INDICACIÓNS

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Deseño de situacións de aprendizaxe e secuencias

didácticas para as áreas lingüísticas

INDICACIÓNS

TAREFAS DESCRICIÓN DAS TAREFAS

Presentación Despois de visionar o documento audiovisual de presentación da


no foro docente e do curso, será preciso nos primeiros días presentarse no foro
do curso, para poder inicialo.

(É obrigatorio, pero non puntúa).

Comentario Despois de visionar o documento audiovisual arredor do Marco


no foro (1) teórico e legal, será preciso realizar un comentario no foro que
responda a esta cuestión:

Hai quen considera que as metodoloxías tradicionais tamén poden ser


activas e que o enfoque comunicativo pode resultar contraproducente
se todo xirar arredor do “saber facer”. Tamén hai quen sostén que o
TILC é un instrumento para as seccións bilingües (español-inglés) non
para galego. E, finalmente, hai quen opina que a LOMLOE non hai por
onde collela porque non hai contidos e os temas que hai son os mesmos
en todos os cursos e, peor aínda, os mesmos que en español.

Expón, no foro, a túa opinión argumentada ao respecto; integrando na


túa resposta coincidencias ou desacordos coas opinións verquidas
polas compañeiras e compañeiros do curso.

(Puntúa un 10%)

Cuestionario Despois de visionar o documento audiovisual arredor da


na aula Terminoloxía, haberá que realizar un cuestionario na aula virtual do
virtual curso para responder preguntas de escolla múltiple e verdadeiro/falso
en relación a “tarefas”, “exercicios”, “actividades”, “unidades
didácticas”, “secuencias didácticas” e “situacións de aprendizaxe”.

(Puntúa un 10%)

Deseño Despois de visionar o documento audiovisual arredor da elaboración


dunha tarefa de tarefas, será necesario descargar o modelo e, sobre el, deseñar unha
nova tarefa.
Deseño de situacións de aprendizaxe e secuencias
didácticas para as áreas lingüísticas

(Puntúa un 30%)

Deseño Despois de visionar o documento audiovisual arredor da elaboración


dunha de secuencias didácticas, será necesario descargar o guión ou un
secuencia modelo e, sobre el, deseñar unha nova secuencia didáctica que integre
didáctica a tarefa deseñada previamente.

(Puntúa un 40%)

Comentario Despois de visionar o documento audiovisual arredor da elaboración


no foro (2) de situacións de aprendizaxe será preciso realizar un comentario no
foro que responda a esta cuestión:

Partindo da diferente concepción que a LOMLOE e a Consellaría de


Educación galega ofrecen arredor das situacións de aprendizaxe,
expón a túa opinión argumentada ao respecto.

(Puntúa un 10%)

Conferencia A súa finalidade é:


en
ciscowebex  Compartir reflexións arredor dos contidos do curso.
o Resolver dúbidas, se fose preciso.
 Valorar o grao de desenvolvemento das competencias
vinculadas ao curso.
o Avaliar a capacidade para xerar secuencias didácticas de
xeito autónomo.
 Recoller valoracións sobre o logro dos obxectivos do curso.
o Recoller propostas de mellora.
 Compartir materiais e aplicacións para seguir aprendendo-
creando despois do curso.

(Non puntúa. É voluntaria)

You might also like