Textos Evolución

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

TEXTOS 2 (Evolución)

Nº 1
Debido a esta loita, as variacións, por lixeiras que sexan e calquera que sexa a causa da que
procedan, si son nalgún grado proveitosas para os individuos dunha especie, nas súas relacións
infinitamente complexas con outros seres orgánicos e coas súas condicións de vida, tenderán á
conservación destes individuos e serán, en xeral herdadas pola descendencia. A descendencia
tamén terá así maior probabilidade de sobrevivir, pois dos moitos individuos que nacen
periódicamente dunha especie calquera, só sobrevive un pequeno número. Denominei a este
principio, polo cal toda variación lixeira, si é útil, consérvase, co término de << selección
natural>>, a fin de sinalar a súa relación coa facultade de selección do home. Pero a expresión
frecuentemente empregada por Mr. Herbert Spencer << a supervivencia dos máis aptos >> é
máis exacta e, ás veces, igualmente convincente.
Darwin: A orixe das especies.
Nº 2
En todo animal que non superase o término do seu desenvolvemento, o exercicio frecuente e
continuo dun órgano calquera fortifica pouco a pouco dito órgano, desenvólveo e agrándao,
conferíndolle unha potencia proporcional á duración do seu uso; de igual modo, a ausencia
constante de uso de devandito órgano o debilita, deteriórao, fai diminuír progresivamente as súas
facultades e acaba por facelos desaparecer.
Lamarck: Filosofía zoolóxica.
Nº 3
O home para ser capaz de sobrevivir, ten a necesidade de remodelar e dominar a natureza;
xustamente por isto necesita ser capaz de experimentar a realidade. É un ser actuante,
precisamente porque non está especializado e xa que logo carece dun ambiente que lle resulte
espontáneamente axustado. O conxunto de todas aquelas cousas naturais que o home
transforma en algo útil para a súa vida denomínase cultura; e o mundo da cultura é o mundo
humano. Para o home non hai posibilidade de existencia nunha natureza non remodelada;
xustamente por isto non existen “homes naturais” en sentido estrito, é dicir, non existen
sociedades humanas sen armas, sen lume, sen alimentos artificiais, sen fogar e sen formas de
cooperación social. A cultura é xa que logo a “segunda natureza” (é dicir, a propia do home, a
producida por el mesmo, a única dentro da que pode vivir), e esa cultura “non natural” é
xustamente o produto dun ser único, non natural, estructurado de xeito oposto ao animal. En lugar
do “ambiente específico”, propio do animal, hai no home o mundo cultural, é dicir, a sección de
natureza que foi dominada polo home é transformada por el no medio da súa existencia.
Xustamente por iso é radicalmente falso falar dun “ambiente específico” do home (nun sentido
biolóxicamente definido). No home, o que corresponde ao carácter non especializado da súa
estrutura é a apertura ao mundo, é o que corresponde á súa indixencia natural de medios, é a
“segunda natureza” creada por el mesmo.
A. Gehlen: O humano.
Nº 4
Por primitivo e sinxelo que sexa o seu método de traballo (o home) levantouse sobre o reino
animal polo feito mesmo da capacidade creadora; definiuselle acertadamente como “o animal que
produce”. Pero o traballo non só é para o home unha necesidade inevitable. O traballo é tamén o
seu libertador respecto da natureza, o seu creador como ser social e independente. No proceso
de traballo, é dicir no proceso de moldear e cambiar a natureza exterior a el, o home moldéase e
cámbiase a si mesmo. Sae da natureza dominándoa, e desenvolve a súa capacidade de
cooperación e de razón, e o seu sentido da beleza. Sepárase da natureza, da unidade orixinaria
con ela, pero ao mesmo tempo volve unirse con ela como amo e constructor seu. Canto máis se
desenvolve o seu traballo, máis se desenvolve a súa individualidade. Moldeando e recreando a
natureza, aprende a facer uso das súas potencias e a aumentar a súa destreza e o seu poder
creador. Xa pensemos nas fermosas pinturas das covas do sur de Francia, nas armas
ornamentais dos pobos primitivos, nas estatuas e os templos de Grecia, nas catedrais da Idade
Media, nas cadeiras e mesas feitas por destros ebanistas, ou no cultivo de flores, árbores e
cereais polos campesiños, todo iso son expresións da transformación creadora da natureza, feitas
pola razón e a habilidade do home.
