Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 17

Xeografía, 2º Bach Exercicios organización territorial

1- Completa o seguinte mapa mudo das comunidades autónomas de España. Escribe


entre paréntese o nome da capital.

2- Completa o seguinte mapa mudo das comunidades autónomas de España. Escribe


entre paréntese o nome da capital.

1 de 2
Xeografía, 2º Bach Exercicios organización territorial

3- Completa cada frase coa palabra que corresponda:

a) As ______________________ agrupan varios municipios e están gobernadas por


unha Deputación.
b) As ___________________ son unha pequena división territorial, inferior aos
municipios, de orixe relixiosa e típicas de Galicia.
c) As ______________________________ son o eixe vertebrador da organización
territorial española. Posúen competencias e gobernos propios. Hai 17. O seu armazón
xurídico principal son os _________________________________.
d) Os ________________________ son a administración territorial básica, encargada de
prestar os servizos máis básicos aos veciños. Están gobernados por un Concello.

4- Ordena, de maior a menor, as unidades territoriais nas que vives.

2 de 2
Xeografía, 2º Bach Exercicios cidades

1- Observa a gráfica e responde:

a) Como foi a evolución do PIB de España respecto ao


da Unión Europea?
b) Cales foron as causas desta evolución?
c) Comenta a influencia que tiveron as políticas de
cohesión da UE no desenvolvemento económico de
España.

2- Observa o mapa e contesta:

a) Neste mapa da UE apréciase unha


concentración da riqueza nunhas
rexións moi concretas. Cales son as
razóns desa localización? Por que
se denomina “banana azul”?

b) As rexións que están por baixo da media


europea poden percibir axudas da
UE. Como se distribúen esas
axudas? Cales son os principais
sectores económicos que se
benefician? Con que finalidades?

c) Enumera o nome dos países que, total ou


parcialmente, formen parte da Banana Azul europea.

3- Observa a gráfica coa evolución do número de usuarios de internet no mundo e responde:

a) O número de usuarios de
internet no mundo non parou de
medrar ano tras ano. O fluxo de
información que circula a través
da rede constitúe un dos
principais elementos da
globalización. Explica as causas
da globalización.
b) Que consecuencias tivo a
globalización?

1 de 1
Xeografía, 2º Bach Exercicios demografía

1- Calcula o crecemento vexetativo de España no ano 2006, cando contaba cunha poboación total
de 44.708.964 habitantes e se produciron 464.866 nacementos e 376.685 defuncións.

2- Cos datos anteriores, calcula as taxas de natalidade, mortalidade e crecemento vexetativo.

3- Se en España hai 11 millóns de mulleres entre os 15 e os 49 anos, cal é a taxa de fecundidade?

4- Calcula a densidade de poboación de España, sabendo que a súa superficie é de 504.783 km2.

5- Observa as seguintes gráficas e contesta ás preguntas:

a) Que é o nivel de cambio ou reemplazo


xeracional?
b) Como evolucionou en España o número medio de fillos por muller? Por que?
c) Na actualidade, hai cambio xeracional? Que consecuencias ten sobre o futuro da poboación
española?
d) Como evolucionou a idade media das mulleres en canto á maternidade? Por que e que
efectos pode ter sobre a poboación?

6- (ABAU) Atendendo aos


documentos, contesta:

a) Cita cinco provincias bañadas


polo mar Cantábrico.
b) Identifica os documentos e
describe a información que
aparece nos mesmos.
c) Tendo en conta os documentos,
expón a situación demográfica
galega na actualidade,
explicando as causas que
xustifican o seu saldo vexetativo.
d) Comenta as consecuencias que
terán para Galicia os actuais saldo
vexetativo e o número de fillos
por muller.

