Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 8

U.D.

5: A ECONÓMICA GLOBALIZADA

A- A ACTIVIDADE ECONÓMICA
1.- A ACTIVIDADE ECONÓMICA

2.- OS SECTORES ECONÓMICOS

3.- OS AXENTES ECONÓMICOS: as persoas, as empresas e o estado.

4.- OS FACTORES PRODUTIVOS: traballo, recursos naturais, capital e tecnoloxía.

5.- OS SISTEMAS ECONÓMICOS: de subsistencia, comunista, capitalista, mixto

6.- VOCABULARIO ESPECÍFICO.

B- A GLOBALIZACIÓN
1. TRAZOS DA GLOBALIZACIÓN ECONÓMICA.

2.- AXENTES DA GLOBALIZACIÓN ECONÓMICA.

3.- OS GRANDES CENTROS DA ECONOMÍA MUNDIAL.

1
UD 5: A ECONÓMICA GLOBALIZADA

1. A ACTIVIDADE ECONÓMICA
Podemos diferencias tres fases na
actividade económica:
1ª. A produción dos bens e servizos.
2ª. A distribución e comercialización
deses produtos e servizos.
3ª. O consumo dos produtos e servizos.

2. OS SECTORES ECONÓMICOS
As actividades económicas son moi
variadas pero adoita ser agrupadas en tres
grandes sectores:
Primario: comprende as actividades
destinadas a obter alimentos e materias
primas do medio natural: agricultura,
gandaría, pesca, minaría, caza, explotación
forestal (silvicultura).
Secundario: comprende as actividades
económicas que transforman as materias primas en produtos elaborados. Este sector inclue por
tanto as actividades industriais pero tamén a construción e a produción e distribución de enerxía.
Terciario ou sector servizos: comprende aquelas actividades que prestan un servizo á sociedade:
comercio, sanidade, trasnporte, educación.
Canto máis desenvolvido economicamente estea un país, máis peso ten na súa economía o sector
terciario e menos o primario, isto é o que se denomina terciarización da economía.
A terciarización da economía é un proceso que se está a vivir nas últimas décadas en gran parte dos
países occidentais, entre eles España e explícase porque, a medida que aumenta o nivel de riqueza,
a poboación gasta máis en servizos que en bens manofacturados, polo que o peso do sector
secundario baixa mentres que sube o do sector terciario. Recentemente este proceso de
terciarización estendeuse tamén aos países en desenvolvemento. Nas economías terciarizadas o
sector terciario (servizos) ocupa a maior parte da poboación e contribúe con máis de dous terzos ao
P.I.B.* nacional.
2
- P.I.B. (Produto Interior Bruto): valor total dos bens e servizos producidos nun territorio durante
un ano.
- Renda Per Cápita: Resultado de dividir o P.I.B. entre os habitantes dun territorio (estado, rexión…).

3. OS AXENTES ECONÓMICOS:
Un axente económico é toda persoa física ou xurídica que participa dalgún modo nalgunha parte do
proceso dunha actividade económica. Distinguimos tres: as familias, as empresas e o Estado.
As familias: participan aportando o seu traballo e o seu capital. Ademais consumen bens e servizos,
este consumo é o que impulsa a actividade económica.
As empresas: son as encargadas de producir bens e servizos co fin de obter un beneficio económico.

O Estado
O Estado cumpre as seguintes funcións económicas:
1. Establece a política económica do país (elabora as normas que regulan a actividade económica).
Concede subvencións e outras axudas para estimular a actividade económica.
2. Crea empresas públicas en sectores estratéxicos (defensa,…) ou en sectores con dificultades.
3. Presta servizos públicos (educación, sanidade,…).
4. Crea moitos empregos na administración e nos servizos e nas empresas públicas.
Para desenvolver as súas diferentes funcións o Estado finánciase a través dos impostos que recada.

Tipos de impostos:
Os impostos poden ser:
- Directos, son aqueles que gravan directamente as rendas e o patrimonio das persoas e das
empresas. Cando son proporcionais, como en España, pagan máis os que máis teñen ou gañan. En
España o imposto directo máis importante é o “Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas”
(I.R.P.F.).
- Os impostos indirectos son aqueles que se pagan ao adquirir bens e servizos. Todos pagan o
mesmo. En España o imposto indirecto máis importante é o “Imposto sobre o Valor Engadido”
(I.V.E.).

