O Muíño

You might also like

Download as pdf
Download as pdf
You are on page 1of 27
le traballo, a enersia precisa A forza hidrdulica dos nosos ros permite ao labrego conseguir, cunha limitada inversiGn de ‘para moer os cereais. O MUiNO Primeiras noticias do mutfo. A utilizacién dos mais variados instrumen- tos que, por percusién ou rozamento, permi ron moer os graos dos distintos cereais, remon- tase ds sociedades agricolas do Neolitico. Os atopados, mais frecuentemente, consistian nunha peza de pedra coa cara superior concava sobre a que se facia xirar unha segunda peza do mesmo material e volume cilindrico. A tradicion grega afirma que a creadora do muifio foi Deméter, nai dos cereais, e xa Home- ro salienta a sua presencia, novecentos anos an- tes da nosa era, A existencia de restos arqueoloxicos de muffios tecnicamente mis avanzados que os utilizados polas culturas neoliticas, non puido ser, non obstante, datada para as culturas clési- cas ata que, no ano 1748, ao realizarse as pri- meiras excavaciéns na cidade de Pompeya, apa- receron os primeiros enxefios deste tipo, cor postos por duas partes: unha pedra maciza, xa, de forma cénica, pousada sobre unha base, provista no tope dun forte pivote, e un doble cono oc, de xeito semellante ao relé de area, € na parte angosta dunha lamina de ferro con bi ratos. ‘“O pivote de pedra inferior pasa a través do orificio central desta lamina, ¢ a pedra supe- rior xira arredor dela. No cono superior ou em- budo bétase o grao, que pasa gradualmente me- diante a lamina perforada ao espacio compren- 313, PLANTA, LT p ao PLANTA a SECCION ‘Mulhos de man. dido entre a superficie externa do cono macizo e a interna do cono que o cobre, onde se moe pa- ra cair 4 canle excavada arredor da base do co- no?”"?, No medio da parte superior levaba duas barras de madeira, para pofielo en movimento, © que se facia a man ou por medio de animais. ‘As primeiras referencias da sustitucién da forza humana pola forza hidraulica como fonte de enerxia para o funcionamento dun muifio, atopamolas en textos de Antipater de Salénica, que no ano 85 a. C. xa nos fala dun muifio de auga de roda horizontal. Asimesmo 0 arquitee- to e enxefieiro romano Vitrubio, no ano 27a. C. descrebe a existencia de mecanismos de roda vertical movidos por auga. A utilizacion da enerxia hidréulica neste tipo de enxefos extenderiase con posterioridade ata o punto de que xa no século V, Gregorio de Tours cita os muifios de auga como cousa frecuente no seu tempo. En Galicia, 0 muifio de man de rodas 314 circulares de pedra, primeiro paso da evolucion dos primeiros instrumentos neoliticos ¢ ainda hoxe utilizado nalgins lugares, apareceria por primeira vez durante 0 periodo da romaniza- cién, Consistia este muifio en dous bloques cilindricos que, ao ser frotados manualmente sobre as suas bases que rotaban sobre un eixo central, permitian triturar 0 grao convertindoo en farifia. Mais a sustitucion da forza humana pola utilizacién das fontes naturais de enerxia non se produce ata a Idade Media, e mais concretamente, nos séculos XI e XII, momento en que a nosa xeografia comeza a cobrirse de Pequenos muifios que aproveitaban a forza hidrdulica ofrecida polo bon caudal de moitos dos nosos numerosisimos rios e regatos, ¢ permitia ao labrego conseguir cunha limitada inversion de traballo a enerxia precisa para moer os cereais, Estrutura dos edificios. As edificaciéns utilizadas para albergar os muifios son, na maior parte dos casos, constru- ciéns de estrutura moi elemental levantadas con cachoteria de pouca calidade, reforzada 4s ve- Ces nos seus cimentos e esquinais con pezas tos- camente regularizadas. Dentro da grande variedade de muifios cis- cados por toda a nosa xeografia, encontramos on obstante os mais diversos tipos de estrutu- ras construtivas, que dun xeito elemental poderiamos agrupalas en dous grandes conxun- tos: muifios de estrutura simple e regular, ¢ muifios compostos por distintos médulos agru- pados. Os