1 de 4
Xeografía, 2º Bach Exercicios demografía

7- Completa o seguinte cadro sobre os factores que incidiron sobre a natalidade e a mortalidade
en cada un dos réximes demográficos:

Réxime demográfico Transición Réxime demográfico


antigo demográfica moderno

Cronoloxía

Natalidade

Mortalidade

Crecemento natural

8- Atendendo ao documento, contesta ás preguntas:

a) Identifica o documento e describe a


información que recolle.
b) Identifica que etapas se poden distinguir,
segundo o documento, na evolución da
poboación española.
c) Describe as características de cada unha
delas e as causas de que fosen así.
d) A primeira e última fase teñen en común
un crecemento natural lento ou nulo, pero
cales son as principais diferenzas entre elas?

9- Atendendo aos documentos, contesta ás preguntas:

a) O mapa da esquerda recolle as 10 provincias c o n


máis dun 9% de poboación residindo no estranxeiro. Explica por que motivos a poboación
española emigra ao estranxeiro. Por que as provincias indicadas no mapa son as que teñen unha
porcentaxe máis elevada de poboación emigrada ao estranxeiro? Que consecuencias pode ter
para a súa estrutura demográfica?
b) Cita cinco provincias que teñan unha taxa de poboación estranxeira entre 12 e 15,9%.
c) Identifica o tipo de documento e relaciona áreas xeográficas cos valores das taxas.
d) Explica as causas das diferenzas das porcentaxes observadas no documento.

2 de 4
Xeografía, 2º Bach Exercicios demografía

10- Observa a gráfica e responde ás preguntas:

a) Fíxate na evolución da taxa de crecemento real que


presenta a gráfica e explica que tendencia seguiu e
cales son as causas desa tendencia.
b) Indica en que se diferencian a taxa de crecemento
natural e a taxa de crecemento real.
c) Razona hasta que punto é verdadeira ou falsa a
afirmación seguinte: «Unha das características da
poboación catalá é que sempre tivo unha taxa de
natalidade alta.»

11- Utilizando os datos da táboa, calcula o índice de masculinidade e de feminidade e explica as


diferenzas na composición por sexo que se aprecian entre os grupos.

2015 Homes (cifras en miles) Mulleres (cifras en miles)

0 anos 206,4 192,6

0-14 anos 3602,2 3405,6

15-64 15602,8 15417,3

65 e máis 3675,7 4897,0

Poboación total 22880,8 23720,0

12- (ABAU) Atendendo ao documento,

contesta:
a) Cita as cinco provincias peninsulares máis meridionais co menor índice de envellecemento.

b) Identifica a figura 2 e caracteriza o modelo de estrutura demográfica á que responde. Razoa


a resposta.
c) Explica as causas dos entrantes e saíntes nos grandes grupos de idade.

d) Comenta as consecuencias que se poden derivar da estrutura de poboación que reflicte a figura
2.
3 de 4
Xeografía, 2º Bach Exercicios demografía

13- (ABAU) Analiza os documentos e responde ás preguntas:

a) Identifica na figura 1 as Comunidades Autónomas ás que pertencen as provincias cunha


porcentaxe de estranxeiros superior ao 16%.
b) Indica os tipos de documento das figuras 1 e 2 e analiza a información recollida neles.
c) Explica de forma razoada as diferenzas na estrutura demográfica á que responde cada pirámide
representada na figura 2.
d) Xustifica as consecuencias do modelo demográfico da pirámide máis recente.

4 de 4
Xeografía, 2º Bach Exercicios sector primario

1- Observa o mapa dos usos do solo en España.


Describe como é a súa distribución, explicando
que factores contribuíron a esta.