3
4. OS FACTORES PRODUTIVOS
Son os recursos empregados para producir bens e servizos.
Son: os recursos naturais (factor terra), o traballo das
persoas, o capital e a tecnoloxía.
- O factor traballo
As relación laborais
O traballo pode ser por conta propia (autónomos): as persoas
ofrecen o seu traballo de maneira independente a empresas
ou particulares. Ou por conta allea: as persoas traballan para
unha empresa ou para o Estado a cambio dun salario.
Existen leis que regulan a actividade laboral, así en España non se pode contratar a menores de 16
anos, hai un salario mínimo (1050 euros mensuais na actualidade) e unha xornada laboral máxima
de 40 horas semanais.
Nas negociacións entre os traballadores e os empresarios, estes están representados pola patronal
e os traballadores polos sindicatos. Tanto a patronal coma os sindicatos son grandes asociacións
creadas para defender os intereses dos empresarios (patronal) e dos traballadores (sindicatos)
respectivamente.

5. - OS SISTEMAS ECONÓMICOS:
Na actualidade coexisten tres sistemas económicos no mundo: o sistema de subsistencia, o sistema
comunista e o sistema capitalista. Os dous primeiros son minoritarios xa que o sistema económico
capitalista foise estendendo por case todo o mundo.
- Sistema económico de subsistencia:
Chamado tamén tradicional, nel as familias producen todo o que necesitan para cubrir as súas
necesidades básicas. Os excedentes da produción (poucos) son vendidos no mercado local. Este
sistema era o propio das sociedades anteriores a Revolución Industrial (século XIX).
Na actualidade tan só se manten en rexións pouco desenvolvidas, á marxe dos avances tecnolóxicos.
- Sistema económico comunista:
O estado controla toda a economía: é o propietario dos medios de produción (as empresas son do
estado), decide que producir, a cantidade, os prezos dos produtos e como distribuir os beneficios
entre a poboación. Non recoñece a propiedade privada dos medios de produción.

4
Na actualidade este sistema só sobrevive nuns poucos países como Cuba e Corea do Norte. O
sistema chinés é particular xa que China, foi abandonando o comunismo, dende 1970 combina
trazos do sistema económico comunista con elementos propios do sistema capitalista).
- Sistema económico capitalista:
Chamado tamén de libre mercado, é o que predomina na actualidade. Ten as seguintes
características:
1) Propiedade privada dos medios de produción.
2) Iniciativa privada e busca do beneficio como motor da economía.
3) Réxese pola lei da oferta e da demanda, segundo a cal os prezos dun artigo soben cando este é
escaso e hai moita xente que o demanda e baixan cando hai moita produción e pouca xente que o
demanda. Deste modo o mercado se autorregula.
4) Existencia da libre competencia. Isto significa que calquera individuo ou empresa pode realizar
a actividade económica que desexe, sempre que cumpra coa lexislación vixente. A competencia
entre as empresas beneficia ao consumidor que pode escoller entre diferentes prezos e produtos.

Pero nos países con sistemas capitalistas tamén pódense dar situacións que rompen co principio de
libre competencia e alteran a lei de oferta e a demanda como son o monopolio e o oligopolio.
- Monopolio: situación na que unha empresa controla a produción e a distribución dun producto o
que lle permite fixar o prezo e a oferta no mercado.
- Oligopolio: situación na que unhas poucas empresas controlan o mercado poñéndose de acordó
para fixar os prezos e as condicións que lles conven.

Se ben na teoría o sistema económico capitalista rexeitaba a participación do estado na economía,


na actualidade, en moitos países con este sistema económico, ante todo en Europa, é aceptada a
intervención do estado. Así, poderíamos falar, dun sistema mixto no que os bens e os servizos
prodúcense segundo a lei da oferta e da demanda, pero o Estado intervén para corrixir certos
desaxustes cando o ve necesario. Pode intervir tamén con axudas para aqueles que non poidan
permitirse adquirir determinados bens. Este tipo de economía mixta témolo en España.

6.- VOCABULARIO ESPECÍFICO


- Mercado: En economía é o conxunto de consumidores que demandan bens e servizos e o conxunto
de produtores que os ofrecen.
- Inflación: situación económica definida pola subida dos prezos dos produtos por riba dos salarios.

5
- Deflación: situación económica definida pola caída dos prezos dos produtos.
- Subvención: Axuda concedida pola Administración para o desenvolvemento dunha actividade
económica ou con fins sociais.
- Economía somerxida: Actividades económicas non declaradas oficialmente e que se desenvolven
ao marxe da legalidade.