comprendidos dentro do primeiro grupo consisten, polo xeral nun recinto rectangular —ou redondeado nalgunha das suas caras co Obxecto de defenderse mellor da forza da corrente—, sen mis ocos que unha porta e en ocasiéns, algtin pequeno ventanuco, comple- mentados por unha serie de elementos que mais adiante definiremos ao falar da infraestrutura “Muino-Vivenda na serra do Bocelo, de enxefieria que sustenta o mecanismo de rota- cién, é dicir: a canle, 0 cubo e o inferno do muifio. A sua coberta é un simple tellado, a unha ou duas augas, ¢ o tinico elemento dife- renciador con respecto a outras construciéns é unha plataforma para pousar os sacos, situada ao lado da porta. Este tipo de edificios, sen stibida o mais co- min, consta de dous andares. O primeiro, 0 soto da edificacion —denominado tamén infer- no do muifio—, est aberto nunha das suas ca- ras por medio de arcos, ou ocos, pechados por grandes lumiciras de pedra, polos que se da saida 4 auga para mover 0s rodicios. O segun- do, chamado tremifiado, e situado sobre del, es- t& dividido en dous espacios perfectamente dife- renciados, “Un —di o profesor Ramén Lorenzo no seu estudo etnografico-linguistico sobre os muifios da Amaia—, no que esta colocado o mecanismo que tritura 0 grao, rodeado por un empedrado totalmente liso, sin separaciéns entre as aristas das pedras, por onde se vai a extender a farifia 318 SECCION 316 40 caer da moa. Outro, bastante sucio, no que abundan as cagallas dos ratos, esté empedrado de calquera maneira. E 0 lugar mais proximo 4 porta. Non ten un destino especial, pero ali dur- men as veces os muifieiros ocasionais, cando te- fien que pasar toda a noite no muffio. Para deli- mitar estes lugares, algtins muifios non presen- fan ningin obxeto, pero outros tefien unha barreira de pedra de cuarenta ou cincuenta centimetros de altura, que sirve 20 mesmo tem- po de asentadeiro, No tremifiado, debaixo do Ieito, cheo de arafieiras cubertas por un polvifio albacento, coldcanse duas trabes paralelas, ben na mesma direccién da porta, ou ben unindo as paredes laterais. Atravesando ambas trabes co- locanse.dous ponténs dos que se colgaré a moe- ga do muifio®”. (Omuino de auga rediicese ds méis das veces a unha construcién adxetiva de moi pequenas dimensions Noutras ocasiéns, a edificacién aparece composta por un conxunto de corpos agrupa- dos en torno a un espacio central, 0 tremifiado do muifio, onde se localizan as distintas depen- dencias necesarias para o desenrolo da vida fa- miliar de calquera outra casa labrega, é dicir: a vivenda, as veces separada estruturalmente da edificacion que da cabida ao muifio, coas caracteristicas basicas das tipoloxias da comar- ca. Un amplo alpendre utilizado 4s veces como coberto de acceso ao tremifiado onde se deixan as bestas, 4 espera do fin da muiftada. As cor- tes, o palleiro e, nalgunha ocasi6n, un forno de considerabeis dimensiéns. Cando muifio e vi- venda ocupan unha mesma edificacin —caso certamente frecuente—, a cocifia e mais o tremi- fiado estan separados por un amplo zaguén ou 317 pasadeiro, no que hai unha escaleira pola que se accede a un segundo andar no que se situaran os cuartos. Mais tampouco son raros os casos en que a entrada 4 séa do muifio se faga a través da cocifia, desde a que tamén se vai aos cuartos. Os mecanismos do muto. Ademais dunha infraestrutura de enxefteria definida como base material para o aproveita- mento do caudal que nos ofreceré a enerxia ne- cesaria para facer funcionar o enxefio, nomea- da xa na inicial clasificacion tipoléxica, os muifios contan con dous mecanismos basicos: 0 de rotacién, o de trituracién, e toda unha serie de elementos complementarios que posibilitan o seu funcionamento. O mecanismo de rotacién. O mecanismo de rotacién consiste, polo xe- ral, en tres tnicos elementos: unha roda de ma- deira ou ferro (0 mais frecuente é que se utilice este Ultimo material), chamada rodicio, rendi cio ou rudicio, cunha serie de aspas radiais, as