mensuais.
• O caudal relativo en l/s/km2(designado normalmente como Mr). Resulta de
multiplicar o caudal medio anual (M) por mil (xa que estamos pasando de m3 a litros)
e dividilo entre a superficie da conca.

No gráfico, o valor 1 corresponde ao caudal medio dun río; un valor inferior a 1


indica augas baixas; e un valor superior a 1, as augas altas.

Augas altas: Primavera (máximo principal) e outono, en correspondencia co


réxime de precipitacións deste clima.
Augas baixas: en verán con estiaxe acusada e longa.
Trátase dun réxime estritamente pluvial xa que o caudal está determinado
exclusivamente pola pluviosidade. O caudal máximo coincide coas choivas
equinocciais provocadas polas borrascas arrastradas polos ventos do oeste, a estiaxe
coincide coa seca estival.
Trataríase dun réxime pluvial mediterráneo continentalizado. Dáse en ríos do
interior peninsular cuxo nacemento se sitúe por debaixo da cota de neve.
Pode confundirse cun réxime pluvio-nival pois coinciden no seu perfil.
Diferéncianse en que os pluviais mediterráneos teñen o mínimo estival moi
pronunciado, chegando case ao 0 na gráfica de coeficiente de caudal mensual.
Exemplo ABAU
Opción B xuño 2017
2. Atendendo aos documentos, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):

a) Identifique os catro tipos de réxime fluvial que aparecen numerados na


figura 1 (1 punto).
1: Réxime nival e nival de
transición.
2: Réxime nivo‐pluvial e
pluvio‐nival.
3: Réxime pluvial e pluvio‐nival
oceánico.
4: Réxime pluvial
mediterráneo.

b) Analice o tipo de documento da figura 2 e explique o valor “k” (1 punto).

A figura 2 presenta un hidrograma, un gráfico que expresa a evolución do caudal


dun río ao longo dun ano hidrolóxico. Para ponderar o caudal dun río téñense en
conta varios elementos: o volume de auga que pasa por un punto concreto, o tipo de
precipitación (choiva ou neve) ou a distribución mensual do mesmo ‐que tamén está
en función de factores como a altitude do relevo, o solo e a vexetación.
O ano hidrolóxico iníciase en outubro e remata en setembro. No eixo horizontal
represéntanse a sucesión de meses do ano; no eixo vertical represéntase un número
índica que expresa a
variación do caudal de
cada mes con respecto
ao caudal medio anual
ou módulo.

O valor “k”
representa a relación
entre o caudal medio
mensual e o caudal
absoluto.

c) Identifique e xustifique o tipo de réxime fluvial representado na figura 2


(1 punto).

O réxime fluvial representado na figura 2 é un réxime pluvial mediterráneo puro


(cunha certa influencia pluvio‐nival no aumento de caudal do mes de xuño,
correspondente ao desxeo estacional). O réxime presenta tres picos máximos (un
máximo en outono e outros dous en primavera), e un acusado mínimo de verán,
coincidente co período de estiaxe.

d) Sinale as principais características e usos do tipo de río correspondente


ao réxime fluvial representado na figura 2 (1 punto).

A distribución do caudal é coincidente coa distribución anual das precipitacións,


dado que na área mediterránea, os máximos de choiva coinciden cos equinoccios
(precipitacións torrenciais en outono, outras máis ligadas á influencia atlántica na
primavera). Por contra, o inverno ‐momento de maior influencia do anticiclón
peninsular‐ e o verán ‐coa presenza continua do anticiclón de Azores e a invasión de
aire norteafricano‐ coinciden cos períodos de menor caudal.
Os caudais dos ríos mediterráneos son moi irregulares entre estacións, con
grandes enchentes en tempos de choivas torrenciais e gotas frías; ás veces os ríos
transportan ata 200 veces o caudal medio, polo que non é de estrañar que se
provoquen enormes inundacións.

En canto aos usos destes ríos, as principais funcións son: o abastecemento de


auga para usos urbanos e regadío, ademais doutros usos turísticos. A escaseza de
auga na cunca mediterránea ten provocado a posta en marcha de políticas de
transvases de auga que inclúen exemplos como o do Texo‐Segura, para tratar de
manter en pleno auxe a horticultura mediterránea. O incremento da urbanización no
litoral levou tamén a complementar estes recursos hídricos coa desalgazón como
medio de paliar a escaseza estacional de abastecementos.

