Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 4

Ortografía: uso do h e da diérese

1. Palabras con h e sen h


O h é un grafema que non se pronuncia, é dicir, non corresponde a ningún fonema. As
palabras escríbense con ou sen h dependendo da súa orixe, isto é, segundo o étimo do
que procedan. Así, inchar < INFLARE, harmonía < HARMONIA.
• Levan h:
- As palabras que comezan cos prefixos hect(o)-, hemi-, hiper-, hidr(o): hectárea,
hemiciclo, hipermercado, hidromasaxe.
- As palabras harmonía, hasta, hedra, helmo, hindú, hucha... e os antropóninnos
Helena e Henrique.
- As interxeccións ah!, eh!, uh!, oh!, boh!, bah!
• Levan h intercalado:
- Todas as formas dos verbos prohibir, exhibir, cohibir, exhortar, inhibir.
- As palabras: adhesivo, coherente, filharmónica, inherente, vehículo, transhumante,
deshabitar, deshonesto, inhábil, deshonra...
• Non levan h: achar, aí, alelí, ata, baía, ermida, exuberancia, inchar, irmán/irmá,
oco, ala!, ola!, ombreiro-ombro, orfo, óso, ovo, truán, úmero, urna...

2. Uso da diérese
A diérese úsase nos seguintes casos:
• Sobre o u das sílabas güe, güi, para indicar que se pronuncia esta vogal; deste modo
diferénciase de gue, gui: antigüidade, bilingüe / guerra, guitarra.
• Sobre o i na 1ª e 2ª persoas do copretérito dos verbos rematados en -aer, -oer, -aír, -oír
e -uír para indicar que esa vogal, aínda que é átona, forma sílaba de seu: caïamos. Deste
modo diferénciase do presente de subxuntivo: caiamos.

Exercicios
1. Escribe h onde sexa necesario:
- Mira, ...a...í tedes a ...elena, que acaba de chegar á ba...ía co seu ...irmán ...enrique.
- A meu ...irmán ...inchoulle o ...ombro a causa dunha extracción de sangue para facer
unha análise de ...ematocritos.
- O ...uso de ...endecasílabos e ...eptasílabos crea unha rara ...armonía.
- No ...oco da escaleira atoparon os ...ósos dun ...indú ...orfo que viñera cos seus
antepasados.
- ...abitabamos nunha casa ...erdada dos meus ...avós, preto da ...ermida.
- Bebe auga para que che pase o ...impo.
- A...í tedes os ...ovos para facer a torta.
- A camisa cáeme dos ...ombreiros.
- Gústanme as paisaxes ex...uberantes do trópico.

2. Identifica os erros destas oracións en relación coa presenza ou ausencia de h:


- Hola, Xurxo. Preséntoche a miña amiga Elena.
- Chegamos co noso veículo a un lugar inóspito e deshabitado.
- Dóeme o hombro. Cres que o teño inchado?
- O óspede sentiuse humillado naquel abitáculo inmundo.
- Enrique é un rapaz moi veemente.

3. Pon h intercalado cando cumpra.


ex…ibir ex…alar ad…esivo
bo…emio des…inchar tru…án
co…esión co…ibir vela…í
ba..ía al…elí fil…armonía

4. Forma palabras combinando os elementos dos dous recadros.


horti hetero hipo hemi gono mercado porto cultor
hendeca hiper hepta heli doxa ciclo tensión sílabo

5. Revolto. Traslada as palabras ó lugar que corresponda segundo se escriban con ou sen
h. Aquelas que se poden escribir das dúas maneiras, aínda que con diferente significado,
colócaas no cadro central.
…orfo …ovo ba…ía
…ora …erdar …istoria
in…ábil …abano ve…ículo
…erba …achar a…í
…armonía …encher in…usual
an…elo …ucha …ipnose
Con h Con h / Sen h Sen h

6. Escribe unha oración con cada unha das seguintes palabras:


habano-abano aprehender-aprender ouh-ou hala – ala

7. Sitúa no lugar que lles corresponda:


hora - ora
- A que … chega o autobús.
- Cheguei tarde, … ben, non foi pola miña culpa.
- … ri, … chora. Non hai que non entenda.
- Deille a en … boa polo casamento.
- Xa era … de te ver por aquí.
- A monxa … en silencio.

hai – ai - aí
- Por … vai a túa amiga Icía.
- Xa … tempo que non te vía.
- Debeu de lle doer moito, pero non deu un …
- Estás moito mellor … que aquí.

ha – a- ah -á
- …! Que sorpresa!
- O neno … de andar por aí.
- O pobre paxaro rompeu unha …
- Este xersei está feito … man.
- Do Barco … Córgomo hai un poucos quilómetros.
- Se vas … praia, chámame.

8. Coa axuda do dicionario, explica a diferenza de significado entre pingüe e pingue.

9. Pon diérese onde cumpra:

lingua linguista linguística


bilingue seguidor arguía
lingueta seguinte arguente
unguento reguei pingueira
sangue reguen pinguela
sanguento regueiro pinguín
sanguinolento arguír guieiro

You might also like