E. Fromm: Psicanálise da sociedade contemporánea
Nº 5
Segundo vimos a construción activa do propio medio -baseada na investigación do mesmo e en
diálogo con el - non é unha función propia do ser humano. Con todo, a apertura do home ao
mundo difire non só cuantitativa, senón cualitativamente, da dos animais non especializados. Esta
diferenza fundamental consiste en que o afán investigador do home, no seu intento de
comprender o mundo que o rodea, perdura ata a senectude, mentres que nos animais -incluídos
os máis intelixentes e máis dotados de curiosidade- o antes mencionado afán investigador, ocupa
soamente unha pequena fase no desenvolvemento do individuo. Tamén nestes organismos -os
máis capaces de adaptación entre todos os prehumanos- o adquirido mediante a aprendizaxe
motivada pola curiosidade entumécese do mesmo xeito que as conquistas logradas por animais
moito menos intelixentes e moito máis adaptados no aspecto da especialización. No seu estadio
acabado, as formas de comportamento adquiridas activamente, mediante a aprendizaxe movida
pola curiosidade, son tan ríxidas como calquera outro adestramento, mesmo tanto como as
normas de acción e reacción innatas propias da especie.
K. Lorenz: Consideracións sobre as condutas animal e humana.
Nº 6
Unha vez alcanzado o estadio sapiens, o home xa non evoluciona, ou mellor dito a súa evolución
non se sitúa no nivel orgánico senón no nivel psicosocial. A adaptación xa non é xenética senón
cultural; a especie humana xa non se subdivide en subespecies ou en razas senón en etnias, é
dicir, en grupos culturais que son no terreo psicosocial o que a raza ou especie son no campo
biolóxico. A partir dese momento a historia da humanidade estará marcada por unha
extraordinaria diversificación de culturas que dividirá a especie humana en múltiples grupos.
Doutra banda, a diversidade cultural que constituía a orixinalidade da humanidade e substituía no
psicosocial á diversidade biolóxica, tende a desaparecer hoxe en día.
Para o grupo humano, este empobrecimiento cultural é tan perigoso como o empobrecimiento
xenético para un grupo animal: tanto si sitúa no nivel biolóxico como no nivel cultural o
monomorfismo comporta os mesmos perigos. Desde hai algúns anos inténtase protexer ás
especies en vías de desaparición. Faría falta protexer as culturas ameazadas coa mesma
preocupación, xa que a súa multiplicidade constitúe a riqueza da humanidade e a súa garantía de
supervivencia.
J. Ruffié: Da bioloxía á cultura.
Nº 7
O éxito da teoría de Darwin da supervivencia dos máis aptos (que chamaba «selección natural»)
incrementou enormemente a popularidade do punto de vista de que a evolución cultural dependía
da evolución biolóxica. Logo da publicación da orixe das especies de Darwin, apareceu un
movemento coñecido como darwinismo social, que se baseaba na crenza de que os progresos
cultural e biolóxico dependían do libre xogo das forzas competitivas na loita de individuo contra
individuo, de nación contra nación e de raza contra raza. O darwinista social máis influiente foi
Herbert Spencer, quen chegou a abogar polo final de todos os intentos de proporcionar caridade
e auxilio aos desempregados, ás clases pobres e ás así chamadas razas atrasadas, porque esta
axuda interferiría na actuación da así chamada lei de supervivencia dos máis aptos, e porque
simplemente prolongaría a agonía e faría máis profunda a miseria dos «non aptos». Spencer
utilizou o darwinismo social para xustificar o sistema capitalista de libre empresa, e a súa
influencia continúa sentíndose entre os partidarios do capitalismo sen restricións e entre os
partidarios da supremacía dos brancos.
Marvin Harris: Introdución á antropologia xeral.
Nº 8
a xuvenilización tamén trae consigo a persistencia dunha afectividade infantil, primeiro entre os
adolescentes, e logo entre os adultos. Como resultado, irase desenvolvendo entre os individuos
unha emotividade e unha sensibilidade cada vez máis grandes, unha crecente aptitude para
sufrir, para sentirse invadido por fobias, repulsións, aversións que conducirán ata ó odio, e,
finalmente, unha gran capacidade para amar, fonte de amizades, de arrebatos, de adoración, de
devoción, de piedade.
Edgar Morin: O paradigma perdido.
Nº 9
Así pois, a xuvenilización é un proceso á vez xeral e múltiple, estreitamente asociado á
cerebración en todos e cada un dos seus aspectos, que afecta á natureza xenética da especie, á
natureza social da cultura e á natureza afectiva e intelectual do individuo, asegurando unhas
mellores condicións de autorreproducción e autodesenvolvemento socioculturais facilitando o
desenvolvemento a nivel individual, afectivo, intelectual e de invención, desde o berce ata,
nalgúns casos, a mesma senectude
Edgar Morin: O paradigma perdido.
