Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 9

FUNCIÓNS

- Definicións elementais. Características das funcións


- Cálculo de dominios
- Operacións con funcións
- Composicións de funcións. Función recíproca
- Tipos de funcións

DEFINICIÓNS ELEMENTAIS E CARACTERÍSTICAS DAS FUNCIÓNS

Unha función é unha relación entre dúas variables ás que, normalmente, imos chamar “x” e “y”, de xeito que
a cada valor dunha delas, chamada variable independente (normalmente “x”) correspóndelle un único valor
da outra variable que se chamará variable dependente (normalmente “y”).

f : D   
 
x0 
 f ( x0 )

Cando a un valor x0 lle corresponde outro valor y0, este último chámase imaxe de x0 mediante a función f.

Unha función pódese representar de tres formas distintas:

- En forma de gráfica: sobre uns eixos cartesiáns, representamos as dúas variables, a “x” no eixo horizontal
(eixo de abscisas) e a “y” no eixo vertical (eixo de ordenadas). Cada punto da gráfica ten dúas coordenadas,
a súa abscisa e a súa ordenada.

- En forma de táboa: represéntanse os valores das variables en dúas columnas. Na primeira colócase a
variable independente, e na segunda a variable dependente.

- Mediante unha fórmula matemática: cando os valores da variable axústanse a unha relación matemática.

Exemplo:
Se consideramos o custo das mazás en función dos kg que mercamos, sabendo que o kg está a 0´80 €. A
función que relaciona a variable x = “Kg de mazás” coa variable y = “Prezo a pagar” é: y = 0´80.x

Chámase dominio de definición dunha función ó conxunto de valores que pode tomar a variable
independente.

Chámase percorrido dunha función ó tramo de valores da variable “y” correspondente a cada valor de “x”

Unha función é crecente nun intervalo cando ó aumentar a variable independente “x” nese intervalo non
disminúe a variable dependente “y”. É dicir: Se x1  x2  f ( x1 )  f ( x2 )
Unha función é decrecente nun intervalo cando ó aumentar a variable independente “x” nese intervalo a
variable dependente “y” non aumenta. É dicir: Se x1  x2  f ( x1 )  f ( x2 )
Se se cumple que x1  x2  f ( x1 )  f ( x2 ) , entón dise que a función é estrictamente crecente (análogamente
defínese estrictamente decrecente).
O estudo do crecemento e decrecemento dunha función chámase monotonía.

Unha función y = f(x) ten un máximo relativo (ou máximo local) nun punto x0 do seu dominio se o valor da
función nese punto, f(x0), é maior ou igual que os valores que toma a función nos puntos próximos a x0. É
dicir: f ( x0 )  f ( x) x dentro dun intervalo centrado en x0.
Unha función y = f(x) ten un mínimo relativo (ou mínimo local) nun punto x0 do seu dominio se o valor da
función nese punto, f(x0), é menor ou igual que os valores que toma a función nos puntos próximos a x0. É
dicir: f ( x0 )  f ( x) x dentro dun intervalo

Unha función presenta un máximo absoluto un punto se o valor da función nese punto é mayor ou igual que
o valor da función en calquera outro punto. É dicir: f ( x0 )  f ( x) x  Dom( f ) (análogamente defínese o
mínimo absoluto)

Unha función é continua nun punto x0 se se pode debuxar sen levantar o lápis do papel nese punto. En caso
contrario, dise que función é discontinua en x = x0.

Unha función f(x) é periódica cando a súa gráfica repítese cada vez que a variable independente percorre un
certo intervalo. Á lonxitude dese intervalo chámase período. É dicir: uhna función de período T é aquela que
cumple:
f ( x  T )  f ( x) x  Dom( f )

Chamamos asíntota dunha función a unha recta tal que a gráfica da función aproxímase cada vez máis a ela,
pero de xeito que nunca chegan a tocarse.

CÁLCULO DO DOMINIO MÁXIMO DUNHA EXPRESIÓN MATEMÁTICA

Cando o domínio dunha función non vén limitado explícitamente:


- O dominio dunha función polinómica é todo  .
- O dominio dunha función racional é todo  menos aqueles puntos nos que se anule o denominador.
- O dominio dunha función radical de índice par está formado por todos os puntos nos que o radicando
non é negativo.
- O dominio dunha función radical de índice impar é todo  .
- O dominio dunha expresións con logaritmos estará formado por todos aqueles números reais que fan
positivos todos os argumentos dos logaritmos que aparecen na expresión matemática.