2- Observa as fotografías de paisaxes agrarias e


completa a táboa:

Paisaxe A Paisaxe B Paisaxe C

Forma das parcelas


(regulares, irregulares)

Tamaño das parcelas


(latifundios,
minifundios)

Usos do solo (agrícolas,


gandeiros, forestais,
mixtos)

Límites (campos
pechados, abertos)

Variedade de cultivos
(monocultivo,
policultivo)

Uso da auga (secaño,


regadío)

Sistema de cultivo
(extensivo, intensivo)

1 de 5
Xeografía, 2º Bach Exercicios sector primario

3- Observa os mapas seguintes coa


distribución do regadío en España
e responde ás preguntas:

a) Cales son as comunidades


autónomas onde máis se
practica? Que factores o
explican?
b) Relaciona cada comunidade da
columna da esquerda co cultivo que alí predomina.
Canarias Cítricos
Comunitat Valenciana Oliveiras
Castela-A Mancha Hortalizas
Rexión de Murcia Plátanos
Andalucía Vide

c) O regadío aumenta a produtividade da terra e a renda dos agricultores, pero tamén ocasiona
problemas relacionados coa sostibilidade dos recursos hídricos. Propón tres medidas que se
poderían adoptar para aforrar auga e para garantir a sostibilidade e a calidade dos recursos hídricos
nos usos agrícolas e gandeiros.

d) Unha gran parte da agricultura das rexións de clima mediterráneo depende do regadío. Expón
dous riscos naturais asociados ao clima mediterráneo que poidan afectar á actividade agrícola.

4- Observa o mapa do tamaño das explotacións agrarias en España.


Que rexións se caracterizan por contar con explotacións de maior
tamaño medio? Que factores poden explicalo?

5- En España existen diversos produtos agrícolas que, pola súa calidade,


obtiveron a cualificación de denominación de orixe. Pescuda algúns
deles e indica a súa localización xeográfica.

6- Le o texto e responde ás preguntas:

“O director xeral da FAO (Organización das Nacióss Unidas pola Alimentación e a Agricultura)
fixo os comentarios seguintes nunha roda de prensa: «Chegados ao límite do paradigma da
revolución verde», e engadiu: «Non podemos seguir producindo alimentos da mesma maneira que
o levamos feito ata o de agora, baseándonos en técnicas agrícolas intensivas, inputs químicos e
mecanización; necesitamos un cambio cara un enfoque máis integrado e que opte pola
sostibilidade”.
Tradución e adaptación dunha notícia publicada na Fao.org (5 febreiro 2019)

2 de 5
Xeografía, 2º Bach Exercicios sector primario

a) No texto faise referencia á «revolución verde». Enumera tres dos principais impactos
ambientais desta práctica agrícola e explica cales son as causas de cada un e que efectos
provocan.
b) O director xeral da FAO aposta por unha
agricultura sostible. Expón tres prácticas agrícolas
que supoñan unha mellora no que respecta á
sostibilidade.
c) Se se xeralizan as prácticas agrícolas sostibles,
haberá suficiente produción para alimentar á
poboación mundial e poñer fin á fame no mundo?
Razona a resposta.
d) Observa a gráfica. Explica cal é a situación xeral
da agricultura ecolóxica en Galicia.

7- Completa o cadro comparativo das paisaxes agrarias españolas:

Paisaxe atlántica Paisaxe mediterránea Paisaxe de interior

Zona xeográfica

Trazos do medio físico

Poboamento

Características das
explotacións agrarias

Usos do solo

8- Describe os elementos da seguinte paisaxe agraria atlántica de Galicia. Que factores físicos se
observan directamente? Cales se deducen? Por que?

3 de 5
Xeografía, 2º Bach Exercicios sector primario

9- Comenta como son estas paisaxe agraria mediterránea de Plan de Castelló (Comunitade
Valenciana) e interior de Tierra del Vino (Zamora): tipo de agricultura, parcelas, hábitat…

10 (ABAU)- Atendendo ás figuras 1 e 2:

a) Enumera catro provincias que teñan paisaxe agraria de montaña.


b) Identifica e describe os tipos de documento representados nas figuras 1 e 2.
c) Indica os tipos de paisaxes agrarias de España sinalados cos números 1, 2 e 4 na figura 1.
d) Comenta as características da paisaxe.
e) Explica as consecuencias do tipo de actividade que se desenvolve na figura 2.