Abau extraordinaria 2022

Atendendo á figura 3:
a) Relacione os seguintes ríos co número da súa administración hidráulica
segundo o mapa da figura 3. (1 punto)

Bidasoa (3)
Guadiana (6)
Tiétar (5)
Llobregat (13)
Nalón (2)
Esla (4)
Segura (10)
Segre (12)
Turia (11)
Ulla (1)
b) Analice o tipo de documento da figura 4 e explique como se obtén o valor
“k” e o valor “Mr”. (1 punto)

A figura 2 presenta un hidrograma, un gráfico que representa a variación do caudal


da corrente dun río nun punto concreto (estación de aforo) en función do tempo (ano
hidrolóxico). O caudal no eixe vertical e a escala temporal no horizontal. Este tipo de
gráfico é útil para determinar as características medias do río (réxime, alimentación,
…) e poder comparar uns ríos con outros.

O caudal pode representarse en números absolutos (m³/s) ou, como no hidrograma


da figura 2, mediante un número relativo denominado “coeficiente de caudal” que é a
relación existente entre o caudal mensual e o caudal anual (tamén chamado módulo).
Polo tanto o valor “k” ou coeficiente de caudal se obtén dividindo o caudal mensual
entre o caudal anual ou módulo (neste caso 243,9).

O caudal relativo ou módulo relativo (Mr) se obtén multiplicando o coeficiente de


caudal anual (m³) por mil (un metro cúbico son mil litros) e dividíndoo pola superficie
da cunca do río (km²). Neste caso: (243,9 x 1000) / 40.434 –> Mr = 6,03 l/s / km² (os
valores medios están entre 5 e 15).

c) Identifique e xustifique o tipo de réxime fluvial representado na figura 4,


así como as principais características dos ríos da súa vertente hidrográfica. (1,5
puntos).

O réxime fluvial do río representado na figura 4 é pluvial mediterráneo. Nestes ríos


sempre aparece un mínimo moi marcado no verán, debido á práctica desaparición
das choivas nesta época. No Ebro, que drena unha cunca ampla con ríos moi diversos,
este mínimo se suaviza grazas aos aportes dos afluentes procedentes da montaña.
Aínda así o río presenta un importante coeficiente de irregularidade. Ao dividir o
caudal mensual máis alto (febreiro) entre o caudal mensual máis baixo (agosto)
obtemos un valor superior a 7 (436/31 = 14,06) que son propios dos ríos irregulares.

En comparación coa vertente atlántica, os ríos da vertente mediterránea son curtos,


a excepción precisamente do Ebro, dada a proximidade do mar ás montañas en que
nacen e á basculación da Meseta cara ao Oeste a partir do Sistema Ibérico. O seu
réxime adoita ser moi irregular xa que en verán presentan importantes estiaxes (moi
prolongados nos ríos máis meridionais) e no outono poden sufrir cheas catastróficas
orixinadas por chuvias torrenciais. Como consecuencia, faise preciso construír neles
encoros para regularizar o caudal e abastecer de auga a agricultura, a industria e os
núcleos de poboación.

d) Cite e explique brevemente os principais factores físicos e humanos que


teñen influencia na distribución de augas e nos recursos hídricos do territorio
español. (1,5 puntos)

A distribución de augas e os recursos hídricos do territorio español están


condicionados polos seguintes factores físicos e humanos:

O clima, que desempeña un papel destacado, xa que a auga dos ríos, lagos e
acuíferos procede das precipitacións. Debido a isto, existe un claro contraste entre a
“España húmida”, de precipitacións suficientes, e a “España seca”, de acusada seca
estival.

O relevo e a topografía inflúen notablemente na organización das cuncas


hidrográficas, na capacidade erosiva dos ríos e na formación de lagos e acuíferos.

A litoloxía, é dicir, o tipo de rocha e as súas características, pode favorecer a


escorrentía superficial (caso das arxilas impermeables) ou, polo contrario, facilitar a
infiltración de auga e a formación de acuíferos (caso das calcarias).

A vexetación inflúe no equilibrio hídrico, xa que actúa como pantalla protectora


fronte a radiación e diminúe na evaporación

O ser humano consume auga para o abastecemento e a rega e intenta compensar


este gasto mediante a construción de obras regularizadoras, como encoros,
transvasamentos, etc.

You might also like