OPERACIÓNS CON FUNCIÓNS

Suma de funcións:

f : D1   
 

x 
 f ( x) 
 f  g : D   

 onde D  D1  D2
  f  g  ( x)  f ( x )  g ( x )
x 
g : D2     
 g ( x) 
x 

Propiedades:
a) Asociativa: ( f  g )  h  f  ( g  h)
b) Conmutativa: f  g  g  f
h :  

c) Elemento neutro:
x 
 h( x )  0
f : D   
   f : D    
d) Elemento simétrico: 
x   f ( x )  x    f  ( x)   f ( x)
O elemento simétrico respecto da suma de funcións chámaselle función oposta.
A función inversa debe verificar que:  f    f   ( x)  0
Resta de funcións:

f : D1   
 

x 
 f ( x) 
 f  g : D   

 onde D  D1  D2
  f  g  ( x)  f ( x)  g ( x )
x 
g : D2     
 g ( x) 
x 

Produto de funcións:

f : D1   
 

x 
 f ( x) 
 f  g : D   

 onde D  D1  D2
  f  g  ( x)  f ( x)  g ( x )
x 
g : D2     
 g ( x) 
x 

Propiedades:
a) Asociativa: ( f  g )  h  f  ( g  h)
b) Conmutativa: f  g  g  f
h :  

c) Elemento neutro:
x 
 h( x )  1
1
: D   

f : D   
  f
d) Elemento simétrico: 
x 
 f ( x)  1 1
x     ( x) 
 f  f ( x)
1  1 
D  Dom    Dom  f   Dom  
f   f ( x) 
O elemento simétrico respecto do produto de funcións chámaselle función inversa.
 1
A función inversa debe verificar que:  f   ( x)  1
 f 

Cociente de funcións:

f : D1   
 
 f
x 
 f ( x)  : D   

 g
 onde D   x  D1  D2 / g ( x )  0
 f  f ( x)
g : D2      x 
   ( x) 
g g ( x)
 g ( x) 
x 

Unha forma máis sinxela de calcular o dominio do cociente de dúas funcións sería:
 f   f ( x) 
Dom    Dom  f   Dom  g   Dom  
g  g ( x) 
Producto dun número por unha función

k  
 k  f : D   



f : D     x   k  f  ( x)  k  f ( x)
x  f ( x) 

Composición de funcións:

f : D1   
 

x 
 f ( x) 
 g  f : D    D   x  D1 / f ( x)  D2 
 onde
x   g  f  ( x)  g  f ( x)  x 
f
 f ( x ) 
g
 g  f ( x) 
g : D2     
 g ( x) 
x 

Unha forma máis sinxela de calcular o dominio da composición de funcións g  f sería:


Dom  g  f   Dom  f   Dom  g   Dom  g  f ( x)  

Propiedades:
e) Asociativa: (h  g )  f  h  ( g  f )
f) Non ten a propiedade conmutativa: g  f  f  g
h :  

g) Elemento neutro:
x 
 h( x )  x
f : D   
  f 1 : D   

h) Elemento simétrico: 
x 
 f ( x)    f 1  ( x )
x 
D  Dom  f 1   Dom  f   Dom  f 1 ( x) 
Para calcular a expresión matemática f 1 ( x) debemos,na expresión matemática da función f ,
chamarlle x a varible independente e y a variable dependente e despois intercambiar o nome
das variables e por último despexar y en función de x.

O elemento simétrico respecto do produto de funcións chámaselle función recíproca.


A función recíproca debe verificar que:  f 1  f  ( x)  x e  f  f 1  ( x)  x
FUNCIÓNS ELEMENTAIS

Funcións polinómicas: Son funcións tales que a súa expresión matemática correspóndese cun polinomio dun
deterninado grao e o seu dominio, de non estar especificado, é o conxunto dos números reais.
f :  
 f ( x)  an x n  an1 x n 1  ...  a1 x  a0
x 

n=0 f ( x)  k trátase dunha función constante


n=1 f ( x)  mx  n trátase dunha recta.
n=2 f ( x)  a x 2  bx  c trátase dunha parábola.

Funcións racionais: Son funcións tales que a súa expresión matemática correspóndese co cociente de dous
polinomios
P( x)
f ( x)  onde P ( x) e Q( x) son dous polinomios.
Q( x)

Funcións de proporcionalidade inversa: é un caso particular de función racional


k
f ( x)  k 
x

Funcións irracionais: Son funcións tales que na súa expresión matemática a variable independente está
dentro dun radical.
f ( x)  n g ( x)
Cando n é impar o seu dominio é o conxunto dos números reais.
Cando n é par o seu dominio son os números reais que fan o radicando maior ou igual que cero.

