Modulo 2 - Desenvolv - Competencias - Gal

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 14

CURSO EN LIÑA

“Novas tecnoloxías como ferramentas para


persoas voluntarias"
Módulo 2: Desenvolvemento de competencias dixitais

2022
© 2022. Xunta de Galicia. Curso en liña “NOVAS
TECNOLOXÍAS COMO FERRAMENTAS PARA PERSOAS VOLUNTARIAS”

Este curso está organizado polo Servizo de Voluntariado e Participación da


Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da
Consellería de Política Social e Xuventude.

Este módulo foi elaborado por SONIA PINTOS PAZOS, para a impartición
deste curso a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org,
formación a cuxo fomento se refiren os artigos 25 e 26 da Lei 10/2011, do 28 de
novembro, de acción voluntaria.

Esta obra distribúese cunha licenza Atribución-CompartirIgual 4.0 España de


Creative Commons. Para ver unha copia da licenza prema na icona anterior.

Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias


Docente: Sonia Pintos Pazos 2
MODULO 2: DESENVOLVEMENTO DE COMPETENCIAS DIXITAIS

2.1. Voluntariado e novas formas de participación a través da tecnoloxía.


2.2. A adquisición de competencias dixitais. Educar e sensibilizar fronte a
demonización.

1.1. Voluntariado e novas formas de participación a través da tecnoloxía.

A cidadanía e especialmente a mocidade, ó mellor non afondan nas diferenzas que poden
existir entre conceptos como activismo, sociedade civil, terceiro sector, asociacionismo,
participación cidadá, movementos sociais, ONG, etc., pero si que teñen claro que queren
implicarse e ser protagonistas dos cambios sociais, pero cústalles adscribirse a etiquetas.
Segundo Nacións Unidas o voluntariado engloba unha enorme variedade de actividades
nos planos individual, comunitario, nacional e internacional e os termos "voluntariado" e
"activismo social" non se exclúen. A idea de que as persoas voluntarias se limitan a apoiar
a prestación de servizos ou só participan en actividades benéficas é restritiva e traza unha
fronteira superficial entre o voluntariado e o activismo. Ou outras novas formas por
exemplo o ciberactivismo: forma de participación cidadá cuxo obxectivo é conseguir
mobilizar, de forma puntual, ao máximo número de persoas para que coñezan e
apoien unha causa a través da rede. Por exemplo, na LEI 45/2015, de 14 de outubro, de
Voluntariado (ámbito estatal) defínense especificamente os seguintes ámbitos de
actuación:
• Voluntariado a distancia, en liña ou e-voluntariado que se realiza sobre todo en
tradución de idiomas, correccións de estilo, deseño gráfico, maquetación de
documentos, procura de convocatorias, creación de campañas de comunicación,
asesoramento para a xestión, etc.
• Cibervoluntariado, cando as actividades están baseadas estritamente no uso e
ensinanza das TIC sobre todo no desenvolvemento de tarefas como a capacitación
e formación de persoas e grupo, difusión de correos e_, animacións, creación de
blogs, creación de perfiles, dinamización de comunidades virtuais, xestión de
correspondencia, deseño de formularios, edición de vídeo, etc.
• Ciberactivismo, usa un manexo básico das TIC, ten que ver coa sensibilización e,
sobre todo, coa incidencia política. Ex. Recollida de sinaturas, queixas e peticións,
envío de correos, difusión de campañas, manifestacións virtuais, etc. O positivo é
que se produce unha “apropiación” da causa máis aló da organización.
Por exemplo, no caso do ciberactivismo a participación podémola dividir en dous
grandes grupos. O ciberactivismo solidario e o ciberactivismo político. O solidario

Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias


Docente: Sonia Pintos Pazos 3
ten como obxectivo visibilizar e mover unha causa solidaria que teña relación con
temas sociais, de desenvolvemento humano ou medio ambientais, entre outros, e
o político ten como obxectivo mobilizar e asegurar o apoio de persoas afín a unha
idea ou movemento político/ideolóxico.
Como todo o que se fai a través de rede, ten un punto de partida en liña pero non significa
que sexa só e exclusivamente unha acción virtual, moitas das causas que se comezan a
mobilizar na rede, conseguen que despois se organicen grupos activistas presenciais e de
voluntariado, xa sexa formal, a través dunha organización; ou informal, que organizan todo
tipo de actividades para promover a súa causa.