penas, en forma de culler, que xira ao recibir sobre elas a presion da auga; un eixo que trans- mite este movimento ao mecanismo de tritura- cién, e unha peza de madeira, a mesa, sobre a que descansa todo 0 conxunto. eixo esté composto por unha parte supe- ior de ferro que cruza 0 pé do muifo, a través da buxa, mediante a abertura cilindrica practi- cada no centro da sua base e que fai xirar aca- a, encaixéndose na sua cara inferior por medio dunha peza chamada soborella ou segorella; unha segunda parte de madeira de seccién cadrada ou circular —a vara—, que prolonga o cixo ata o rendicio, que na siia parte inferior, onde se encaixan as penas, recibe 0 nome de masé da vara, e unha terceira que lle serve como remate e que, a modo de peonza, lle permite xi- Tar na sua punta, o grilo, sobre unha esfera de pedra ou ferro cunha concavidade superior, a 318 14, que fai o papel de rétula entre o eixo ea sua base. A mesa limitase, por tiltimo, a unha trabe de madeira apoiada por un extremo nun burato practicado no muro do inferno do muifio e si- tuada a unha ou duas cuartas no seu fondo, sobre a que se apoia 0 eixo, e que, pendurada do tremifiado polo seu extremo libre por medio dun longo pao chamado cruz, fai o papel de pa- lanca que permite regular o frotamento entre a capa e mais o pé do muifio. Este mecanismo varia, como xa temos visto, nos casos das aceas e dos muifios de vento, onde © rodicio se ve sustituido pola bruia ou polas as- Pas, ¢ a sua vara vai ser complementada por un segundo eixo horizontal que Ile transmitiré 0 movimento mediante un engranaxe composto Por unha roda vertical de madeira con dentes la- terais, de aproximadamente un metro de diametro, e unha roda horizontal ligada 4 pro- pia vara, composta por dous discos de madeira de pequenas proporciéns unidos en forma de ci- lindro por travesas de madeira. O mecanismo de trituracién. Consiste en duas pezas cilindricas de pedra de gra cunha abertura tubular no seu eixo: a in- ferior, chamada pé do muifio, permanece fixa, e superior, a capa, xira co fin de permitir, co ‘seu rozamento sobre a primeira, a moedura do grao. Para a sua trituracién, 0 millo cae polo ollo da capa sobre a buxa —peza de ferro ou de madeira que impide a caida do grao ao inferno do muifio—, distribuindose desde ela pola xun- ta que queda entre as moas, de onde sairé con- vertido en farifia. Elementos complementarios. Os elementos complementarios necesarios para 0 funcionamento do muifio son, por un la- do, a canoura do grao, as pezas necesarias para regular a sua caida no mecanismo de tritura- ‘Seccién dun muino de canle ¢ 0s seus mecanismos. ln 16. Grilo 1. Trabe 6. Ollo 11. Vara 17. R8 2. Moega 7. Segorella 12. Argolas 18, Mesa 3. Quenlia 8. Buxa 13. Masa de vara 19. Canle. 1. Tenxedoiro 9. Pe 14. Rodicio 20. Gavia 5. Capa 10. Boo 18. Penas 21. Fitidoiro 319 1. Moega 2. Quenila 3-4, Tenxedoiro 5. Capa 6. llo Elemientos Complementarios do mecanisino do Malo cién, ¢ as destinadas 4 recollida da farina unha vez moido 0 millo, e, polo outro, as comportas que abren ou cortan o paso da auga que xenera © movimento do rodicio. A moega ou mueja, nome co que se designa a canoura do muifio, consiste nun recipiente troncopiramidal invertido construido en ma- deira e aberto polo seu extremo inferior. Desde € cae o millo a unha segunda peza, tamén de madeira e con forma dg canal, chamada quenlla que, unida 4 moega mediante un elemental sis- tema de clevacién consistente nun simple gancho, regula a caida do grao as moas, feito a0 que, por outra parte, contribuira o tenxedoiro, elemento de madeira duns corenta centimetros de lonxitude situado como prolongacién do 320 eixo, que, ao xirar move a quenlla, facendo cair © millo no ollo da capa. A maior parte das veces € sustituido por un simple pao que, apoiado na capa e suxeito 4 quenlla, fai mover ésta ao po- fierse en movimento 0 muiiio. Co fin de recoller a farifia 4 sua saida da xunta das moas, os muifios contan, en ocasiéns, cun