11- Le o texto e responde as preguntas:

a) Que son os caladoiros?


b) Que é a pesca responsable?
c) Por que se di que os caladoiros están sobreexplotados?

4 de 5
Xeografía, 2º Bach Exercicios sector primario

12- (ABAU) Atendendo ao documento, contesta:

a) A partir da información da figura, indica o nome de


2 provincias da rexión Surmediterránea e os 2
cabos (numerados) que limitan a rexión
levantina.
b) Comenta o documento atendendo ás seguintes
cuestións:
- Identifica o tipo de documento e a información
presentada.
- Explica as características dos caladoiros nacionais.
- Indica as posibles alternativas aos problemas que
presenta a pesca.

5 de 5
Xeografía, 2º Bach Exercicios sector secundario

1- Busca información e completa os cadros sobre as enerxías non renovables:

Características Localización Usos

Carbón

Petróleo

Gas natural

Vantaxes Inconvenientes

Combustibles fósiles

Enerxía nuclear

2- Observa o mapa e responde ás preguntas:

a) Que relación existe entre a localización dos gasoductos e a dos


oleoductos? A que se debe?
b) Onde se sitúan as refinarías? Por que? Que función teñen?

3- Observa o mapa e responde ás preguntas:

a) Explica que características deben cumplir as áreas de implantación dos


parques eólicos.
b) Cales son as comunidades con maior produción de enerxía eólica? Por
que?
c) Compara a contribución da enerxía eólica no total da enerxía eléctrica
producida en España coa participación doutras fontes de enerxía
eléctrica.
d) Di que vantaxes e inconvenientes ten a enerxía eólica respecto a outros
tipos de fontes enerxéricas. Xustifica a resposta.
e) Que características xeomorfolóxicas, climáticas e hidrolóxicas definen os
ríos da conca norte para que esta sexa a que produce máis electricidade?

4- Observa a gráfica sobre a evolución anual do prezo da electricidade no


mercado maiorista en España (2014-2021) e responde ás preguntas:

a) Explica as causas do forte aumento do prezo da electricidade en 2021.

Tal com es pot comprovar en el gràfic, l’any 2021 el preu de l’electricitat va


experimentar un increment molt alt. Les dues causes principals d’aquest
increment van ser:
— El fort augment del preu de l’energia produïda amb gas, que darrerament és
l’ener- gia més cara del mercat i la que serveix per a fixar els preus generals
en els mercats internacionals.
— L’encariment dels drets d’emissió de CO2 que paguen els països, i que els
països fan que recaigui en les centrals que produeixen electricitat amb
combustibles fòssils.

b) Nos últimos anos a produción denerxía renovable en España medrou


bastante. Indica cales son as fontes principais de enerxía primaria que se consomen en España. Cales son as fontes
principais de enerxía renovable que se consomen en España? Cales son as comunidades autónomas que teñen unha
produción de enerxía renovable máis importante?
1 de 5
Xeografía, 2º Bach Exercicios sector secundario

c) Explica cales son os beneficios ambientais que comporta a utilización de enerxías renovables e cales son os
problemas principais que se derivan da explotación desas enerxías.

d) Razona ata que punto son verdadeiras ou falsas as afirmacións seguintes:


— O aumento do prezo do gas en España é un problema derivado da gran dependencia enerxética do país.
— Se o prezo da enerxía eléctrica continúa subindo, haberá que volver a xerar electricidade con combustibles fósiles
máis baratos.

5- Que queren dicir as siglas PEME (PYME en castelán)?