Ante esta situación:


a) O compromiso ten unha dimensión vivencial, actitudinal: o compromiso é algo que
temos, que nos identifica. Forma parte esencial da nosa identidade: é algo que
somos.
b) A participación ten unha dimensión práctica: é algo que facemos, é o xeito na que
expresamos o noso compromiso.
Os termos compromiso e participación forman parte dun marco incluínte dentro da
solidariedade, o primeiro máis desde a perspectiva das motivacións, o segundo desde a
práctica. O uso deste tipo de concepto e terminoloxía pode ser máis aberta de cara a
concretar a forma na que os mozos e mozas se involucran en accións solidarias.
Hoxe, grazas ás tecnoloxías dixitais, parte da cidadanía a nivel mundial está conectada, e
gran parte destas persoas utilizan o seu talento e intelixencia de forma colectiva en
proxectos colaborativos que buscan xerar beneficios sociais. Estamos ante unha nova
forma de facer voluntariado, de enfrontar a solidariedade, os retos sociais. Especialmente
a mocidade aproveita a intelixencia colectiva, ClayShirky (2010), para contribuír ou
colaborar en grandes proxectos que melloran a vida de todos na sociedade grazas a unha
contorna de tecnoloxías dixitais.
Estas novas formas de intelixencia colectiva e proxectos colaborativos, son moito máis
atractivos para a mocidade que as vellas estruturas xerarquizadas e faltas de imaxinación e
horizontalidade das ONG, e, sen dúbida, conseguen chamar a atención e involucrar á
mocidade, ata conseguir que se convertan nos e nas protagonistas deste cambio,
devolvendo así á cidadanía a responsabilidade na procura de solucións a aqueles desafíos
que experimentan directamente.

Esta nova forma de ver e facer as cousas, empuxa o concepto de voluntariado cara á
innovación cidadá, que se define como a participación activa de cidadáns en iniciativas
innovadoras que buscan transformar a realidade social, mediante as tecnoloxías dixitais, a
fin de alcanzar unha maior inclusión social. Segundo von Hippel, 2005, hoxe en día estamos
nunha nova etapa de democratización da innovación, que pasou de estar monopolizada
por persoas expertas e encerrada en laboratorios a reencontrarse coa cidadanía, a estar na
rúa e usar as redes como ferramenta de intelixencia colectiva para o empoderamento
comunitario.
Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias
Docente: Sonia Pintos Pazos 4
Innovar deixa de ser simplemente engadir eficacia ou eficiencia a un proceso, agora é
construír unhas solucións novidosas a partir do coñecemento que se posúe, obter un
avance e replicalo. Estamos ante unha nova forma de innovación social, sen dono/a,
distribuída, onde grazas á tecnoloxía calquera pode innovar, colaborar na procura de
solucións a necesidades concretas, sen importar a súa condición social, educativa, ou onde
se atope. Xa non é unha cuestión de voluntariado, é a potencialidade de cada un deses
voluntarios/as. As novas tecnoloxías converteron ao cidadán e á cidadá no eixe vital desta
transformación social. A forma en que poden contribuír a cidadanía é innovadora na
procura de solucións creativas á hora de detectar e canalizar as necesidades e demandas
existentes no noso ámbito de actuación, porque están preto das situacións da nosa
contorna máis próxima e son conscientes, están preto das solucións a aportar.

Neste momento, cada voluntario/a é un axente de cambio social porque a través da rede,
usan calquera tipo de ferramenta tecnolóxica para paliar unha necesidade social. É por iso
que a sociedade demanda protagonismo e autonomía á hora de facer voluntariado, de
participar na sociedade; con todo a realidade é que as institucións non están aínda
preparadas para acoller este tipo de procesos, máis participativos e horizontais por medo
ou por falta de formación tecnolóxica e de canalización da participación neste novo
escenario.