caix6n que s veces cobre por compfeto as suas moas, no que se recolle a farifia en lugar de deixala cair ao chan como nos exemplares mais primitivos. Clasificacién tipoldxica, Deixando 4 marxe os manuais, ou de san- gue, dada a sua escasa presencia no noso agro, unha primeira clasificacién dos muifios galegos lévanos & delimitacién de dous grandes grupos en funcion da enerxia utilizada para xenerar 0 seu movimento: hidraulica, no caso dos muifios de auga, ¢ edlica, no dos muifios de vento. Os muiftos de auga. Constitiien a practica totalidade do censo de muffios galegos, e é moi rara a aldea ou lugar na que non poidamos citar a presencia dalgin dos seus exemplares. O modo de aproveitar o caudal do que se pretende obter a forza necesaria para mover 0 muifio, constitie 0 motivo de agrupamento dos seus distintos tipos, xa que as diferentes caracteristicas do curso de auga determinarén distintos modelos para os seus mecanismos de rotacién. De entre todos eles podemos agrupar dous conxuntos xerais, en funcién das peculiari- dades da sua roda hidrdulica, Mutfos de roda hidrdulica horizontal. Os muifios de roda hidraulica horizontal, ou rodicio, tefien como base do seu funcionamento unha roda formada por culleres radiais de ma- deira ou ferro, denominadas penas, fixada a un eixo vertical que comunica 0 seu movimento a0 mecanismo triturador sen nengiin tipo de engra- naxe ou enxefio de transmisién. Entre eles po- demos distinguir os seguintes tipos: O muifio de canle. Sen diibida 0 mais frecuente, conta cunha infraestrutura de enxefieria que basa 0 seu me- canismo nunha gavia de pouca anchurae unha lonxitude que as veces sobrepasa os cincocentos metros, Tras tomar a auga dalgiin remanso, na- tural ou artificial, regula o volume que se vai utilizar mediante unha comporta, desemboca nunha canle estreita e moi inclinada que a dirixe con forte presién ao inferno do muifio, onde cae tanxencialmente ao rodicio facéndoo entrar en movimento, 321 4. Cruz 5. Masadoiro 6. Pousadoiro PLANTA ALZADO ‘Pequeno muito de canle @ beira do rio Lévez (05 muitos de auga contan ainda, en algunha ocasién, con cubertas realizadas con grandes lousas de pedra de gra, Se ben nos mais antigos muifios ainda ato- pamos canles construidas con madeira, este ma- terial foi sustituido pola pedra xa a partir do pa- sado século, ¢ 0 seu uso quedou reducido nal- gunha ocasién 4 construcién da canela, peza de reducida seccién que permite dirixir 0 chorro da auga cara ao rodicio, na que xeralmente esté 0 afiridoiro, ou pexadoiro, pequena comporta que manexada por medio dun longo mango des- de o tremifiado, permite controlar o impacto da auga sobre a roda hidraulica co fin de parar 0 muifio. Situado na parroquia de Pedre e & beira do rio Lérez, o muifio por nés resefiado conta con dous tinicos espacios diferenciados: un tremifia- do de planta rectangular, redondeada nun dos seus muros penais para evitar os danos produci- dos pola presién das augas do rio, e unha sartén inferior que inicamente ocupa unha pequena parte da planta. No tremifiado vai unha caixa de madeira de considerdbeis dimensiéns, dentro da que traballa a moa e onde se xunta a farifia; unha moega situada sobre ela que pende de dous cangos pousados sobre duas trabes trans- versais, unha pequena cruz de madeira situada xunto 4 caixa, e un banco de pedra, o masadoi- 0, utilizado para colocar os sacos, seu funcionamento ten base nunha presa 323 Muito de pozo na comarca do Condado. construida na sua parte final con pezas de pedra de gra e dotada dun aliviadoiro e dunha com- porta situada no seu comezo, a cincuenta metros do muifio, para controlar 0 caudal da auga; un cubo de pedra de gra moi estreito de grande inclinacin coberto na sua boca por duas lousas de pedra e pechado por unha segun- da comporta que permite obstruir 0 paso da auga ds penas do rodicio cando o mecanismo es- ta parado, e, por ultimo, un inferno de pe- quenas dimensiOns no que se encontra a tnica roda do muifio. Os seus muros, asentados directamente sobre unha rocha situada 4 beira do rio, estén construidos con cachotes de pedra de grade boas dimensiOns, e non contan con mais elementos destacdbeis que un pousadoiro e un pequeno ventanuco que ilumina e ventila o tremiiado si tuado sobre a boca da sartén. 