Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 1

3.4.

- ECONOMÍA E SOCIEDADE NA GALICIA DOS AUSTRIAS


O goberno dos Austias Maiores (Carlos I e Filipe II) e Menores (Filipe III, Filipe IV e Carlos II) en Galicia estivo marcado
por unha evolución demográfica, económica e social que tivo lugar entre os séculos XVI e XVII.

En canto á demografía, no século XVI producíuse un incremento da poboación que tivo o seu retroceso ao final de
século en relación coas crises de subsistencia, e as densidades similares entre as provincias do litoral e as do interior.
A situación mudou no século seguinte, cando o crecemento demográfico despegou grazas á introducción do millo e ás
outras melloras na agricultura, pero producíuse un desprazamento da poboación do interior cara o sur.

A economía tamén tivo a súa evolución coas actividades de agricultura e pesca. Na agricultura do século XVI, as crises
alimentarias eran frecuentes, sen embargo, mantívose o vello sistema de produción feudal, no que destacan o réxime
de explotación extensivo (barbeito) e o foro, que era o modelo de contrato agrario maioritario a longa duración (3
xeracións). As súas vantaxes eran que permitía certas liberdades dos campesiños, aseguraba un nivel de ingresos e
posibilitaba a reproducción do sistema. Pola contra, o seu inconveniente foi que entorpeceu os intentos de
diversificación.

A introducción do cultivo do millo procedente de América a mediados do século XVII posibilitou o crecemento
demográfico, xa que a poboación contaba con máis alimento e terras cultivadas; sen embargo, os cambios que propicio
una agricultura non foron revolucionarios (fortaleceu o sistema tradicional, non cambiou a tecnoloxía agraria e medrou a
pequeña explotación). O millo introduciuse pola costa, onde pasou a supoñer 2/3 da produción cerealeira, pero no
interior nunca se adaptou plenamente.

Mentres que a Galicia interior comeza a esmorecer, a zona litoral anímase tamén coa actividade pesqueira. Deste
xeito, as pescarías foron fundamentais para a economía da Galicia litoral, onde a dieta da poboación enriquecíase coa
pesca de baixura, e a pesca de altura do bacallau no Atlántico Norte, que potenciaba a economía coa venda en Castela.
Outra actividade importante foi a salgadura da sardiña, con instalacións ao longo de toda a costa galega, o que
permitiu comerciar con Sevilla, Oporto, Lisboa, Bilbao…

Na industria rural doméstica, o liño tivo un papel importante xa que achegaba beneficio económico ás familias do rural
coa súa venda en Castela.

Con respecto á estructura social, a sociedade era fundamentalmente rural, polo que as cidades eran pequenas,
destacando Santiago, A Coruña e Pontevedra. O campesiñado suponía o 80% da poboación e era o grupo máis
produtivo. A alta nobreza marchou de Galicia para facer carreira na Corte, polo que aforaron as terras á pequena
nobreza, a chamada fidalguía, que se converteu no grupo social dominante. Os fidalgos estaban asentados no campo,
beneficiábanse pola concesión de foros eclesiásticos que subaforan ao campesiñado, recibían máis de 1/3 dos
ingresos agrarios, cada Fidalgo tiña a súa aldea ou parroquia na que exercía a principal influencia, gastaban as rendas
no seu consumo cotiá e mantendo a casa, e non explotaban a terra nin investían nela; é o que se chama a fidalguía
rendista. A construcción de pazos foi un elemento fundamental da fidalguía, pero esta estrutura social dificultou a
transición de Galicia cara a modernidade.

You might also like