B. A ECONOMÍA GLOBAL
1. A GLOBALIZACIÓN:
Definición:
Como xa sabes, a globalización consiste na interdependencia e integración das economías
mundiais. Este proceso fíxose posible grazas aos novos avances nos transportes e nas tecnoloxías
das comunicación (TICs) que permiten conectar uns lugares con outros sen importar as distancias.
Este novo sistema económico mundial baséase na liberalización das actividades
económicas mediante a supresión das barreiras que as limitan, como, por exemplo, as fronteiras
entre os Estados e as aduanas.
Efectos económicos da globalización:
- Facilitou a comercialización de produtos entre diferentes países. Así, o comercio internacional
creceu exponencialmente dende 1950.
- Ao poder operar a nivel mundial, as empresas poden reducir costes na produción e abaratar
prezos. Isto, xunto as estratexias de marketing e publicidade incrementaron o consumo de bens e
servizos.
- Ao existir un mercado mundial moitos países ou rexións acabaron especializándose (produción
agrícola, industria farmaceútica, industria tecnolóxica…)
- As relacións internacionais víronse fortalecidas xa que son utilizadas para pechar operacións.
- Un dos efectos máis importantes da globalización é o da deslocalización da industrial. A
deslocalización industrial é un proceso que consiste no traslado das fábricas dos países
desenvolvidos a países en vías de desenvolvemento: as empresas industriais dos países ricos
instalan os centro de produción en países máis pobres aproveitando a lexislación ambiental
permisiva, os salarios mais baixos, os reducidos dereitos laborais e a falta de controis. Pero adoitan
deixar os centros de dirección así como as fases máis especializadas do proceso industrial nos países
de orixe (deseño, marketing, I+D...). O traslado das fábricas fixo xurdir novos centros industriais no
mundo; as empresas crean novos postos de traballo nos países nos que se asentan, o que pode
axudar ao desenvolvemento económico desas rexións. A deslocalización ten tamén importantes

6
aspectos negativos: por unha banda, nas tradicionais rexións industriais (EEUU, países da Unión
Europea) supón unha gran perda de traballo (desemprego) ao marchar as empresas a outros países;
por outra parte, nos países nos que se instalan xeran problemas de contaminación ambiental e
explotación laboral.
- A maior interdependencia económica ten tamén como aspectos negativos a maior facilidade de
difusión das crises económicas a nivel mundial.
- Asimesmo, a globalización aumento a desigualdade nos intercambios económicos entre países,
xa que os países ricos fixan os prezos das materias primas aos países menos desenvolvidos. Os ricos
exportan tecnoloxía e os menos desenvolvidos materias primas, suxeitas a especulación do
mercado.

OS AXENTES DA GLOBALIZACIÓN ECONÓMICA


Os axentes da globalización económica son os organismos que establecen as pautas do comercio, a
industria e as finanzas a nivel internacional. Os máis importantes son:
 Organismos internacionais, como a Organización Mundial do Comercio (OMC), o Fondo
Monetario Internacional (FMI), o Banco Mundial e o G-7*, que regulan o comercio e as
finanzas a escala mundial.
*O Grupo dos Sete (G.7): Está formado por sete grandes potencias económicas: Estados Unidos,
Alemaña, Reino Unido, Francia, Italia, Xapón e Canadá. En 1997 sumouse Rusia, o que deu lugar ao
G.8.
 As empresas multinacionais, que controlan boa parte da economía mundial. As empresas
multinacionais teñen a súa sede central nalgún país rico (EUA, Canadá, Unión Europea…)
pero desenvolven a súa actividade en varios países aproveitando as vantaxes de operar a
nivel mundial: compran as materias primas onde lles resulta máis barato, producen nos
países que máis lles convén e venden os sues produtos en todo o mundo. Acadan tanto
poder que en moitos casos poden chegar a influir nas decisións dos gobernos dos países.
 Os gobernos dos principais Estados do mundo, que defenden os intereses que as empresas
dos seus países teñen no estranxeiro e poden poñer certos límites á globalización coas súas
leis, aínda que o poder das grandes empresas e tal que resulta complicado.

PRINCIPAIS CENTROS DA ECONOMÍA MUNDIAL


 Estados Unidos. É a primeira potencia económica mundial grazas ao desenvolvemento dos
tres sectores económicos e o gran investimento tecnolóxico.

7
 China e Asia. En 2019 China converteuse na segunda potencia mundial, superando á Unión
Europea.
Ademais de China, entre as primeiras potencias mundiais están outros países asiáticos como
a India (quinto país do mundo en PIB), Corea do Sur, Taiwán e Singapur.
 Unión Europea. En calquera caso existen desigualdades económicas importantes entre os
seus Estados membros. É unha potencia política mundial, aínda que carece da influencia e
do potencial militar de Estados Unidos.
 Xapón. Presenta un gran desenvolvemento económico; con todo, non ten recursos naturais
propios e depende do estranxeiro.

You might also like