A clave, nestes momentos, para calquera tipo de organización é escoitar e facilitar a


implicación da cidadanía e, para isto, a participación cidadá neste momento pode ser
dotada dun gran soporte tecnolóxico e de innovación.

A participación é a capacidade para expresar decisións que sexan recoñecidas pola


contorna social, e que afectan á vida propia e/ou á vida da comunidade na que un vive
(Roger Hart, 1993). Así mesmo, esta definición pode ser ampliada con matices como a
participación social, comunitaria, política ou cidadá. Pero que pasa cando a participación xa
non implica exclusivamente un compoñente presencial senón que pode ter un
compoñente virtual? As entidades e as administracións deben repensar as súas fórmulas
de xestión da participación e planificar as súas accións tendo en conta novos paradigmas
de participación nos que o uso de internet e as tecnoloxías chegaron para quedarse e
ademais son o alicerce das novas formas de relacionarnos e de interactuar coas persoas.

Por tanto, cando unha entidade defina o seu proxecto e concrete as súas liñas de
intervención debería ter en conta tamén dentro da súa programación un apartado
específico para a comunicación 2.0: como a aplicación de ferramentas de comunicación
social, e en particular as redes sociais (Facebook, Twitter, blogs, wikis e foros, entre
outros), á relación que se establece entre persoal xestor (aínda que sexa voluntario) e
persoal voluntario que participa nas accións voluntarias.

A comunicación 2.0 como unha nova canle de comunicación horizontal onde todas as
persoas que participan na entidade e o resto da cidadanía poden informarse e tamén
aportar proactivamente datos ou opinións. Introducir estas ferramentas no funcionamento
Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias
Docente: Sonia Pintos Pazos 5
e nos proxectos da entidade pode ter como función a que desempeñaban antigamente as
prazas dos pobos onde a xente se reunía para informarse e dar a súa opinión ou as
asembleas populares facilitando isto a transparencia, a participación e a colaboración.
En consecuencia a aplicación da tecnoloxía no funcionamento xeral da entidade en todas
as estruturas implica tamén máis beneficios como os aportados pola Web 2.0 e as
ferramentas colaborativas que posibilitan a interoperabilidade, a comunicación activa e a
colaboración entre voluntarios/as, entidades e administracións, en tempo real. Ademais,
de aportar unha maior transparencia aportan máis axilidade e proximidade porque "está
pasando en tempo real" e a participación pode ser así menos pasiva e menos consumista "
consumir acción de voluntariado". Para isto cómpre: seleccionar ben os datos e a
información que queremos transmitir para converter esa información en coñecemento e
motor de participación tendo moi en conta as canles de atención, visualización e
accesibilidade que imos usar para a presentación da información e para a consulta da
mesma. É imprescindible garantir o acceso á información desde ferramentas e aplicacións
de usuario/a final de fácil utilización. E tamén facelo mantendo a protección de datos e
seguridade. Neste sentido cobran especial relevancia todas aquelas tecnoloxías que
permiten a automatización de controis e as limitacións de uso en función do perfil das
persoas usuarias.

O uso da tecnoloxía implica un cambio na cultura organizativa das entidades que pode ser
un proceso de cambio lento e incerto pero xa están entre nós e xa as usamos de maneira
individual e colectiva polo tanto temos que velas como unha axuda para alcanzar os
obxectivos nos cinco niveis que definiu e desenvolveu a International Association of Public
Participation (IAP2) nun dos seus estudos: informar, consultar, involucrar, colaborar e
empoderar. Por tanto, a tecnoloxía é o medio, non o fin.

A tecnoloxía pode axudar:

Ferramentas de participación. Escoita activa: blogs, wikis, redes sociais,.. Portais de


participación. Habilitar mecanismos que permitan a comunicación coa persoas
voluntarias, con outras entidades, etc,...de forma descendente, ascendente e
horizontal.
Ferramentas de distribución de eventos e actividades, difundir os debates que se
levan a cabo no seo das organizacións de forma accesible.
Novas ferramentas de colaboración.
Voto electrónico, con sistemas formais de voto ou con ferramentas que permitan
pulsar a opinión pública.
Ferramentas CRM e ticketing onde se busca atender e xestionar as opinións das
persoas.
Ferramentas de identificación segura. Ten en conta o marco normativo e a
lexislación vixente en materia de protección de datos. Así como todos os
mecanismos de ciberseguridade necesarios para un bo funcionamento e uso da
tecnoloxía e das redes.

Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias


Docente: Sonia Pintos Pazos 6
É indispensable fomentar o uso das TIC para involucrar á cidadanía en todo o ciclo do
voluntariado en todas ou nalgunha das etapas do proceso. É necesario identificar
necesidades, xerar propostas e ideas rompedoras e propoñer solucións e novos produtos
que melloren a vida das entidades do presente e do futuro: incidir así mesmo nos espazos,
na cultura social e nos coñecementos para propiciar este gran reto de hiperconexión e
colaboración.

E non esquezamos que aínda que este salto do presencial ao dixital estimula a
desaparición dalgunhas dificultades na participación cidadá, pode xerar ao mesmo tempo
outras que debemos analizar porque son retos aos que nos enfrontamos desde o punto de
vista social e cultural, para a implementación da tecnoloxía nas entidades:

A inclusión de todos e todas, superando a chamada "brecha dixital". É


imprescindible traballar para garantir o acceso ás infraestruturas TIC
(fundamentalmente Internet e dispositivos de acceso), á alfabetización dixital e á
accesibilidade de ferramentas e contidos. Cómpre garantir que as persoas maiores
e as persoas con diversidade funcional teñan os mesmos dereitos que ou resto.

A superación da actual desconfianza ante os cambios e dos medos aos que nos
enfrontamos por un mal uso das ferramentas Pero non podemos seguir adiando ea
implementación dos cambios si queremos seguir sendo útiles á sociedade no seu
conxunto porque os e as nativos/as dixitais xa nacen neste novo escenario
tecnolóxico e son o presente e o futuro das entidades así como tamén os/as
destinatarios/as das accións.

O aumento da participación. O reto será canalizar todas as necesidades e todo o


malestar cidadá a través de novas canles.

2.2. A adquisición de competencias dixitais. Educar e sensibilizar fronte a demonización.

Moitas persoas, na súa acción como voluntarias, aprenderon, desenvolvendo ou


consolidando multitude de habilidades de gran valor para a sociedade, ONG, etc.
A iniciativa, a responsabilidade, o liderado na sociedade, o traballo en equipo ou a
capacidade para manter a calma en situacións complexas ou difíciles, son algunhas das
habilidades que atopamos con frecuencia nas persoas que optan polo voluntariado.
Comezaremos este apartado aclarando algúns conceptos e procedementos asociados á
aprendizaxe de adultos e ao desenvolvemento de competencias, para entender como, a
través do voluntariado se poden alcanzar determinados obxectivos de desenvolvemento
persoal e profesional.
As competencias pretenden resumir aqueles elementos que algunhas persoas posúen e
que lles permiten facer ben o seu traballo. Por iso defínense como "aquilo que ten o/a

Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias


Docente: Sonia Pintos Pazos 7
competente" é dicir, un conxunto de coñecementos, actitudes e aptitudes que se
concretan en comportamentos causalmente relacionados co éxito nun determinado
contexto.
A persoas adultas teñen diferentes estilos de aprendizaxe. Algúns de nós aprendemos
mirando, outros lendo contidos estruturados, hai quen mediante ensaio e erro, por si
mesmos e tamén a través da interacción co grupo. Este é un principio esencial a ter en
conta á hora de deseñar oportunidades de creación de equipo e aprendizaxe relacionadas
co voluntariado. Así, para que haxa unha aprendizaxe efectiva, idealmente deberiamos
pasar por un proceso que inclúe catro etapas. Kolb (1984) esquematiza este proceso por
medio dun modelo en forma de roda chamado "ciclo da aprendizaxe". Basicamente, as
catro etapas do ciclo serían:
1. Facemos algo nós mesmos/as, co que conseguimos ter unha experiencia concreta.
2. A continuación, reflexionamos sobre esa experiencia, establecendo unha conexión
entre o que fixemos e os resultados que obtivemos (a esta etapa denomínaselle
observación reflexiva).
3. A través das nosas reflexións obtemos unha serie de conclusións con capacidade
xeralizadora, é dicir, son principios xerais referidos a un conxunto de circunstancias
máis amplas que as experimentadas en primeira persoa.
4. Para rematar, poñemos en práctica as conclusións obtidas, utilizándoas como
guía para orientar as nosas accións futuras en situacións diferentes ás
experimentadas, pero con paralelismos que nos permiten aplicar a xeneralización
apresa (etapa de experimentación activa). Xa que logo, segundo esta teoría da
aprendizaxe vivencial, a aprendizaxe comeza cunha experiencia inmediata e
concreta que serve de base para a observación e a reflexión. Este punto de partida
permítenos entender como é posible desenvolver determinada competencias e
habilidades dunha forma moi especial, a través do voluntariado.