6- Le o texto e responde ás preguntas:

Os efectos da globalización
“A crise da COVID-19 fixo patente o risco que ten a dependencia dos mercados exteriores nos momentos máis críticos.
Experimentárono tódolos cidadáns, para os cales acceder a unha máscara foi imposible durante as semanas máis
tensas da pandemia, e denunciárono reiteradamente os principais empresarios do sector durante as súas intervencións
na sexta xornada da cumbre empresarial: “dependemos demasiado da China e da India. Hai que reindustrializar
España; España e Europa non poden asumir o risco de ter deslocalizada a produción de medicamentos.”
Pilar BLÁZQUEZ. “A industria sanitaria alerta: “Dependemos demasiado de China e India”. La Vanguardia, 22 de
Xuño de 2020.

a) O artigo fai referencia a unha das consecuencias da globalización: a deslocalización industrial. Explica en que
consiste o fenómeno da deslocalización industrial?
b) Expón dous motivos polos cales as empresas deslocalizan a súa produción industrial.
c) Cal é o principal risco da deslocalización industrial?
d) Xustifica ata que punto son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:
- A industrialización dun país é sinónimo de desenvolvemento.
- A globalización levou a que os países desenvolvidos sufrisen un proceso de terciarización das súas
economías.

7- Observa a gráfica. Razona se o investimento en I+D para o sector


secundario che parece suficiente, e menciona catro efectos beneficiosos que
pode ter o investimento en I+D sobre o tecido industrial dun país.

8- (ABAU) Atendendo aos documentos, contesta:

2 de 5
Xeografía, 2º Bach Exercicios sector secundario

a) Cita as Comunidades Autónomas, coas súas capitais, nas que están en funcionamento centrais nucleares.

b) Identifica os tipos de documentos e a información representada en cada un deles.

c) Nomea dous eixes en expansión e explica os condicionantes da súa formación.

d) Xustifica a existencia das áreas de industrialización inducida e escasa.

9- Clasifica estas actividades industriais segundo os tipos de industria:


a) Fabricación de locomotoras. b) Refinado de petróleo. c) Produción de aluminio. d) Fabricación de reloxos. e)
Fabricación de fariñas. f) Produción de aceiro.
g) Fabricación de xoguetes. h) Fabricación de abonos minerais.
i) Elaboración de conservas de peixe. j) Fabricación de cemento.

10- Que factores son máis importantes para a localización de:

a) Unha industria de tecnoloxía avanzada


b) Unha fábrica siderúrxica
c) Unha fábrica de pan

11- (ABAU) Atendendo aos documentos, contesta:

a) Indica as provincias con refinarías sinaladas na figura 1 cos números do 1 ao 5.


b) Identifica e describe a información representada en todas as figuras e sinala os elementos naturais e humanos que
aparecen na figura 2.
c) Explica os factores de localización do espazo industrial reflectido nas imaxes.
d) Comenta a transformación producida neste espazo.

3 de 5
Xeografía, 2º Bach Exercicios sector secundario

12- (ABAU) Atendendo ás figuras 1 e 2, contesta:

a) Identifica e describe a figura 1.


b) Cita o nome de catro comunidades autónomas peninsulares nas que aparezan dúas ou máis centrais térmicas;
c) Analiza a paisaxe que aparece na figura 2;
d) Explica os factores de localización da actividade que aparece na figura 2
e) Comenta os problemas que presenta esta actividade no aspecto medioambiental.

13- (ABAU) Atendendo aos documentos, contesta:

a) Identifica as cinco provincias numeradas na figura 1.

b) Analiza os tipos de documentos de todas as figuras e sinala os elementos naturais e humanos que aparecen nas
figuras 2 e 3.

c) Expón as características que definen a paisaxe industrial da figura 2.

d) Comenta a transformación desta paisaxe (figura 3) relacionándoa coa reestruturación industrial e os novos usos
do solo producidos nas últimas décadas.

4 de 5
Xeografía, 2º Bach Exercicios sector secundario

14- (ABAU) Atendendo aos documentos, contesta:

a) Enumera as catro provincias coa porcentaxe de produto interior bruto industrial superior ao 25 %.
b) Identifica os tipos de documento representados nas figuras 1 e 2 e describe os elementos que compoñen a figura 1.
c) Explica os factores de localización de dúas industrias do polígono de Sabón.
d) Expón razoadamente os problemas deste espazo.

5 de 5

You might also like