324 A sua coberta, hoxe construida con tella, ainda que parece que no pasado puido estar realizada con lousas de pedra de gra, é de duas augas, de pouca pendente, e conta cunha arma- z6n composta por unha trabe lonxitudinal no cumio, sobre a que pousan os cangos que servi- ran de apoio 4 latiza. O mutfo de pozo. Cando o regato que chega ao muifio non conta co caudal necesario para pofielo en movi- mento, tense que buscar o modo de conseguir a caida vertical necesaria para que a auga adquira a potencia indispensAbel para facer xirar 0 rodi- cio. Na maior parte dos casos recirrese 4 cons- trucién de cubos ou pozos. O pozo, cunha pro- fundidade media situada entre os catro € os oito metros, constriiese ou en cachoteria ou median- te a superposicin de pezas circulares de pedra, ‘ TREMINADO al “(sanunjd) 020d 2 owmyy con forma de grandes anelos e un dimetro aproximado dun metro, que iré reducindose desde a parte superior 4 inferior do recinto para asi procurar que a auga, a medida que baixa po- lo cubo, vaia incrementando a sua presion de Xeito que ésta xa non dependeré da forza do caudal e da sua cantidade, senon tnicamente das caracteristicas do pozo (seccién, profundi- dade...). Na sua base, ao igual que no caso dos muifios de canle, ten unha canela de pedra que leva a auga a bater nas penas do rodicio. Nas proximidades de Arbo atopamos un muifio deste tipo: unha construcién de planta rectangular ¢ dous andares aos que se accede aproveitando as diferencias de nivel da costa na que esta situado. O mais alto destes niveis & uti- lizado tnicamente como almacén, e 0 mecanis- mo de trituracién do muifio esta situado na planta inferior. Este mecanismo consiste nunha tinica moa pechada por un caixon de madeira de base circular no que se xunta a farifia, para des- de él cair nunha segunda caixa situada no’chan do tremifiado por meio dunha pequena canale- ta. Debaixo do tremifiado atépase, por ultimo, a sartén, que cunhas dimensi6ns aproximadas & mitade da planta total da edificaci6n, se abre a0 exterior por medio dunha boca de considerabeis ensidns solucionada a base dun arco de des- carga, a falsa, composto por tres grandes pezas de pedra de gra. ‘A auga é levada ao muifio mediante un con- duto de pedra elevado sobre un muro de cachoteria que para ganar a altura necesaria, chega a acadar os tres metros de altura nalgin dos seus puntos. Este conduto, tras superar os lltimos dous metros por un paso elevado cons- truido sobre unha tinica peza de canteria, de- sauga na boca dun pozo exento construido con anelos superpostos do mesmo material ¢ un didmetro interior cercano aos setenta centimetros. No fondo do pozo, e como ele- mento final da conducién de auga, hai un tub chamado billa, que introduce a auga no edificio do muffio, e lle permite bater ou non co rodicio gracias a unha comporta de ferro manexada desde o tremifiado. Os muros desta construcién estdn fabricados con cachoteria de pedra de gra de boa calidade, completada por pezas labradas nos contornos dos ocos das suas portas e venta- nas. Estas, de pequenas dimensions e situadas na fachada meridional da edificacién, estén construidas en madeira e contan con duas ba- tentes. A coberta a duas augas e revestida con tella, conta cunha armazén elemental que consiste nun cumeal sobre o que apoian os cangos. O muifo de maré. Dadas as peculiaridades do método utiliza- do no aproveitamento da enerxia hidraulica me- diante rodas horizontais, o muffio de mar, cons- titée, por tltimo, unha rarisima excepcién entre os muifios de auga. “Estes —afirma o profesor Castelo Branco— aproveitan a forza producida pola caida da auga provocada polos desniveis causados polas mareas. Por