Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

ARTE GÓTICO

O Gótico é un estilo urbano, que xorde na Île de Francia (cerca de París) no século XII e esténdese por
Europa, desenvolvéndose ata o s.XV e prolongándose, no caso de España, ata principios do XVI. O
Gótico coincide co final da Alta Idade Media e co desenvolvemento da Baixa Idade Media,
contemplando unha serie de importantes cambios e transformacións na vida civil, económica e
relixiosa:
➔ Por unha banda, a burguesía aparece como unha nova clase social.
➔ Por outra banda, esta nova sociedade irase liberando en parte da tutela da Igrexa, mais esta non
perde o seu papel preponderante.
➔ Os artistas góticos adicaranse a humanizar a representación divina e a darlle máis importancia a
elementos da natureza, como a cor ou a luz, buscando un maior realismo e naturalismo. Lentamente,
irase camiñando cara o antropocentrismo do Renacemento.

Na arquitectura gótica podemos destacar dous tipos de edificios: os relixiosos e os civís. En canto aos
edificios relixiosos, a catedral, (de cruz latina), será un símbolo do orgullo e poder burgués, e
convertirase no edificio emblemático característico desta arte.
Neste estilo o principal material de construción é a pedra, (no caso de Galicia o granito), e a
arquitectura é abovedada, xa que usa arcos e bóvedas.
A escultura gótica é fundamentalmente relixiosa, predominando temas como a Virxe co Neno ou
Cristo crucifixado, pero tamén conserva unha función educativa: ensinar aos fieis o principio da
relixión para ser bos cristiáns e alcanzar a salvación.
A pintura deste estilo mantén, ao igual que a escultura, unha finalidade relixiosa e didáctica.
CATEDRAL DE REIMS

Fachada occidental
A harmonía e a regularidade caracterizan o deseño da fachada occidental de Reims. A fachada conta
con tres portadas que se abren aos principais espacios do interior, tres pórticos avanzados coroados
con gabletes e con profundos abocinamentos de arquivoltas, figuras nas xambas e arquivoltas
esculpidas e un rosetón sobre a puerta central que se alza sobre o friso de esculturas. Tamén ten catro
tabernáculos entre o primeiro e o segundo corpo, friso continuo con esculturas que coroan o terceiro
corpo, piñón central e torres xemelgas sen agulla. A fachada de Reims está marcada con pequenas
subdivisións verticales e horizontais.

Este deseño regular, que imita un deseño de cuadrícula, ás veces chámase "fachada harmoniosa". En
lugar de tres tímpanos cheos de esculturas, cada un dos portais de Reims ten un rosetón incrustado no
espazo delimitado polas arquivoltas. Os rosetóns están formados por un novo tipo de tracería,
denominada tracería de barra, que consiste nun entrecruzamento de fustes estilizados. Abondan as
formas puntiagudas.
Os tres pórticos están cargados de estatuas. O Pórtico Maior, dedicado á Virxe María, ten un rosetón
enmarcado nun propio arco, tamén decorado con estatuas, en lugar do habitual tímpano tallado.
Destacan os grupos das xambas, onde se atopa o tema da Anunciación. Pódese ver a procura dunha
nova expresión onde os personaxes parecen querer discutir entre si, con xestos e expresións
individualizadas. O Anxo do Sorriso e o O Arcanxo Gabriel son o paradigma da nova escultura gótica.

A "galería dos reis" de arriba mostra o bautismo de Clodoveo no centro flanqueado por estatuas dos
seus sucesores. Entre outras escenas representadas están a loita entre David e Goliat, e a coroación da
Virxe María.
As torres teñen 86 metros de altura e non están rematados. As bases das torres están perforadas con
múltiples ocos de tracería. E os cumios das torres, aínda que carecen de chapiteles correspondentes,
teñen tantos pequenos gabletes e pináculos que parecen coroas.

