Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 8

TEMA 7 A ESTRUTURA E DINÁMICA DA TERRA

1. MODELO XEOQUÍMICO DA ESTRUTURA INTERNA DA TERRA

● Baséase na composición química das súas capas.


● Dende a superficie ao interior separadas por discontinuidades:

1. CODIA (35km)

- Compostos por silicatos de Alumino (na codia continental → granito) (na


codia oceánica → basalto)

2. MANTO (dende 35 Km ata 2900Km)

- Rochas ígneas ricas en silicatos de Fe e Mg como a peridotita.


- Manto superior (dende os 35 Km ata os 670 Km)
- Manto inferior (dende 670 Km ata os 2900Km) separados por unha zona de
transición.
- Cara ao manto inferior a densidade dos materiais aumenta.

3. NÚCELO

- 2900 Km ata 6371 Km.


- Composto por Ferro (Fe), Níquel (Ni) e sufuros de Fe.
- Núcleo externo ata os 5100Km (estado líquido) con correntes de convección
que orixinan o campo magnético terrestre e núcleo interno (estado sólido) dos
5100 Km ata os 6371 Km.

2. MODELO XEODINÁMICO

Baséase en:

● Estado físico das capas (plasticidade, rixidez ou densidade)


● Resposta á presión e Tª á que se atopan.

1. LITOSFERA
- Formada pola codia + parte externa do manto superior.
- Grosor: aprox 70 km nos océanos e ata 200 km nos continentes (100 Km de
media)
- É ríxida no seu conxunto, pero fragmentado en placas litosféricas (encaixan
unhas con outras)

1
- Existen dous tipos de litosfera:
➔ Litosfera continental: se presenta codia continental.
➔ Litosfera oceánica: se presenta codia oceánica.

2. ASTENOSFERA

- Situada entre a litosfera e a mesosfera (dende os 100 Km ata os 350 Km).


- Controversias sobre a súa existencia, hoxe considérase coincidente coa parte
inferior do manto superior.
- Capa plástica que flue ante esforzos duradeiros no tempo.

3. MESOSFERA

- Rexión do manto sup e manto inf, dos 350 Km ata a capa D’’.
- Sólida, pero pode fluir lentamente.
- Permite o descenso de placas listosféricas superficiais frías e o ascenso de
plumas materiais da zona D’’.

4. ZONA D

- Entre o manto inferior e o núcleo externo (a 2900 Km)


- Zona moi activa do interior terrestre.
- Acumula calor do núcleo externo.
- Libera penachos térmico: plumas de magma que chegan á litosfera e a
perforan orixinando puntos quentes con actividade volcánica. Ex: illas Hawai.

5. ENDOSFERA

- Coincide co núcleo interno e externo do modelo xeoquímico.


- A calor do núcleo interno propágase ao externo líquido e xera correntes de
convección que:
- Transmiten a calor á capa D’’.
- Causantes do campo magnético terrestre: Liñas de forza invisibles
que se estenden dun polo magnético a outro.
- Os polos magnéticos non coinciden cos xeográficos, van variando co
tempo.

2
COMPARACIÓN DOS 2 MODELOS

3. O MOTOR INTERNO DA TERRA

● A calor interna da Terra procede:

➔ Inicios de formación da Terra, que era unha masa fundida.


➔ Desintegración radiactiva dos isótopos inestables que seguen xerando calor
na actualidade.
➔ A Terra vai arrefriando lentamente.

● Gradiente xeotérmico:

➔ O aumento de temperatura cara ao interior terrestre por cada 100m de


descenso.
➔ Valor medio na codia: 3ºC/100m de descenso, pero coa profundidade
cambia.

3
● O fluxo térmico: cantidade de enerxía calorífica que chega á superficie
terrestre desde o interior por:
➔ Condución: Moi lento, rochas → malas condutoras de calor.
➔ Correntes de convección: verdadeiro motor da dinámica interna:

1. Ocorre entre a litosfera e a capa D’’.


2. O material quente menos denso e máis lixeiro = ascende á superficie.
3. Na superficie arrefría (solidifica formando parte das placas lit.)
aumenta a densidade e volve fundirse.
4. Semellantes ás correntes de auga nunha ola en ebullición.

➔ As correntes de convección:

⚫ No manto: A corrente ascendente orixinaríase por penachos térmicos da


capa D’’. A corrente descendente débese á gravidade sobre as placas


litosféricas que as funde (frías e + densas)
No núcleo: Hai correntes de convección independentes, pola distinta
densidade cos materiais do manto.

4. MOVEMENTO VERTICAL DA TERRA

➔ A litosfera ríxida mantén un equilibrio de flotación sobre o manto:


isostase.

