Guión Presentación Lingua

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 2

I: (Presentación) Dicir os nosos nomes e que imos facer un diálogo explicando

o significado de expresións galegas relacionadas coa roupa.


I: Fai frío hoxe, non Nico?
N: Si Izan, como xa sabes, ata o corenta de maio non quites o saio. Esta
expresión quere dicir que como en Galicia fai moito frío convén levar roupa de
abrigo ata polo menos xuño.
N: E conteiche que onte me pinchei cun toxo nun dedo e aínda me doe.
I: Iso recórdame á expresión “costureira sen dedal cose pouco e cose mal”.
Esta expresión significa que as costureiras cando cosen necesitan un dedal
porque senón pícanse todo o tempo coa agulla no dedo, facendo que vaian
moito máis lento.
I: Tamén acabo de lembrar que dentro de medio ano xa é a noite de san Xoán,
que o ano pasado non tomaramos sardiñas.
N: Pois lembra tamén que “pola noite de San Xoán pon a roupa na túa solán”.
Esta é unha e unha superstición de que o tempo será seco.
N: Que bo día fai hoxe, fai un sol...
I: Si, pero “non te poñas ao sol, sen o sombreiro, nin en agosto nin en xaneiro”:
N: E porqué?
I: Porque como di esta expresión non che podes fiar do sol. Hai que terlle
respecto, xa que aínda que esteas en xaneiro ou en agosto pódeste queimar.
I: Hai que ir mercando a lotería de Nadal, aínda que non creo que nos vaia
tocar nada.
N: “Ponte roupa interior limpa”.
I: Pero que dis ti?
N: É unha expresión que significa que nunca se sabe o que pode pasar.
I: Ah, vale, perdoa.
N: Teño que empezar a estudar para os exames con máis antelación, e ti?
I: Eu tamén, pero claro, “non se collen troitas con bragas enxoitas”.
N: Pero ti estás como unha regadeira!
I: Que dis ho! Esta expresión significa que o que é valioso ou estimado require
esforzo e dilixencia, incluso molestias, do mesmo modo que cando s quere
pescar un se ten que mollar.
N: Ah, iso xa ten mais sentido!
N: E ti que tal coa túa muller?
I: Pois estabamos na cama e...
N: Ten coidado, que hai roupa ao sol!
I: Onde?
N: Non é que haxa roupa parvo! É unha expresión para avisar de cando se
está a falar de temas de adultos e ven un neno, pero non te preocupes, xa se
foi.
I: De que estabamos a falar?
N: Non me lembro.
I: Mira quen vai alí!
N: Quen?
I: O Miguel! Ese sempre ten a camisa aberta!
N: Pero estás cego ou que? Non ves que leva un xersei?
I: A ver, listo. “Ter a camisa aberta” é unha expresión que quere dicir “ser moi
xeneroso, desprendido ou altruísta”. Tamén se pode empregar para indicar que
alguén é sincero ou honesto.
I: Ti estudaches para o exame de mañá? Eu non.
N: Eu tampouco, pero a igual, que o profesor ten manga ancha. Voute dicir o
que é, por se acaso. Esta expresión significa ser moi permisivo ou tolerante con
algo ou alguén, non ser moi esixente ou rigoroso.
I: Pois non a coñecía!
I: Por certo, como andas ultimamente de cartos?
N: Pois a dicir verdade non moi ben.
I: Tes a camisa rota. Eu tamén vouche explicar o que significa esta expresión.
Quere dicir estar en apuros, ter problemas ou difícultades.
N: Bueno, tampouco tanto eh!
I: Bueno, teño que marchar, que xa é hora de comer e espéranme na casa da
miña familia.
N: A min tamén.
I: Pois xa quedaremos outro dia para tomar algo.
N: Aí tes razón!
N: (Despedida) Ata aquí o noso traballo, esperamos que vos gustase!

You might also like