isto a sua existencia 86 € posibel nas costas e nos estuarios dos rios ‘onde as mareas se fan sentir sensiblemente. E tamén necesario que 0 trazado do litoral ofreza recortes nos que, con relativa facilidade, se poida por medio dunha presa obter un amplo embalse. Este, ao ser vaciado durante a baixa mar, orixinara forte corrente de auga que move- rén 0 muifio2””, © muifio de A Seca (Cambados), tomado ‘como exemplo deste tipo de mecanismos, e un dos poucos muifios de maré ainda existentes en Galicia, esta situado no extremo noroeste dunha presa formada por un muro de pedra de cincuenta metros de lonxitude e méis de dous de ancho e dotado de cinco comportas de entrada de auga. a7 3 1. espacio pechado polo muro de protecién \ 2. sartén do muifio |} 3. presa 4. comporta ‘2, comporta de saida de auga da presa b. rodicio \ c. mesa ) Muro de presae comportas de entrada de auga ce mar. Planta do temivado. A sua primeira planta, que podemos consi- derar como 0 soto do edificio, est situada por debaixo do nivel da auga da presa, aberta cara a0 mar gracias a dous grandes arcos e protexida del por un muro exterior de pedra que forma dous amplos espacios sen outro acceso que unhas pequenas aberturas protexidas por unha tupida rede de varas. Este primeiro nivel, cober- to polo mar nas mareas altas e sen mais auga que a procedente da presa nas baixas, esta desti- nado a albergar os mecanismos de rotacién do muifio. A segunda planta est ocupada polo tremi- fiado, espacio no que se encontran os mecanis- 330 1. tremifiado 2. corte 3. presa 4, muro de proteccién. mos de moedura, consistentes, no noso caso, en catro rodas situadas en dous espacios divididos polo muro de carga que cruza transversalmente © edificio. Esta planta alongase na cara norte do edificio por unha edificacién unida 4 principal na que se localiza a corte, noutro tempo utiliza- da para dar cobixo as bestas que chegaban ao muifio para levar 0 millo mentras se convertia en farifta. Na terceira planta, 4 que se ten acceso por unha escaleira exterior de desenrolo normal 4 fachada, que culmina nun pequeno patamal, es- ta a vivenda, que se compén dunha cocifia, unha ampla séa orientada ao suroeste, dous Alzado cara a Enseada te Cambados. SECCION 4. sartén 2. tremifiado 3. vivenda’ 4. sobrado a. mecanismo de trituracién bb, mecanismo de rotacién c. mesa d. cruz 331 cuartos ¢ un iltimo espacio situado entre a por- ta e a primitiva escaleira de comunicacién co tremiftado, que, ao parecer, foi utilizado nalgin tempo como almacén. O edificio conta, finalmente, cunha planta situada no baixo coberta: o sobrado, ben venti- lado por catro ventés que, se ben no pasado foi utilizado como dormitorio, na actualidade esta abandonado dado o seu escaso aproveitamento debido a que o tellado conta cunha soa auga. ‘A cimentacién do muifo é pouco profunda, por estar situado sobre unha grande rocha granitica que soporta as cargas do edificio; os muros est4n construidos con cachotes concerta- dos de pedra de gra recebados nas xuntas, que dan lugar a un encintado ben realizado. ‘A coberta, construida a unha soa auga, con- ta cunha armaz6n de madeira, formada por unhas trabes apoiadas nos muros laterais ¢ no muro de carga interior, sobre as que se situan os cangos, colocados no sentido da pendente ¢ portadores do conxunto de latas sobre o que vai pousada a tella. 332 Natgtins lugares do Mino pddense atopar restos de antigas aceas totalmente construidas con pedra O contorno exterior de todas as aberturas da edificacién, tanto no caso das portas como no das ventas, est edificado con pezas de canteria de boa calidade. As ventés, de madeira con duas batentes, atdpanse na cara exterior do mu- ro e van protexidas por un pequeno gardapolvo de pedra que impide que a auga da chuvia corra sobre delas. A presa conta, por iltimo, cun tramo princi- pal e dous secundarios construidos nas suas ca- ras exteriores con tosca silleria de pedra de gra, no seu interior con cachotes do mesmo