Hai varios factores do voluntariado que inflúen en gran medida no desenvolvemento


de competencias:

• Estar exposto/a a unha nova contorna: trátase de desenvolverse con soltura en


contornas diferentes ás que estamos habituados/as, ademais de establecer
relacións con persoas moi diversas e diferentes das que habitualmente coñecemos.
• Ter a oportunidade de interactuar cun amplo tipo de persoas: este é un
elemento crave, especialmente á hora de mellorar habilidades relacionadas coa
comunicación, escoita activa ou a flexibilidade.
• Solicitarlle que asuma un rol de liderado: para algúns voluntarios/as, a súa
experiencia en voluntariado permitiulles participar actuando como líderes por
primeira vez ou actuar como líderes en circunstancias adversas ou novas.
• Desenvolver actividades que promoven a empatía e o entendemento mutuo: a
necesidade de relacionarse con persoas moi diversas en circunstancias pouco
habituais supón un reto para as persoas voluntarias, polo que se ven obrigadas a

Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias


Docente: Sonia Pintos Pazos 8
desenvolver a súa capacidade de ser empáticas e de lograr alcanzar un
entendemento en circunstancias complexas.
• O voluntariado supón un reto que xera un forte impulso aos procesos de
desenvolvemento profesional. Aquelas competencias e habilidades alcanzadas a
base de desenvolverse en contornas fóra da área de confort dunha persoa son máis
facilmente asimilables e parecen ser máis transferibles na contorna laboral.

En definitiva, as persoas crecen cando:

As circunstancias as obrigan a innovar, a facer algo diferente para alcanzar un


obxectivo.
Téñense que manexar en novas contornas (fóra da súa zona de confort) con
cambios inesperados.
As súas habilidades existentes póñense a proba e deben adaptarse a condicións
non familiares.
Fracasan.

En todo caso, para que as persoas adquiran as competencias necesarias para realizar
voluntariado cómpre tratar ao voluntariado co mesmo nivel de profesionalidade e
dedicación que se o fixeramos nun entorno profesional. Ofrecerlles oportunidades
para desenvolver determinadas habilidades de liderado intanxibles como é a persuasión ou
a mediación, ademais de poder poñer en práctica os seus saberes e ofrecerlles formación
acorde ao tempos e ás necesidades actuais de relación e comunicación utilizando as
tecnoloxías que a sociedade ten ao seu alcance. E para isto cómpre:

• Establecer un compromiso coa aprendizaxe.


• Identificar cambios nas prácticas da entidade.
• Comprometer recursos para estimular e xestionar a aprendizaxe.
• Posibilitar a reflexión a partir das experiencias.
• Identificar as súas necesidades de aprendizaxe e atopar as oportunidades de
voluntariado en escenarios que comportan o uso das TIC.Definición Experiencias
significativas
Qué hace al
Tanto as TIC como o voluntariado e, especialmente, a combinación de ambas, son un
elemento crave no desenvolvemento persoal e no desenvolvemento das habilidades e
capacidades transversais tanto a nivel persoal, como profesional e social. A súa
combinación inflúe en desenvolvemento das habilidades e capacidades transversais, tales
como espírito emprendedor, emprendemento, iniciativa, actitude proactiva, traballo en
equipo, autonomía, autoestima, motivación, entusiasmo, compromiso, liderado,
capacidade de análise e síntese, actitude crítica, resolución de conflitos, habilidades sociais
e de comunicación, creatividade, organización, planificación, optimismo, entusiasmo e
outras competencias como participación cidadá, solidariedade, tolerancia, interese polo
benestar e desexo de mellorar á sociedade, entre outras, moi vinculadas ao ámbito do
voluntariado.

Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias


Docente: Sonia Pintos Pazos 9
Ademais de adquirir outro tipo de competencias, xa máis específicas, dependendo do tipo
actividade de voluntariado que se desenvolva e do grupo de atención das cales de
desenvolvan as accións (maiores, mulleres, discapacidade...) debemos formar ás persoas
voluntarias en temas transversais para dotalas de ferramentas antes os cambios e as
necesidades actuais.

Desde 2011 a Comisión Europea traballou para aumentar o recoñecemento das


competencias adquiridas nas actividades de voluntariado, mediante a creación dun
"Pasaporte Europeo de Competencias" que garante o recoñecemento transfronteirizo das
cualificacións profesionais e ofrece a posibilidade de manter un rexistro das capacidades e
competencias que adquiran a través do voluntariado. A isto debe sumárselle a iniciativa
"Novas Cualificacións para Novos Empregos" que dá unha gran importancia ao marco
estratéxico de cooperación en educación e formación implicando a todas as partes
interesadas desde unha perspectiva multiactor. Esta iniciativa resultou na implementación
de principios para aprendizaxe ao longo da vida e entre as súas medidas prácticas inclúese
a creación do "marco europeo de competencias crave para a aprendizaxe permanente",
que define as oito competencias principais imprescindibles para prosperar nunha
sociedade do coñecemento:

1. Comunicación na lingua materna.


2. Comunicación en linguas estranxeiras.
3. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
4. Competencia dixital.
5. Aprender a aprender.
6. Competencias sociais e cívicas.
7. Sentido da iniciativa e espírito de empresa.
8. Conciencia e expresión culturais.

Mirando estas competencias crave podemos recoñecer o papel estratéxico


que o voluntariado e o uso das TIC no ámbito do voluntariado teñen. Sen dúbida
integración e participación comprometida a través do voluntariado son ferramentas crave
para a transmisión de valores solidarios pero tamén o é que adquiramos competencias
dixitais que canalicen estas accións.
As entidades que xestionan voluntariado teñen que ter en conta os seguintes eixes
estratéxicos para atraer ao voluntariado xove porque estas son as persoas que nutrirán a
súa bolsa de voluntariado. Actualmente na era dixital na que estamos e xa non podemos
obviar que se precisa:

Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias


Docente: Sonia Pintos Pazos 10
Horizontalidade: as persoas novas reclaman unha participación máis aberta, flexible
e horizontal na liña das correntes actuais de aprendizaxe.
Entornos colaborativos: compartir o coñecemento e acceso xeneralizado á
información e ao coñecemento. A tecnoloxía permíteo e si a mocidade sente que
non está informada ou se lles exclúe deste proceso non o entenden e deixan de
mostrar interese. Están máis preparados/as para traballar globalmente en equipo,
para aportar e traballar en contornas diversas, para innovar desde a súa propia
experiencia.
Innovación: como un proceso natural de adaptación constante á realidade
e nun intento de que esta mellore. A innovación atópase no reto de adaptar
a tecnoloxía ás necesidades sociais.
Flexibilidade: estamos ante unha xeración que si non ten as competencias,
adquíreas. Si non está a gusto co que ve ao redor, sexa cal for o que
considera inxusto, incide sobre iso e xera un cambio. Non poden entender
que exercer a súa solidariedade consista en que vaian de oito a dez todos os
martes e xoves porque quizais o fagan unha tempada pero será difícil
que continúen sen preguntarse porqué ou si non hai outro xeito de canalizar o que
fan. Hai que adiantarse a esta situación ofrecendo espazos de solidariedade máis
flexibles, adaptado aos seus intereses e necesidades e por suposto, incluíndoos no
proceso desde o principio.
Glocal: crear, participar e actuar de forma aberta e distribuída, conseguir adaptar e
replicar procesos e solucións innovadoras atopadas de nivel local, sempre pensado
para ser replicado e adaptado a unha contorna global, as distancias non supoñen
unha barreira.
Tecnoloxía: garantir ferramentas de colaboración, cooperación, sostenibilidade,
comunicación, co-creación desde a formulación de todo aquilo que se faga.
Simplemente ferramentas, especialmente móbiles que lles permita participar e
compartir dunha forma flexible e adaptada. Sen este tipo de ferramentas facer o
seu labor social complícaselles porque lles custa moito desenvolver os puntos
anteriores.