4
➔ Porcións da litosfera poden moverse verticalmente alterando ese


equilibrio debido factores internos ou externos, prodúcese:
➔ Subsidencia: afundimento da litosfera por incremento de peso. Ex:


grandes acumulacións de xeo nas glaciacións.
➔ Elevación da litosfera ao reducir o peso sobre ela. Ex: na erosión
ou desxeo.

5. MOVEMENTOS HORIZONTAIS DA LITOSFERA

➔ Ideas fixistas:

⚫ Presentes ata principios do S.XX.


⚫ Defendía que os continentes estiveron sempre fixos nas mesmas
posicións que na actualidade.

➔ Wegener e a hipótese da deriva continental:

⚫ Alfred Wegener (1912) propuxo a Hipótese da deriva continental: posibles


desprazamentos horizontais dos continentes, apuntaba que:

1. Había 300 ma. os continentes estiveron xuntos nunha masa única:


Panxea.
2. A Panxea comezou a fragmentarse.
3. Os seus compoñentes desprazáronse horizontalmente sobre os fondos
oceánicos ata as posicións actuais.

➔ Indicios e probas coas que apoiou a súa teoría:

⚫ Probas xeográficas: Os perfís dos continentes encaixan, sobre todo


África e América do Sur.

⚫ Probas paleoclimáticas: Exemplo: pegadas deixadas por unha glaciación


hai 300 ma. Obsérvanse en lugares que hoxe están moi afastados que
poderían estar xuntos fai moitos anos.

⚫ Probas paleontolóxicas: Encóntranse fósiles de animais e plantas moi


similares en continentes diferentes. So se explica se eses continentes
estiveron unidos no pasado.

➔ A pesar destas probas aportadas, non puido explicar a forza capaz de


empurrar os continentes (suxeriu a rotación terrestre).

5
➔ Morreu intentando descubrilo en Groenlandia en en 1930.

➔ Hipótese da expansión do fondo oceánico:

⚫ Depois da II Guerra Mundial elaboráronse mapas dos fondos oceánicos


grazas a:
- Estudos con sonar.
- Estudo da radiactividade.
- Estudo do magnetismo remanente nas rochas:

- Simetría nas bandas de magnetismo remanente das rochas a ambos lados


das dorsais oceánicas.
- Proba de que nas dorsais se crea litosfera nova por actividade volcánica e
empurra á máis antiga cara aos lados.

➔ Culmino coa hipótese da expansión do fondo oceánico (Harry Hess, 1962)

⚫ Ocorre nas dorsais oceánicas: fórmase nova codia oceánica por


⚫ O fondo afástase gradualmente da dorsal.
actividade volcánica.

6. TEORÍA DA TECTÓNICA DE PLACAS

➔ Xurdiu a continuación da hipótese da expansión do fondo oceánico e


explica certos fenómenos xeolóxicos da Terra.
➔ Tuzo Wilson elaborou o concepto de placa litosférica. Poden ser:

⚫ Oceánicas: compostas por litosfera oceánica totalmente.


⚫ Mixtas: conteñen litosfera oceánica e continental.
6
➔ Postulados da tectónica de placas:

⚫ A litosfera está dividida en placas:


- Encaixan coma as pezas dun crebacabezas.
- Grande actividade sísmica e volcánica nos seus bordos.

⚫ A litosfera oceánica:
- Xérase continuamente nas dorsais oceánicas.
- Destrúese o equivalente nas foxas oceánicas (para manter o tamaño
da Terra)

➔ As correntes de convección (xeradas por calor interna da Terra e forza da


gravidade):
- Moven as placas litosféricas.
- Arrastran co seu movemento ós continentes.

➔ O movemento das placas xera:


- As estruturas do relevo (ex. Cordilleiras)
- Fenómenos asociados como terremotos.

➔ Algunhas probas da tectónica de placas:

⚫ A catografía dos fondos oceánicos mostra a existencia de:


7
- Dorsais oceánicas.
- Foxas oceánicas.
- Fallas submarinas.

➔ Por medicións directas demóstrase que hai desprazamento e a dirección das


placas litosféricas.

➔ O espesor dos sedimentos mariños diminúe dos bordos dos continentes ata
ser case inexistente nas dorsais.

➔ A idade das rochas do fondo mariño aumenta desde o centro das dorsais
cara aos continentes:
- Non existen rochas nos fondos oceánicos de máis de 185 ma

➔ Movementos relativos das placas:

⚫ Os lugares de contacto entre placas son bordos de placa.


⚫ Nos bordos prodúcense fenómenos xeolóxicos: Terremotos. Volcáns.
⚫ Tipos de bordos segundo os movementos das placas litosféricas
Subsidencias…

You might also like