mate- rial. ‘As comportas son de madeira e xiran, como xa se ten dito, sobre un eixo de ferro horizontal situado na sua cara superior, Muifios de roda hidrdulica vertical. Tamén chamadas aceas son, quizais, os me- canismos mais antigos para o aproveitamento da enerxia hidrdulica. Traballan por medio dunha roda de maiores dimensiéns e distintas caracteristicas, denominada bruia, fixada a un Md Mecanismo de rotacién nunha acea de roda hidréulica vertical cixo horizontal que fai chegar o seu movimento 4 capa por un engranaxe que transforma a rota- cién vertical da roda nunha nova rotacién hori- zontal, Segundo a situacién relativa da auga que as move con relacién ao mecanismo de rotacién do muffio, as aceas poden clasificarse en dous iini- 0s grupos: As aceas de roda hidrdulica impulsadas pola parte superior, utilizadas para aproveitar a enerxia proporcionada por cursos de auga Pouco caudalosos. Nelas o chorro cai tanxen- cialmente 4 bruia desde unha canle de madeira situada na sua parte superior, que bate nas suas aletas e enche os seus copos para facer mover 0 muffio. E as aceas de roda hidréulica impulsada po- Ja sua parte inferior, construidas para apro- veitar a enerxia xenerada por rios de moito caudal e pequenos desniveis, e sempre situadas has mérxes dos grandes rios galegos ou en pre- sas que os cruzan dunha a outra beira. Nelas 0 curso de auga que move o seu mecanismo de ro- tacién cobre a parte baixa da bruia, empuxando as suas paletas radiais coa forza ‘da corrente, Unha das poucas aceas de roda hidrdulica im: pulsada pola sua parte superior existentes en Galicia esta situada na parroquia de San Este- bo, xunto ao rio Sil. O seu sistema mecanico consiste nunha bruia formada por dous grandes arcos de madeira unidos por un taboado, entre 8 que se atopan os copos, montados sobre catro brazos do mesmo material que os unen co seu eixo. Este, de seccién cadrada e redondeada nos extremos para asegurar mellor sendos aguillons de ferro, apdiase sobre dous fortes muros de pedra, descansa sobre as entallas dunhas pezas de ferro que van fixadas a ela, € conta cunha roda dentada vertical de madeira que ao moverse fai xirar unha segunda roda ho- rizontal situada no beo do muifio. Este sistema mecénico compleméntase coa 333 ALZADOLATERAL ALZADO FRONTAL b. . tremifiado: 4d. alpendre e, cuberto ‘Acea en San Estebo de Ribas do Si ‘As més das veces, a auga chega ds bruias das aceas a través de-canles construidas sobre fortes muros de eachorerta, presencia dun pozo de seccion cadrada que mo- ve unha segunda moa situada xunto & da acea, a0 que se leva a auga por un conduto cons. truido sobre un muro de cachoteria, utilizado tamén para levar a auga aos copos da acea. A edificacién ten duas tinicas dependencias: un tremifiado de considerdbeis dimensions si- tuado sobre o inferno do muifio, no que as moas estan situadas nun nivel elevado sobre o resto da dependencia como uns setenta centimetros, ¢ un alpendre xunto el, utilizado para gardar 0 carro e mais os titeis de labranza. s seus muros construidos seguindo a pen- dente do terreo son de cahoteria de pedra, &s ve- ces careada, € os seus vans rediicense a unha venta e a un pequeno ventanuco que ventilan e iluminan 0 tremifiado, situados na cara exterior do muro e compostos por duas batentes de ma- deira de carballo. O muifio conta, finalmente, con duas cober- tas de tella que aparecen en diferentes niveis: a primeira, a duas augas, cobre tan s6 a parte do tremifiado na que se localizan as moas, mentras que a segunda, a tres augas, cobre o resto desta dependencia, 0 alpendre e mais 0 coberto que protexe 0 acceso 4 porta, onde se cargan e des- cargan os sacos das bestas que os levan cara & muifiada. Os mutftos de vento. Mentras os mais adiantados paises do mun- do volven os seus ollos cara ao vento en busca dun novo orde enerxético e afirman ter en- contrado na nosa terra as condiciéns naturais 335 ‘ptimas para convertirse nunha das primeiras potencias enerxéticas de