Conclusión: catedral que emprega con equilibrio e harmonía os elementos construtivos e estéticos
góticos. Destaca a sua verticalidade, impulso ascensional e iluminación interior de luz tamizada polas
cores e vidrieras. É a máxima expresión da relixiosidade e do poder económico da comunidade que
financia esta gran obra.
ANUNCIACIÓN E VISITACIÓN

Este conxunto de esculturas atópase na xamba dereita da fachada occidental da catedral de Reims e é
obra de varios mestres. Ilustran o tránsito do Románico (Anunciación) ao gótico (Visitación)
Aínda que pertencen a diferentes etapas, nas esculturas podemos apreciar que son figuras exentas,
posto que están liberadas da súa condición de soporte arquitectónico. As figuras son:

Na VISITACIÓN, ten lugar o encontro de María e Isabel, nai de San Xoán Bautista, embarazadas.
Ambos comparten a posición do contrapposto; as súas cabezas inclinadas e as súas mans xesto; os
rostros son expresivos e diferenciados: a roupa, modelada e con profundos pregamentos, envolve os
corpos, que se atopan debaixo da roupa. Os dous están relacionados entre si. O grupo denota un ton
clasicista: as dúas figuras aparecen vestidas e con pregamentos detallados; á súa vez, os rostros son
igualmente traballados cun coidado naturalista que lembra exemplos clásicos. Outra das grandes
novidades é a perfecta interrelación psicolóxica acadada entre as figuras, mirándose dialogando, e
tamén a liberación do marco arquitectónico, que conseguen precisamente con estas actitudes. A maior
grandiosidade das cortinas, ese marcado contraste das figuras e o ton xeralmente precioso, completan
o crecente naturalismo do grupo e o seu novo sentido do movemento.

Na ANUNCIACIÓN, a Virxe e o anxo sorinte, que insinua movemento da xesticulación dos brazos.
En cambio, María carece de expresión; A súa vestimenta, con modelado superficial e dobras rectos,
indica verticalidade. Por outra banda, o autor desta parella denota unha orixe diferente á do grupo
anterior. Neste caso, a tendencia clasicista é substituída por unha opción máis lírica, máis sensible.
A expresión insiste tanto en subliñar ese ton delicado e sensible que sinalamos, que esaxera o seu
xesto amable ou sorriso arquetípico, estereotipado, que debuxa unha expresión inxenua, que aínda non
rematou un proceso expresivo. O contraposto, neste caso é máis sutil, como é o seu longo e fino
canon.

A obra no seu conxunto ten unha importancia extraordinaria na evolución plástica da escultura
medieval, supón unha ruptura definitiva coa concepción da escultura como complemento da
arquitectura, adquirindo agora unha liberdade, un dinamismo e unha valoración no en si, novo.
CATEDRAL DE LEÓN

A arquitectura gótica segue sendo esencialmente relixiosa, constituíndo así o tipo de edificio máis
importante e representativo deste estilo. A catedral gótica estaba concebida, pois, como un esoacio
cheo de luz que simboliza a Deus, fronte á penumbra do Románico. Ademais dun símbolo de
inportancia da cidade onde se construía, representaba tamén un proxecto cultural e económico a longo
prazo, xa que aseguraba traballo para varios séculos.

Interior da catedral.

A Catedral de León foi obra, fundamentalmente, do arquitecto francés Mestre Enrique.


O edificio ten unha pranta basilical de cruz latina moi semellante a da Catedral de Reims, coa única
diferenza de que na de León reducense os tramos nos pés do templo.
Consta de tres naves transepto situado cara o centro (tamén de tres naves e alinado coa cabeceira) e
unha absida con xirola poligonal e capelas radiais.
O templo cóbrese con bovedas de crueceria que derivan as forzas laterais ou o peso cara ao exterior a
través dos característicos arcobotantes, os cales se apoian nos contrafortes. Os empuxes verticais do
interior son recollidos polos piares compostos a través dos baquetóns que descenden polo muro.
O muro da nave central está dividido en tres niveis, como nas grandes catedrais francesas. A nave
central é moito máis alta cás laterais. de xeito que o espazo destinado ao triforio e, sobre todo, ao
claristorio, é moi extenso.
A Catedral de León ten grandes ventanais, cuxas vidreira ocupan unha superficie de mais de 1.700
m2. Por iso, o interior destaca pola sua grande luminosidade, e pola sensación de espiritualidade e
simbolismo que se sente nel. unha característica propia do Gótico.

Exterior
Destaca sobre todo a fachada principal, que se inspira na da catedral francesa de Chartres: triple
portada con arcos apuntados, duas torres cadradas rematadas por pináculos ou agullas e un gran
rosetón central.

CONCLUSIÓN
A Catedral de León está considerada como a catedral máis francesa de todas as erixidas no reino de
Castela. Destacan a súa esbeltez e o conxunto de vidreiras, que se atopan entre as mellores do mundo.

You might also like