Nº 10
No ser humano a situacion de recén nacido é absolutamente distinta. O neno non pode estar de
pé nin andar, nin a súa pelve acadou aínda a súa estructura típica, nin a súa columna vertebral
posúe a dobre curvatura en S, nin pode comprender con e como os maiores, pois non dispón
daquela dos primeiros elementos de comunicación por medio da palabra ou da mímica.
A consecución deste estado verdadeiramente humano conségueo o neno ó cabo dun ano de vivir
en plena dependencia do medio social que o rodea, ó tempo que se realiza nel un intenso
desenvolvemento do seu corpo e do seu cerebro. Existe unha perfecta correlación entre aprender
a falar, moverse, pensar, etc; como corresponderá á súa vida futura, xa que o home é un ser
aberto ó mundo e ó medio ambiente social que o rodea.
Paul Overhage: O problema da orixe do home.
Nº 11
Vemos que na actualidade existen claras obxecións respecto dá hipótese tradicional e romántica
do macho cazador. O sexo chamado forte desde logo érao desde o punto de vista da masa
muscular e do tamaño corporal, pero non necesariamente no referente á súa achega de calorías
e de nutrientes ao resto do grupo. Os membros, en teoría, máis débiles do grupo, as femias, son
os que adoitan alimentar a todos nas sociedades de cazadores recolectores que viven hoxe en
condicións moi similares ás dos nosos devanceiros. Nestas sociedades, que habitan actualmente
determinadas zonas do noso planeta, o home caza ou busca prea, pero a muller é quen
proporciona a maior parte dos alimentos ao grupo mediante a recolleita de plantas, de insectos e
de pequenos animais. Numerosos datos paleontolóxicos e antropolóxicos mostran que, nos
últimos millóns de anos, foron as femias das diferentes especies de homínidos as que tiveron a
responsabilidade da alimentación da familia; xa sexa rebuscando entre a escaseza da beira dun
río, fai un millón de anos, ou entre a abundancia dos andeis dun hipermercado, hoxe?.
José Enrique Campillo Álvarez: A cadeira de Eva
Nº 12
A división sexual do traballo é outra cuestión fundamental nos principios da humanidade; é
aceptada case sen discusión e ata expresada pola orde mesma da expresión cazadores-
recolectores (a partir de agora recolectores-cazadores). Actualmente admítese que a recolección
de alimentos vexetais, que durante moito tempo se considerou de importancia secundaria fronte
á caza, constituía a principal fonte de alimentos.
John Zerzan: “Futuro primitivo”
Nº 13
Os humanos actuais afixéronse tanto a pensar en instrumentos e armas, que é moi doado para
nós imaxinar a primeira criatura parecida ó home que colleu unha pedra ou un pau. Sen embargo,
dado que non sabemos en realidade que uso tiñan os primeiros instrumentos de pedra tales como
as machadas de man, é igualmente probable que non foran en absoluto armas, senón máis ben
axudas a recolección.
Sabemos que a recolección foi moi importante moito antes de que as proteínas animais puideran
engadirse á dieta, e aínda despois continuaron sendo importantes. Os ósos paos e as machadas
de man puideron utilizarse para desenterrar tubérculos e raíces, ou para esmagar vexetais duros
e facilitar así a súa inxestión. Sen embargo, se en lugar de pensar en termos de ferramentas e
armas pensamos en termos de inventos culturais, ábresenos un novo aspecto. Creo que dous
dos primeiros e máis importantes inventos culturais foron os recipientes para conter os produtos
de recolección e algún tipo de correa ou rede para carretar os nenos.
Sally Linton: A Muller recolectora.
Nº 14
de feito a bioloxía da muller é a clave para entender a historia da raza humana. O triunfo da
evolución produciuse no corpo feminino, nun desenvolvemento crítico que asegurou o futuro da
especie. Trata do cambio biolóxico do estro dos primates, período en que a femia está en celo, a
a verdadeira menstruación humana. Aínda que xeralmente non adoita celebrarse, e moito menos
mencionarse, a menstruación mensual da muller foi a adaptación evolutiva que evitou que a
especie humana se extinguise, asegurando a súa supervivencia e triunfo.
O estro feminino nos primates superiores é un mecanismo bastante ineficaz. Os grandes primates
femias, chimpancés, gorilas e orangutáns, rara vez entran en celo e teñen unha cría cada cinco
ou seis anos. Isto pon a toda a especie en grave perigo de extinción. Na actualidade, só queda un
reducido número de grandes primates e unicamente poden sobrevivir nun medio ambiente moi
favorable. As mulleres, que contan con doce posibilidades de concibir ao ano, en lugar de unha
cada cinco, posúen unha capacidade reprodutora sesenta veces maior cá das súas irmás
primates. A menstruación, e non a caza, foi o gran paso evolutivo cara adiante.
Rosalind Miles: A muller na historia do mundo.

You might also like