Europa, moi poucos son xa os exemplares de muifios galegos que ainda estn en condiciéns de voltear as stias as- pas ao vento. “Bouza Brey, —afirma Xaquin Lorenzo—, valéndose de diversas fontes, cita varios muifios de vento cuios restos ainda se poden ollar ou que figuran en vellos grabados. Son os seguin- tes: seis na Corufia, un en Ortigueira, un en Co- tobade, que funciona co vento do Norde, un en San Paio de Navia, dous na Guarda, un en Al- beos, un en Bande, un en Camarifias, un antre Baio e Coristanco que ainda funciona, tres pre- to de Catoira, un na mesma Catoira funcionan- do outro nas mesmas condiciéns, en Santa Maria de Sacos...3°”’, Aos que haberia que en- gadir outros moitos non citados nesta relacién, ‘como os existentes na illa de Ons, Muxia... Da grande maioria deles, abandonados polos seus usuarios ao longo dos iiltimos cincuenta anos, tan s6 podemos, xa, atopar os restos do seu es- quelete cilindrico de pedra, mais 0 muifio de vento, a pesar de non ter nunca acadado entre nds a importancia conseguida noutros moitos paises de Europa tras a sua aparicion a partir do século XIII, supuxo durante varias centurias, un elemento arquitect6nico ligado a moitos dos outeiros situados ao longo da costa galega. As suas caracteristicas reducironse, non obs- tante, na maior parte dos casos, 4s dos seus mais elementais subtipos, é dicir, os muifios de eixo fixo orientado segundo os ventos dominan- tes. Na marxe esquerda da ria de Vilagarcia, nos outeiros cercanos 4 desembocadura do rio Ulla, estén os restos dun bon numero de construcions nun tempo utilizadas como muffios de vento. De entre elas, s6 unha conserva no seu conxun- to o mecanismo de rotacién, permitindonos descrebir as caracteristicas desta tipoloxia de muifio, extendida, noutro tempo, ao longo de toda a nosa costa occidental. 336 ‘Muito de vento (atzados) ALZADO LATERAL ae S00 Soplun wea JoLo}Ue apa Ep sted sO, ° “oS OP O[NBuy uN Jou193sod ep aquepuodsazi09 Yo BULIO] JOLENE auras ep esea Byun onb oyfox [e1 ap svisod sreur {8 axqus soxemnorpuadied snop 10d vyun epeo epeUnIoy ‘soxonBse] ap salzas senp ‘—ozu2I0T “X IP— souinur ap ody aysau asuedory,, *seoqe} oo sopmuysuos souege Jod soprun oxta ou sopeoduta oidieona ap Soula.zeA Oo ap OJUNXUOD UN sod ‘oyu Op JOLT -01K9 Ou ‘ose9 a1s9u Opera|duod yS9 9 “Boul B 2A -ow aqusupeUYy anb [BIA OxI9 OB ayUE0UD}IId ‘ugyid 0 ‘epos epungos eyun dour anb ‘ox39u un 8 ownxoid onowgIp unp oxng ap soquop uoo offeqie> 9p wpeitiep wpor Byunp opEiop [e1uozH0Y oxy und eUOD OUITIIN aIsy “BISIA $9} ~uv BOR UP SOR SOIETTUNIS UgIDeIOT 9 UO!sBINIEN ap SouistuBseur sumo e]UOD ‘saIteUTUIOP sojUDA So opunges opeiusiso oxy Oxia ap soyynut sop odngqns ou opeoyres ‘ojeqy ap oyu O ‘OXI OG ONSUA 210 ‘p souenBie “9 ®p ol -q one “e OGVNIWaYL 00 VINYIE NOIOVLOU 3G OWSINVOSW OG VINVTd aortic) onuas OP OA fa. exo horizontal b. roda ©. freno do eixo d. pifién 2. moega, . quenlla, 9. exo vertical capa i pe j. grilo era k. mosa Le cruz Exquema dos mecanismos dun mulho de vento. correspondentes da serie posterior por medio dunhas taboas situadas nos seus extremos, de tal sorte que o conxunto fai como unha hélice que, ao recibilo vento, ponse en movimento e fai xiralo conxunto3!””, A edificaci6n consta dunha tnica dependen- cia, 0 tremifiado, debaixo do que atopamos un Pequeno espacio que dé cabida 4 mesa do muifio. As suas caracteristicas construtivas son as dunha edificacién de pedra de planta circular, de cerca de 3 metros de didmetro interior, e uns ‘Muino de vento de Abato muros de cachoteria de entre 50 e 60 centimetros de grosor, na que a unica apertura existente, ademais dos ocos do eixo, é unha por- ta do tipo das utilizadas en boa parte das casas marifieiras da zona. A sua coberta, construida a duas augas e re- vestida con tella, conta cunha estrutura de gran- de sinxeleza con base nunha trabe situada no cumio, ¢ un conxunto de ponténs que, normais a ela, se dirixen ao cerramento exterior do muifio.

You might also like