A mocidade demanda unha solidariedade distinta á que coñecemos agora


na que eles/as teñan capacidade de acción. Consideran que o sistema de voluntariado
actual non está adaptado ás súas necesidades por iso ábrense a novas formas de
participación social, que en principio, non son consideradas como "voluntariado" pero que
é importante ter en conta porque son as ferramentas que nacen nun novo contexto social
nas que a mocidade está elixindo expresar a súa solidariedade.

Estamos nun momento histórico sen igual, no que a apropiación da tecnoloxía é crave para
eliminar brechas sociais. Brechas herdadas que teñen que ver co desenvolvemento
educativo, laboral, social, de participación, saúde,... en definitiva co desenvolvemento
humano. E pechar estas brechas, por primeira vez, está en mans das persoas, porque a
Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias
Docente: Sonia Pintos Pazos 11
tecnoloxía ofrécelles a posibilidade de converterse en protagonistas, en emprendedores
sociais tecnolóxicos, capaces de cambiar o mundo. Ser capaces de empatizar e utilizar o
poder transformador da tecnoloxía para cambiar o rumbo daquilo que nos preocupa ou
indigna. Non debemos seguir demonizando os contextos dixitais e tecnolóxicos e, pola
contra, debemos sacar deles o maior partido en beneficio das persoas e das entidades.
Para seguir atraendo ás persoas. Educar e sensibilizar sobre o uso responsable das mesmas
e poñer en valor o poder que teñen para transformar e cambiar desde a ética e a
responsabilidade.

As entidades deben incorporar nos seus plans de formación as seguintes cuestións porque
para ser dixitalmente competentes necesitamos desenvolver unha serie de coñecementos,
destrezas e actitudes organizadas en torno estas grandes áreas:
• A información, alfabetización informacional e o tratamento de datos: identificar,
localizar, recuperar, almacenar, organizar e analizar información dixital, avaliar a
súa finalidade e relevancia. Nocións sobre as ferramentas dixitais dispoñibles.
• A comunicación e colaboración: comunicar en contornas dixitais, compartir recursos
en liña, conectar e colaborar con outras persoas mediante ferramentas dixitais,
interactuar e participar en comunidades e redes; conciencia intercultural.
• A creación de contido dixital: crear e editar novos contidos (textos, imaxes,
vídeos...), integrar coñecementos e reelaborar contidos previos, realizar producións
artísticas, contidos multimedia e programación informática, saber aplicar os
dereitos. Presenza na web (trasladar o proxecto).
• A ciberseguridade: protección persoal, protección de datos e da identidade dixital,
uso de seguridade, uso seguro e sostible.
• A resolución de problemas: identificar necesidades e recursos dixitais, tomar
decisións para seleccionar as ferramentas dixitais apropiadas segundo a necesidade
ou finalidade, resolver problemas conceptuais e técnicos a través de medios
dixitais, uso creativo da tecnoloxía, actualizar a competencia propia e a doutras
persoas.
• Innovación: Design Thinking, na análise e na resposta a demandas e necesidades
• Mercadotecnia social: social media, RRSS, captación, analítica.
• Data: ferramentas dixitais para tomar decisións con datos.

En definitiva, as habilidades e competencias que se demandan na era dixital son:

1. Saber buscar, filtrar e sintetizar entre a gran cantidade de información existente.


2. Extrapolar ideas sobre o que se sabe e o que se aprendeu.
3. Aplicar eses coñecementos a situacións novas.
4. Crear novos coñecementos e ata ter a capacidade de innovar.

Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias


Docente: Sonia Pintos Pazos 12
Estas habilidades deben desenvolverse mediante tres tipos de aprendizaxe:

1. Unha aprendizaxe activa, onde se aprende facendo, cometendo erros e volvendo


facer e é aquí onde o voluntariado ten un valor moi importante como metodoloxía
e estratexia

2. Unha aprendizaxe colaborativo, onde se aprende nunha contorna social. Trabállase


en equipo, compártense experiencias, contrástase información e sobre todo
apréndese ensinando a outras persoas. A colaboración implica un proceso no que
todas as persoas séntense mutuamente comprometidas coa aprendizaxe dos
demais e non en competencia con eles e elas.

3. Unha aprendizaxe autónoma, onde a aprendizaxe responde tamén aos seus


intereses persoais e está contextualizado no seu mundo real. Con esta participación
sen dúbida resulta máis fácil poñer o esforzo intelectual e de tempo que implica
aprender conceptos complexos.

Todas estas metodoloxías de aprendizaxe están moi en sintonía coas accións voluntarias e
coa forma de proceder no eido do terceiro sector. Pero tamén se necesita a habilidade de
usar ferramentas dixitais para localizar, avaliar, usar, crear e compartir nova
información acorde aos tempos nos que vivimos e nos entornos actuais de aprendizaxe. O
voluntariado debe estar familiarizado e ser competente no manexo de solucións de
almacenamento na nube, redes sociais como fonte de información e comunicación,
software para crear presentacións multimedia e edición de imaxes, captura e xestión da
información e publicar e compartir contidos na web. Igualmente enfróntanse tamén a
unha serie de riscos e retos como a seguridade na rede, o control da identidade dixital e o
uso adecuado das redes sociais.

Por isto as entidades hoxe debe poder educar e protexer ás persoas nestes
temas e xa que logo debe interesarse por estas novas tecnoloxías, que quizais non lle
sexan persoalmente atractivas dada a diferenza xeracional ou os vellos xeitos de proceder.

Non hai que perder de vista que a mellor aprendizaxe resultará das oportunidades
estruturadas conscientemente, que inclúan unha preparación adecuada, tarefas relevantes
e tempo para a reflexión.

Non se van a alcanzar determinados obxectivos de desenvolvemento persoal de forma


totalmente espontánea; o adecuado sería planificar e mesturar as habilidades básicas que
se requiren para as accións de voluntariado e que son transversais coas habilidades
tecnolóxicas que se demandan actualmente.

Para definir este plan de formación cómpre ter en conta unha serie de factores crave que
axudan a desenvolver competencias e habilidades a través do Voluntariado que son
imprescindibles, como:

Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias


Docente: Sonia Pintos Pazos 13
Responsabilidade: as persoas voluntarias, no seu novo rol, deben asumir unha
posición de liderado, cuns obxectivos claros e medibles.

Comunicación: deben interactuar con todo tipo de persoas en diversos niveis de


autoridade.

Creatividade: para ser capaces de afrontar as diversas situacións ás que se van a


enfrontar e resolvelas satisfactoriamente.

Un enfoque de continuidade nos proxectos, que aporte solidez e credibilidade aos


mesmos.

Evitar formas de actuar baseadas no feito de pensar que as persoas voluntarias


teñen a razón e saben o que está ben ou mal por estar máis formados ou
preparados

Estamos falando de:

Habilidades de comunicación, incluíndo a capacidade de comunicar claramente e


con precisión cun amplo tipo de persoas, así como a súa capacidade de
desenvolver escoita activa.

Habilidade para axudar a outras persoas, establecer estratexias para alcanzar


obxectivos, así como a capacidade de ensinar e trasladar coñecementos a outras.

Capacidade de adaptación e habilidade de ser efectivo/a en diferentes contornas


con diversas tarefas, responsabilidades e persoas.

Capacidade de negociación, de persuasión, de resolución de conflitos e


de alcanzar solucións consensuadas.

E, por tanto, todas estas habilidades deben ser transferidas tamén aos entornos virtuais e
da tecnoloxía porque senón o binomio tecnoloxía e voluntariado fracasaría.

Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias


Docente: Sonia Pintos Pazos 14

You might also like