FUNCIÓNS EXPONENCIAIS

Son funcións tales que a súa expresión matemática é da forma:


f ( x)  a x , con a  0 , a  1

O número a non pode ser negativo, xa que neste caso non ten sentido elevar os números negativos a algúns
1
números con forma de fracción ( (2)  4 2 ), e non pode ser igual a 1, xa que entón a función sería a
4

función constante f ( x)  1

Un caso particular moi importante é aquel no que a base é o número e: f ( x)  e x

Compórtanse de xeito distinto dependendo do valor que teña a :

Se a > 1
- Dom ( f )  
- Im( f )   0,  
- Está acotada inferiormente por 0
- Corta ó eixo OY en  0,1 , xa que a 0  1
- É continua en 
- Ten uhna asíntota horizontal y  0 nas proximidades de 
- Non é simétrica nin periódica
- É estrictamente crecente
Se 0 < a < 1

- Dom ( f )  
- Im( f )   0,  
- Está acotada inferiormente por 0
- Corta ó eixo OY en  0,1 , xa que a 0  1
- É continua en 
- Ten uhna asíntota horizontal y  0 nas proximidades de 
- Non é simétrica nin periódica
- É estrictamente decrecente

FUNCIÓN LOGARÍTMICA

Chámase función logarítmica a calquera función da forma f ( x)  log a x , con a  0 , a  1

Se a > 1
- Dom ( f )   0,  
- Im( f )  
- Non está acotada
- Corta ó eixo OX en 1, 0 
- É continua en  0,  
- Ten uhna asíntota vertical x  0 pola dereita.
- Non é simétrica nin periódica
- É estrictamente crecente

Se 0 < a < 1
- Dom ( f )   0,  
- Im( f )  
- Non está acotada
- Corta ó eixo OX en 1, 0 
- É continua en  0,  
- Ten uhna asíntota vertical en x  0 pola dereita.
- Non é simétrica nin periódica
- É estrictamente decrecente
FUNCIÓNS A CACHOS

Unha función a cachos é unha función que ten distintas expresións matemáticas en diferentes partes do seu
dominio.

Para representar unha función a cachos represéntase cada unha das expresións matemáticas no intervalo no
que están definidas:

Exemplo:

 x2 se x  0

f ( x)  2 se 0  x  1
 x  1 se x  1

FUNCIÓNS CON VALOR ABSOLUTO

Unha función con valor absoluto pode ser transformada en unha función a cachos, para iso debemos estudar
o signo da expresión ou expresións das cales se fai o valor absoluto.

Exemplo:

f ( x)  2 x  x  1

Estudamos o
Signo ( x  1)
− +
-∞ 1 +∞

2 x  ( x  1) se x  1  3x  1 se x  1
f ( x)    f ( x)  
 2 x  ( x  1) se x  1  x  1 se x  1
FUNCIÓNS TRIGONOMÉTRICAS

Gráfica da función seno:

- Dom f  
- Rang f   1,1
- Está acotada por -1 e 1
- Corta ó eixo OY en  0, 0  e ó eixo OX nos puntos da forma  k , 0  , sendo k  
- É continua en 
- É periódica de período 2
- Non ten asíntotas
- Ten simetría impar
   3 
- No intervalo  0, 2  crece no intervalo  0,  e decrece no intervalo  , 2 
 2  2 
 3
- No intervalo  0, 2  ten un máximo en x  , e un mínimo en x 
2 2

Gráfica da función coseno:

- Dom f  
- Rang f   1,1
- Está acotada por -1 e 1
 (2k  1) 
- Corta ó eixo OY en  0,1 e ó eixo OX nos puntos da forma  , 0  , sendo k  
 2 
- É continua en 
- É periódica de período 2
- Non ten asíntotas
- Ten simetría par
- No intervalo  0, 2  crece no intervalo  , 2  e decrece no intervalo  0,  
- No intervalo  0, 2  ten un máximo en x  0 e en x  2 , e un mínimo en x  2
Gráfica da función tanxente:

  
- Dom f     x   / x   k , k   
 2 
- Rang f  
- Non está acotada
- Corta ó eixo OY en  0, 0  e ó eixo OX nos puntos da forma
 k , 0  , sendo k 
  
- É continua en    x   / x   k , k   
 2 
- É periódica de período 

- Ten como asíntotas verticais as rectas x   k , con k  
2
- Ten simetría impar
- É estrictamente crecente nos intervalos da forma
 (2k  1) (2k  1) 
 ,  , é decir: en todo o seu dominio
 2 2 
- Non ten máximos nin mínimos

You might also like